03. A Frase

3. A frase 1. A frase como unidade sintáctica 1.1. Referencialidade, determinación e estrutura da frase 1.1.1. Referenc

Views 136 Downloads 4 File size 242KB

Report DMCA / Copyright

DOWNLOAD FILE

Recommend stories

Citation preview

3. A frase

1. A frase como unidade sintáctica 1.1. Referencialidade, determinación e estrutura da frase 1.1.1. Referencialidade 1) Predicación e referencia: a) Predicar:  Establecer relacións entre entidades do mundo.  Atribuírlles propiedades a entidades do mundo. b) Referir: identificar lingüisticamente entidades do mundo. A frase é o marco da referencia. 2) Da predicación á referencia: peza léxica con significado concreto no → operacións determinativas → significado virtual (clase) acto de fala (referencia)

3) Casos nos que con cómpre a determinación: a) Nomes propios: sempre nomean entidades concretas. b) Nomes comúns empregados sen valor referencial:  Vocativos. Exemplo: profesora, pódeme explicar isto de novo?  Expresións interxectivas. Exemplo: pobre rapaz!  Estruturas atributivas adscritivas. Exemplo: a veciña é profesora.  Complementos de calidade en sentido xenérico. Exemplo: traballa de profesora. 

Formas léxicas complexas. Exemplo: profesora de universidade.

1.1.2. Determinación Unha frase debe cumprir unha función noutra unidade sintáctica superior (coma toda unidade sintáctica) e defínese pola súa estrutura interna: debe ter un Núcleo, que pode aparecer só ou non. Con todo, por mor da referencialidade o normal é que non apareza só, senón que se produza a súa expansión ou proxección mediante operacións determinativa, que se poden levar a cabo mediante procedementos: 1) Gramaticais: a) Palabras gramaticais (paradigmas pechados): artigos, demostrativos, posesivos, identificadores, cuantificadores, adverbios de cantidade e numerais. b) Morfemas flexivos: achegan significado gramatical pero non desempeñan funcións sintácticas (son morfemas ligados, non palabras). 2) Léxicos: realízase mediante palabras pertencentes a clases abertas, polo que o contido das restricións non está limitado a categorías preestablecidas. 1.1.3. Estrutura da frase O acto de referencia está condicionado por factores gramaticais e pragmáticos, que repercuten nas operacións determinativas (cantidade e tipos) que se realizan na frase. 1

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

1) Factores gramaticais (deles depende a gramaticalidade da frase): a) Algunhas posicións sintácticas poden esixir un determinante que marque actualización, aínda que o termo introducido teña os mesmos trazos semánticos ca en posicións nas que non o necesita. Exemplo: merca tabaco pero o tabaco é prexudicial para a saúde (*tabaco é prexudicial para a saúde).

b) A determinación mediante procedementos léxicos pode ser obrigatoria nalgúns casos, aínda que de xeito xeral dependa da decisión do emisor. Exemplo: familia carente de recursos pero *familia carente.

2) Factores pragmáticos: o emisor debe avaliar cales son as operacións determinativas necesarias: a) Tendo en conta o contexto e a información pragmática do receptor. b) Atendendo a dous principios para garantir a eficacia comunicativa:  Achegar toda a información necesaria.  Non achegar máis información da necesaria.

1.2. O concepto de Núcleo e os tipos de frase 1.2.1. Delimitación e propiedades do Núcleo O Núcleo é o elemento central da F e o único constituínte obrigatorio, o que implica que lle outorga á F as súas propiedades categoriais, de xeito que as frases son proxeccións dos seus núcleos. Por exemplo: FN. ≈ Subs. expandido: neno louro ≈ expansión de neno FAdx. ≈ Adx. expandido: moi alto ≈ expansión de alto FAdv. ≈ Adv. expandido: moi cedo ≈ expansión de cedo

Así, a F tería unha forma mínima (só o N) e unha forma máxima (teoricamente infinita). Ademais o N ten que ser un N léxico (salvando os recursos cohesivos). A determinación das propiedades categoriais da F debémola entender en dous sentidos: 1) Control das propiedades morfolóxicas: o N é o elemento que resolve ou determina a concordancia dos demais constituíntes dunha F. Exemplos: as nenas altas, a nena alta, etc.

2) Control das propiedades semánticas e sintácticas dos complementos: o núcleo é o elemento que selecciona os complementos, aos que lles impón restricións: a) Semánticas: Núcleo

Restrición

comer

alimentos sólidos

entre

varias entidades 2

Exemplos comer patacas *comer auga entre as mesas *entre a mesa Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

b) Sintácticas: o N indica as condicións nas que deben aparecer os complementos. Neste senso, pódense dar tres situacións:  Que non esixan ningún complemento (verbos inacusativos). Exemplo: caer. 

Que sempre esixan un complemento. Exemplos: atopar [algo], necesitar [algo]; residente [localización].



Que seleccionen un complemento, pero que poida expresarse ou non. Exemplos: cantar (a expresión do complemento é rara, pero posible) ou comer (a expresión do complemento é bastante frecuente).

 Núcleo e criterio distribucional 1) A caracterización que realizamos do N implica rexeitar o criterio distribucional xa que, segundo este criterio, o N da frase é aquel elemento que pode aparecer só (desempeñando a función de toda a F) en determinados contextos, pero vimos de afirmar que entre as propiedades do núcleo está precisamente a de poder seleccionar un complemento necesario (esixir un elemento subordinado). Exemplos: a gasolina está moi cara

*gasolina está moi cara

maniféstanse en defensa dos postos de traballo

*maniféstanse en defensa

o temporal impediu a saída dos barcos

*o temporal impediu

unha persoa acorde cos seus tempos

*unha persoa acorde

pousou os libros encol da mesa

pousou os libros encol

2) Tendo en conta a nosa caracterización, as FPrep. non carecen de N, como se defende tradicionalmente, xa que as preposicións seleccionan un complemento, e tamén as súas condicións de aparición. Exemplos: Núcleo

condicións

entre

necesario explicitalo

sobre

necesario explicitalo

con

necesario explicitalo

Exemplos entre as mesas *entre sobre a mesa *sobre cun martelo *con

Esta é unha propiedade derivada de seren N. Así, N doutras categorías co mesmo valor semántico poden aplicar condicións de aparición diferentes: Núcleo enriba

condicións pode aparecer ou non

Exemplos enriba da mesa enriba

Ademais, aplicando este criterio, todos os tipos de F terían ocorrencias con N e ocorrencias sen N, xa que hai contextos nos que os complementos non son suprimibles.

3

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

Tipo de F FV FAdx.

Exemplo necesitar algo carente de algo

3) Por outra banda, a FPrep. e a FAdv. son dous tipos peculiares de F: a) En realidade, son variantes do mesmo tipo de F con diferentes condicións sintácticas:  FPrep.: esixe sempre a presenza de complementos, de xeito que o N nunca pode aparecer só.  FAdv.: é o único tipo de F na que o N pode aparecer sempre só. Núcleo

condicións

sobre

necesario explicitalo

enriba

pode aparecer ou non

ante

necesario explicitalo

diante

pode aparecer ou non

tras

necesario explicitalo

detrás

pode aparecer ou non

baixo

necesario explicitalo

debaixo

pode aparecer ou non

Exemplos sobre a mesa *sobre enriba da mesa enriba ante el *ante diante del diante tras del *tras detrás del detrás baixo a mesa *baixo debaixo da mesa debaixo

b) Con todo, cómpre distinguir entre o comportamento das preposicións léxicas fronte ás gramaticais: 1.2.2. Tipos de frases Os tipos de frases establécense en relación á categoría á que pertence o seu Núcleo, que sempre debe ser unha palabra léxica (non en todas as categorías todos os membros son léxicos ou gramaticais). Tipo de frase

Categoría do núcleo

Propiedades semánticas e sintácticas

-

Xeralmente serve para referirse a obxectos do mundo. Poden constituír unha nova predicación. Funcións típicas dos actantes da oración (Sux., OD, OI). Propiedades ou calidades de obxectos. MOD de FN Eventos.

-

Predicado da oración.

-

Nominal (FN)

-

nome ou pronome

-

Adxectiva (FAdx) Verbal (FV)

adxectivo verbo predicativo (non un copulativo ou auxiliar) 4

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase Tipo de frase

Adverbial (FAdv)

Categoría do núcleo

Propiedades semánticas e sintácticas

adverbio léxico

-

Circunstancias do estado de cousas.

(non marcadores de modalidade ou polaridade)

-

CC. Pode ser intransitiva.

-

Circunstancias do estado de cousas. CC. É sempre transitiva. Só se xustifican cando a interxección presenta un complemento (Ai dos teus amigos! Caramba se choveu!)

Preposicional (FPrep)

preposición plena

Interxectiva

interxección

2. A Frase nominal 1) Ten como N un nome ou unha categoría nominal. 2) Adxacentes: realizan operacións determinativas, é dicir, teñen a función de guiar o interlocutor do significado virtual ao actual 1. Estas operacións realízase mediante diferentes procedementos, e a diferentes niveis xerárquicos: a) Procedementos:  Léxicos: modificadores. Dentro dos modificadores cómpre distinguir entre:  Modificadores propiamente ditos (atributivos): atribúenlle unha propiedade ao N (N é x). Exemplo: un marabilloso bocadillo de chourizo: un DET 

marabilloso MOD (o bocadillo é marbilloso)

bocadillo N

de chourizo MOD (o bocadillo é de chourizo)

Complementos: son un argumento da predicación que subxace ao N. Exemplo: o marabilloso regalo de Pepe:



o

marabilloso

DET

(o bocadillo é marbilloso)

MOD

regalo N

de Pepe MOD (Pepe fixo un regalo: Pepe = Ax. de regalar > regalo)

Gramaticais: determinantes.

b) Niveis xerárquicos:  Determinantes: afectan ao N e os Mods.  Modificadores: só afectan ao N.

1

Só os nomes propios non precisan actualización, xa que teñen un único referente. Cando aparecen actualizados é porque se reconverten en nomes comúns (o Pepe que eu coñecía non era así; hoxe é o día dos Pepes). 5 Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

FN DET

FN NÚCN

MOD

2.1. O Núcleo 1) Características do núcleo da FN: a) Nome ou elemento nominal que determina as propiedades categoriais da F e as posibilidades de aparición dos restantes constituíntes. b) É estruturalmente necesario, pero pode carecer de representación fónica se produce unha elipse con función cohesiva. 2) Categorías que poden funcionar como núcleo da FN: a) Nome:  Común:  Modalidade característica do N da FN.  Designa clases, polo que ten un significado virtual.  Precisa case sempre de determinantes e/ou modificadores.  Propio:  Designa entidades concretas, polo que carece de significado virtual.  Case nunca precisa determinacións. b) Pronome persoal:  Son palabras gramaticais.  Carecen de significado referencial propio, polo que este é contextual (procedementos deícticos ou fóricos):  1ª e 2ª persoa: emisor e receptor, respectivamente (deíxe).  3ª persoa: calquera outra entidade.  Nunca aparecen determinados ou modificados de xeito restritivo. Só admiten modificadores explicativos marxinalmente (ti, que o sabías, non dixeches nada). c) Pronome non persoal:  Son palabras gramaticais, que xeralmente funcionan como determinantes.  Interpretación léxica: referencia endo/exofórica (contexto ou situación comunicativa).  Categorías:  Posesivos. Exemplo: ¿Qué estabas a falar dos ollos, quero dicir, dos teus? (Dieste).

 

Demostrativos. Exemplo: estes séntanse mentres aqueles se erguen. Numerais. Exemplo: pero mil vidas que tivera, mil daría antes que vir onda vós con ela (L. Ferreiro). 6

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase



Cuantificadores. Exemplo: podería citar testemuños a eito e algúns de



certo curiosos (G. Sabell) Identificadores. Exemplo: alá levou [os porcos] disposta a vendelos e comprar outros que non foran tan avisados (G. Barros)

d) Cuantificadores e identificadores que só funcionan como Núcleo:  Carecen de referencia fórica.  Interprétanse mediante un significado léxico xenérico (alguén, algo, ninguén, nada...) e) Artigo: non pode funcionar como Núcleo de FN pero:  Pode introducir Núcelos elípticos. Exemplo: os seus pensamentos son aínda os Ø dun xílgaro.  Pode habilitar outras categorías non nominais para funcionaren como N de FN. Exemplo: séntache moi ben o azul.

2.2. A determinación gramatical e os Determinantes 1) Determinantes vs. modificadores: a) Os determinantes son palabras gramaticais, pertencentes a categorías pechadas (predefinidas pola gramática), mentres que os modificadores pertencen a clases léxicas (abertas). b) Realizan operacións determinativas diferentes:  Determinantes: identificación e cuantificación.  Modificadores: cualificación. 2) Operacións determinativas: a) Identificación (maioría):  Sinalan cal é o referente do nome.  Funcionan como identificadores:  Artigos.  Demostrativos.  Identificadores.  Posesivos. b) Cuantificación:  Sinalan o número de referentes ou o seu tamaño, sen identificalos  Funcionan como cuantificadores:  Cuantificadores indefinidos.  Cuantificadores definidos. Modificación marabilloso

bocadillo

de chourizo

7

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

Identificación marabilloso x

bocadillo

de chourizo

Cuantificación marabilloso x2

bocadillo

de chourizo

2.2.1. Actualización, identificación e deixe 1) Actualización e univocidade: a actualización é un marcador de univocidade, é dicir, de que a entidade á que nos referimos ten unha interpretación única (referencia en acto, non en potencia). Moitas linguas teñen unha clase de palabras para marcar a univocidade, no caso do galego é o artigo: a) Univocidade: artigo definido. Tamén se pode usar en primeira mención, pero en contextos nos que a interpretación é univoca. b) Non univocidade: artigo indefinido. 2) Deíxe: a) Son categorías deícticas as que remiten a circunstancias do acto comunicativo, pero non todas as categorías deícticas realizan operacións determinativas:  Circunstancias do acto comunicativo:  Identificación dos intervenientes nos discurso: • Emisor(es). • Receptor(es).  Lugar que ocupa cada interlocutor.  Momento en que ten lugar o acto comunicativo:  Categorías deícticas non determinativas (non teñen como función identificar unha entidade dentro dun conxunto de entidades posibles):  Pronome persoal: o pronome persoal de primeira e segunda persoa non é propiamente un pronome (non se refiren a unha clase nin determinan un elemento dentro dunha clase), xa que a súa función é a de identificar o emisor e o receptor do acto comunicativo. 8

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase



Temporalidade verbal e adverbial: establécese con referencia ao acto de fala: • Tempos verbais. • Adverbios: antes, agora, despois; antonte, onte, hoxe, mañá, pasadomañá.

b) Deíxe determinativa:  Espacial:  Orientación cara ao referente concreto en relación ao lugar que ocupan os interlocutores.  Realízase a través dos demostrativos.  O galego establece tres zonas ou graos de afastamento2: zona do eu zona do ti zona fóra do eu e do ti





este ese aquel

Estes graos de afastamento pódense trasladar ao eixe temporal e realizarse a referencia ao propio texto (uso anafórico dos demostrativos).

Posesiva:  Identificación dunha entidade sinalando unha relación de dependencia entre esa entidade e algún dos intervenientes no discurso.  Realízase mediante os posesivos. relaciónco eu meu relación co ti teu relación que non se seu establece nin co eu nin co ti



A relación de posesión é a prototípica, pero non a máis frecuente.

2.2.2. A cuantificación 1) Definición: a) É unha estratexia de determinación da referencialidade consistente en indicar a cantidade de entidades ás que se aplica un nome. b) É desempeñada polos cuantificadores:  Non teñen capacidade identificadora de seu, polo que non teñen unha interpretación unívoca (agás se van introducidos por un identificador definido).  Non sempre son compatibles co identificador indefinido. Exemplos: *asistiron unhas moitas persoas pero asistiron unhas poucas persoas e asistiron unhas vinte persoas.

2

Outras linguas establecen só dous, coma o inglés (this, that) ou o francés (ceci, cela). 9 Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

2) Tipos: a) Cuantificación imprecisa: expresada polos cuantificadores indefinidos (algunhas, poucas, varias, bastantes...). b) Cuantificación precisa: expresada polos numerais cardinais (un, dous, tres...). 3) Construcións mensurativas: a) Con substantivos que designan entidades continuas, que non admiten cuantificacións, pode empregarse unha especie de locución cuantificadora (Q + N1 + de + N2) na que intervén un substantivo cuantificativo contable e que funciona como determinante: Mercou seis vasos de viño | O NÚC

CD | FN DET

NÚC | FN N

mercou

seis

MOD | de - FN N |

vasos

de

viño

Bebeu seis vasos de viño | O NÚC

bebeu

CD | FN DET | seis vasos de

NÚC | viño

b) Tamén se empregan as construcións mensurativas con nomes contables en casos coma:  Cuantificacións colectivas construídas con nomes cuantificativos de grupo (grupo, serie, feixe, fato, manda, mundo, morea, monte, mar,

10

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

chea, restra, mangado, puñado). Exemplos: unha chea de persoas asistiu / asistiron3 (moitas persoas). 

Cuantificacións partitivas, con nomes que expresan fraccións. Exemplo:



un anaco de meditación (unha pouca meditación); unha porción de queixo (un pouco queixo)4. Cuantificacións multiplicativas. Exemplo: o dobre de persoas. Cuantificacións con nomes de unidades de peso e medidas. Exemplo: un quilo de peixe.

 

Cuantificacións numéricas precisas, que nalgúns casos adoptan esta estrutura como determinante. Nestes casos a alternancia entre nomes (milleiro) e pronomes (mil) pode vir motivada polo valor aproximativo dos primeiros. Exemplo: un millón de persoas (pero 999.999 persoas).

c) Concordancia:  O nome cuantificativo da estrutura mensurativa pode atraer a concordancia do verbo, malia non ser núcleo. Nestes casos a gramática presenta dúas alternativas: Concordancia co N da FN Un grupo de escolares foron visitar a catedral Quedaron unha chea de problemas sen solucionar A maioría dos presentes votaron en contra O quilo de sardiñas estaban a tres euros Un milleiro de persoas aclamaron ao seu ídolo 

Concordancia co Subs. Cuant. Un grupo de escolares foi visitar a catedral Quedou unha chea de problemas sen solucionar A maioría dos presentes votou en contra O quilo de sardiñas estaba a tres euros Un milleiro de persoas aclamou ao seu ídolo

Nas entidades continuas cuantificadas numericamente mediante construcións mensurativas é o determinante cuantificador o que determina a concordancia. Exemplo: *dous quilos de peixe custaba seis euros > dous quilos de peixe custaban seis euros.

2.3. A determinación léxica (cualificación) e os Modificadores 1) Cualificación: especificación mediante procedementos léxicos (maior rendemento e liberdade). 2) Modificadores: elementos léxicos que cualifican un substantivo dentro da FN.

3

Esta vacilación débese a que a gramática non ten claro cal é o N (chea ou persoas). Con todo, a entidade designada é sen dúbida persoas, de aí que poidamos considerar que persoas é o N e unha chea de o Det. 4 Porción pode ser tamén colectivo: unha porción de problemas sen resolver. 11 Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

2.3.1. Unidades que poden funcional como Modificadores. A aposición 2.3.1.1. Unidades que poden funcionar como Modificadores 1) Adxectivos ou FAdxs: a) Atribución de propiedades. Exemplo: unha camisa moi branca. b) Identificación de relacións relevantes. Exemplo: manifestación estudantil. 2) FPrep ou FN introducida por preposición. Exemplos: vivenda sen ascensor (FPrep), poesía de Rosalía (prep. + FN).

3) Substantivos ou FN. Exemplos: saia pantalón, amigo médico. 4) Participios e oracións participais. Exemplo: a manifestación convocada hoxe. 5) Oracións de relativo. 6) Oracións completivas introducidas por preposición: a) De (preposición baleira). Exemplo: a vontade de superar as dificultades, a nova de que vai casar.

b) Seleccionada polo substantivo. Exemplo: o temor a sufrir represalias. 7) Construcións comparativas de igualdade nas que non se expresa o adxectivo que indica a propiedade que se compara. Exemplo: un home coma a roda dun carro (forte).

2.3.1.2. A aposición 1) Definición: complementación léxica dun substantivo realizada por outro sen nexo. 2) Características: a) Contigüidade: é necesaria para interpretar a complementación. b) Orde: determina cal é o Núcleo e cal o Modificador. c) Grupo fónico:  Aposición unimembre (mesmo grupo fónico): adoita ser restritiva.  Aposición bimembre (diferente grupo fónico): adoita ser explicativa. d) Concordancia:  A situación xeral é que os dous elementos concorden.  O substantivo aposto pode permanecer invariable, tanto en xénero (Richard Gere, a estrela de Holliwood) coma en número (caixas sorpresa). e) Categoría do modificador: pode non ser clara cando este é unha palabra, xa que podería interpretarse coma un substantivo ou coma un adxectivo (blusa salmón). Con todo, compórtanse claramente como substantivos cando á súa vez van modificados (blusa rosa pálido).

12

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

2.3.2. A frase como predicación. FFNN con e sen estrutura argumental 2.3.2.1. Nomes con estrutura argumental 1) Abstractos: a) Substantivos deverbais ou asociados a verbos (nominalización dunha oración predicativa). O descubrimento [Núc] do Brasil [Met] por Cabral [Ax] en 1500 [Temp]

b) Substantivos asociados a unha acción ou proceso, para os que non existe un verbo correspondente. A pena [Núc] dos xogadores [Exp] pola derrota [Cau] Outros: medo, mensaxe, nota, recado

c) Substantivos deadxectivais. A intelixencia [Núc] da rapaza [Ø] Outros: fermosura, felicidade, validez.

2) Concretos: a) Relacionais:  Parentesco. A sobriña [Núc] do carpinteiro [Ref] 

Partes dun todo (especialmente partes do corpo) cando marcan a relación con ese todo. Os brazos [Núc] do neno [Ref] O toro [Núc] do carballo [Ref] As ramificacións [Núc] dun problema [Ref]

b) De representación (cadro, retrato, fotografía, caricatura, etc.) As caricaturas [Núc] de Castelao [Mod] As caricaturas [Núc] de Castelao [Ax] As caricaturas [Núc] de Castelao [Met]

Castelao = posuidor Castelao = creador Castelao = representación na caricatura

2.3.2.2. A frase con estrutura argumental En principio as FN serven para designar entidades do mundo, de xeito que o núcleo fai referencia unha clase, os modificadores restrinxen as clases e os determinantes sinalan o referente concreto5. Porén, nalgúns casos as FN non identifican realidades do mundo, senón que son predicacións. Nestes casos, do mesmo xeito que os verbos teñen complementos, os núcleos teñen complementos do nome. Unha predicación é un tipo complexo de entidade (de 2ª orde), que pode ser de dous tipos: 1) Unha estrutura de relación entre dúas entidades de 1ª orde (predicativa): a) O formato habitual é a oración: 5

Os nomes propios designan entidades do mundo por si sós. 13

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

X1 ↔ X2 X1 = o neno X2 = bocadillo de chourizo

o neno come un bocadillo de chourizo o neno inxire un bocadillo de chourizo o neno merca un bocadillo de chourizo o neno vende un bocadillo de chourizo o neno fai un bocadillo de chourizo

X1 ↔ X2 ↔ X3 X1 = o neno X2 = bocadillo de chourizo

o neno dálle un bocadillo de chourizo á nena o neno regálalle un bocadillo de chourizo á nena

X3 = a nena

b) Ás veces realízase a través de FN con estrutura argumental e, polo tanto, con complementos do nome (argumentos ou adxuntos). Exemplos: inxesta, venda... X1 = os nenos X2 = bocadillo de chourizo

a inxesta excesiva de bocadillos de chourizo

Y = execesiva

2) Atribución de propiedades a entidades (atributiva): a) O formato habitual é a oración:

X←P X = neno

o neno está gordo

P = gordo X = neno

o neno é loiro

P = loiro

b) Ás veces tamén poden adoptar o formato dunha FN con estrutura argumental Exemplos:

X←P X = neno

a intelixencia o neno

P = intelixencia X = neno

a altura o neno

P = altura X = neno

a gordura o neno

P = gordura 14

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

X = neno

a bondade o neno

P = bondade P = construción

a construción do edificio polos obreiros en 1992

X1 = polos obreiros X2 = edificio Y1 = en 1992

Por outra banda, cómpre ter en conta que os nome que dan lugar a FN con estrutura argumental son sempre abstractos (altura, gordura, bondade...) fronte os que designan entidades do mundo, que son concretos (neno, bocadillo, edificio...). Ademais, as FN con estrutura argumental admiten tamén modificadores: X1 = Cabral

o importante descubrimento do Brasil por Cabral en 1500

X2 = o Brasi Y1 = en 1500 MOD = importante

2.3.2.3. A frase sen estrutura argumental 1) Definición: precisan a referencia da clase designada polo núcleo da frase. 2) Relación coas FFNN con estrutura argumental atributivas: as dúas son frases atributivas, pero con diferenzas: FN atributiva con estrutura argumental

FN atributiva sen estrutura argumental

predicación

referente de entidade

Propiedade = Núcleo

Propiedade = Modificador

2.3.3. Tipos de Modificadores: Complementos do Nome e Modificadores atributivos. Xerarquía da determinación 2.3.3.1. Tipos de modificadores Nomes sen estrutura argumental

Nomes con estrutura argumental

→ MOD (atributivos) CN

argumentos satélites

MOD (atributivos) 15

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

2.3.3.2. Xerarquía da determinación 1) Xerarquía da determinación (FFNN con estrutura argumental): Núc < CCNN-arg. < CCNN-sat. < Mods. atrib. < Det. FN DET artigo

NÚC FN MOD Adx.

NÚC FN NÚC FN

CN FPrep

NÚC FN NÚC Subs.

o

importante

descubrimento

CN por + nome propio

CN de + FN

de

o

Brasil

por

Cabral

en

1500

2) Marca das funcións semánticas: a) Habitualmente non se marca, só se marcan as funcións sintácticas (concordancia o preposición baleira de):  Nestes casos é frecuente a ambigüidade (axudas familiares), polo que se require dunha interpretación pragmática dos modificadores.  A interpretación é inequívoca cando:  O Núcleo só selecciona un argumento. Exemplo: a fermosura da rapaza.



A facilitan as restricións (o descubrimento de América por Cabral).

b) Pode marcarse mediante:  Preposicións plenas. Exemplos: en Lavacolla, ás doce, contra o terrorismo...  Oracións de relativo. Exemplo: as axudas que prestan as familias, as axudas 

que lles prestan ás familias. Oracións participiais. Exemplo: as axudas prestadas ás familias, as axudas prestadas polas familias.

16

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

2.3.4. Cualificación restritiva e non restritiva Tanto nas FFNN con estrutura argumental coma nas que carecen dela a cualificación pode ser: 1) Restritiva ou especificativa: é un clasificador que delimita unha subclase da clase xeral que designa o substantivo, restrinxindo a súa extensión: a) Achegando unha calidade non implícita (coches vermellos). b) Informando dunha relación con outras entidades que exclúe algunhas interpretacións do substantivo (manifestación estudantil). 2) Non restritiva ou explicativa: salientan unha propiedade ou relación que non restrinxe a extensión designativa do substantivo: a) Vías:  Saliéntase unha propiedade inherente ao substantivo (branca neve).  Saliéntase unha propiedade non inherente, pero que non é restritiva no contexto (audaces pilotos). b) Posición: Restritivos Non restritivos

Posposición intégranse no grupo fónico do substantivo forma o seu propio grupo fónico

Anteposición non teñen por que formar grupo fónico de seu

2.3.5. Relacións atributivas invertidas na FN Trátase de FFNN coa estrutura N1-de-N2, nas que N1 é a propiedade é N2 a entidade modificada (o parvo de Luís, unha marabilla de persoa). 1) Tipo I: a) Características:  N1 é un adxectivo valorativo ou un substantivo concreto usado como tal (xeralmente nomes de animais).  Son ambiguas fora de contexto. b) O N é N2:  Concordancia:  Rexida por N2. Exemplo: o parvo do rapaz, a parva da rapaza.  N1 pode concordar con N2 aínda que sexa de xénero invariable (o galiña de Luís).  A concordancia externa adoita rexela tamén N2 (Aí chega a computadora de Luís. Non o trago!)  Imposibilidade de elipse de N1 (*O parvo de Luís e o Ø de Martiño). En conclusión, a inversión só se produce en relación á secuencialidade non marcada dos constituíntes, pero non no que se refire á función. 2) Tipo II: a) Características:  N1 é un substantivo valorativo, xeralmente abstracto.  Non son ambiguas. 17

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

b) O N é N1:  Concordancia:  N1 nunca concorda con N2. Exemplo: unha marabilla de rapaz.  O Determinante de N1 nunca concorda con N2 (unha marabilla de rapaz).  Posibilidade de dupla concordancia co predicado. Exemplo: esa marabilla de persoas é / son o capital máis importante da empresa.  

Ausencia de actualizador en N2, polo que non ten valor referencial e, en consecuencia, non pode ser núcleo. Posibilidade de inverter os seus termos. Exemplo: unha marabilla de rapaz → un rapaz de marabilla.



Trátase, polo tanto, dunha construción sintacticamente anómala, pero semanticamente motivada pola súa relación coas construcións mensurativas.

3. Outros tipos de frases 3.1. A Frase Adxectiva A FAdx. ten como N un adxectivo, é dicir, é a expansión dun adxectivo, que pode aparecer só ou con elementos adxacentes subordinados. Estes son de dous tipos: 1) Modificadores: a) Definición: son elementos léxicos ou gramaticais que determinan a magnitude en que debe ser tomada a calidade ou propiedade. b) Tipos de unidades:  Adverbio ou FAdv. de cantidade ou de modo (con valor gradativo).  FPrep. ou FN ou oración de infinitivo precedidas da preposición baleira de. Exemplo: grande con ganas, tolo de remate, tolo de atar.  Sintagmas comparativos con valor intensificativo. Exemplo: forte coma un buxo.

2) Complementos: a) Definición: complementos seleccionados polo adxectivo que fan referencia ao tipo de calidade ou ás circunstancias en que se dá, non ao grao ou magnitude da calidade. b) Tipos:  Argumentais:  Unidades: FPrep. ou FN ou oración de infinitivo introducidas por de.  Función semántica: case sempre é a de referencia, aínda que nalgúns adxectivos deverbais poden darse outras (procedente de Lugo, participante na asemblea, residente no rural...). 

Satélites:  Unidades: FPrep. ou FAdvs.  Liberdade posicional. A xerarquía destes modificadores é: Núc. < CA-arg. < Mods. < CA-sat. 18

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

3.2. A Frase Adverbial e a Frase Preposicional 3.2.1. Similitudes e diferenzas 1) Similitudes: a) Son unidades que teñen un núcleo (preposición ou adverbio). b) Son as estruturas de expresión habitual das circunstancias en que se dá o esta do de cousas que presenta o enunciado. c) Adxacentes que admiten:  Modificadores:  Complementos: 2) Diferenzas: a) Comportamento sintáctico:  FP: é unha construción transitiva.  FAdv.: pode ser intransitiva. b) A delimitación entre as dúas clases de palabras baséase no seu comportamento sintáctico, pero a gramática tradicional non aplica o mesmo criterio no caso de verbos ou adxectivos entre os que hai a mesma diferenza de comportamento: EXEMPLO

difícil carente comer carecer detrás tras debaixo baixo

TRANSITIVO

INTRANSITIVO

       

       

CLASE DE PALABRA

adxectivo verbo adverbio preposición adverbio preposición

3.2.2. Frases preposicionais verdadeiras e aparentes 1) FPrep. verdadeiras: a preposición é o núcleo da frase, polo que ten significado léxico (de clase) que é restrinxido polos complementos: preposición

significado

sobre

'na parte superior de algo'

con

'instrumento'

para

'finalidade'

exemplo pousou o libro sobre a mesa = pousou o libro enriba da mesa rompeu a porta cun machado = rompeu a porta usando un machado xuntaron cartos para a festa = xuntaron cartos destinados á festa

19

Sintaxe galega 2009/2010 USC

3. A frase

2) FPrep. aparentes: non teñen significado léxico, senón que expresan contidos gramaticais (son marca de función sintáctica): a) CD → a6: vin a Pepe (a-FN) b) CI → a: regaloulle un libro a Pepe (a-FN). c) MOD de FN → de: mesa de piñeiro, mesa de cociña, mesa de Pepe... (deFN). d) CCP / CAx.7 → por: a escuridade é temida polos menos (por-FN) e) MOD de FAdx. ou FAdv. e mesmo de FPrep. → de: enriba da mesa; difícil de ler, carente de recursos; tras da porta.

3.3. A Frase Verbal 1) Definición: a FV ten como N un verbo, que adoita aparecer acompañado de complementos que especifican o tipo de evento. 2) Estrutura argumental: a) Relación do verbo cos seus complementos:  1º argumento:  É o Sux. na voz activa.  É máis externo cós demais: • Non especifica o subtipo de evento. • É o responsable / experimentador do conxunto formado polo verbo e o resto de argumentos (Complementos do verbo).  Resto de argumentos: relaciónanse máis estreitamente co verbo, xa que son os que especifican o subtipo de evento. b) Funcións sintácticas e xerarquía: {[Núc. < OD < OI < CC-arg.]FV < Sux. < CC-sat.}O

6

A preposición a tamén pode ter os significados léxicos de 'prezo' (a sardiña está a 1€) ou 'dirección' (vou a Vigo).. 7

Non sempre cumpre a función semántica de axente, polo que é preferible denominalo complemento preposicional da pasiva (CCP). 20 Sintaxe galega 2009/2010 USC