Describir lugares

Describir un lugar Para describir un lugar debes explicar de forma ordenada como é e que hai nel. Exemplo: Como é? Est

Views 182 Downloads 12 File size 11KB

Report DMCA / Copyright

DOWNLOAD FILE

Recommend stories

Citation preview

Describir un lugar Para describir un lugar debes explicar de forma ordenada como é e que hai nel. Exemplo:

Como é?

Esta mañá fomos á desembocadura dun río. É un lugar moi tranquilo e fermoso,cheo de plantas e animais. Á dereita do río, chegando ao mar, formouse unha praia de area moi fina.Desde alí víase o mar brillante, coa superficie dourado polo sol. Tamén se vían os barcos de pesca ao lonxe e as gaivotas voando arredor. Que hai?

Para inventar un conto debes saber describir o lugar onde ocorren os feitos.

Como describir un lugar inventado? 1º Para describir como é ese lugar podes utilizar adxectivos que informen con claridade o que te imaxinas, Por exemplo: Casa Inmensa moderna acolledora

Paisaxe rochosa tranquila desértica

Mar cristalino espumoso profundo

2º Para describir que hai nun lugar podes utilizar estas expresións: Ao fondo Arredor Ao lonxe Ao outro lado No centro No medio

Á dereita Á esquerda Cerca Encima Debaixo Sobre

xunto a enfronte Diante Entre Detrás

3º Repasa a lista de como pensaches que é e que cousas hai nel. Despois redacta a descrición dese lugar, buscando as palabras máis axeitadas. Non repitas palabras, utiliza sinónimos e pon puntos ao finalizar cada oración. 4º Para rematar, le a descrición e corrixe os erros que poidas ter antes de presentar o teu traballo. Se tes algún problema non dubides en usar o dicionario. Outro exemplo:

"O val Gran Rei é o pobo onde vive a miña tía. É un lugar precioso e moi interesante de visitar. Está situado ao suroeste da illa canaria "A Gomera". Ao fondo está rodeado de montañas e por diante polo mar. A maioría das árbores son plataneiros, de onde procede o típico plátano de Canarias, un froito delicioso e nutritivo. Pero tamén é importante a produción de Aloe Vera. Planta da cal se obteñen cremas, locións, xeles, xabóns... e outros produtos beneficiosos para a saúde e o coidado da pel. Así mesmo abundan no pobo numerosas especies de cactos. Os hai de todo tipo de tamaños. No centro están tódalas casas, que non son moi altas. Nas súas paredes atopámonos numerosos lagartos. A praia do pobo e de area negra, xa que as illas son de orixe volcánico. A auga é cálida e cristalina e nas profundidades hai gran cantidade de algas, corais e fauna mariña. É precioso facer submarinismo. Durante todo ano parece verán. Eu cando sexa maior irei a vivir alí." 1