Describir obxectos

Describir un obxecto Para describir un obxecto hai que explicar que forma, tamaño e cor ten. Tamén se pode engadir outra

Views 139 Downloads 9 File size 14KB

Report DMCA / Copyright

DOWNLOAD FILE

Recommend stories

Citation preview

Describir un obxecto Para describir un obxecto hai que explicar que forma, tamaño e cor ten. Tamén se pode engadir outras características, como o material do que está feito ou para que serve. Exemplo:

Tamaño

forma

cor

"Perdín a miña bolsa de deporte e necesito atopala. É grande, rectangular e alongada e de cor negra. Está feita de tea e ten debuxado no centro, dun dos seus lados, unha aguia branca. material

Nela levo metida a miña equipaxe de baloncesto, o neceser coas cousas de aseo e a necesito para poder ir a xogar o meu partido. ¿Para qué sirve?

Ademais regalouma a miña mellor amiga e non me gustaría perdela. Se a vistes, preguntade por Éric na clase de 3º E.P. " Para inventar un conto poderás describir obxectos inventados. Non te esquezas de que podes utilizar expresións como: - Ë de cor... - Ten forma de ... - Está feito de... -Utilízase para...

Como describir un obxecto inventado? 1º Para describir como é un obxecto podes utilizar algúns adxectivos que informen con claridade o que te imaxinas, Por exemplo: Cor Marrón tostado brillante mate transparente

Tamaño grande pequena enorme diminuto microscópico

Forma Circular Espiral Raiada rectangular redondo

Material de cristal metálico de plástico de tea de coiro

Outras características máxico estraño lento sorprendente táctil

2º Elabora unha lista coa súa forma, cor, tamaño e material do que está feito. 3º Repasa a lista de como pensaches que é. Despois redacta a descrición dese obxecto, buscando as palabras máis apropiadas. Non repitas palabras, utiliza sinónimos e pon puntos ao finalizar cada oración. 4º Para terminar, lee a descrición e corrixe os erros que poidas ter antes de presentar o teu traballo. Se tes algún problema no dubides en usar o dicionario. Podes acompañalo dun debuxo.

1