Sol. Xeog. 2º ESO

solucionario Índice Volume 1 Introdución. Introdución á Historia...........................................  2 Tema

Views 91 Downloads 49 File size 2MB

Report DMCA / Copyright

DOWNLOAD FILE

Recommend stories

Citation preview

solucionario

Índice Volume 1 Introdución. Introdución á Historia........................................... 

2

Tema 1. O inicio da Idade Media............................................... 

3

Tema 2. O nacemento de Europa.............................................. 

7

Tema 3. A época do Románico.................................................. 

15

Tema 4. A consolidación dos reinos europeos........................... 

19

Tema 5. A época do Gótico........................................................ 

24

Tema 6. Al-Andalus................................................................... 

28

Tema 7. Os reinos cristiáns hispánicos...................................... 

33

Volume 2 Introdución. Introdución á Historia Moderna............................ 

39

Tema 8. A orixe do mundo moderno........................................ 

40

Tema 9. O cambio cultural: Renacemento e Reforma............... 

46

Tema 10. O apoxeo do imperio español.................................... 

51

Tema 11. A crise do imperio español......................................... 

55

Tema 12. A Europa do Barroco.................................................. 

60

Volume 3 Introdución. Introdución á Xeografía Humana........................... 

66

Tema 13. A poboación do mundo............................................. 

67

Tema 14. Unha poboación diversa............................................ 

73

Tema 15. Poboación e sociedade na UE, España e Galicia........ 

76

Tema 16. Cara a un mundo de cidades...................................... 

79

Tema 17. As cidades en Europa, España e Galicia..................... 

83

1 385773 _ 0001-0088.indd 1

26/09/12 10:56

Solucionario INTRODUCIÓN Introdución á Historia   1.  • Que é? Trátase dunha moeda. • Que pobo do pasado o elaborou? Foi elaborada polo imperio romano. • Cal é a súa data aproximada? Século I, aproximadamente. • Como é: forma, material, decoración…? A súa forma é circular, está feita de metal, aparece o busto laureado do emperador Traxano. • Que información do pasado nos proporciona: feitos, goberno, poboación…? Actividade libre. • Para que se utilizaba? Utilizábase principalmente para o comercio. Pero os emperadores tamén as cuñaban para demostrar o seu poder.   2.  • Trátase dunha fonte primaria, xa que é contemporánea aos feitos. • É unha fonte material, xa que se trata dunha moeda.   3. 1235: século XIII; 345: século IV; 1945: século XX; 530 a.C.: século VI a.C.; 2010: século XXI; 43: século I; 19 a.C.: século I a.C.   4. 

Século I

a.C.

35 a.C. 623

VII

1974

XX XIII

Data

a.C.

1225 a.C. 1469

XV

  5.  • 1000 a.C.

• 1 d.C.

• 525 a.C.

• 700 d.C.

• 500 a.C.

• 1000 d.C.

• 1 a.C.

• 1025 d.C.

  6.  • Os principais imperios eran o bizantino, o reino dos francos e os visigodos, o imperio persa, a civilización turca, a india e a chinesa. • Os francos ocupaban practicamente a actual Francia e outros países europeos, como Alemaña. Os visigodos estendíanse por case toda a península Ibérica. O imperio bizantino ocupaba o norte de África, a actual Turquía e parte do sur de Europa. O imperio persa estendíase pola zona leste de Oriente Próximo. A civilización turca ocupaba o actual Kazakhstán. A civilización india estendíase practicamente por toda a península de Indostán. A civilización chinesa abranguía a Gran Chaira Chinesa. • A península Ibérica dividíase en dúas zonas, a maioría dela estaba ocupada polos visigodos e no sur encontrábase o imperio bizantino. • Existen os países de China, India, Xapón e Francia.

2

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 2

21/09/12 9:23

TEMA 1 O inicio da Idade Media   1. • Do nome da súa antiga capital, Bizancio. Constantinopla. • Porque Xustiniano intentou reconstruír o imperio romano. Os seus exércitos conquistaron gran parte da península Itálica e do norte de África e o sur da península Ibérica. • O emperador ou basileus concentraba todos os poderes: dirixía o exército e a administración e era o xefe relixioso. As súas ordes eran executadas a través dunha extensa rede de funcionarios. Tamén existía un corpo de diplomáticos encargado de manter as relacións con outros territorios e un poderoso exército, que defendía as fronteiras. • Tras a morte de Xustiniano, en poucos anos os lombardos ocuparon a península Itálica; os visigodos expulsaron os bizantinos da península Ibérica; e os musulmáns conquistaron a costa mediterránea de África, Siria e Palestina, ata que finalmente en 1453, tras un longo asedio, Constantinopla foi tomada polos turcos e o imperio bizantino desapareceu.   2.  • (Documento 1) Xustiniano leva unha ofrenda de ouro nas mans, porta unha coroa e unha auréola en sinal de divindade. •  (Documentos 2 e 3) a) Durante o reinado do emperador Xustiniano (527-565). Gran parte das costas mediterráneas: o sur da península Ibérica, norte de África desde Marrocos ata Exipto, Oriente Próximo, practicamente toda Turquía e Grecia, incluídas as costas do mar Negro, a zona dos Balcáns, Italia e as grandes illas mediterráneas. b) A que coincide co fondo vermello no mapa, que abrangue as cidades de Constantinopla, Tesalónica, Esparta, Nicea e Éfeso. c) En 1453. A toma de Constantinopla polos turcos.   3.  • Teodora. A emperatriz leva un cáliz de ouro para conmemorar a construción do templo de San Vital de Rávena. Viste suntuosas vestimentas e xoias de gran valor porque é unha persoa de alto rango. Unha auréola e unha coroa rodéanlle a cabeza en referencia ao divino e terreal. Corte. Á esquerda de Teodora colócanse os sacerdotes. Xusto á súa dereita están Antonia, que é a muller de Belisario, xeneral que conquistara Rávena, e a súa filla Xoana. Máis á dereita colócanse as cinco damas, representación feminina da súa corte.   4.  • No estreito do Bósforo, que comunicaba o mar Negro e o mar Mediterráneo, sobre un porto natural, o Corno de Ouro. Porque desde ela controlábanse as rutas comerciais entre Europa e Asia.

• O seu nome provén da referencia dos escritores musulmáns a Constantinopla como «A Cidade», co termo grego eis tèn pólin.   5.  • O palacio imperial, a basílica de Santa Sofía e o hipódromo. • Resposta libre (por exemplo, o hipódromo parécese ao circo romano).   6.  • Actividade libre.   7.  • Tivo unha importancia grande. Grazas ao comercio, os bizantinos gozaron de gran prosperidade económica e fixo que as cidades seguisen sendo moi importantes. Os bizantinos dominaban o comercio mediterráneo e as grandes rutas que unían Europa con Asia e África. Por iso, as moedas bizantinas foron o principal medio de pago no Mediterráneo durante moito tempo. • O Cisma de Oriente foi a separación entre a Igrexa católica e a Igrexa bizantina ou ortodoxa. Produciuse en 1054 polas diferenzas cada vez maiores entre ambas as Igrexas: a Igrexa católica recoñecía a autoridade do papa e a Igrexa bizantina ou ortodoxa recoñecía a do patriarca de Constantinopla.   8.  • (Documentos 5 a 8) A planta é un rectángulo cunha ábsida nun dos extremos. Conta con tres naves lonxitudinais. A cúpula, de 65 metros de altura e 31 metros de diámetro, levántase no centro e apóiase noutras cúpulas máis pequenas. Porque hai numerosas ventás na parte superior (ademais, a cúpula ten un gran anel de ventás).   9.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Quedan moi poucos mosaicos orixinais: algúns leváronse a museos estranxeiros, outros roubáronos, outros destruíronse ao construír novos habitáculos. Moitos tapáronse cando Santa Sofía foi convertida en mesquita polos turcos. 10.  • Os preceptos básicos do islam son: a profesión de fe, pola que todo musulmán testemuña que «non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o seu profeta»; a oración cinco veces ao día; a peregrinación á Meca, polo menos unha vez na vida; o xaxún durante o mes do Ramadán, e a esmola, para axudar os pobres. • Era un comerciante da Meca que se sentiu chamado por Deus e que se dedicou a predicar unha nova relixión, o islam. • É a data en que Mahoma se trasladou á cidade de Medina desde A Meca, o ano 622, e marca o comezo do calendario musulmán. A guerra santa. 11. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Todas as mesquitas teñen a mesma estrutura, que está inspirada na casa de Mahoma en Medina. A sala de oración está cuberta e ten columnas. No interior están o muro da quibla, o mihrab e o mimbar; a quibla é un muro orientado

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 3

3 21/09/12 9:23

Solucionario cara á Meca e os crentes rezan axeonllados ante el; o mimbar é o púlpito desde o que o imán ou xefe relixioso dirixe a oración; o mihrab é un nicho baleiro no muro da quibla. Os muros interiores poden decorarse con motivos vexetais, xeométricos ou con caligrafía árabe. Nunca se representan figuras humanas, porque a relixión islámica prohíbeo. O patio está aberto e rodeado de columnas, e nel sitúase a fonte das ablucións, onde os musulmáns se purifican antes de entrar a orar. O minarete é a torre desde a que o muecín chama os fieis á oración cinco veces ao día. 12. • Durante os primeiros anos, o imperio estivo gobernado por parentes de Mahoma, que chegaron ao poder por elección. Este período coñécese como o califato ortodoxo.

15. • Existía unha división social baseada en criterios económicos, e destacaban tres grandes grupos: a aristocracia estaba formada polas familias relacionadas cos gobernantes e polos grandes propietarios e, aínda que non formaban un grupo numeroso, tiñan o poder político e económico, e a maioría eran árabes. O grupo dos notables estaba integrado polos comerciantes, artesáns con talleres propios e pequenos propietarios rurais, que posuían un nivel económico medio, pero non interviñan na vida política. A maioría da poboación estaba constituída por pequenos vendedores ambulantes, artesáns sen taller e campesiños que non tiñan propiedades. • Por exemplo, porque era unha das máis desenvolvidas da súa época: a súa agricultura era moi produtiva debido á aplicación de técnicas novas de regadío, así como ao emprego de noras e muíños, e en artesanía realizaron obras de gran calidade. Ademais, adoptaron as innovacións doutros pobos e trouxeron de Asia novas técnicas, como a fabricación do papel ou da pólvora, e novos obxectos, como o compás; foron excelentes astrónomos (elaboraron catálogos de astros) e grandes matemáticos (adoptaron o uso do cero e dos números arábigos, inventaron a álxebra e perfeccionaron a trigonometría e a aritmética); tamén destacaron na medicina ao desenvolver avanzadas técnicas de cirurxía e de anestesia; traduciron ao árabe moitas obras dos filósofos gregos e romanos, que puideron así difundirse por Occidente; crearon grandes bibliotecas, como as de Bagdad, Córdoba e O Cairo; cultivaron a poesía e a música; escribiron moitos libros de viaxes, de xeografía e de historia e compuxeron extraordinarios relatos, como os contos de As mil e unha noites.

• A dinastía Omeia. A familia dos Abasidas. Produciuse unha rebelión, dirixida por Abul Abbas, que acabou coa familia Omeia. • A máxima autoridade do imperio era o califa, que dispoñía do poder político e do poder relixioso. O califa era asistido polos seus conselleiros, chamados visires. Ademais, numerosos funcionarios axudaban nas tarefas de goberno. Por exemplo, os valís gobernaban as provincias, os ulemas interpretaban a lei coránica e os cadís actuaban como xuíces. Estes altos funcionarios formaban parte da cúspide social. 13. • (Documento 14) a)  Na península Arábiga. b) Por Al-Andalus, norte de África, Sicilia, Chipre, Siria, Armenia, Persia e toda Arabia. c)  Baixo a dinastía dos Omeia. • (Documento 15) Mahoma: 570-632; Califato ortodoxo: 632-661; Omeias: 661-750; Abasidas: 750-1258; Desintegración: a partir de 1258.

16. • A arquitectura resaltou fronte á escultura e a pintura, que tiveron un escaso desenvolvemento. Nos edificios, o ladrillo é o material de construción máis empregado. Utilizaron unha gran variedade de arcos: ferradura, ferradura apuntado, polilobulado, medio punto, e cruzados. Debido a que o material de construción era moi pobre, a decoración foi moi importante: utilizábase xeso, cerámica de cores e pintura para decorar os edificios. Os principais motivos decorativos eran xeométricos (lazaría), vexetais (ataurique) e inscricións. Nas cubertas dos edificios empregáronse teitos planos de madeira e bóvedas de diferentes tipos.

14. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Á morte de Mahoma, no ano 632, o islam estendeuse pola metade occidental de Arabia, e foi A Meca a capital relixiosa. O islamismo difundiuse con gran rapidez e no ano 634 os árabes controlaban as beiras do Xordán e o Éufrates. Axiña lles arrebataron Siria e Exipto aos bizantinos, controlaron Mesopotamia, ampliaron as súas conquistas no norte de África e acabaron co imperio persa. No ano 661 instaurouse a dinastía dos Omeias, que a mediados do século VIII alcanzou o Atlántico e os Pireneos, polo oeste, e o río Indo e as estepas asiáticas, polo leste.

17. Actividade libre. 18.  (Ver a seguinte táboa.)

Imperio bizantino

4

Islam

Quen controlaba o goberno?

O emperador ou basileus.

O califa.

Era unha civilización rural ou urbana?

Civilización urbana.

Civilización urbana, aínda que a maioría da poboación vivía no campo.

Que actividades económicas destacaban?

A artesanía e o comercio.

A agricultura e o comercio.

Que relixión profesaban?

A relixión bizantina ou ortodoxa.

A relixión islámica.

Houbo un gran desenvolvemento cultural?

Si.

Si.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 4

21/09/12 9:34

19.  • O califa era a máxima autoridade do imperio no islam, e dispoñía do poder político e do poder relixioso; o basileus era o emperador bizantino e concentraba todos os poderes: dirixía o exército e a administración e era o xefe relixioso. • A Igrexa católica recoñecía a autoridade do papa, e a Igrexa bizantina ou ortodoxa recoñecía a do patriarca de Constantinopla. • A quibla é un muro orientado cara á Meca, e ante ela rezan axeonllados os crentes. O mihrab é un nicho baleiro no muro da quibla. • A dinastía Abasida gobernou o imperio islámico a partir do ano 750. Sucedeu á Omeia tras unha rebelión e trasladou a capital a Bagdad; durante esta etapa multiplicáronse as loitas polo poder e o imperio comezou a desintegrarse. A dinastía Omeia gobernou entre os anos 661 e 750: o título de califa fíxose hereditario, trasladou a capital a Damasco e conquistou moitos territorios, desde Persia ata a península Ibérica. • Un visir era un conselleiro do califa; un valí era un funcionario que gobernaba unha provincia do califato. • Os arrabaldes eran os barrios máis populares nas cidades islámicas, onde se situaban os obradoiros dos artesáns, e dispoñíanse arredor da medina. A medina ou cidade vella era a parte principal da cidade, onde se encontraban os edificios máis destacados. 20.  • As cidades bizantinas conservaron as súas funcións da etapa do imperio romano: eran a sede dos bispados, do goberno e do exército. Nelas desenvolveuse tamén unha artesanía de gran calidade e eran o centro dos intercambios comerciais. As cidades islámicas estaban amuralladas e contaban con varias portas que se pechaban pola noite. As rúas eran estreitas e irregulares e formaban auténticos labirintos. •  Xustiniano foi o emperador bizantino máis importante. Durante o seu reinado o imperio bizantino alcanzou o seu maior esplendor. Mahoma era un comerciante que se sentiu chamado por Deus e que se dedicou a predicar unha nova relixión, o islam. Recrutou un poderoso exército e conseguiu conquistar A Meca. Desde alí expandiu o islam por Arabia. • A profesión de fe, pola que todo musulmán testemuña que «non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o seu profeta». A oración cinco veces ao día. A peregrinación á Meca, polo menos unha vez. O xaxún durante o mes do Ramadán. A esmola, para axudar os pobres. • O imperio bizantino gozou de gran prosperidade económica. Os bizantinos dominaron o comercio mediterráneo e as grandes rutas que unían Europa con Asia e África. Por iso, as moedas bizantinas foron o principal medio de pago no Mediterráneo durante moito tempo. Os bizantinos vendían os seus produtos agrícolas e artesáns e compraban especias, trigo, peles… A economía islámica tamén estaba moi desenvolvida. A súa agricultura era moi produtiva debido á aplicación de

técnicas novas de regadío, así como ao emprego de noras e muíños. En artesanía realizaron obras de gran calidade. No zoco ou mercado desenvolvíase a vida social e económica. Os comerciantes compraban materias primas no campo e produtos de valor en terras afastadas. Gardaban as mercadorías en almacéns ou alhóndigas, pero as máis valiosas depositábanas na alcaicería, un edificio que se utilizaba como grande almacén e como hospedaría para os viaxeiros. 21.  a)  Desaparición do imperio romano de Occidente. b)  Reinado de Xustiniano. c) Conquista do centro e norte da península Itálica por parte dos lombardos. d)  Cisma de Oriente. e)  Conquista turca de Constantinopla. 22. Mahoma: 570-632; Califato ortodoxo: 632-661; Omeias: 661-750; Abasidas: 750-1258; Desintegración: a partir de 1258. • A primeira etapa foi o califato ortodoxo. • Sucedeuno a dinastía Omeia. • A etapa máis longa foi coa dinastía Abasida. 23. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) No texto, o viaxeiro destaca a riqueza e o importante comercio de Constantinopla. Chámalle a atención a vestimenta dos seus habitantes. 24. 1. Minarete: é a torre desde a que o muecín chama os fieis á oración cinco veces ao día. 2. Patio: é aberto e rodeado de columnas; nel sitúase a fonte das ablucións, onde os musulmáns se purifican antes de entrar a orar. 3.  Sala de oración: é unha sala cuberta e con columnas; no seu interior están o muro da quibla, o mihrab e o mimbar. 25. Actividade libre. (Débese ter en conta que ambas as relixións son monoteístas e teñen puntos en común, pero as diferenzas son moi notables.) 26. O Cisma de Oriente de 1054 tivo como consecuencia a separación entre a Igrexa católica, que recoñecía a autoridade do papa, e a Igrexa bizantina ou ortodoxa, que recoñecía a do patriarca de Constantinopla. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Houbo e hai numerosos enfrontamentos relixiosos. No século XVI a Igrexa volveu sufrir outra escisión entre a Igrexa católica e os protestantes. Actualmente existen enfrontamentos nalgúns territorios do mundo, como o dos palestinos (musulmáns) e israelís (xudeus) en Oriente Medio; en Nixeria enfróntanse musulmáns e cristiáns; nos Balcáns, a guerra de Iugoslavia na segunda metade do século pasado tamén supuxo o enfrontamento entre musulmáns e cristiáns; en Exipto encróntanse cristiáns coptos e musul-

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 5

5 21/09/12 9:23

Solucionario máns; en Iraq encóntranse en conflito sunnitas e xiítas por conseguir o poder; en China existe unha persecución contra os monxes do Tíbet (Dalai Lama)… 27. • O imperio bizantino comezou no ano 476. A civilización islámica comezou no ano 632. • Comezou antes o imperio bizantino. • O islam e o imperio bizantino coincidiron no tempo. • A etapa Omeia corresponde co declive do imperio bizantino. • Ano 750: corresponde ao ano 132. Ano 632: ano 10. Ano 661: ano 40. Ano 1258: ano 656. (Hai que explicarlles aos alumnos que a fórmula para calcular os anos musulmáns é a seguinte: H 5 G 2 622 1 (G 2 622) / 32. Onde G é o ano cristián e H o musulmán.) • 750: rebelión de Abul Abbas e comezo da dinastía Abasida. 632: morte de Mahoma. 661: fin do califato ortodoxo e comezo da dinastía Omeia. 1258: conquista e destrución de Bagdad.

e Sáhara Occidental, aínda non foron recoñecidos por todo o mundo). • A península Arábiga, o norte de África, Persia, Armenia e Siria. • Algúns países dos Balcáns, como Albania, o sueste asiático, a península de Anatolia e a África subsahariana. 30. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) A aparición dos turcos otománs no século XV impulsou un novo ciclo de expansión territorial dos musulmáns en Europa: conquistaron o imperio bizantino e continuaron o seu avance cara a Europa Central, e intentaron tomar no século XVII a cidade de Viena, momento culminante da súa expansión territorial no continente. Para o islam, o final da Idade Media trouxo certo estancamento cultural, que contrasta coa vitalidade da civilización occidental europea.

• O Cisma de Oriente produciuse no ano 1054. Corresponde ao século XI. Nesa época gobernaba no mundo islámico a familia Abasida. • Xustiniano e Mahoma non coincidiron no tempo. 28.  • Mapa do islam medieval. a) Representa unha etapa ampla. Corresponde á etapa da Idade Media e abrangue os séculos VI a XIII. b) Na península Arábiga, o norte de África, Persia, Armenia e Siria e a península Ibérica. c) O islam orixinouse na península Arábiga. A zona segue sendo islámica na actualidade. d) Norte de África, sur de Europa e Asia. • Mapa actual. a) Representa unha data concreta. Corresponde á actualidade. O século XXI. b) No Magreb, na África sahariana e corno de África, en Oriente Medio, no sueste e centro asiático e nos Balcáns, incluídas numerosas illas de África e Asia. c) O islam orixinouse na península Arábiga. Esa zona segue sendo islámica na actualidade. d) Asia, África e Oceanía, sobre todo. 29.  • A relixión islámica alcanzou actualmente unha maior extensión. • Na Idade Media había un único Estado islámico. • Na actualidade existen numerosos Estados islámicos. Sudán (en 2011 escindiuse Sudán do Sur, que ten o cristianismo como relixión maioritaria), Exipto, Libia, Tunisia, Alxeria, Marrocos, Mauritania, Senegal, Gambia, Guinea, Malí, Níxer, Burkina Faso, Nixeria, Tchad, Dxibuti, Somalia, Comores, Maldivas, Albania, Líbano, Xordania, Iraq, Kuwait, Turquía, Siria, Qatar, Arabia Saudita, Iemen, Omán, Emiratos Árabes Unidos, Bahrein, Azerbaixán, Irán, Uzbekistán, Turkmenia, Kirguizistán, Taxikistán, Afganistán, Paquistán, Bangladesh, Malaísia, Brunei, Indonesia (países como Kosovo

6

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 6

21/09/12 9:23

TEMA 2 O nacemento de Europa   1.  • Cada reino xermano estaba gobernado por un rei, ao que asesoraba un consello formado por nobres e guerreiros. Ao principio, os reis eran elixidos polos nobres, pero pouco e pouco a monarquía foise facendo hereditaria. Como consecuencia, moitos reis eran depostos e incluso asasinados polos seus familiares. • Debido á sucesión de guerras entre os pobos xermanos, as cidades foron saqueadas e a poboación trasladouse vivir ao campo, onde buscou a protección dos ricos propietarios. A economía pasou a basearse case exclusivamente na agricultura e na gandaría, das que os produtos se destinaban ao consumo da familia campesiña. O comercio practicamente desapareceu e quedou limitado aos mercados locais, nos que se intercambiaban produtos do campo.   2.  • (Documento 2) Nas terras da actual Francia establecéronse os francos. En Hispania asentáronse os visigodos. En Italia, os lombardos. En Inglaterra establecéronse os anglosaxóns e os britanos. En Dinamarca, os xutos. Os ávaros e turinxios en Centroeuropa. Os frisios e saxóns en Alemaña e Países Baixos…   3.  • O reino suevo estendíase polo noroeste da actual península Ibérica e o reino visigodo estendíase polo resto desa Península. Os francos abranguían os actuais países de Francia e Bélxica. O reino dos frisios ocupaba os actuais Países Baixos. En Alemaña asentáronse os reinos saxón, franco e turinxio. Italia estaba ocupada polos lombardos. Os ávaros estendíanse polos actuais países centroeuropeos como a República Checa, Austria, Eslovaquia e Romanía. Os eslavos asentáronse en Rusia.   4.  • Carlomagno dividiu o imperio en provincias, chamadas condados porque estaban gobernadas por un conde. Nas zonas de fronteira creou as chamadas marcas, que eran territorios cun exército mandados por un marqués e que tiñan unha función defensiva. Carlomagno nomeaba os condes e os marqueses, que lle debían xurar fidelidade, e en ocasións enviaba funcionarios para inspeccionar a actuación dos condes e marqueses e para controlalos. • Ambos os dous eran nomeados por Carlomagno e debíanlle xurar fidelidade. Os condes gobernaban provincias chamadas condados mentres que os marqueses mandaban os seus exércitos en zonas fronteirizas, chamadas marcas. • A forma de vida no imperio era rural. A maioría da poboación vivía da agricultura e residía no campo. As cidades eran pequenas, e a artesanía e o comercio, escasos. • A división do imperio de Carlomagno. Cando un rei franco ou carolinxio morría, o reino dividíase entre os

seus fillos. A Carlomagno só o sobreviviu un fillo, Luís o Piadoso, e cando este morreu o imperio repartiuse entre os seus fillos (netos de Carlomagno) Carlos, Luís e Lotario, que nun principio se enfrontaron entre si, ata que finalmente, no ano 843, asinaron o tratado de Verdún, polo que recoñecían a repartición do imperio entre os tres. Tras a morte de Lotario, o seu reino repartiuse entre as súas dúas irmás.   5.  • (Documentos 4 e 5) a) O reino franco abranguía os actuais territorios de Francia, parte de Alemaña e o norte de España. b) Carlomagno conquistou o reino lombardo de Italia, someteu os saxóns e outros pobos de Xermania e apoderouse de territorios na península Ibérica. c)  A Marca Hispánica. d) Tras o tratado de Verdún, no ano 843, o imperio carolinxio quedou dividido en tres partes, ao repartirse entre os fillos de Luís o Piadoso, único descendente de Carlomagno: a franxa oeste, baixo o dominio de Carlos o Calvo; a franxa central coa Lombardía italiana, baixo o reinado de Lotario; e a franxa leste con Saxonia e Carintia, correspondeulle a Luís o Xermánico. Tras a morte de Lotario, o seu reino repartiuse entre as súas dúas irmás. • (Documentos 6 e 7) O estilo do palacio e da Capela Palatina lembra máis ás igrexas bizantinas, pola altura, o tipo de planta, os arcos empregados, a decoración e a luminosidade. As igrexas xermanas carecían case de decoración nos seus muros e no seu interior, a diferenza das ornamentadas igrexas bizantinas. A escuridade do interior dos templos xermanos, pola escaseza de ventás, contrasta tamén coa luminosidade do palacio de Aquisgrán e das igrexas bizantinas.   6.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Carlomagno naceu en Aquisgrán e subiu ao trono do imperio carolinxio no ano 768. Fillo de Pipino o Breve, rei dos francos, e neto de Carlos Martel, mordomo de palacio. Restaurou o imperio romano en Europa occidental. Herdou os territorios concedidos ao seu irmán Carlomán no ano 771. En 774 anexionou Lombardía, no norte de Italia. En 804 conquistou Saxonia, no norte de Alemaña. Carlomagno gobernou o máis importante reino de Europa daquela época. Intentou a incursión na península Ibérica, pero foi derrotado na batalla de Roncesvalles de 778. O día de Nadal do ano 800, o papa León III coroou emperador de Occidente a Carlomagno. Morreu en 814 á idade de 72 anos. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) A administración central concentrábase en tres figuras: o arquicapelán, xefe dos servizos relixiosos; o chanceler, que redactaba os documentos e gardaba o selo real; e o comes palatii, que substituíu o mordomo e supervisaba as funcións domésticas.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 7

7 21/09/12 9:23

Solucionario As circunscricións administrativas implantadas foron os condados, que tiñan certas vantaxes xudiciais, militares e económicas. Nas terras fronteirizas, algúns condados integraban as marcas, que contaban cunha grande independencia. O enlace entre o poder central e os poderes locais era un corpo de inspectores, os missi dominici, que actuaban en parellas (un missus laico e outro eclesiástico) e debían velar polo cumprimento das normas civís e relixiosas. A variedade territorial obrigou a promulgar gran diversidade de leis. Carlomagno impuxo certos compromisos morais, os xuramentos xerais de fidelidade, e a divissio regnorum ou repartición patrimonialista do territorio imperial.   7.  • Por exemplo, que a segunda metade do século IX e o século X foran tempos de división e inseguridade para Europa; que os reinos en que se dividira o imperio carolinxio loitaran entre si para lograr a superioridade sobre os demais e que as guerras debilitaran os reis e mermaran a capacidade defensiva de Europa. Os viquingos, tamén coñecidos como normandos, conquistaron as illas Británicas, o norte de Francia e o sur de Italia. Os maxiares ou húngaros fundaron o reino de Hungría. Os pobos eslavos establecéronse na Europa oriental e nos Balcáns. Os sarracenos, piratas musulmáns provenientes do norte de África, arrasaron as costas europeas. • O feudalismo é un sistema político e social baseado nunha cadea de lazos persoais mediante o cal os campesiños buscaban a protección dos nobres a cambio de traballar para eles e someterse á súa autoridade. Desta forma convertéronse en servos. Á súa vez, os nobres aceptaban a primacía do rei e transformábanse en vasalos seus. Os vasalos xuraban fidelidade ao seu señor e este outorgáballes a cambio un feudo. Os nobres tamén podían ter á súa vez vasalos, que eran nobres menores. • Un estamento é cada un dos grupos en que se dividía a sociedade medieval. Na Idade Media existían tres estamentos: nobres, clérigos e traballadores. Os nobres eran os cabaleiros e as súas familias. A súa misión consistía en defender o resto da poboación. Os clérigos eran os monxes e os sacerdotes. Debían rezar para lograr a salvación espiritual das persoas. Os traballadores eran na súa maioría campesiños, aínda que tamén había artesáns e comerciantes. Ocupábanse de producir e vender os alimentos e os produtos que necesitaba a sociedade. • Os nobres e os clérigos, estamentos privilexiados, tiñan unha serie de vantaxes que non tiñan os non privilexiados: non pagaban impostos, non realizaban traballos manuais e controlaban os cargos máis importantes da administración.   8.  • (Documento 10) Nas relacións feudais o señor adquiría estes compromisos: ofrecía protección militar ao vasalo,

8

prestáballe defensa xudicial e proporcionáballe sustento. Á súa vez, o vasalo axudábao militarmente, ofrecíalle consello no goberno e prestáballe axuda económica.   9.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Na segunda metade do século XI, o bispo de Bayeux –Francia– encargou un tapiz para expoñer na catedral. Trátase dunha tea bordada duns 70 m de longo que narra e celebra a conquista de Inglaterra polos normandos no ano 1066 ás ordes do duque de Normandía. Inglaterra, ano 1064. O rei inglés Eduardo o Confesor está moi enfermo e nomea sucesor a Guillerme, duque de Normandía. Harold o Saxón informa a Guillerme e, moi ao seu pesar, xúralle fidelidade. Pero cando o rei morre, Harold toma o poder e convértese no novo monarca. Inglaterra 1066. Harold é coroado rei. Aparece un cometa que se toma como un mal agoiro. Harold envía un mensaxeiro a Francia. Guillerme está furioso pola traizón e ordena construír unha frota, cargada de armas e subministracións. Os normandos atravesan o Canal da Manga. O exército de Guillerme desembarca preto de Hastings. Os normandos levantan un campamento. Os cociñeiros de Guillerme preparan un banquete no seu honor. Constrúen unha fortaleza. As casas son queimadas ao paso do exército normando. Os normandos atacan os saxóns. Lewine, irmán de Harold, é asasinado. Hai unha dura batalla. Guillerme reúne as súas tropas para unha carga final. O rei Harold morre na batalla. Os normandos conseguen a vitoria e Guillerme o Conquistador convértese en rei de Inglaterra. 10. • O rei estaba na cúspide da pirámide social do feudalismo e os seus vasalos eran os nobres principais, os que á súa vez tiñan outros vasalos. Só a través desta cadea de vínculos persoais o monarca permanecía ligado cos nobres do seu reino e estes recoñecían a súa autoridade, ademais do seu papel como mediador entre as disputas dos nobres. • Durante a Idade Media os reis non tiñan unha capital fixa, senón que se desprazaban continuamente polos castelos que posuían para controlar os territorios que formaban o seu reino. O rei ía sempre acompañado da corte, é dicir, da súa familia, dos seus guerreiros e dos seus conselleiros. • A Curia ou Consello Real era un grupo de persoas, inicialmente familiares ou amigos do monarca, que o axudaban nas tarefas de goberno. Co paso do tempo, a Curia foi ampliándose e pasou a estar integrada por xuristas, altos dignatarios eclesiásticos, oficiais do palacio real, membros importantes da nobreza e tamén guerreiros. 11.  • (Documento 13) O Sacro Imperio Xermánico, o reino de Francia, o reino de León, o reino de Navarra, o condado de Barcelona, o reino de Borgoña, o reino de Italia, os Estados Pontificios, o reino dos Pictos e dos Escotos, o reino de Dinamarca, Polonia, o principado de Kiev, o reino de Hungría, Croacia Bosnia, o imperio Búlgaro e Xeorxia.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 8

21/09/12 9:23

12.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Henrique III naceu no ano 1017 e morreu no ano 1056. Foi alcumado «o Negro» e converteuse en rei alemán en 1039. Foi coroado emperador en 1046. Apoiou a reforma no seo da Igrexa e defendeu a supremacía do emperador sobre o papa. Durante o seu reinado, o Sacro Imperio alcanzou gran poder e fortaleceu a súa autoridade fronte aos señores feudais de Lorena e de Baviera. Casou dúas veces: en 1036 con Guninda e en 1043 con Agnes de Poitou, con quen tivo varios fillos. Henrique III tivo pretensións sobre o Reino de Hungría. 13. • Non todos os nobres eran igual de poderosos. Algúns eran donos de grandes feudos e de inmensas riquezas, mentres que outros só posuían as súas armas e o seu cabalo. • A mesnada era un conxunto de cabaleiros e vasalos que acudían á convocatoria do rei en caso de guerra. Cando a guerra terminaba, os nobres e os seus guerreiros volvían aos seus feudos. • A función fundamental das mulleres nobres era casar e ter fillos que aseguraran a continuación da liñaxe. Os matrimonios eran concertados polos pais dos noivos, ás veces cando estes eran nenos. As mulleres nobres que permanecían solteiras ingresaban en mosteiros. As mulleres dirixían os labores dos serventes, educaban os fillos máis pequenos, bordaban e tecían. Era rara a vez que saían do castelo. As mulleres nobres estaban sometidas completamente ao home, ao que non podían desobedecer. 14. • (Documento 15) As armas que portan os cabaleiros son espadas e lanzas, ademais doutros elementos defensivos, como escudos e cascos. 15. • Actividade libre. 16. • A reserva señorial e os mansos. A reserva era a parte da terra cuxa explotación reservaba para si o señor, a quen se entregaban todos os produtos obtidos do seu cultivo. Nela situábase o castelo, onde residía o nobre coa súa familia. Tamén formaban parte da reserva señorial os prados e os extensos bosques, onde os campesiños podían cazar ou recoller leña só con permiso do señor. Os mansos eran porcións de terra que o señor lles concedía aos campesiños para o seu sustento a cambio dunhas rendas. Estas rendas podían ser diñeiro, produtos (unha parte da colleita, tecidos, animais…) e, sobre todo, servizos persoais, como traballar as terras da reserva señorial gratuitamente. • Os señores feudais posuían dereitos de xurisdición sobre os seus feudos, é dicir, impartían xustiza neles e cobraban impostos. Así, os campesiños tiñan que pagar por utilizar o muíño, o forno e a prensa, que eran propiedade señorial, e os comerciantes debían pagar a peaxe cando atravesaban o feudo e o pontádego cando cruzaban as pontes.

17. • Na ilustración recoñécense claramente as dúas partes nas que quedaba dividido o feudo, a reserva señorial e os mansos. Na reserva distínguese o castelo, onde residía o nobre e a súa familia, e as terras cuxa explotación se reservaba para o señor, ademais dos prados, dos bosques e unha ponte. No segundo grupo aparece a aldea campesiña, coas súas vivendas, os seus mansos e outros elementos, como o muíño e a igrexa. • Por exemplo, unha parte da poboación campesiña realiza diversas tarefas relacionadas coa agricultura e coa gandaría, como a labranza da terra, a colleita, o pastoreo, a rapa das ovellas, o muxido das vacas, etc. Outros personaxes aparecen tecendo vestidos ou realizando tarefas domésticas, e algúns dedícanse á artesanía. Tamén hai campesiños que están moendo trigo no muíño e mulleres sacando auga do pozo. Os nobres, pola súa parte, dedícanse a montar dacabalo e á caza. • Non todos os personaxes pertencen ao mesmo estamento. Os que traballan a terra, os campesiños, e os artesáns pertencen ao estamento dos non privilexiados, os traballadores. En cambio, os nobres ou cabaleiros pertencen aos estamentos privilexiados, cuxa actividade era a guerra. 18. • A Igrexa tiña un gran poder. Este poder baseábase, por un lado, en que os papas interviñan nos asuntos dos Estados cristiáns. Por outro, en que os mosteiros e as catedrais eran donos de gran cantidade de terras. Ao igual que os señores feudais, cobraban rendas aos seus servos. Ademais, os campesiños estaban obrigados a pagarlle á Igrexa o décimo, é dicir, a décima parte das súas colleitas. • A Igrexa interviña en case todos os aspectos da vida. Os principais ritos, desde o bautismo e o matrimonio ata o enterro, eran considerados acontecementos que celebraba toda a comunidade. Os cristiáns debían asistir á misa os domingos, rezar diariamente, xaxuar na coresma, confesarse e comungar polo menos unha vez ao ano e, se era posible, peregrinar aos lugares santos. As campás das igrexas regulaban as tarefas cotiás e as horas de traballo dos campesiños. O calendario seguía as festas relixiosas e os anos contábanse a partir do nacemento de Xesucristo. • Entre os séculos XI e XIII a Europa cristiá foi ampliando as súas fronteiras. Polo norte e polo leste, moitos católicos alemáns cristianizaron pobos pagáns e eslavos. O mesmo fixeron os ortodoxos bizantinos cos eslavos dos Balcáns e de Rusia. Polo sur, os reinos cristiáns da península Ibérica foron conquistando territorio musulmán. Pero a expansión da cristiandade non se limitou ao continente europeo. As Cruzadas, que eran intervencións militares organizadas polo papa e polos reis para conquistar Terra Santa aos musulmáns, estendérona máis alá das fronteiras europeas.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 9

9 21/09/12 9:23

Solucionario 19. • (Documento 17) O papa era a cabeza da Igrexa. Por debaixo do papa, a Igrexa estaba dividida no clero secular e no clero regular. A cabeza do clero secular eran os bispos. Cada diocese, que era controlada por un bispo, comprendía varias parroquias, onde realizaban o seu labor os sacerdotes. O clero regular formábano as ordes relixiosas. Cada orde estaba encabezada polo abade principal. Por debaixo estaban os superiores que dirixían os mosteiros, onde vivían os freires, os monxes e as monxas. • (Documento 18) a) A primeira Cruzada partiu de cidades do centro de Europa, como París, Toulouse e Worms. Seguiu un percorrido cara ao sueste tomando diversos itinerarios que confluían nas cidades de Durazzo e Constantinopla. Desde alí, e pasando por Antioquía, a primeira Cruzada chegou ata Xerusalén, tomada polos turcos. b) Algúns dos países actuais que pertencían á cristiandade romana son Francia, Reino Unido, Irlanda, Alemaña, Países Baixos, Bélxica, Dinamarca, Polonia, Letonia, etc. 20. • Os campesiños servos estaban sometidos completamente á autoridade do señor. Por exemplo, non podían abandonar o feudo nin casar sen o seu permiso. Os servos traballaban gratuitamente para o señor, cultivando as terras da reserva señorial ou realizando os traballos domésticos. A cambio, o señor alimentábaos e mantíñaos moi pobremente. A condición de servos pasaba de pais a fillos. Os campesiños libres vivían na aldea e podían abandonar o feudo. Decidían os seus actos persoais. Traballaban os mansos e, a cambio, pagaban rendas ao señor, pero dispoñían do resto da colleita. • As rendas que os campesiños lle pagaban ao señor consistían en parte da colleita do manso. Os campesiños pagaban á Igrexa o décimo, que consistía na décima parte das súas colleitas. • Principalmente cultivaban cereais: co trigo e co centeo elaboraban o pan, que era o principal alimento, e coa cebada facían cervexa. Tamén plantaban legumes: lentellas, garavanzos… E nas hortas tiñan hortalizas, vides (coas que fabricar o viño) e outras froiteiras. • Porque non tiñan fertilizantes e utilizaban ferramentas e técnicas rudimentarias. Cada ano cultivaban só a metade da parcela para deixar descansar a terra. A outra metade deixábase en barbeito, é dicir, sen cultivar. • As familias estaban compostas polo pai e a nai, os fillos e, moi a miúdo, outros familiares. O pai era o cabeza de familia, ao que os demais membros debían obedecer. Eran autosuficientes, é dicir, producían todo canto necesitaban. Alimentábanse do que cultivaban e vestíanse coas roupas que tecían as mulleres. Eles mesmos levantaban as súas casas e elaboraban os seus mobles. O seu nivel de vida era moi baixo. Comían mal, e a carne e o peixe eran luxos que só se permitían

10

nos días especiais. Tampouco tiñan menciñas, por iso a súa esperanza de vida era moi curta. 21. • (Documento 21) O barbeito consiste nunha rotación do cultivo. Cada ano cultívase só unha parte da parcela e déixase descansar a outra parte, é dicir, en barbeito, para que recupere a súa fertilidade. • (Documento 22) As súas vivendas eran moi pobres, feitas de adobe, madeira e canas; tiñan un só cuarto no que comían e durmían. Os mobles eran escasos: algún arcón, unha mesa e o xergón sobre o que durmían. Era común que compartisen ese cuarto cos seus animais. Tamén contaban cunha pequena horta para a súa subsistencia. 22. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, esta información.) As «Partidas» de Afonso X de Castela definen os campesiños como «os que labran a terra e fan nela aquelas cousas polas que os homes han de vivir e de manterse». Con esta definición considérase o campesiñado como a forza fundamental do traballo na sociedade medieval. 23. Actividade libre. 24. • Non, os reinos xermanos eran gobernados por un rei, inicialmente elixido polos nobres, asesorado por un consello. O imperio carolinxio era gobernado por un emperador que organizaba o territorio en condados e marcas. • No reino franco os reis eran débiles e foron deixando o goberno nas mans dos altos funcionarios, os mordomos de palacio, que co tempo se fixeron co poder e herdaron o reino franco. • Chamamos feudalismo a un sistema baseado nunha cadea de lazos persoais, mediante o cal os campesiños buscaron a protección dos nobres a cambio de traballar para eles e someterse á súa autoridade converténdose en servos. Á súa vez, os nobres aceptaron a primacía do rei e pasaron a ser vasalos seus. Os vasalos xuraban fidelidade ao seu señor e este outorgáballes a cambio un feudo. • Entre os séculos X e XIII a Europa cristiá foi ampliando as súas fronteiras. Polo norte e polo leste, moitos católicos alemáns cristianizaron pobos pagáns e eslavos. O mesmo fixeron os ortodoxos bizantinos cos eslavos dos Balcáns e de Rusia. Polo sur, os reinos cristiáns da península Ibérica foron conquistando territorio musulmán. Pero a expansión da cristiandade excedeu as fronteiras do continente europeo. As Cruzadas, que eran intervencións militares organizadas polo papa e os reis para conquistar Terra Santa aos musulmáns. Usáronse tanto as Cruzadas como as conquistas, así como as peregrinacións para estender o cristianismo polo mundo. • Ser un privilexiado na Idade Media quería dicir que se pertencía aos estamentos da nobreza e do clero e se tiña por iso unha serie de vantaxes: non pagar impostos, non realizar traballos manuais e controlar os cargos máis importantes da administración.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 10

21/09/12 9:23

Ser un non privilexiado significaba pertencer ao estamento dos traballadores, que na súa maioría eran campesiños e que levaban a cabo os traballos manuais. 25. • No imperio carolinxio, os condes gobernaban provincias chamadas condados; os marqueses mandaban un exército en zonas fronteirizas chamadas marcas. • Os maxiares eran pobos das estepas de Asia e fundaron o reino de Hungría; os sarracenos eran piratas musulmáns que proviñan do norte de África. • A vasalaxe é un pacto mediante o cal os nobres aceptaban a primacía do rei; a homenaxe é unha cerimonia pola cal os nobres se convertían en vasalos do rei. • A reserva era a parte do feudo cuxa explotación se reservaba ao señor; os mansos eran porcións de terra que o señor lles concedía aos campesiños para o seu sustento a cambio dunhas rendas. • Os servos estaban sometidos completamente á autoridade do señor; os campesiños libres decidían os seus actos libremente. • O clero regular fórmano as ordes relixiosas, cos seus abades, superiores, freires, monxas e monxes; o clero secular fórmano os bispos e os sacerdotes. • Por medio da investidura, o rei cedía unhas terras, o feudo, ao seu vasalo; por medio da homenaxe os nobres convertíanse en vasalos do rei. 26. O rei concede un feudo (b) aos nobres. Os nobres conceden protección (a) aos campesiños. / Os campesiños páganlles rendas (c) aos nobres. Os nobres xuran fidelidade (d) ao rei. 27. De arriba abaixo: Rei - Gran nobre - Cabaleiro - Artesán Campesiño rico - Campesiño pobre. • Cadro de arriba: privilexiados. Cadro de abaixo: non privilexiados. • Os campesiños pobres ocupaban o último lugar. Non posuían terras e moitos deles nin sequera eran libres, senón servos, é dicir, estaban sometidos á autoridade do señor para o que traballaban gratuitamente, e a cambio, este alimentábaos e mantíñaos moi pobremente. • Un campesiño xamais podería chegar a formar parte dos privilexiados. A cada estamento pertencíase por nacemento, salvo no caso dos clérigos. • Non todos os privilexiados tiñan o mesmo poder. Algúns nobres eran donos de grandes feudos e de inmensas riquezas, mentres que outros só posuían as súas armas e o seu cabalo. Por outro lado, o clero era un estamento moi xerarquizado; entre os máis poderosos estarían os bispos e abades superiores, e por debaixo, os freires e monxes. • As mulleres encontrábanse en ambos os grupos. As damas eran as mulleres nobres, que pertencían ao dos privilexiados, así como as monxas ao estamento do clero. As mulleres traballadoras pertencían ao dos non

privilexiados. Con todo, ningunha era libre de concertar o seu matrimonio e todas estaban sometidas aos seus homes, aos que non podían desobedecer. 28. • A cerimonia representada chámase homenaxe. • O señor é o que está sentado e sostén a espada. O vasalo é o que está axeonllado. • O señor é un rei. Dedúcese pola coroa. • O vasalo xuráballe fidelidade ao señor, axuda militar e consello no goberno. O señor cedíalle unhas terras, un feudo, ao vasalo. 29. • Dicimos que a Igrexa era unha institución moi poderosa na Idade Media porque, por un lado, os papas interviñan nos asuntos dos Estados cristiáns. Por outro, os mosteiros e as catedrais eran donos de gran cantidade de terras. Ao igual que os señores feudais, cobraban rendas aos seus servos. Ademais, os campesiños estaban obrigados a pagarlle á Igrexa o décimo, é dicir, a décima parte das súas colleitas. Tamén regulaba todos os aspectos da vida cotiá. • Fragmentouse o imperio carolinxio tras a morte de Carlomagno porque cando un rei franco morría, o reino dividíase entre os seus fillos. Os carolinxios seguiron con ese costume. A Carlomagno só o sobreviviu un fillo, Luís o Piadoso, pero cando este morreu o imperio repartiuse entre os fillos deste: Carlos, Luís e Lotario. • As invasións viquingas, maxiares e sarracenas crearon un clima de inseguridade pola extrema crueldade dos invasores, que arrasaron Europa coas súas pillaxes e saqueos. • Empezaron a establecerse relacións de vasalaxe porque as invasións de viquingos, maxiares e sarracenos, xunto á debilidade dos reis para defender a poboación, provocaron un clima de inseguridade que transformou a sociedade dando orixe ao feudalismo. 30. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte resposta.) Hoxe en día a ameaza de excomuñón por parte do papa non tería consecuencias políticas para os gobernantes europeos. Na Idade Media a excomuñón era unha ameaza moi grave, xa que se un papa excomungaba a un rei, os seus súbditos quedaban liberados do xuramento de fidelidade. Pero na actualidade non existen as relacións de vasalaxe. Ademais, nin o poder do papa ten tanto peso coma para condicionar a política dos gobernantes nin a Igrexa inflúe nas decisións dos dirixentes coma daquela. 31. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte resposta.) O concepto de fidelidade nas relacións de vasalaxe tiña unha vital importancia, pois a súa ausencia provocaba frecuentes guerras. Ademais, supoñía a única forma de aceptar o poder do rei por riba do poder dos nobres. Ás veces, un ou varios nobres deixaban de recoñecer a autoridade do rei e loitaban contra el. Noutras ocasións, o rei trataba de apropiarse pola forza das terras dalgún nobre.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 11

11 21/09/12 9:23

Solucionario 32. Actividade libre. (Ver, por exemplo, as seguintes suxestións.) • Poderían ser motivacións moi diversas, como por exemplo, o espírito aventureiro, as ansias de conquista ou necesidade de fuxir da túa terra. • Actividade libre.

Feitos Coa designación de heraldo de Cristo.

Documento B

Co concilio de Clermont e por medio da predicación.

Documentos BeC

Todos. Desde reis ata xente ordinaria.

Documento C

Canto durou o asedio a Xerusalén

Máis de corenta días.

Documento A

Cando se tomou Xerusalén

A mañá do 5 de xullo de 1099.

Documento A

Como se premiaba a quen acudira Como se difundiu a Cruzada

33. Actividade libre. 34. • As segundas invasións.

Que grupos sociais marcharon

• Europa. • Séculos IX e X. • As frechas sinalan o sentido das incursións invasoras. As distintas incursións están destacadas cunha cor diferente: viquingos (morado), sarracenos (verde) e maxiares (vermello). 35. • Os viquingos, tamén coñecidos como normandos, procedían de Escandinavia. Os sarracenos chegaron a Europa desde o norte de África. Os maxiares proviñan das estepas húngaras. • Os viquingos dirixíronse ás illas Británicas, Islandia, norte de Francia, ás costas da península Ibérica e ao sur de Italia, Principado de Kiev, mar Negro ata Bizancio… Os maxiares dirixíronse ao Sacro Imperio Xermánico, Estados Pontificios e resto de Italia. Os sarracenos dirixíronse ás costas e illas do sur de Europa: Baleares, Sardeña, Sicilia, Estados Pontificios, Italia... • Á península Ibérica chegaron os viquingos. 36. • Ás costas (viquingos e sarracenos) e ao centro europeo (maxiares). • Os ataques ao imperio bizantino non foron abundantes, só os viquingos alcanzaron as súas terras. Isto puido deberse a que, aínda estando en declive comparado coa súa anterior etapa de esplendor, seguía sendo un imperio forte e co poder suficiente para defenderse dos posibles ataques. 37. • O documento A escribiuse entre 1160 e 1233; o documento B en 1095, e o documento C no século XII. • Os documentos A e C son fontes posteriores aos feitos que narran; o documento B é unha fonte contemporánea ao feito que narra. • O documento A: Ibn Al-Athir; o documento B: o papa Urbano II; o documento C é anónimo. 38.  • Feitos

Por que o papa organizou a Cruzada

12

Para asistir á poboación cristiá do imperio bizantino, que foi atacada polos turcos e os árabes.

Documento que achega a información Documento B

Documento que achega a información

39.  • Documento A. Chámalles francos. Transmite unha visión negativa dos cruzados. Resposta libre. (Polo masacre que relata.) • Documento B. Considéraos unha ameaza para a cristiandade. Destaca os actos que cometeron, como as matanzas e a destrución de igrexas. Segundo Urbano II, a Cruzada ordénaa Deus. Resposta libre. A intención de Urbano II era conquistar Terra Santa. • Documento C. Opina que os cruzados crían mostrar a súa lealdade a Deus, pero que ademais tiñan outras intencións como o afán de riqueza ou a posibilidade de fuxir da súa terra. Non, había codiciosos e outros que buscaban a súa liberdade. 40. • Os viquingos eran pobos procedentes do norte, de aí que na Europa cristiá se lles chamase normandos. Vivían en Escandinavia e diferenciábanse tres ramas, os noruegueses, os daneses e os suecos. A época viquinga abrangue tres séculos, do IX ao XI. • Xunto a eles, outros pobos protagonizaron as segundas invasións: os maxiares ou húngaros e os sarracenos. 41. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) • Hai razóns que explican a expansión dos viquingos: por un lado, a debilidade dos reinos cristiáns naquela época favoreceu as incursións, cos conseguintes saqueos e pillaxes. Outra causa que motivou esa expansión puido ser unha explosión demográfica, co que se facía necesaria a procura de novas terras. Outra razón sería a obtención de riquezas e produtos das terras meridionais e de mosteiros cristiáns. Ademais, coa súa expansión abríanse novas posibilidades de comercio. Outro motivo foi un avance tecnolóxico, o barco viquingo (drakkar), que lles proporcionou unha clara superioridade no mar. O drakkar era robusto, pero á vez lixeiro, flexible e era fácil manobrar con el, asegurando unha fuxida rápida. Os barcos tiñan capacidade para un gran número de guerreiros e, ademais, tiñan pouco calado para entrar por vía fluvial.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 12

21/09/12 9:23

Tamén destaca a motivación exploradora e colonizadora de terras deshabitadas. • No ano 793 iníciase a expansión viquinga co primeiro ataque ao mosteiro de Lindisfarme, no sueste de Inglaterra. A partir de aquí as incursións sucedéronse. Os noruegueses e os daneses expandíronse cara ao norte e cara ao occidente europeo, mentres que os suecos se internaron por Europa oriental ata chegar ao imperio bizantino. Os viquingos eran guerreiros e invasores en Europa, pero cara ao Atlántico norte convértense en exploradores e colonos. Chegaron a colonizar illas practicamente deshabitadas como Islandia, e tamén arribaron a Grenlandia e a terras do noreste de América. Ao principio só realizaban expedicións de saqueo, pero pouco e pouco fóronse asentando nas illas Británicas e no norte de Francia. Daneses e noruegueses foron establecendo asentamentos permanentes no sueste de Inglaterra, en Escocia e en Irlanda, onde fundaron Dublín. En Francia conquistan a rexión que se coñecerá como Normandía. Desde estas prazas fixas partían as súas campañas de saqueo. A cidade de París chegou a ser asediada, e coma outras terminou tendo que pagar un tributo aos nórdicos. Os suecos, pola súa parte, introducíronse no norte da actual Rusia. Nunha segunda fase expandíronse cara ao sur e o Mediterráneo, atacando cidades da península Ibérica, como Lisboa, Sevilla ou Alxeciras; chegaron a Marrocos, Baleares e invadiron o sur de Italia. Por outro lado, os suecos realizaron as súas incursións por Europa oriental internándose polos grandes ríos. A diferenza dos outros pobos nórdicos, estes estableceron unha enorme rede comercial. Fundaron un reino, o de Rusia, e chegaron ata Oriente Próximo e á cidade de Constantinopla, no imperio bizantino. • Os viquingos tiñan un comercio moi desenvolvido. As peles e o marfil (procedente das morsas) eran moi apreciados no resto de Europa. Crearon importantes rutas comerciais e mercados. Había artesáns que traballaban moi ben a madeira para a fabricación de barcos e ferreiros que fabricaban armas de gran calidade. A aparición do drakkar favoreceu o dominio do mar e convertéronse en magníficos navegantes. Os barcos dos mercadores eran de dimensións maiores. A relixión era politeísta. Os seus deuses eran mortais. Odín é a deidade superior e patrón da guerra. 42. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) • A importancia para Escandinavia, Inglaterra e Francia foi grande polo establecemento dunha nova orde social e pola revitalización do comercio. Tras finalizar as invasións, Dinamarca, Suecia e Noruega convertéronse en reinos. Coa cristianización, os antigos valores guerreiros dos viquingos desapareceron. En España, as invasións non tiveron tanta relevancia coma en Francia e Inglaterra.

• A asimilación cultural foi maior cando estableceron asentamentos permanentes. Os viquingos foron asimilando a cultura dos lugares onde que se establecían e sometéronse aos reis autóctonos. Isto foi debido á súa gran capacidade de adaptación. Os que se estableceron en Inglaterra moi pronto aprenderon a falar inglés e convertéronse ao cristianismo. Os xefes viquingos establecidos en Normandía apareceron como os sucesores naturais do conde franco ao que desprazaran, mentres que os xefes viquingos de Dublín se comportaron como reis irlandeses, e os gobernantes escandinavos de Kiev pronto se eslavizaron. • Actividade libre. 43. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) • O narrador da película é Adso de Melk, un novicio franciscano discípulo de frei Guillerme de Baskerville. • Nunha abadía, no norte de Italia. • Os freires bieitos visten hábitos negros; os freires franciscanos, hábitos grises; os delegados do papa, roupas luxosas; e os pobres, farrapos. • A abadía encóntrase entre montañas nevadas. Ten unha entrada enreixada, un gran patio cun pozo no medio e unha grande escalinata e varias torres; no patio están o ferreiro e outros artesáns. Os seus muros son grosos e as súas ventás, pequenas. É, en xeral, unha abadía escura. Distínguense varias dependencias, como o refectorio, a biblioteca, o escritorio, a igrexa, etc. 44. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) • Os franciscanos pertencen a unha orde mendicante católica fundada por San Francisco de Asís. Fan voto de pobreza renunciando a todo tipo de bens e propiedades. Vivían da caridade e vestían hábito gris de la e unha corda con tres nós que simbolizaban os seus votos (pobreza, obediencia e castidade). Os beneditinos pertencen a unha orde contemplativa fundada por San Bieito de Nursia. Os monxes estaban dedicados ao traballo e á oración. Traballaban en diversas actividades manuais, agrícolas…, para o sustento da comunidade. Vestían túnica negra, de aí que se lles chamase os «monxes negros». • Xoán XXII foi un papa da Igrexa católica cuxo pontificado durou de 1316 a 1334. Ubertino da Casale foi un relixioso franciscano italiano. Guillerme de Baskerville é un personaxe ficticio creado por Umberto Eco. Michelle de Cesena foi un freire menor, ministro xeral da orde franciscana e teólogo. Aristóteles foi un filósofo grego, chamado na Idade Media «o Filósofo». • A Santa Inquisición era unha institución da Igrexa católica que se dedicaba a combater a herexía. 45. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) • O encontro desenvólvese nunha das dependencias da abadía e enfronta os delegados do papa cos representantes da orde franciscana. No debate discútese sobre a suposta herexía dunha rama dos

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 13

13 21/09/12 9:23

Solucionario franciscanos: os espirituais. Trátase o tema da riqueza da Igrexa, de se esta debía renunciar a ela e ser pobre seguindo o exemplo de Cristo ou manter o seu poder económico. • Ao xuízo ante a Inquisición son levados dous freires acusados de ter un pasado herexe, e unha muller acusada de bruxaría. O inquisidor designa dous conselleiros, o abade e Guillerme de Baskerville. O inquisidor decláraos culpables e son condenados á fogueira. • O labor de copia de manuscritos levábase a cabo á man. Os monxes escribían no scriptorium e tratábase dun traballo moi minucioso. 46. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) • É tan importante porque na Poética aludíase á risa, razón pola cal eran asasinadas todas as persoas que lían ese libro. Jorge mataba para protexer o libro, para que ninguén o lese porque era do Filósofo, e cría que se o libro chegaba a ser de interpretación pública, podíase chegar «a trastocar a imaxe de Deus». Guillerme replica dicindo que non se elimina a risa eliminando o libro. E Jorge responde: «Non, sen dúbida. A risa é debilidade. […] Pero a risa segue sendo algo inferior, amparo dos simples. […] Pero aquí, aquí… –e Jorge golpeaba a mesa co dedo, cerca do libro–, aquí invértese a función da risa, é elevada a arte, ábrenselle as portas do mundo dos doctos, é convertida en obxecto de filosofía, e de pérfida teoloxía». • En xeral, todos os aspectos e elementos da película reflicten bastante ben a sociedade medieval; os rostros deteriorados e desdentados, a pobreza, a roupa, a vida na abadía, a mentalidade, etc. • Resposta libre.

14

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 14

21/09/12 9:23

TEMA 3

Xirola: é a prolongación das naves laterais lonxitudinais. Ten forma semicircular e rodea o altar maior.

A época do Románico

Ciborio: trátase dunha torre que se levanta sobre o cruceiro.

  1. • Dicimos que o Románico é unha arte relixiosa porque a súa característica máis importante é a relixiosidade. O obxectivo principal das obras de arte era provocar un achegamento dos fieis a Deus. Na arquitectura, a influencia da relixión deixouse sentir no tipo de edificios, xa que os máis representativos foron as igrexas, as catedrais e os mosteiros. Na escultura e na pintura, a relixiosidade estivo presente na procura do sentido espiritual das cousas.

Nave: espazo entre dous muros ou columnas. A nave central nas igrexas románicas é máis ancha e alta ca as laterais e en ocasións podían ter máis dun piso.

• Unha regra monástica é un conxunto de normas nas que se explicaba a organización das ordes relixiosas, así como as obrigacións dos seus membros e o horario das actividades. • Os monxes dun mosteiro dedicábanse principalmente ao rezo, pero tamén levaban a cabo tarefas na horta, atendían os peregrinos na hospedaría, e copiaban á man manuscritos e decorábanos con pequenas ilustracións chamadas miniaturas.   2. • Os mosteiros adoitaban situarse en lugares illados. Un mosteiro distribuíase en diferentes partes. As principais eran a igrexa, onde os monxes rezaban varias veces ao día, e o claustro, onde se retiraban a meditar mentres paseaban. Arredor da igrexa e do claustro situábanse diversas dependencias: a biblioteca, a cociña e o comedor, a torre campanario, os dormitorios dos monxes…   3. • Resposta libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) A arte románica débelle moito á orde de Cluny. Esta foi unha das organizacións máis importantes e influentes nos séculos medievais en que se desenvolveu o Románico. Os bieitos de Cluny impulsaron a cultura e a arte a forza de construír numerosos mosteiros e igrexas en toda Europa occidental. Os mosteiros cluniacenses foron centros de gran produción artística; así pois, a arte románica viuse enriquecida grazas ao labor, ao crecemento e á expansión desta orde. En España potenciou o Camiño de Santiago mediante a construción de igrexas, pontes e hospitais, e reorganizou os costumes relixiosos, eliminando o rito mozárabe.   4. • Os elementos máis significativos da arquitectura románica son: construcións en pedra de grosos muros; a planta de cruz latina, cunha ou varias naves que acababan nunha ábsida; as bóvedas de canón e as cúpulas, que descansaban sobre os arcos de medio punto e as columnas ou piares; grosos muros reforzados polos contrafortes e un reducido número de ventás de escaso tamaño.   5. • (Documentos 5 e 6) a) Contraforte: é un piar ou muro que serve de reforzo e que se acaroa ao muro exterior.

Ábsida: parte da igrexa que se sitúa onde acaban as naves lonxitudinais. Ten unha forma semicircular e pode levar, á súa vez, varias ábsidas acaroadas. Torre campanario: na arte románica construíronse principalmente dúas e encóntranse na fachada principal a ambos os lados da portada. Na súa parte máis alta encóntrase o campanario. b) A planta da igrexa románica ten forma de cruz latina. Ten tres naves lonxitudinais (a principal e dúas laterais) que acaban nunha ábsida semicircular; e tres transversais que forman o transepto; as naves centrais son máis anchas ca as laterais. As naves laterais lonxitudinais prolónganse e forman a xirola. O lugar no que se cruzan os brazos da cruz é o cruceiro. • (Documento 7) As ventás do edificio son pequenas. A xulgar polo seu tamaño e o número de ventás, o interior do templo sería escuro.   6. • Actividade libre.   7. • Dicimos que as igrexas románicas eran «Biblias en imaxes» porque, como a maioría das persoas non sabían ler nin escribir, as imaxes ensinábanlles os personaxes e os temas da relixión cristiá. • A escultura románica tiña unha función educativa e relixiosa. Adáptase á arquitectura. As figuras represéntanse de forma esquemática e carecen de naturalismo; o personaxe máis importante dunha escena era de maior tamaño ca o resto. Ademais, adoptan posturas ríxidas e aparecen vestidas con roupa que tapan a maior parte do corpo. Pintábanse con cores fortes.   8. • (Documentos 8, 9 e 12) O Documento 8 representa a Virxe co Neno. Son figuras ríxidas e inexpresivas, a roupa tápalles todo o corpo e están policromadas con fortes cores. No Documento 9, as figuras dos capiteis adáptanse ás formas arquitectónicas e o motivo é relixioso. Ademais, non existe naturalismo. No Documento 12, o Cristo crucificado carece de realismo nos seus xestos e proporcións e está policromado con fortes cores. • (Documentos 10 e 11) a) A portada románica formábase cun arco, normalmente de medio punto, rodeado de arquivoltas que descansaban sobre columniñas. A escena principal situábase no tímpano e adoitaba ter sempre a mesma estrutura: o Pantocrátor, o Tetramorfos e os vinte e catro anciáns. Se a porta era moi ancha, no medio colocábase unha columna chamada parteluz, que se decoraba con algunha figura acaroada.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 15

15 21/09/12 9:23

Solucionario b) As figuras que se representan con maior tamaño son o Pantocrátor e, despois, os catro evanxelistas ou Tetramorfos. Porque son os personaxes máis importantes. c) Xesús ten unha man en actitude de bendicir e na outra sostén os Evanxeos.   9. • Resposta libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) No tímpano da igrexa de San Pedro de Moissac represéntase a visión da Apocalipse segundo San Xoán. No centro aparece Xesucristo en maxestade rodeado dos catro símbolos dos evanxelistas: a aguia de San Xoán, o león de San Marcos, o touro de San Lucas e o anxo de San Mateo, flanqueados por dous anxos que sosteñen uns pergamiños de papel aludindo ao xuízo final. Os vinte e catro anciáns ocupan a parte inferior do tímpano. O lintel mostra rodas de lume que simbolizan o lume infernal da Apocalipse. As dúas xambas simulan e albergan as estatuas de San Pedro e Isaías. No parteluz hai leóns rampantes. 10. • Na pintura románica as figuras represéntanse de forma esquemática, en posturas ríxidas, carentes de naturalismo e xerarquizadas. Os temas das pinturas son, sobre todo, relixiosos, pero tamén se representan monstros e animais imaxinarios. Utilizábanse cores intensas e o contorno das figuras perfilábase cunha grosa liña negra. Non hai paisaxes de fondo. • Moitos trazos son os mesmos ca os da escultura románica. • Porque o importante era a mensaxe relixiosa que comunicaban os personaxes. 11. • (Documento 14) O Pantocrátor é a representación de Xesús sentado, bendicindo, e encadrado nunha améndoa, denominada mandorla. A Xesús representábano con maior tamaño ca o resto de personaxes, bendicindo coa man dereita e cos Evanxeos na esquerda. Aparece sentado en posición frontal, ríxida e con xesto inexpresivo. • (Documento 16) As pinturas do Panteón dos Reis de Santo Isidoro de León distribúense polas bóvedas e arcos. Pódense apreciar figuras moi coloridas e na bóveda central aparece o Pantocrátor. É unha pintura mural na que se utilizou a técnica da pintura ao fresco. A fi-

gura está contorneada cun forte trazo negro, ten postura ríxida e está representada de forma esquemática e xerarquizada. O tema é relixioso e as cores, intensas. 12. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) As pinturas de San Baudelio de Berlanga. Estas pinturas confórmanas seis fragmentos. Nun dos fragmentos represéntase unha cazaría de lebres, onde se mostra a un cazador a cabalo, co tridente na man, lanzando tres cans para acosar as lebres. Noutro fragmento represéntase un soldado armado con lanza e rodela; aparece separado do fondo, coma o resto das pinturas e enmarcado por unha banda vermella; na parte superior, sobre a banda, destaca un friso con dous círculos con leóns inscritos e separados por un arco de ferradura. Nos demais represéntase unha cazaría do cervo, dun oso, dun elefante e dunha cortina. As escenas aparecen sobre un fondo monocromo vermello, e as figuras son brancas. As pinturas da Vera Cruz de Maderuelo. Distribúense da seguinte maneira: arriba, na bóveda e no centro, aparece o Pantocrátor sostido por catro anxos e rodeado da Virxe e dos evanxelistas. No lateral esquerdo, a Anunciación, un anxo turiferario, que é o que leva o incenso, San Mateo e San Lucas. No lateral dereito, San Marcos, un anxo cun pergamiño, San Xoán Evanxelista, un anxo turiferario, un anxo cun libro e o Santo bispo. Nos medios puntos: os fillos de Adán e Eva presentando ofrendas; Abel ofrece un cordeiro e Caín os froitos da súa colleita, e outras escenas do Paraíso. No muro esquerdo: seis Apóstolos, a Madalena unxindo os pés de Xesús, e a Adoración dun Mago. No muro dereito aparecen catro apóstolos. As figuras representadas, tipicamente románicas, non teñen volume nin profundidade e están delimitadas por uns simples contornos que dividen os espazos correspondentes. 13. Actividade libre. 14. (Ver táboa abaixo e na páxina seguinte.) 15. • Miniatura: pequenas pinturas coas que se ilustraban libros, como Biblias, códices ou santorais. • Cruceiro: lugar no que se cruzan os brazos da cruz nas igrexas. • Contraforte: reforzo acaroado ao muro exterior. A ARTE ROMÁNICA

Arquitectura Características

16

Construción en pedra. Planta de cruz latina. Utilización de bóvedas de canón e cúpulas nas cubertas. Utilización de arcos de medio punto e grosas columnas e piares. Muros grosos reforzados con contrafortes. Pouca luz interior.

Escultura Ten unha función educativa e relixiosa. Adáptase á arquitectura. As figuras son esquemáticas e carecen de naturalismo. Pintadas con cores fortes.

Pintura Función educativa. As figuras represéntanse de forma esquemática, en posturas ríxidas, carentes de naturalismo e están xerarquizadas. Temas relixiosos. Cores intensas. Contorno groso das figuras. Non hai paisaxes de fondo.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 16

21/09/12 9:23

A ARTE ROMÁNICA

Arquitectura

Escultura

Pintura

Tipoloxía

Igrexas, catedrais e mosteiros.

Os capiteis, as portadas, o Cristo crucificado e a Virxe co Neno.

As miniaturas, as pinturas sobre táboa e a pintura mural.

Exemplos

Igrexa de Saint-Nectaire, Francia. Mosteiro de San Martín de Canigó en Casteil, Francia. Catedral de Santiago de Compostela. Igrexa de Sant Jaume de Frontanyà.

Cristo Batlló. Portada da igrexa de San Pedro de Moissac, Francia. Chapiteis da igrexa de San Trófimo de Arlés, Francia.

Frescos do Panteón dos Reis de Santo Isidoro de León. Miniaturas da Crónica de Froissart. Pintura da Seu d’Urgell, Lleida. Pintura mural da igrexa de Santa María de Taüll, Lleida.

• Pantocrátor: un dos principais temas na escultura e pintura románicas. É a imaxe con que se representa a Xesucristo rodeado dunha mandorla, bendicindo coa man dereita e sostendo un libro coa esquerda. • Parteluz: columna decorada, que ía colocada no medio da porta do pórtico. • Bóveda de canón: cuberta curva que se forma pola prolongación de arcos de medio punto. • Regra monástica: normas nas que se explica a organización dunha orde relixiosa, así como as obrigas dos seus membros e o horario das actividades. • Ábsida: parte semicircular na que acaba o brazo lonxitudinal nas igrexas románicas. 16. • As plantas das igrexas románicas teñen forma de cruz latina. O brazo longo da cruz podía estar composto por unha soa nave ou unha nave central ancha e varias laterais máis estreitas. Estas naves acababan nunha ábsida semicircular que, ás veces, leva acaroadas outras máis pequenas. O brazo máis curto ou transepto tamén ten unha ou varias naves. As naves quedan separadas entre si por grosas columnas ou piares. Actividade libre. • Nave central, naves laterais, transepto, cruceiro, ábsida e xirola. • Na escultura e na pintura románicas represéntanse principalmente temas relixiosos: narracións da Biblia, o Pantocrátor, a Virxe co Neno, vidas de santos, o Cristo crucificado… Pero tamén se representan escenas da vida cotiá, así como animais imaxinarios. • As esculturas románicas situábanse nas igrexas e mosteiros adaptándose á arquitectura, por exemplo nas portadas e nos chapiteis das columnas. As pinturas situábanse no interior das igrexas, aínda que tamén houbo algunhas no exterior. 17. • A arte medieval é unha arte relixiosa porque o seu obxectivo principal era provocar un achegamento dos fieis a Deus. • As Virxes son o trono de Deus, porque o Neno está sentado sobre elas, sen relación entre as dúas figuras, como un trono. • Dise que as igrexas románicas eran como libros ilustrados ou «Biblias en imaxes» porque, como a maioría das persoas non sabía ler nin escribir, as imaxes en-

sinábanlle os personaxes e os temas da relixión cristiá ao pobo. • Os mosteiros eran auténticos centros de cultura, porque alí os monxes dedicábanse a copiar á man os manuscritos. 18. Cartela de arriba: ciborio. Cartela de abaixo: ábsida. Cartela da esquerda: contraforte. Cartela da dereita: arco de medio punto. 19. • A xerarquización das figuras. • A simetría. • A esquematización. • Os contornos grosos das figuras. • As cores fortes. • A frontalidade. 20. San Bernardo de Claraval opinaba que a arte das igrexas era demasiado ornamentada e excesiva. Tamén dicía que as imaxes representadas distraían a atención dos monxes, apartándoos da lectura e da meditación. 21. Actividade libre. 22. No capitel A represéntase o estamento clerical. Isto dedúcese pola vestimenta que levan os personaxes. O capitel B mostra o estamento dos nobres, sábese pola indumentaria e a acción dos personaxes. O capitel C corresponde ao estamento dos traballadores, porque representa a un campesiño traballando a terra. 23. A figura do capitel C desempeña unha actividade agraria. Utiliza un arado tirado por bois. 24. Os personaxes do capitel A visten con hábitos monacais. É unha indumentaria propia do grupo social ao que pertencen. 25. A escena do capitel B representa dous cabaleiros montados a cabalo e baténdose nun torneo. Os personaxes portan lanzas. Estas lanzas son longas. Non parece que se trate da representación dunha batalla. O tipo de armas móstranos que se trata, máis ben, da celebración dun torneo. 26. Os monxes dedicábanse principalmente ao rezo e a copiar manuscritos á man, pero tamén facían actividades cotiás tales como atender a horta, ler, meditar, limpar, cociñar, etc. Os nobres e cabaleiros adestraban para a guerra, organizaban torneos, dedicábanse á caza e mon-

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 17

17 21/09/12 9:23

Solucionario taban a cabalo. Os campesiños traballaban o campo: cultivaban, araban e recollían a colleita. 27. A planta ten forma de cruz latina. 28. • Ten cinco naves lonxitudinais. A nave central é máis ancha e ten dúas a cada lado máis estreitas. • A igrexa ten tres naves transversais. Unha central máis ancha e unha máis estreita a cada lado. • O templo ten catro entradas. Unha entrada principal con portada, dúas en cada lado do transepto e unha lateral na parte dereita. • Ten columnas (base circular) e piares (base cadrada). Porque son distintas as bases cadradas que hai pegadas aos muros das circulares que separan as naves. • A ábsida ten unha forma semicircular. Engadidas á ábsida principal hai cinco ábsidas pequenas. 29. A planta ten forma de cruz latina, símbolo que recordaba a cruz onde morreu Xesucristo. Das súas cinco naves lonxitudinais, a central é máis ancha, e das tres do transepto, a do medio tamén é máis ancha. Todas estas naves están separadas por filas de columnas, as catro que conflúen no cruceiro teñen un maior diámetro. Ao final do brazo lonxitudinal encóntrase a ábsida semicircular, que á súa vez conta con cinco ábsidas máis pequenas. Tamén ten xirola, que é onde se prolongan as naves lonxitudinais laterais.

William Hamleigh: estamento da nobreza. Fillo de lord Percy e lady Regan Hamleigh, todos son membros da baixa nobreza e señores da aldea de Hamleigh. Ellen: estamento dos traballadores. Filla dun propietario de terras, diferenciábase do resto polo seu coñecemento de idiomas e por saber ler e escribir. Waleran Bigod: estamento do clero. Clérigo ladino e astuto que idea constantemente a maneira de conseguir máis poder. Richard de Shiring: estamento da nobreza. É o irmán menor de Aliena. Alfred Builder: estamento dos traballadores. É fillo de Tom. Martha Builder: estamento dos traballadores. É filla de Tom e Agnes Builder, irmá de Alfred e media irmá de Jack. Jonathan: estamento do clero. Fillo menor de Tom e Agnes Builder. Lord Percy Hamleigh: estamento da nobreza. Pai de William, sempre disposto a conseguir o poder. Lady Regan Hamleigh: estamento da nobreza. Nai de William Hamleigh. Agnes Builder: estamento dos traballadores. Primeira muller de Tom Builder e nai de Martha e Alfred.

30.  • As catedrais construíanse con pedra. • O texto fala dos canteiros. Este oficio consistía na extracción da pedra para a construción das igrexas ou doutros edificios. • Encontrábanse o mestre canteiro, o canteiro, o peón e os aprendices. • As ferramentas que cita o texto son: picaraña con cabeza de ferro, martelo, escoupro, cuña de madeira e machetas. • Por vía fluvial. Para acurtar a viaxe, xa que a canteira estaba a un día de viaxe con carreta desde o lugar da construción, e a carga diaria dun carreteiro era moi limitada. • Os traballadores tiñan que instalarse na zona porque se requiría o máximo aproveitamento do tempo e porque xeralmente as obras duraban moitos anos. 31.  •  Actividade libre (ver a seguinte información.) Jack Jackson (tamén coñecido como Jack Fitzjack, e posteriormente Jack Builder). Pertence ao estamento dos traballadores. Philip: estamento do clero. É un monxe enxeñoso e entregado, cuxo soño é contemplar algún día a grandeza de Kingsbridge. Aliena de Shiring: estamento da nobreza. É filla do conde de Shiring, William Hamleigh. Tom Builder: estamento dos traballadores. Un mestre canteiro pobre apaixonado pola construción e pola súa familia.

18

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 18

21/09/12 9:23

TEMA 4 A consolidación dos reinos europeos   1.  • Por varias razóns: por un lado, aumentou a superficie cultivada (cortáronse bosques, desecáronse pantanos e cultivouse nas novas terras); ademais, nalgunhas zonas implantouse a rotación trienal de cultivos, pola que se deixaba en barbeito só a terceira parte das parcelas; tamén se introduciron novas técnicas que facilitaron o traballo agrícola (o arado de veso, a extensión do regadío e a difusión dos muíños). • Porque a poboación creceu e, polo tanto, tamén aumentaron as necesidades de produtos. • Empezouse a utilizar o crédito para financiar viaxes moi custosas e establecéronse as letras de cambio para evitar os roubos, pois facían innecesario viaxar con diñeiro en metálico.   2.  • (Documento 1) Na evolución desde o ano 1000 ata o ano 1300 diferéncianse dúas fases. Unha primeira que abrangue os primeiros 150 anos (desde o ano 1000 ata 1150), na que se experimenta un crecemento lento e constante: a poboación pasou de 42 millóns no ano 1000 a 50 millóns no ano 1150. Nunha segunda fase, que comprende os 150 anos seguintes (desde 1150 ata 1300), obsérvase un crecemento maior e máis acelerado: a poboación pasou de 50 millóns no ano 1150 a 73 millóns no ano 1300. • (Documento 2) A rotación trienal favoreceu o aumento da produción porque deixaba en barbeito soamente a terceira parte das parcelas.

• Inicialmente, o goberno nas cidades medievais estaba formado por unha asemblea na que participaban todos os veciños. Posteriormente, ante as dificultades para convocalos a todos, as asembleas deron paso ao concello, presidido polo alcalde. Co paso do tempo, o concello foi quedando nas mans das familias máis prestixiosas e ricas da cidade.   5.  • (Documento 6) A imaxe mostra un mercado medieval no que hai diferentes postos de venda de produtos. En primeiro plano, á esquerda, pódese apreciar que o xénero exposto é o téxtil. Ao fondo vense as casas da cidade cos seus tellados a dúas augas. Ademais dos vendedores atendendo os seus postos, hai dous transeúntes e un can na rúa empedrada. A imaxe representa os tendeiros modestos. • (Documento 7) Reflicte unha rica cidade medieval con importantes edificios, palacios e en primeiro termo os obradoiros dos comerciantes, mentres que o Documento 8 reflicte un barrio xudeu, con casas pequenas e moi xuntas, algunhas con patios interiores. Como exemplos beneficiosos que simbolizan o bo goberno reflectidos na pintura destacan: os cabaleiros ou nobres paseando pola cidade, porque representan a seguridade; a trasfega de mercadoría, porque representa a abundancia; e a roda de persoas dadas da man, porque representa o benestar da xente, a alegría, a paz e a idea de comunidade.   6. Actividade libre (Ver, por exemplo, a seguinte información.)

• (Documento 4) As principais feiras celebrábanse nas cidades de Lagny, Provins e Troyes, dentro da rexión francesa de Champaña; na cidade de Medina del Campo, na península Ibérica; e nas cidades de Amberes, Leipzig, Frankfurt e Augsburgo, no Sacro Imperio.

As vivendas dos xudeus eran estreitas e altas, e dispoñíanse formando rúas sinuosas, estreitas e irregulares. Eran casas de adobe ou ladrillo, construídas sobre un zócalo de cachotaría de pedra que proporcionaba unha sólida base e illamento da gran humidade da terra. As fachadas rematábanse con aleiros dentados que lembran a decoración mudéxar.

  3.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.)

  7.  • Os edificios máis importantes eran a catedral, o concello, a lonxa comercial e os palacios.

Italia aproveitou a súa situación estratéxica entre as áreas de influencia bizantina, musulmá e romano-xermánica para desenvolver as actividades comerciais. A cidade máis importante foi Venecia. No curso do século XI sumáronse a este renacemento comercial os portos do Mediterráneo francés e de Cataluña.

A catedral era a igrexa do bispo e o edificio máis alto e destacado. O concello era o lugar no que se reunía o goberno da cidade. Na lonxa comercial levábanse a cabo as transaccións comerciais. Os palacios eran a residencia e o símbolo do poder dos nobres e burgueses máis importantes da cidade.

A área comercial normanda e ruso-oriental tivo un desenvolvemento menos rápido, aínda que tivo un primeiro momento de impulso cos contactos entre os escandinavos e os imperios bizantino e islámico.

• O ambiente nas cidades era moi insán porque non había sumidoiros nin un servizo regular de recollida de lixo, e os desperdicios tirábanse directamente á rúa. Ademais, os animais domésticos (galiñas, porcos, cans…) andaban soltos polas rúas.

  4.  • Coas novas técnicas agrícolas necesitábanse menos campesiños e moitos emigraron ás cidades para buscar traballo, así como para escapar da servidume á que os sometían os señores. Ademais, as cidades ofrecían mellores condicións de vida, porque non estaban baixo o control dos señores feudais e todos os seus habitantes eran libres. Por último, debido ao aumento da poboación, o comercio reactivouse e moitos mercadores instaláronse nas cidades, nas que había mercados.

  8.  •  Actividade libre.   9.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) A praza era o centro da vida urbana, na que se situaban os edificios máis representativos da cidade. Dela saían numerosas rúas ocupadas por unha intensa actividade, nas que se desenvolvía boa parte da vida da poboación;

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 19

19 21/09/12 9:23

Solucionario a xente relacionábase, paseaba, compraba, vendía, etc. O mercado era o centro económico e social da cidade. 10.  • Os gremios eran asociacións de artesáns dun mesmo oficio. Cada gremio elaboraba un estatuto, que debían xurar todos os seus membros, no que se especificaban as normas do oficio, así como os dereitos e as obrigas dos seus asociados. Os gremios controlaban a produción: distribuían entre os seus membros as materias primas necesarias para fabricar as mercadorías, controlaban o número de traballadores e a calidade dos produtos e establecían os prezos. Ademais ocupábanse da asistencia aos membros do oficio e das súas familias. Os asociados pagaban unhas cotas, e con eses ingresos atendíase os enfermos, as viúvas e os orfos. • A produción artesanal realizábase en pequenos obradoiros, situados na vivenda do propietario. Nos obradoiros traballaban o mestre, o oficial e o aprendiz. • Os artesáns elaboraban os seus produtos á man, con poucas ferramentas. Nos obradoiros levábase a cabo todo o proceso produtivo e vendíanse tamén os produtos ao público. • O mestre, o oficial e o aprendiz eran categorías de artesáns. O mestre era o dono do obradoiro, das ferramentas e das materias primas; era quen obtiña os beneficios e as perdas do negocio; a propiedade dun obradoiro herdábase normalmente de pais a fillos; os mestres eran os que dirixían e controlaban o gremio. O oficial era o traballador experto do obradoiro, que recibía un salario polo seu labor; non era dono nin o dirixía. O aprendiz era un mozo que quería aprender o oficio e traballaba durante varios anos no obradoiro sen percibir un salario; polo xeral, cada obradoiro tiña un só aprendiz, que vivía na casa do mestre e era mantido por el. 11.  • (Documento 9) a) Representa a vivenda obradoiro dun importante xastre. b) Divídese en tres plantas. Á vivenda destinábase a segunda e terceira planta. Ao obradoiro destinábase a planta baixa. c) Os produtos vendíanse na planta baixa, no propio obradoiro. 12.  • Cardar: proceso de peiteado dunha materia téxtil, como a la, o que dá como resultado un delgado manto disposto para o fiado. Fiar: para fiar a la cardada, o manto divídese en fitas finas que se fretan, enrolan e estiran para formar o fío. Abatanar: bater ou golpear a la para desengraxala e compactala. Tundir: recortar con tesoiras o pelo dun pano para igualalo.

20

13.  • Como a economía mellorou, os reis recadaron máis impostos e aumentaron os seus ingresos, polo que crearon exércitos propios e impuxeron, mediante a forza ou o acordo, a obediencia a moitos señores feudais. Tamén fortaleceron a administración do seu reino, e contrataron xuristas que fomentaron a restauración do dereito romano, que outorgaba moito máis poder ao rei ca o dereito tradicional. • Os reis crearon os Parlamentos para rebaixar o poder da nobreza contando co apoio das cidades. As súas funcións principais eran establecer novos impostos e aprobar gastos extraordinarios para sufragar as guerras. • Nos Parlamentos medievais estaban representados o rei, os nobres, os clérigos e os gobernantes das cidades. • Os reis valéronse das cada vez máis influentes cidades para arrebatar parte do poder á nobreza: por exemplo, concederon cartas de liberdades e privilexios ás cidades, polas cales quedaban libres de calquera dependencia feudal, e, a cambio, os habitantes das cidades apoiaron o rei en contra dos señores feudais. • Durante a Idade Media había moitos territorios que non pertencían a ninguén, e as fronteiras entre os distintos reinos estaban moi pouco definidas. Esta situación provocou loitas entre os reis para facerse co dominio desas «terras de ninguén». 14.  •  (Documento 13) Aínda que en moitos casos as súas fronteiras variaron desde entón, existían: Portugal, Irlanda, Inglaterra, Francia, Dinamarca, Noruega, Suecia, Polonia, Serbia, Hungría, Albania, Bulgaria, Rusia e Lituania. 15. • Actividade libre. 16.  •  Desde finais do século XIII víñanse repetindo unha serie de malas colleitas que producían carestías e fames; ademais, moitos terreos agrícolas esgotáranse despois dunha prolongada explotación e a cavadura de novos terreos cesara, sen esquecer que algúns cultivos alimenticios se substituíron por plantas orientadas á industria téxtil, como o liño, con moita demanda. Como consecuencia da menor produción de cereais, o seu prezo subiu e reducíronse as reservas de víveres; ao haber menos alimentos aumentaron a fame e a desnutrición e, polo tanto, a mortalidade. • As consecuencias da crise económica, as destrucións das guerras e as subidas continuadas de impostos provocaron numerosas rebelións campesiñas de carácter antiseñorial, como as jacqueries en Francia. En case todas as cidades europeas houbo tamén revoltas urbanas, nas que os grupos máis desfavorecidos pedían melloras nos salarios e nas condicións de traballo, e un maior acceso aos cargos de goberno. Tamén se desencadearon distintas guerras. • O conflito bélico máis destacado foi a guerra dos Cen Anos. Enfrontáronse a monarquía francesa e a inglesa.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 20

21/09/12 9:23

• A peste negra foi unha terrible epidemia que afectou a Europa no século XIV. Estourou en 1348, pero tivo brotes posteriores. Propagouse rapidamente por todo o continente (especialmente polas cidades) debido á situación de desnutrición e ás malas condicións hixiénicas da poboación. A consecuencia máis importante da peste negra foi que acabou cunha cuarta parte da poboación de Europa.

18.  • a) Ante o terror inmenso que provocou esta terrible enfermidade, buscouse a explicación no sobrenatural. A peste considerouse un castigo divino polos pecados dos mortais. Pensábase que a podredume da alma se reflectía no corpo. A explicación dun Deus vingador, que castigaba os pecadores, dominou as conciencias dos europeos medievais. b) A peste propagouse con moita rapidez porque as medidas de hixiene nas cidades eran precarias e a alimentación deficiente. O amoreamento de persoas nas cidades pestilentes, a contaminación dos pozos, a falta de medios sanitarios, a insalubridade das rúas, infestadas de ratas e invadidas de pulgas, foron un cúmulo de factores que contribuíron á rápida propagación da epidemia. Entón, pensábase que a vía de introdución da epidemia dun país a outro era por medio dos peregrinos e dos soldados que regresaban doutras terras. Isto puido ser certo, pero sen dúbida o comercio foi máis perigoso, xa que os barcos chegaban a porto e descargaban xunto coas mercadorías as ratas infectadas procedentes de países onde a enfermidade era endémica. Este foi sen dúbida o medio maior de difusión. Os seus efectos foron tan dramáticos porque se trataba dunha enfermidade letal para a que non se tiñan defensas e que ocasionaría unha fractura demográfica tremenda, levando por diante a unha terceira ou unha cuarta parte da poboación europea.

17.  • (Documento 15) a) Os reinos hispánicos en 1340 tiñan 9,5 millóns de habitantes, e en 1400 tiñan 8 millóns. A perda de poboación foi dun millón e medio. b) Os territorios que sufriron maiores perdas foron o Sacro Imperio e a península Itálica; ambas as rexións perderon arredor de catro millóns de habitantes. Inglaterra foi o menos afectado (perdeu 1,2 millóns de habitantes). • (Documento 16) a) A primeira cidade europea afectada pola peste negra foi Constantinopla. b) A epidemia seguiu unha traxectoria de leste a oeste e de sur a norte. Entrou desde Asia, polo leste, a través de Constantinopla, e estendeuse cara ao oeste polo Mediterráneo. Primeiro chegou ás illas, como Creta, Rodas, Chipre e Sicilia. Desde esta última pasou ás costas da península Itálica e ao norte de África, así como a outras illas, como Córsega e Sardeña, de onde chegou ao porto de Marsella e de alí ás costas da península Ibérica. c) Non se viu afectada por esta epidemia unha zona do centro europeo, entre o Sacro Imperio, o reino de Polonia e o reino de Hungría, ao norte de Viena. Tampouco se viu afectada unha pequena área do reino de Aragón, no norte da península Ibérica; nin a zona de Milán, no norte da península Itálica. d) O mapa recolle seis vagas de epidemia de peste negra.

c) As imaxes reflicten o tema da morte, a peste vista como un monstro demoníaco, o amoreamento dos cadáveres nas rúas, a recollida destes en masa, etc. 19. Actividade libre. 20. (Ver táboa abaixo.) 21. • Son tres categorías dentro dun oficio. O mestre era o dono do obradoiro e obtiña os beneficios e as perdas; o oficial era o traballador experto e cobraba un salario polo traballo; e o aprendiz non percibía salario ningún, pero residía na casa do mestre para aprender o oficio.

Século XIII

Século XIV

Situación da poboación

Europa coñeceu unha gran prosperidade económica que mellorou as condicións de vida da poboación. Como consecuencia dos cambios e das melloras na agricultura a poboación creceu, e as cidades tamén. Nas cidades vivían os burgueses, entre os que había grandes diferenzas económicas.

A peste negra chegou a Europa en 1348 e propagouse rapidamente. Causou graves estragos: morreu unha cuarta parte da poboación europea. A isto había que sumar as numerosas guerras e as malas colleitas que aumentaran considerablemente a mortalidade.

Agricultura

A agricultura tivo un gran desenvolvemento debido ao aumento das terras cultivadas, á implantación de mellores técnicas de cultivo e á rotación trienal. Como consecuencia, a produción aumentou.

As malas colleitas periódicas, o esgotamento das terras agrícolas e o cesamento da cavadura de novas terras provocaron un descenso da produción agrícola. Os prezos dos produtos agrícolas subiron.

Revoltas populares

O século XIII non se caracterizou pola profusión de revoltas populares.

As continuas guerras implicaron unha subida de impostos para sufragar os gastos bélicos. Esta situación provocou o rexeitamento popular e o estourido de numerosas rebelións campesiñas e revoltas nas cidades.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 21

21 21/09/12 9:23

Solucionario • Na rotación bienal deixábase en barbeito a metade das terras de cultivo, mentres que na rotación trienal se deixaba en barbeito só unha terceira parte das parcelas. • O concello era o encargado de gobernar a cidade e o gremio era unha asociación de artesáns do mesmo oficio. • A alxama ou xudaría era o barrio da cidade medieval onde vivían os xudeus, mentres que a mouraría era o barrio de poboación islámica que había nas cidades dos reinos cristiáns da península Ibérica. 22. • A poboación creceu fundamentalmente como consecuencia das melloras na agricultura: a produción de alimentos aumentou, o que permitiu afastar o fantasma da fame. • A alimentación mellorou como consecuencia da mellora da agricultura: aumentou a superficie cultivada, implantouse a rotación trienal de cultivos e introducíronse novas técnicas que facilitaron o traballo agrícola. • As cidades renaceron porque se converteron nun foco de atracción: moitos campesiños trasladáronse vivir a elas para escapar da servidume á que os sometían os señores e porque nelas había mellores condicións de vida ao ser todos os seus habitantes persoas libres. Ademais, debido ao aumento da poboación, o comercio reactivouse e moitos mercadores instaláronse nas cidades, nas que tiñan lugar os mercados.

xas, Gante, Colonia, Praga, Brescia, Verona, Xénova, Boloña, Florencia, Roma, Palermo, Lisboa e Barcelona, que tiñan entre 40.000 e 100.000 habitantes. • Algunhas das principais cidades medievais seguen séndoo na actualidade, como París, Londres, Roma, Milán, Barcelona ou Lisboa. Outras, en cambio, perderon peso e importancia no conxunto europeo actual, en canto ao seu número de habitantes, como Palermo, Boloña, Verona ou Bruxas. Á súa vez, outras cidades, que eran menos importantes na Idade Media, hoxe son grandes capitais europeas, como Berlín, Madrid, Ámsterdam, Bruxelas ou Moscova. • En España, a cidade medieval máis grande era Barcelona. Isto cambiou, xa que, na actualidade, a cidade con maior poboación é Madrid. 25. a) O oficio de xastre. b) Cada grupo de artesáns do mesmo oficio organizábase en tres categorías: mestre, oficial e aprendiz. Probablemente estean representadas as tres categorías. O mestre, que estaría supervisando o traballo; o oficial, que sería o traballador experto; e o aprendiz, que é o que está aprendendo o oficio. 26. • A partir do século XII os reis, pouco a pouco, fortaleceron o seu poder e estenderon os seus territorios.

• O comercio experimentou un gran desenvolvemento porque o crecemento da poboación aumentou as necesidades de produtos.

• Os reis valéronse das cada vez máis influentes cidades para arrebatar parte do poder á nobreza. Así, concederon cartas de liberdades e privilexios ás cidades, polas cales quedaban libres de calquera dependencia feudal. A cambio, os habitantes das cidades apoiaron o rei en contra dos señores feudais.

23. • Os artesáns elaboraban os seus produtos á man, con poucas ferramentas. Traballaban en pequenos obradoiros, situados na vivenda do propietario, que contaban cun número reducido de traballadores. No obradoiro realizábase todo o proceso de produción e alí vendíanse tamén os produtos ao público.

• Ao mellorar a economía, os reis puideron recadar máis impostos. Cos ingresos, os monarcas crearon exércitos propios e impuxeron, mediante a forza ou o acordo, a obediencia a moitos señores feudais. Ademais, os reis convocaron Parlamentos para restar poder á nobreza co apoio das cidades.

• En dous anos a peste estendeuse e arrasou todo o continente europeo. As cidades foron os lugares onde a enfermidade causou máis estragos, debido á concentración da poboación. A peste negra acabou cunha cuarta parte da poboación de Europa e repetiuse en sucesivas ondadas ata 1490.

• Os reis, para conseguir aumentar o seu poder, fortaleceron a administración do seu reino e contrataron xuristas e expertos formados nas universidades das cidades máis importantes. Estes xuristas fomentaron a restauración do dereito romano, que outorgaba moito máis poder ao rei ca o dereito tradicional. Tamén convocaron Parlamentos para rebaixar o poder da nobreza contando co apoio das cidades. Ademais, crearon exércitos permanentes cos que puideron impoñer a obediencia a moitos señores feudais.

• Moitos conflitos tiñan a súa orixe en disputas sucesorias, que se producían cando dous ou máis reis se enfrontaban por obter o trono dalgún reino cuxo soberano morrera sen deixar sucesor. Por exemplo, a pretensión do rei inglés de herdar o trono francés deu orixe á guerra dos Cen Anos (1337-1453), que enfrontou durante máis dun século a Inglaterra e a Francia, e que terminou coa vitoria do rei francés Carlos VII. Ademais, algúns reinos tamén se enfrontaban por delimitar claramente as fronteiras dos seus territorios e por controlar as chamadas «terras de ninguén» cuxa propiedade non estaba definida. 24. • París, Milán, Venecia, Nápoles e Constantinopla, con máis de 100.000 habitantes. Séguenas Londres, Bru-

22

27. • Os reis pretendían coa creación dos Parlamentos rebaixar o poder da nobreza contando co apoio das cidades. Un Parlamento medieval compoñíano o rei, os nobres, os clérigos e os gobernantes das cidades. • Actualmente, os Parlamentos están formados polos deputados. Son elixidos nas eleccións xerais polos cidadáns maiores de idade. • Os primeiros Parlamentos eran moi diferentes aos existentes na actualidade. Nos nosos días, os Parlamentos representan ao pobo e os deputados son

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 22

21/09/12 9:23

elixidos democraticamente por todos os cidadáns. Ademais, os Parlamentos actuais teñen a facultade de elaborar e aprobar as leis, e son independentes dos poderes executivo e xudicial. 28. Actividade libre. 29.  • a) A parte inferior da fotografía corresponde á cidade nova e a parte central corresponde á zona vella. A ambas as partes sepáraas a muralla de pedra. b) Na praza maior aparecen edificios modernos de varias alturas. No interior das murallas intúense edificios modernos que rompen a estrutura da zona vella. c) Os edificios da cidade nova teñen máis altura e adoitan dispoñerse en bloques con trazados regulares. Mentres que os edificios da cidade vella están na súa maior parte construídos en pedra, son de menor altura, a excepción das igrexas, e dispóñense dunha maneira máis irregular no plano. d) A cidade creceu arredor da muralla. • a) 1. A catedral era a igrexa do bispado e o edificio principal da cidade. A súa función era congregar a todos os fregueses nas cerimonias relixiosas. 2. As murallas rodeaban a cidade medieval para protexela de ataques exteriores. Tiñan unha función defensiva. 3. A praza maior está na zona vella, é rectangular e apréciase na parte superior esquerda da fotografía; é a praza do Mercado Chico, entre a igrexa de San Xoán e o concello. Nas prazas celebrábanse os mercados, as representacións dos artistas e os axustizamentos. b) Por exemplo, a catedral, as murallas, varias igrexas románicas e algúns palacios.

• En 1355. O escrito é coetáneo ao feito que narra, xa que a peste chegou a Europa en 1348. • Na crise da Idade Media do século XIV, no período no que a epidemia da peste negra arrasou Europa. 32.  • Na cidade de Florencia. No ano 1348. A epidemia comezou en Oriente. • Case todos os enfermos morrían antes do terceiro día. • Para evitar contaxiarse a xente fuxía das cidades e dirixíase ao campo, abandonando as súas casas e posesións. • Os afectados quedaban co único auxilio da caridade dos amigos, que eran poucos, ou da avaricia dos criados, que por elevados salarios accedían a coidalos. 33. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) A descrición que fai o autor da epidemia é bastante fiel á realidade daquel momento. Tanto a narración coma os datos que achega o texto son veraces: a insalubridade das cidades, a rapidez con que morrían os enfermos, a fuxida de moitas persoas cara ao campo para evitar seren contaxiadas ou a crenza que moitos tiñan de que a peste era un castigo divino enviado pola xusta ira de Deus para a nosa corrección. 34. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) O texto de Bocaccio ten un innegable valor como testemuño desa época, xa que mostra, en certo modo, como vivían as persoas nas cidades medievais. No fragmento queda reflectido perfectamente de que maneira afectou á poboación a terrible epidemia da peste negra e como se reaccionou ante ela. Ademais, todo o relatado refírese a unha data e a un lugar concretos, polo que se converte nun claro documento histórico.

c) As rúas da zona medieval da cidade son estreitas, sinuosas e empedradas. 30. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) A cidade intramuros, é dicir, a cidade vella rodeada pola muralla, mantívose basicamente intacta sen sufrir grandes cambios, salvo quizais o asfaltado e empedrado das rúas, a rede eléctrica, a rede de sumidoiros, e algún que outro edificio… Con todo, a cidade foise expandindo e crecendo fóra das súas murallas, é dicir extramuros, cambiando a trama urbana, construíndose grandes e elevados edificios, amplas avenidas, vías de ferrocarril, circunvalacións, etc. Todos estes cambios ben planificados son positivos, bos e necesarios para unha cidade moderna. Pero hai outros cambios que son considerados negativos, e son os que non respectan a conservación de edificios antigos, os que provocan unha contaminación visual da cidade ou os que rompen coa harmonía e estética arquitectónica e urbanística. 31. • O Decamerón. Giovanni Bocaccio. É un dos escritores e humanistas máis significativos da Italia do século XIV. ◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 23

23 21/09/12 9:23

Solucionario TEMA 5 A época do Gótico   1. • Os burgueses, enriquecidos principalmente polo comercio, comezaron a demandar a construción de palacios, e de pinturas e esculturas para decoralos. Desta maneira, a Igrexa deixou de ser a única que encargaba obras de arte. • As ordes mendicantes son as novas ordes relixiosas que xurdiron nas cidades, con motivo do seu desenvolvemento. Tiñan como norma básica a pobreza e a práctica da mendicidade. As máis importantes foron a dos franciscanos, dominicos, carmelitas e agostiños. • As escolas catedralicias eran escolas urbanas que dependían do bispo, mentres que as escolas municipais eran creadas polos concellos. • As universidades xurdiron a partir das escolas catedralicias. Os mestres e estudantes decidiron organizarse como corporación, igual ca os demais oficios. • Só os nobres e burgueses ricos podían acudir á universidade. Debido á longa duración dos estudos.   2. • (Documento 4) a) O profesor situábase sobre unha tarima desde a que impartía a clase. Os alumnos, pola súa parte, estaban sentados en bancos con pupitres e contaban con copias de libros nos que seguían as clases. b) A estrutura das clases é semellante. O profesor dálle a clase a un grupo de alumnos sentados nos seus pupitres ou bancos. Evidentemente, nesta miniatura as diferenzas que se presentan cos estudos actuais están relacionadas coa roupa que se levaba e coa ausencia de mulleres nas clases, así como o número reducido de prazas. • (Documento 5) Os estudos universitarios principais recollían sete artes liberais. No trivium estudábase gramática, retórica e dialéctica, mentres que no cuadrivium os alumnos estudaban aritmética, xeometría, astronomía e música.   3. • a) O primeiro centro de estudos superiores foi o Estudo Xeral de Palencia (Studium Generale de Palencia) autorizado polo rei Afonso VIII de Castela en 1212. b) A Universidade de Salamanca. Foi creada en 1218. É o primeiro centro de estudos superiores de Europa que exerceu o título de universidade polo edicto de 1253 de Afonso X. A Universidade de Valladolid foi fundada en 1241 por Afonso VIII e trasladáronse os estudos da universidade de Palencia.   4.  • (Documentos 6 a 9) No Documento 6 pódese ver o arco oxival, a bóveda de cruzaría, o piar, os arcobotantes e contrafortes. Todos eles son os novos elementos arquitectónicos que se empregaron na arte gótica e que serviron para darlle un aspecto máis lixeiro ás construcións. No Documento 7, as vidreiras da catedral de Colonia reflicten a importancia que cobraron no Gótico as amplas

24

ventás decoradas con vistosas vidreiras, que aumentaron a luminosidade dos edificios. Nesta imaxe pódese apreciar tamén o adelgazamento dos muros, os arcos oxivais e as bóvedas de cruzaría. O Documento 8 recolle o alzado do exterior da catedral de Chartres, onde quedan representados practicamente todos os trazos fundamentais da arquitectura gótica. Na portada principal destacan as dúas torres decoradas con chapitel e pináculos. Ademais pódese ver o rosetón no centro. Diferénciase tamén a nave principal, que se cruza formando unha cruz coas naves transversais. Nos muros diferéncianse os arcobotantes e contrafortes que permiten que as igrexas poidan elevar a súa altura. O Documento 9 reflicte a planta da catedral de Chartres. Ten forma de cruz latina con cinco naves lonxitudinais, coa central máis ancha ca o resto, e tres naves transversais coa central tamén máis ancha, que se unen no cruceiro. A catedral conta cunha ábsida octogonal con tres ábsidas menores.   5. • As esculturas góticas fóronse liberando da adaptación á arquitectura e o vulto redondo foi adquirindo máis importancia. No interior dos templos tamén empezaron a ser importantes os retablos. Ademais, as figuras representábanse de forma máis realista e natural ca no Románico, o que deu lugar aos primeiros retratos. Triunfou a liña curva e as figuras foron adquirindo movemento. Tamén existiu un interese por mostrar sentimentos. • A arte gótica é máis naturalista e realista porque os vestidos, actitudes e xestos fanse cada vez máis detallados e máis próximos á realidade. No Románico, pola súa parte, as figuras adaptábanse ao espazo e eran xerarquizadas, é dicir, as máis importantes eran máis grandes ca as demais.   6. • (Documentos 10 a 14) No Documento 10, as gárgolas da catedral de Notre Dame tratan temas fantásticos, xogan coa liña curva e co movemento. O Documento 11 representa a escultura funeraria do Gótico, onde se retrata o defunto da maneira máis fiel posible. O Documento 12 é un retablo. Adoitábanse situar no interior das igrexas: nos altares ou cadeirados do coro. Na súa elaboración interviñan arquitectos, escultores e pintores. Os Documentos 13 e 14 corresponden á portada da catedral de Reims. As figuras dispóñense nas xambas e existe certo diálogo entre elas, os pregamentos dos vestidos son menos ríxidos; existe movemento, as figuras son máis realistas… • (Documento 13) A portada de Reims está formada por un arco oxival, fronte ao arco de medio punto que compón o pórtico de San Pedro de Morisac. As arquivoltas desta última levan decoración vexetal e descansan sobre columniñas, fronte ás arquivoltas de Reims, que se compoñen de figuras humanas e terminan en xambas que representan figuras de santos e da Virxe. No tímpano da catedral gótica colocouse un rosetón fronte ao

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 24

21/09/12 9:23

da igrexa románica que recolle ao Pantocrátor rodeado do tetramorfos e apoiados nos vinte e catro anciáns.   7. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Como exemplos pódense citar: o mausoleo dos reis de Navarra (Pamplona); as portadas da catedral do Burgo de Osma (Soria), da catedral de Toledo, de Santa María de Olite (Navarra); o calvario gótico da igrexa de San Xoán do Hospital (Valencia); a Virxe gótica da catedral de Pamplona; o Pórtico da Gloria (Santiago de Compostela) de inicios do gótico; as portas do transepto da catedral de Burgos; a Virxe Branca da catedral de León; o sepulcro acaroado do arcebispo Xoán de Aragón da catedral de Tarragona; o retablo de Cornellá de Conflent…   8. • A pintura mural perdeu importancia na arte gótica, excepto en Italia. Ao principio destacaron as miniaturas e as vidreiras, tamén foron cobrando importancia os retablos sobre táboa. Os temas seguiron sendo relixiosos, aínda que tamén se desenvolveron os retratos. Nas pinturas empregábanse ricas cores, o uso do dourado, a introdución de paisaxes de fondo, a procura do realismo e do movemento das figuras.   9. • (Documentos 15 a 19) O Documento 15 recolle a parte central dun retablo, pintada ao óleo. Non hai paisaxe de fondo, senón que abunda o dourado. A gama cromática é rica. Hai movemento: os corpos da Virxe e Cristo forman dúas liñas curvas paralelas. Os rostros son de carácter realista e reflicten sentimentos.

Os Documentos 16 a 19 forman parte dos frescos da basílica de San Francisco en Asís. Neles reflíctense escenas da vida de San Francisco. Os Documentos 16 e 19 deixan ver a localización destas escenas na basílica, na que se pon de manifesto a riqueza de cores e a abundante decoración. Nos Documentos 17 e 18 móstranse escenas da vida de San Francisco enmarcadas en paisaxes e que buscan reflectir movemento e sentimentos. 10. • Actividade libre. 11. • Actividade libre (contrasta a sobriedade exterior do edificio coa riqueza pictórica do interior). 12. (Ver a táboa na parte inferior da páxina.) 13. • Arco oxival: arco con forma de punta de frecha. • Bóveda de cruzaría: é a bóveda formada ao cruzarse varios arcos oxivais. • Rosetón: van redondo situado na porta principal das igrexas ou catedrais ou a ambos os lados do cruceiro. Polo xeral decórase con vidreiras. • Vidreira: conxunto de vidros de cores que formaban debuxos e decoraban as ventás das igrexas, co que se permitía o paso da luz. • Escultura de vulto redondo: escultura que pode verse desde todos os seus lados. • Retablo pictórico: pintura sobre táboa de carácter exento formada por unha ou máis follas. • Gárgola: escultura dalgún ser fantástico que remataba os desaugadoiro do tellado. Tiña forma de animal, de ser humano ou unha mestura dos dous. A ARTE GÓTICA

Arquitectura

Escultura

Pintura

Características

Empréganse novas técnicas arquitectónicas: a bóveda de cruzaría descansaba sobre piares interiores reforzados no exterior por arcobotantes e contrafortes. O arco oxival ou apuntado permitía elevar a altura dos edificios. Os muros adelgázanse e permiten abrir grandes vans decorados con vidreiras de intensas cores. Por iso, os interiores dos templos son luminosos. As plantas eran de cruz latina, aínda que con cabeceiras poligonais. A nave central era máis ancha e alta ca as laterais.

Os temas eran relixiosos e a función, educativa. Adquiren importancia a escultura de vulto redondo e os retablos. As figuras son máis realistas e naturais e estaban policromadas. Buscaban o movemento mediante o uso da liña curva. Expresaban sentimentos.

Os temas eran relixiosos, aínda que tamén tomou forza o retrato. Empregaban gran riqueza de cores e abundantes dourados. Empezan a introducirse paisaxes ao fondo. Buscábase o realismo e o movemento nas figuras.

Tipoloxías

A catedral era o principal edificio da cidade. Pero tamén se construíron palacios, concellos, lonxas…

As gárgolas, a escultura funeraria, os retablos, os cadeirados dos coros e as portadas.

Pintura mural (fundamentalmente en Italia), miniaturas e retablos.

Catedrais de Chartres, Reims, Notre Dame de París, León, Burgos, Toledo, Colonia…; concello de Siena, lonxa de Valencia, etc.

Gárgolas da catedral de Notre Dame, sepulcro do duque de Borgoña Filipe o atrevido, retablo maior da catedral de Sevilla, portada da catedral de Reims, Virxe Branca da catedral de Toledo, etcétera.

O descendemento da cruz, obra de Roger van der Weyden; frescos da basílica de San Francisco de Asís.

Exemplos

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 25

25 21/09/12 9:23

Solucionario 14. (Ver a seguinte táboa.) Arte románica Arco de medio punto. Muros grosos e poucas ventás. Igrexas e mosteiros rurais. Figuras hieráticas e frontais.

Arte gótica Arco oxival ou apuntado. Muros delgados e vidreiras. Catedrais, castelos e palacios. Figuras naturais e en movemento.

15. Elementos da fotografía: A: Pináculo, B: Chapitel, C: Rosetón, D: Arco oxival. • O peso da bóveda descansa sobre piares no interior, reforzados con arcobotantes e contrafortes no exterior. • Isto permitiu que os muros foran menos grosos e polo tanto que se puideran elevar e abrir ventás neles. • O arco era oxival. • Os vans decorábanse con vidreiras. • Porque o peso das bóvedas xa non recaía exclusivamente sobre eles, senón que estas se apoiaban nos piares interiores e transmitían o impulso ao exterior a través dos contrafortes e dos arcobotantes. 16. • Trátase dunha escultura exenta. • Representa a Virxe co Neno. • Os rostros son alegres, doces e relaxados. • Si, existe unha relación entre a nai e o Neno. A nai suxeita o Neno de forma cariñosa e o Neno pon a man no queixelo da nai. • Non se trata dunha Virxe trono, coma na arte románica, senón dunha Virxe nai, que establece unha relación de cariño co seu Fillo.

• A Igrexa desempeñou un papel importante tanto no Románico coma no Gótico. Con todo, no Gótico os nobres e os ricos burgueses tamén empezaron a demandar obras de arte. 19. Actividade libre. 20. • O texto foi escrito en 1231. • Segundo o dicionario da RAE, unha bula é un: «Documento pontificio relativo a materia de fe ou de interese xeral, concesión de grazas ou privilexios ou asuntos xudiciais ou administrativos, expedido pola Chancelaría Apostólica e autorizado polo selo do seu nome ou outro parecido estampado con tinta vermella». O documento foi escrito por Gregorio, o bispo de París. • As primeiras universidades creáronse debido ao crecemento das cidades. Os mestres e os estudantes decidiron unirse nunha corporación ou universidade coma o resto dos oficios. Ademais, os reis que empezaban a ter máis poder necesitaban de xuristas e expertos formados nas universidades para organizar a súa administración, e os burgueses e nobres desexaban que os seus fillos adquirisen saberes útiles para a administración dos negocios. • Non, só tiñan acceso á universidade os nobres e os burgueses ricos.

17. • Realismo. A escultura e a pintura góticas teñen un carácter máis realista ca as románicas: as figuras expresan sentimentos, os pregamentos dos vestidos son menos ríxidos...

• Si, o crecemento das cidades deu lugar ao desenvolvemento de escolas urbanas e escolas catedralicias que á súa vez evolucionarían en universidades. A forma de vida establecida nas cidades fai que se necesiten novos coñecementos, que son os que ofrecerá a universidade.

• Temática. Os temas en xeral, tanto no Gótico coma no Románico, son principalmente relixiosos. Con todo, na arte gótica comezan a tomar importancia os retratos.

21. • O transporte de mercadorías na Idade Media realizábase en carros tirados por animais de carga. Por mar o transporte facíase en barcos.

• Técnicas construtivas. As novas técnicas construtivas que apareceron na época do Gótico (arco oxival, bóveda de cruzaría e arcobotantes, fundamentalmente) permitiron elevar os muros, adelgazalos e abrir grandes vans. • Tipoloxía. En arquitectura, tanto no Románico coma no Gótico construíronse principalmente igrexas; en cambio, no Gótico tamén se levantaron numerosos edificios para cubrir as necesidades urbanas, como lonxas, concellos ou palacios, pero non se realizaron mosteiros rurais. En escultura, ademais das portadas e dos capiteis característicos do Románico, realizáronse gárgolas, sepulcros, esculturas exentas e cadeirados dos coros. En pintura, as obras murais que tanta importancia tiveron na arte románica foron abandonándose no Gótico; no seu lugar, realizáronse vidreiras, miniaturas e retablos. • Edificios. Na arte románica os edificios principais eran as igrexas, as catedrais e os mosteiros rurais; no Gótico, as catedrais, os castelos, os palacios, os concellos, as lonxas…

26

18. • O crecemento das cidades favoreceu a construción de novos edificios para cubrir as necesidades da crecente poboación urbana. Construíronse catedrais, lonxas comerciais, concellos e palacios.

• a) Do carro tiran uns bois. b) Resposta libre. • a) Coa forza do vento que empurraba as velas. b) O barco estaba construído de madeira. • a) O músico toca un rabel, que era un instrumento de tres cordas, tocado con arco. A súa caixa de resonancia tiña forma de pera e en ocasións era alongada. Introduciuse en Europa desde o mundo árabe. b) Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Os xograres eran unha especie de titiriteiros que percorrían vilas e cidades recitando poemas, tocando instrumentos musicais e realizando xogos e acrobacias, co fin de entreter o público, xa que entón a maioría da poboación era analfabeta e a literatura era principalmente oral. Como a maioría das obras eran anónimas, os xograres recitábanas ao seu gusto, engadindo, suprimindo ou modificando pasaxes.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 26

21/09/12 9:23

22. • Torres: parte da catedral que se encontra xeralmente na fachada principal a ambos os lados da portada. Nelas adóitase situar o campanario. Chapitel: elemento puntiagudo que remata unha torre.

• O alzado é unha reprodución fidedigna da imaxe superior da catedral de Notre Dame. • Os dous elementos son fundamentais para coñecer a estrutura interior e exterior dun edificio.

Transepto: nave perpendicular á principal que percorre un templo en sentido transversal. Adoita situarse diante da ábsida. Nave central: nave que percorre un templo de forma lonxitudinal e adoita ser máis ancha e máis alta ca as naves laterais e ca o transepto. Arcobotante: elemento arquitectónico en forma de arco que, situado no exterior dun edificio, absorbe os pulos laterais das bóvedas e transmíteos aos contrafortes. Ábsida: parte da igrexa situada na cabeceira, xeralmente semicircular e abovedada. Portada lateral: fachada dunha igrexa xeralmente decorada, que se encontra a ambos os lados do transepto ou brazo curto da cruz latina nas igrexas e catedrais. Rosetón: gran xanela de forma circular decorada con figuras xeométricas labradas na pedra e vidreiras. Contraforte: piar acaroado a un muro, ao que serve de reforzo. • Si, predominan os arcos apuntados. • Os arcobotantes parten do arrinque da bóveda que cobre a nave central. Chegan ata os muros e os contrafortes das naves laterais. • Si quedan reflectidas as alturas das naves. A nave central é máis alta ca as laterais. • Aínda que a organización das naves dun templo se aprecia na planta do edificio, neste alzado podemos observar que polo menos existen tres naves lonxitudinais, a central de maior altura, e un transepto. • Existen moitas ventás, de gran tamaño e con abundante decoración. Teñen forma de arco oxival. Tamén hai rosetóns. • a) A portada principal non se distingue no debuxo; b) a portada lateral, si se diferencia; c) a cabeceira si se distingue. 23. • Actividade libre (Ver, por exemplo, a seguinte información.) A catedral de Notre Dame de París é un templo de planta de cruz latina. Consta de tres naves lonxitudinais, a central de maior anchura e altura, e un transepto. A nave central termina nunha ábsida circular. Sobre o cruceiro, destaca o puntiagudo chapitel. A portada lateral está decorada con varios rosetóns, un deles de enormes proporcións, e conta con abundante decoración no tímpano. Os arcos empregados son apuntados. No exterior destacan os arcobotantes estilizados e os contrafortes que reforzan os muros e reparten os pulos das bóvedas. Na portada principal, aínda que non a vemos no alzado, sobresaen as dúas torres campanario.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 27

27 21/09/12 9:23

Solucionario TEMA 6 Al-Andalus   1. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Deberase distinguir a sala de oración, que é unha sala cuberta e con columnas, en cuxo interior están o muro da quibla, o mihrab e o mimbar; o patio, aberto e rodeado de columnas, no que se sitúa a fonte das ablucións, onde os musulmáns se purifican antes de entrar orar; e o alminar ou minarete, que é a torre desde a que o muecín chama os fieis á oración cinco veces ao día.   2.  • As etapas de Al-Andalus foron: a conquista e o emirato dependente, o emirato independente, o califato de Córdoba, os reinos de taifas, os imperios norteafricanos (almorábides e almohades) e o reino nazarí de Granada. A conquista e o emirato dependente estendéronse desde o ano 711 ata o 756. O emirato independente abrangue do ano 756 ao 929. O califato de Córdoba desenvolveuse entre o ano 929 e 1031. Os reinos de taifas e os imperios norteafricanos prolongáronse desde 1031 ata 1212. O reino nazarí de Granada desenvolveuse entre 1212 e 1492. • O emirato independente comezou con Abderramán I. O título de emir independente significaba que os gobernadores de Al-Andalus deixaban de obedecer o califa, aínda que seguiron recoñecendo a súa autoridade relixiosa. Os primeiros tempos da historia de Al-Andalus foron turbulentos. Os emires enfrontáronse ás incursións militares dos francos e dos cristiáns que se refuxiaron no norte, e tamén se produciron numerosas revoltas internas. O califato de Córdoba comezou con Abderramán III, que se titulou califa no ano 929, o que significaba que ademais de dirixir o goberno, era tamén a máxima autoridade relixiosa do seu reino. O califato de Córdoba foi o período máis brillante da historia de Al-Andalus. • Tras a morte de Almanzor, as loitas internas arrasaron Al-Andalus. Como resultado, no ano 1031 o califato dividiuse en numerosos reinos ou taifas. Destacaban os reinos de Sevilla, Toledo, Badaxoz e Zaragoza. • O califa era o xefe político e a máxima autoridade relixiosa en Al-Andalus; o emir era o gobernador das provincias do imperio musulmán, dependente do califato de Damasco; e o visir era unha especie de ministro que axudaba o califa no goberno. • O último reino musulmán que quedou en España foi o de Granada. Este reino terminou coa conquista cristiá polos Reis Católicos en 1492, facilitada polos enfrontamentos internos que debilitaron o reino.   3.  • (Documento 2) a) Os exércitos musulmáns entraron na Península polo sur, cruzando desde África o estreito de Xibraltar. b) Avanzaron cara ao norte, cara a Toledo, Guadalaxara, Mérida, Zaragoza, Palencia, Astorga e Oviedo.

28

• (Documento 3) O califato estendíase por gran parte da Península, os seus dominios chegaban ata o río Douro e a depresión do río Ebro, ata Huesca e parte de Cataluña.   4.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) As principais causas da conquista musulmá da Península foron, por un lado, a forza expansiva relixiosa e social do islam, a súa superioridade militar e a idea de guerra santa; e por outro, a debilidade dos visigodos debido ás loitas políticas internas, á división social, aos problemas económicos, e a falta de previsión dos reis visigodos.   5.  • (Documentos 7 a 10) A Alhambra é un recinto amurallado que alberga unha cidade palaciana e unha alcazaba; como recinto militar conta con diversas torres defensivas. A Alhambra divídese en dous espazos, o público que se ordena arredor de tres patios paralelos: o de Machuca, o do Cuarto Dourado e o de Comares ou dos Mirtos, onde destaca no centro unha alberca, que xoga co gusto islámico pola auga. O espazo das dependencias privadas establécese arredor do Patio dos Leóns, que recibe o seu nome da fonte que se sitúa no centro. O complexo de palacios e patios destaca pola súa ornamentación exuberante. O Documento 9 pertence ao Xeneralife, cuxo fin era ser unha finca de recreo. Os seus cuartos organízanse arredor do patio-xardín da Acequia. O monumento no seu aspecto exterior parécese máis a unha fortaleza, pero no seu interior móstrase como un auténtico palacio.   6.  • Os musulmáns desenvolveron técnicas de regadío e introduciron novos cultivos, como o algodón, o índigo (unha tintura), o arroz, a cana de azucre, as berenxenas, as alcachofas, etc. • A sociedade andalusí estaba formada por persoas de distintas relixións. O grupo máis poderoso era o dos conquistadores, pero había grandes diferenzas. Entre os conquistadores estaban os árabes, que reservaron para eles as mellores terras e os cargos de goberno, e os bérberes, que, aínda que eran máis numerosos, obtiveron menos beneficios, polo que ás veces protagonizaban revoltas. O resto da poboación organizábase por criterios relixiosos. Os muladís eran antigos cristiáns que adoptaron a relixión, a lingua e os costumes do islam. Algúns fixérono porque desa maneira non tiñan que pagar impostos. Os mozárabes eran os cristiáns que continuaron practicando a súa relixión. Como non eran musulmáns, pagaban impostos. A partir do século IX, moitos emigraron aos reinos do norte, fuxindo das persecucións. Os xudeus eran unha minoría moi activa no terreo económico. Residían en barrios separados. • Al-Andalus era unha civilización urbana porque os musulmáns fundaron moitas cidades xunto a fértiles vales. Al-Andalus contou con grandes cidades que superaban os 10.000 e incluso os 20.000 habitantes, como Córdoba, Sevilla, Valencia, Murcia e, máis tarde, Granada.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 28

21/09/12 9:23

  7.  • (Documentos 11 e 12) O dinar é de ouro e ten un tamaño maior, e o dirhem é de prata e é de menor tamaño. Decorábanse con gravados variados. • (Documento 15) As casas da xente modesta eran pequenas, tiñan unha soa planta con moi poucas estancias e unha terraza no tellado. As vivendas das persoas adiñeiradas adoitaban ter dúas plantas. O piso inferior era o lugar no que se recibía as visitas e constaba dun patio interior arredor do cal se organizaban as estancias. O piso superior estaba destinado aos cuartos da familia.   8.  • O zoco era o mercado nas cidades islámicas. No zoco ocupaban un posto privilexiado os bazares, centros nos que se vendían produtos de gran calidade. Nos zocos tamén había alhóndigas, centros que servían para almacenar mercadorías e tamén para aloxar os comerciantes que viñan de fóra.

Nos Documentos 20 e 21, a Xiralda presenta unha decoración abundante, a Torre do Ouro é máis sobria 12.  •  Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte táboa.)

Palacio de Medina Azahara

• Data de construción: século X (entre 936 e 976). • Función no pasado: residencia real e sede do goberno do califato. • Función actual: xacemento arqueolóxico con museo. • Descrición: é un complexo urbano e residencial realizado con arquerías, capiteis, columnatas, muros e pavimentos cubertos na súa maior parte por mármore branco. Destaca a extraordinaria decoración xeométrica e floral. Sobresae o Palacio de Zahara, e deste os seus dous grandes salóns divididos en cinco naves cada un e precedidas dun pórtico.

Palacio da Aljafería de Zaragoza

• Data de construción: segunda metade do século XI. • Función no pasado: residencia dos reis Hudís de Saragusta. • Función actual: sede das Cortes de Aragón. • Descrición: ten diferentes estilos debido ás sucesivas ampliacións ao longo dos séculos. Está rodeado por un recinto amurallado de planta cadrada con torreóns semicirculares. O interior alberga as construcións residenciais do palacio taifal, con exuberante ornamentación, arcos mixtilíneos e xesarías con formas xeométricas e vexetais.

A Xiralda de Sevilla

• Data de construción: finais do século XII. • Función no pasado: alminar ou minarete da antiga mesquita. • Función actual: campanario da catedral cristiá. • Descrición: torre de grande altura, planta cadrada, con decoración xeométrica e arcos de ferradura. A parte superior é dun estilo posterior.

Torre do Ouro de Sevilla

• Data de construción: o primeiro corpo, entre 1220 e 1221; o segundo corpo, no século XIV; e o terceiro corpo, en 1760. • Función no pasado: torre defensiva, posteriormente capela e prisión. • Función actual: Museo Naval de Sevilla. • Descrición: presenta unha planta dodecagonal. Ten tres corpos; o máis elevado é circular, o segundo é de ladrillos, de planta hexagonal e posúe decoración cerámica, e no primeiro superpóñense tres plantas cubertas con bóvedas de aresta.

  9. Os baños estaban formados por tres salas principais: unha para o baño de auga quente, outra para o de auga morna e outra máis para o de auga fría, na que se daban masaxes e servizos de peiteados. Os árabes adoptaron unha estrutura semellante á das termas romanas nos seus baños, aínda que as perfeccionaron e refinaron. 10.  • O legado andalusí é profundo en España. Por exemplo, as vivendas e mais a gastronomía do sur e do leste de España non se explican sen ese influxo andalusí. A pegada tamén é moi importante no idioma castelán, pois estímase que unhas 4.000 palabras castelás teñen orixe árabe. Menor influencia deixou no norte de España e no galego. • Construíase con materiais pobres e pouco duradeiros, como ladrillos, xeso, azulexos, etc. Os materiais recubríanse cunha decoración abundante. Buscábanse os xogos de luz e de sombra, que se lograban por medio do uso de vidreiras, celosías e reflexos nos azulexos. Ademais, o gusto pola auga materializábase en fontes, piscinas, fervenzas, etc. Os edificios musulmáns sostíñanse sobre columnas, piares e diferentes tipos de arcos, como os arcos de ferradura e os polilobulados. Polo xeral, os edificios cubríanse con teitos planos e de madeira, aínda que tamén usaban cúpulas. • A decoración era abundante co fin de cubrir uns materiais pobres e darlles unha aparencia de gran riqueza. O islam prohibe representar animais e persoas. Por iso, os artistas usaban motivos xeométricos e vexetais, así como fermosas caligrafías que recollían textos do Corán, poemas e loanzas. 11.  • (Documentos 18 a 21) No Documento 18, a sala do palacio de Medina Azahara, vense numerosas columnas que sosteñen arcos de ferradura, con doelas decoradas en dúas cores. A cuberta é plana e de artesoado de madeira. No Documento 19, a sala do palacio da Aljafería en Zaragoza, aprécianse numerosos arcos polilobulados con decoración profusa; o teito é un artesoado de madeira.

13. Actividade libre. 14. (Ver táboa na páxina seguinte.)

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 29

29 21/09/12 9:23

Solucionario Datas

• Batalla de Guadalete (711) e comezo da conquista. • Abderramán I inicia o emirato independente (756).

929-1031

• Abderramán III proclamouse califa (929). • Hisham II accede ao trono con só once anos (976). O goberno queda nas mans do xeneral Almanzor.

1031-1086

• As taifas comezan a pagar parias aos reis cristiáns.

1086-1212

• Os almorábides chegan á Península e unifican de novo Al-Andalus (1086). • Os almohades substitúen aos almorábides no poder (1147). • Batalla das Navas de Tolosa (1212).

1212-1492

• Conquista de Granada polos Reis Católicos (1492).

Conquista e emirato

Califato Reinos de taifas

Almorábides e almohades

Reino nazarí

15. 

Feitos

711-929

Conquista musulmá Musa Tariq

Emirato Abderramán I

Califato Abderramán III Almanzor

16. O emirato estaba dirixido polo emir, que era o gobernador de Al-Andalus, pero que dependía do califa de Damasco. O califato estaba gobernado polo califa, que era o dirixente político e a máxima autoridade relixiosa. A principal diferenza entre ambos os dous é que o emir é o gobernador político dunha provincia e depende do califa, mentres que o califa é a máxima autoridade política e relixiosa dun territorio. 17. • O emir é o gobernador político dun territorio e está baixo a autoridade do califa, mentres que o califa é a máxima autoridade política e relixiosa do seu reino. • O visir era unha especie de ministro e o valí dirixía as provincias e as marcas fronteirizas. • As razias eran campañas de saqueo, para recoller botín e prisioneiros; e as parias eran tributos que os reinos de taifas pagaban aos reis cristiáns. • Os almorábides eran bérberes que pasaron á península Ibérica en 1086 para axudar as taifas e frear o avance cristián; os almohades eran tamén un pobo bérber, que chegaron a Al-Andalus tras os almorábides, en 1147, e foron derrotados na batalla das Navas de Tolosa en 1212 polos reis cristiáns. • Os árabes eran as persoas provenientes da península Arábiga e constituíron a clase dominante en Al-Andalus ocupando as mellores terras e os cargos do goberno; os bérberes procedían do norte de África e, aínda que formaron parte do grupo dos conquistadores, obtiveron menos beneficios ca os árabes en Al-Andalus. • Os muladís eran antigos cristiáns que adoptaron a relixión, a lingua e os costumes do islam; mentres que os mozárabes eran os cristiáns que continuaron practicando a súa relixión.

30

Economía

Sociedade

Os musulmáns desenvolveron a agricultura: introduciron técnicas de regadío e novos cultivos. Nas cidades tivo un gran desenvolvemento a artesanía. Al-Andalus foi un activo centro de comercio. Exportaba artesanía e importaba escravos e ouro. Tiña moedas propias.

O grupo máis poderoso era o dos conquistadores e os seus descendentes. Entre eles había árabes, que quedaron coas mellores terras e ocupaban os cargos de goberno, e bérberes, que protagonizaron numerosas revoltas. O resto da poboación estaba formado por muladís, mozárabes e xudeus.

18.  • Falsa. Almanzor realizou máis de cincuenta razzias contra os reinos cristiáns do norte. • Falsa. A maior parte da poboación de Al-Andalus dedicábase á agricultura. • Falsa. Os musulmáns desenvolveron técnicas de regadío e introduciron novos cultivos. • Verdadeira. • Verdadeira. 19. (Ver a seguinte táboa-esquema.) Grupos

Características

Árabes

Reservaron as mellores terras e os cargos de goberno.

Bérberes

Eran máis numerosos, pero obtiveron menos beneficios, polo que ás veces protagonizaban revoltas.

Muladís

Eran antigos cristiáns que adoptaron a relixión, a lingua e os costumes do islam. Algúns fixérono porque desa maneira non tiñan que pagar impostos.

Mozárabes

Eran os cristiáns que continuaron practicando a súa relixión. Como non eran musulmáns, pagaban impostos. A partir do século IX, moitos emigraron aos reinos do norte, fuxindo das persecucións.

Xudeus

Eran unha minoría moi activa no terreo económico. Residían en barrios separados.

Grupos dominantes.

Resto da poboación: organización segundo criterios relixiosos.

20. • Conquista e emirato dependente, emirato independente, califato de Córdoba, reinos de taifas e imperios norteafricanos, reino nazarí de Granada.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 30

21/09/12 9:23

• 711: batalla de Guadalete. 756: Abderramán I proclamouse emir independente. 929: Abderramán III titulouse califa. 1031: o califato dividiuse en varios reinos ou taifas. 1212: batalla das Navas de Tolosa. 1492: conquista do reino de Granada polos Reis Católicos. • No ano 750, os Abasidas fixéronse co poder do islam e a familia Omeia foi asasinada. No ano 912 Abderramán III herdou o trono. No ano 976 o goberno quedou nas mans de Almanzor. En 1085, Toledo caeu en mans cristiás. En 1086 chegaron os almorábides á Península. En 1147 os almorábides foron substituídos no poder por outro pobo bérber, os almohades. 21. • O uso de materiais pobres, como ladrillos, xeso, azulexos, etc. Estes son recubertos con decoración abundante. O gusto pola auga materializábase na presenza de fontes. Outro trazo identificativo é o uso de columnas e de arcos de ferradura. • Presenta unha decoración con motivos xeométricos e vexetais. Porque ao estaren prohibidas no islam as representacións de animais e persoas, a pintura tivo un escaso desenvolvemento. 22.  • Cando se escribiu este texto, Al-Andalus encontrábase no período nazarí. • O viaxeiro dá unha visión moi positiva da cidade de Granada; fala da súa admirable situación, a súa cultura e os seus grandiosos monumentos. • Granada foi a capital de Al-Andalus e o lugar de residencia do rei musulmán durante o período nazarí, ademais de converterse nun centro de cultura moi importante. 23. Actividade libre. (Ver por exemplo, a seguinte información.) É moito o legado árabe que herdamos, e polo tanto a influencia andalusí que se pode encontrar actualmente en España, desde a arquitectura árabe, reflectida nos numerosos monumentos, mesquitas e palacios que se distribúen por boa parte do territorio, ata a influencia no castelán, xa que son varios miles de palabras de orixe árabe os que se poden contabilizar nesa lingua. Non hai que esquecer a gran variedade de plantas introducidas en Al-Andalus polos árabes, a influencia andalusí en boa parte da gastronomía do sur da Península, a achega nas ciencias, na cultura e na arte, ou a herdanza de costumes, tradicións e gustos, como a cultura da auga e o refinamento nos hábitos de hixiene. 24. Actividade libre.

tar os ataques, as taifas pagábanlles parias (tributos) aos reis cristiáns. A pesar da debilidade política, a etapa das taifas foi dunha gran prosperidade económica e cultural. 28. • Hachib: título de goberno. • Bérberes: guerreiros musulmáns procedentes do norte de África. • Tropas regulares: son as tropas profesionais que forman un exército. • Tropas mercenarias: son as tropas que cobran unha recompensa por combater. • Tributos: impostos. • Guerra Santa: guerra para estender a relixión islámica. 29. • Decidiu que as súas tropas debían estar formadas por xente de diferentes tribos, de modo que se un grupo se rebelaba, puidera reducilo co apoio dos demais. • «Para previr tal posibilidade, decidiu que as súas tropas debían estar compostas por xente de diferentes tribos, de modo que se un grupo intentaba rebelarse, el puidera reducilo coa axuda dos demais». • Incrementou os impostos para poder contratar tropas mercenarias que substitiuísen os combatentes do país. Os tributos pagábanos os seus súbditos de Al-Andalus. • O exército era un elemento destacado no goberno de Almanzor porque este xeneral emprendeu numerosas campañas militares contra os reinos cristiáns. 30. A idea principal é a reforma do exército, é dicir, a táctica militar que puxo en marcha Almanzor para impedir que as súas tropas se rebelasen contra el. Outras ideas secundarias son a aplicación de novos tributos ou impostos aos andalusís para poder equipar as novas tropas, a predicación da Guerra Santa, a chegada de bérberes e doutros guerreiros, tamén procedentes do norte de África, para conformar as tropas mercenarias, e o control do poder que adquiriu Almanzor. 31. Actividade libre. 32. Actividade libre. 33. (Ver a seguinte táboa.) Documento 15 Aspecto dos muros

25. O autor é Abdalá, último rei da taifa de Granada. 26. Almanzor era un brillante xeneral adornado do título de hachib. Nas súas mans recaeu o poder e o goberno de Al-Andalus, ante a minoría de idade do herdeiro Hisham II. 27. Foi escrito cara ao ano 1095. Poderíase incluír no final dos reinos de taifas. As taifas foron fustrigadas constantemente polos reinos cristiáns do norte. Para evi-

Número de ventás

Fotografías actuais

Encalados.

Encalados.

Localízanse poucas ventás cara ao exterior, hai máis ventás que miran aos patios.

Conservan máis ou menos o mesmo aspecto ca o debuxo do Documento 15. No exterior algunhas ventás, máis ben balcóns, e no interior máis ventás orientadas aos patios.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 31

31 21/09/12 9:23

Solucionario Documento 15 Enreixados.

Enreixado e con numerosas flores. Ademais algúns teñen toldos para protexerse do sol.

Varias estancias, distribuídas en dous pisos, arredor dun patio interior con xardín e con pozo.

Varias estancias, distribuídas en dous pisos, arredor dun patio interior con xardín e con pozo.

Aspecto dos balcóns

Organización interior da vivenda

Fotografías actuais

34. Actividade libre. (A razón que explica este parecido é o gran legado andalusí que se conserva en Andalucía.) 35. • Alcalá de Henares e Alcolea de Cinca proveñen de alqalat, cuxo significado é «castelo». Acequia provén de assaqya, que significa «irrigadora». Benicasim e Benifayó, de beni ou «fillos de». Javalambre e Xibraltar de gabal ou «monte». Medinaceli e Medina del Campo de madinat ou «cidade». Guadalquivir provén de wad ou «río». • Actividade libre. • Actividade libre. • Actividade libre. 36. • A zona andalusí está no centro da cidade, xunto ao río. • O trazado das rúas desa zona é sinuoso e irregular. Correspóndense coas características da cidade musulmá. • O monumento máis importante do período musulmán é a mesquita. • O barrio da xudaría sobrevive desde entón. • Nas xudarías vivían os xudeus. Non é probable que sigan vivindo agora, porque na actualidade non existe a segregación que se daba na Idade Media. 37. • A mesquita destaca sobre os demais edificios. As rúas que a rodean son estreitas e tortuosas. As vivendas están moi xuntas unhas das outras. • As casas do centro histórico son baixas. • O trazado do centro histórico non se parece ao dos barrios modernos da cidade, posto que estes últimos teñen rúas anchas e amplas avenidas, e a súa disposición é máis regular e ordenada, a diferenza do trazado da zona antiga, que é irregular e moito máis quebrado.

32

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 32

21/09/12 9:23

TEMA 7 Os reinos cristiáns hispánicos   1. • Os primeiros reinos cristiáns formáronse entre os séculos VIII e IX. Porque tras a conquista musulmá, as únicas zonas que non quedaron baixo o dominio musulmán foron as áreas cantábricas e pirenaicas, no norte. Moitos visigodos que fuxían dos musulmáns refuxiáronse nestas zonas. Esta foi a orixe dos novos reinos cristiáns. • O reino de Asturias xurdiu na primeira metade do século VIII. No ano 718, os visigodos refuxiados na Cordilleira Cantábrica elixiron como rei a don Pelaio. A corte estableceuse en Oviedo. Contra o ano 800, o reino de Asturias abranguía desde Galicia, no oeste, ata Álava, no leste. No século  IX, os reis asturianos foron ampliando as súas terras cara ao sur. No século X, a capital do reino trasladouse a León e o reino pasou a chamarse reino de León. • Pelaio enfrontouse aos musulmáns na batalla de Covadonga (722), unha escaramuza de resultado incerto, pero que lle permitiu afianzar o seu poder. A máxima expansión do reino astur-leonés coincidiu co reinado de Afonso III (866-910). • Castela estaba dividida en diferentes condados, que se uniron baixo a autoridade do conde Fernán González (930- 970). Fernán González obtivo unha grande autonomía do poder leonés e converteu en hereditarias as súas posesións. A progresiva decadencia leonesa desde finais do século X aumentou o poder e a influencia dos condes de Castela e dos reis de Navarra. Finalmente, en 1035 Castela converteuse nun reino propio.   2.  • (Documento 1) a) O reino de León dividíase nas rexións de Galicia, Asturias e Castela. b) As principais cidades eran: Santiago de Compostela, Lugo, Tui, Porto, Zamora, Toro, León, Astorga, Oviedo, Simancas, Sahagún, Burgos, Osma, Cangas de Onís e Covadonga. c) A fronteira entre o reino de León e o califato de Córdoba no século X situábase arredor do río Douro. • (Documento 2) a) A batalla de Covadonga. b) O reino de Asturias, entre o ano 722 e o 910 aproximadamente; e o reino de León, desde entón. O condado de Castela independizouse do reino de león no ano 951 e converteuse en reino en 1035. c) Na primeira etapa destacaron Pelaio, Afonso I e Afonso III. Na segunda etapa destacou o conde Fernán González. d) En 951 produciuse a independencia de Castela. e) A toma de León. A independencia do condado de Castela.

  3. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) a) Pelaio estivo á fronte da resistencia cristiá, pero a súa traxectoria é escasamente coñecida. As crónicas medievais indican que tivo un pasado nobiliario e visigodo. Foi nomeado rei de Asturias no ano 718. Contraeu matrimonio con Gaudiosa, deste enlace naceron Ermesinda, futura muller de Afonso I, e Favila, que lle sucedeu no trono tras a súa morte por enfermidade no ano 737. b) Posiblemente porque as crónicas manipularon a súa figura converténdoa en lexendaria co propósito de elevar a moral da resistencia cristiá.   4.  • A Marca Hispánica era a rexión pirenaica que formaba parte do imperio carolinxio e que se convertera nun territorio de fronteira entre o reino franco e o poder musulmán andalusí. Este territorio estaba dividido en condados que tiñan como misión protexer o seu imperio do avance musulmán. No século IX, o imperio carolinxio disolveuse e estas rexións fronteirizas independizáronse. Formáronse tres núcleos diferentes: Navarra, Aragón e os condados cataláns. • A principios do século IX, o conde Íñigo Arista expulsou as tropas francas de Pamplona e converteu esta cidade na capital dun novo reino cristián. Esta foi a orixe do reino de Pamplona, que experimentou unha notable expansión cara ao sur e que se transformou no reino de Navarra. O momento de maior esplendor coincidiu co reinado de Sancho III o Maior (1000-1035), que chegou a ser o rei máis poderoso de toda a Península. • A comezos do século IX, os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza, situados no territorio da Marca Hispánica, desvinculáronse do poder carolinxio. Máis tarde ca en Navarra, a familia do conde Aznar Galindo conseguiu a independencia para o condado de Aragón. No ano 874, Wifredo o Viloso reuniu os condados cataláns, gobernounos con autonomía dos reis francos e legounos aos seus descendentes. As boas relacións dos condados cataláns cos califas de Córdoba permitiron unha época de estabilidade en Cataluña, que consolidou a súa independencia do poder franco no século X.   5.  • (Documento 4) Navarra, Aragón, Sobrarbe, Ribagorza e os condados cataláns. No século IX só Navarra era reino. • (Documento 7) Tras a morte de Sancho III, en 1035, o reino fragmentouse entre os seus fillos. O seu primoxénito, García Sánchez III, herdou Navarra; Fernando I recibiu o condado de Castela; Aragón pasou ao patrimonio de Ramiro I; e os condados de Sobrarbe e Ribagorza recaeron no seu fillo Gonzalo.   6.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.)

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 33

33 21/09/12 9:23

Solucionario Sancho III o Maior foi rei de Navarra entre os anos 1000 e 1035. En 1010 casou coa filla do conde de Castela, o que lle permitiu posteriormente intervir naquel reino. Anexionou os condados de Sobrarbe e Ribagorza e someteu á vasalaxe o conde de Barcelona. Obtivo o vicecondado do Labourd e a vasalaxe de Gascuña. Casou a súa irmá Urraca co rei leonés e posteriormente ocupou Castela alegando os dereitos sucesorios da súa muller, feito que desembocou nunha guerra co rei de León, da que Sancho saíu vitorioso e ocupou a capital leonesa, recuperada polo rei leonés en 1035. Nese mesmo ano morre Sancho. Os seus territorios foron repartidos entre os seus fillos: Navarra para García; Castela para Fernando; Sobrarbe e Ribagorza para Gonzalo; e Aragón para Ramiro. Aznar Galindo (780- 839) foi conde de Aragón na Marca Hispánica entre 809 e 820. Neste último ano, o seu xenro García o Malo expulsouno de Aragón. Refuxiouse na corte de Tolosa, onde recibiu os condados de Urxel e Cerdaña. Cara ao ano 838 Aznar Galindo, conde lexítimo de Aragón, abdicou no seu fillo Galindo Aznar, quen recuperou o condado en 844, permanecendo nas mans da familia ata a anexión de Navarra no ano 943 con García Sánchez II. Wifredo o Viloso foi vasalo do reino franco e conde de Barcelona na Marca Hispánica. Aglutinou baixo o seu poder varios territorios feudais que gobernou de maneira autónoma. No ano 873 herdou do seu pai o Condado de Urxel. Despois, anexionou os condados de Barcelona, Xirona e Cerdaña-Conflent e arrebatoulles aos musulmáns as comarcas do Ripollès, Osona, Bergedà e Bages. Morreu no ano 898 e os seus territorios dividíronse entre os seus fillos.   7.  • Ata o século XI, os reis dividían o territorio conquistado en circunscricións dominadas por unha cidade ou vila, que actuaba como capital, e numerosas aldeas que dependían dela. Para favorecer a emigración, os reis concedían privilexios chamados foros ou cartas de poboamento a estas vilas. Nas aldeas vivían campesiños libres, aos que os reis lles concedían terras a cambio de que as cultivasen e defendesen. Así, repoboáronse os territorios entre os ríos Douro e Texo, e parte dos territorios do val do Ebro. A partir do século XI conquistáronse territorios moi extensos e moi pouco poboados. Ante a dificultade da súa repoboación, os reis dividiron as terras en grandes latifundios, que pasaron a mans dunha familia nobre, da Igrexa ou dunha orde militar. Os campesiños que traballaban estas terras eran servos dos señores. Este sistema utilizouse na Mancha, Estremadura, Baleares, Valencia, Murcia e Andalucía. • Nesa época non existía un exército permanente; os guerreiros quedaban vinculados ao rei mediante vasalaxe.   8.  • (Documento 9) Durante os séculos IX e X os reinos cristiáns avanzaron polo sur ata o val do río Douro. Durante os séculos XI e XII, Portugal e Castela chegaron máis alá do río Texo e fixaron a fronteira con Al-Andalus en

34

Serra Morena. Ao leste, Aragón conseguiu conquistar Zaragoza e Teruel, e Cataluña expandiuse ata Tortosa.   9.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, esta información.) Participaron Afonso VIII de Castela, Sancho VII de Navarra e Pedro II de Aragón. A estratexia de Afonso VIII consistiu en unir todas as forzas cristiás para enfrontarse aos musulmáns. Por iso participaron na batalla os reis de Castela, Navarra e Aragón. 10.  • Porque en Toledo coexistiron durante varios séculos tres culturas: os cristiáns, os mudéxares e os xudeus. Esta diversidade fomentou o enriquecemento cultural na cidade, coa instalación, por exemplo, da Escola de Tradutores. 11.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) a) O autor non acepta a idea de convivencia entre culturas na España medieval. Acepta a idea de tolerancia con matices. Carlos Alvar di: «os que profesaban unha relixión nun territorio dominado por outra só eran tolerados nuns límites que hoxe nos parecerían inaceptables». b) Sitúa a orixe do mito da convivencia na idea romántica que se ten da corte científica de Afonso X o Sabio. O autor, Carlos Alvar, di: «Alí fixéronse moitas traducións pero non había unha escola de tradutores. Proxéctase unha idea de escola cun árabe, cun xudeu e cun cristián e non era así. Nas propias Partidas de Afonso X prohíbense os matrimonios mixtos». • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Na actualidade consérvanse a antiga mesquita do Cristo da Luz; a mesquita das Tornerías, que alberga o Centro de Promoción da Artesanía; e a mesquita do Salvador, que a fins do século XII foi convertida en igrexa, e hoxe pertence á parroquia de Santo Tomé. En canto a sinagogas, consérvase a do Tránsito, actual sede do museo sefardí, e a de Santa María a Branca, que recibiu o seu actual nome ao converterse en igrexa. 12.  • Era unha institución que adquiriu moitos privilexios e que se encargaba de resolver as cuestións relacionadas coa gandaría trashumante e coa rede de cañadas en Castela. Creouse en 1273. • A gandaría dependía esencialmente da cría da ovella meiriña, cuxa la, de alta calidade, se empregaba na industria téxtil ou se exportaba a outros países, fundamentalmente a Flandres. A venda de la e de panos elaborados con la meiriña fixo que a artesanía e o comercio se desenvolvesen. • Desde finais do século XIII sucedéronse unha serie de malas colleitas, fames e pestes. A poboación diminuíu e numerosas terras de cultivo foron abandonadas. O descontento popular traduciuse en revoltas e en inxustas persecucións contra os xudeus.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 34

21/09/12 9:23



13.  • (Documento 11) As funcións do rei de Castela eran: gobernar, aplicar e cambiar as leis, e impartir xustiza. As Cortes estaban subordinadas ao poder do rei, votaban os impostos solicitados polo monarca, realizaban peticións ao monarca e aconsellábano.

León. No século XIII Galicia xa se integra definitivamente no reino de Castela. Paralelamente desde o século XIII Santiago cobra unha grande importancia. A partir do século XIII Galicia empezou a declinar polas fames, pestes e guerras.

• (Documento 13) En 1230 produciuse a unión definitiva entre Castela e León, cando Fernando III reuniu ambos os reinos baixo a súa autoridade, formando a Coroa de Castela. Castela e León uníronse e separáronse varias veces, por exemplo en 1038 cando Fernando I anexionou León.

• Nun grupo moi numeroso de poboación en situación de servidume, os campesiños, e unha minoría que tiña a posesión das terras e o poder político: os nobres e o clero.

14. • A Coroa de Aragón creouse en 1137 tras o matrimonio de dona Petronila (herdeira de Aragón) e o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV. O primeiro rei foi o seu fillo Afonso II. • Os consulados eran institucións xurídicas e mercantís que se crearon na Idade Media en diversas cidades para arbitrar nos conflitos entre mercadores. Os cónsules do mar eran maxistrados que xulgaban as causas relativas á navegación e ao comercio. • A crise do século XIV afectou máis a Cataluña. Desde mediados do século XIV, a crise demográfica e económica, a rebelión dos remensas e a guerra civil en Barcelona provocaron graves problemas en Cataluña. 15.  •  (Documento 15) a) Aragón, Cataluña, Valencia e Baleares. b) Sardeña, Sicilia, Nápoles, e algúns enclaves en Grecia, como Neopatria e Atenas. • (Documento 16)  o ano 1137 produciuse a unión do reino de AraN gón e os condados cataláns, formando a Coroa de Aragón. No ano 1238 produciuse a conquista de Valencia. 16.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Aragón, Cataluña, Rosellón e Cerdaña, reino de Mallorca, reino de Valencia, reino de Sicilia, reino de Sardeña, señorío de Albarracín, ducados de Atenas e Neopatria, e reino de Nápoles. 17.  • Por unha banda a maioría de campesiños, e por outra banda os privilexiados, unha minoría de nobres, abades e bispos. •  Porque controlaban moitas terras e organizaban a produción agraria. • A través de fames, pestes e guerras que produciron o abandono de terras e a redución da produción agrícola. Ademais, instalouse unha nova nobreza de cabaleiros e produciuse a revolta dos irmandiños. • Un contrato agrario de longa duración que estipulaba unha renda, case sempre en especies, ademais dunha serie de servizos de vasalaxe.

19.  • Actividade libre. 20.  • A arte asturiana: como exemplo, Santa María do Naranco (Oviedo). A arte mozárabe: como exemplo, a igrexa de San Miguel de Escalada (León). A arte románica: como exemplo, San Clemente de Taüll (Lleida). A arte gótica: como exemplo, a catedral de Toledo. A arte mudéxar: como exemplo, a Igrexa de San Tirso, en Sahagún (León).



14.  •

21.  • (Documentos 22 a 27) Doc. 22. As igrexas son de pequeno tamaño, con planta rectangular, arcos de medio punto e cóbrense con bóvedas. Doc. 23. Emprégase o barro cocido como material de construción. Os edificios seguen os patróns decorativos de distintas épocas. Doc. 24. O tamaño dos edificios aumentou e a decoración das igrexas e dos mosteiros enriqueceuse con relevos e pinturas. Emprégase o arco de medio punto e a bóveda de canón. Os muros son grosos e as ventás pequenas e escasas. Doc. 25. O interior das igrexas ten aspecto oriental, debido ao uso de arcos de ferradura e chapiteis que lembran a arte musulmá. Docs. 26 e 27. Os edificios son altos e esveltos con grandes ventás con vidreiras. Emprégase o rosetón nos tímpanos das portadas, así como arquivoltas, arco oxival ou apuntado e bóveda de cruzaría. Na Coroa de Castela a decoración era maior ca na Coroa de Aragón, onde os edificios eran máis sobrios.



15.  •

P p s T p

22. • Actividade libre. 23. Actividade libre. 24.  De 722 a 910: reino de Asturias. De 910 a 1230: reino de León. De 951 a 1035: condado de Castela autónomo. De 1035 a 1230: reino de Castela. Desde 1230: Coroa de Castela. • 803: independencia de Navarra. 820: independencia de Aragón. 922: unión de Navarra e Aragón. 988: independencia dos condados cataláns. 1035: Aragón independízase de Navarra. 1076: unión de Navarra e Aragón. 1134: separación de Aragón e Navarra. 1137: unión de Aragón e os condados cataláns. Comezo da Coroa de Aragón.

• Un exército de campesiños e burgueses que se rebelaron contra o poder dos señores feudais.

25. • Marca Hispánica. Territorio fronteirizo situado nos Pireneos e pertencente ao imperio carolinxio, dividido en condados, cuxa misión era protexer o imperio do avance musulmán.

18.  • Empezou o século VIII con dificultades polas invasións de varios pobos e polos conflitos cos reis de Asturias e

• Repoboación. Proceso de colonización das terras conquistadas polos reinos cristiáns aos musulmáns.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 35

Desde malas nume conte perse

35 21/09/12 9:23

Solucionario • Mesta. Asemblea en que se reunían os gandeiros para resolver as cuestións do seu oficio.

• A existencia na actualidade de grandes latifundios localizados ao sur do Texo, na Mancha, teñen a súa orixe na repoboación da Idade Media, xa que se repartiron grandes extensións de terra á nobreza, a Igrexa e as ordes militares.

• Parias. Impostos que os reinos musulmáns pagaban aos reis cristiáns para evitar os ataques. • Carta de poboamento. Privilexios que os reis lle concedían a unha cidade ou vila, que actuaba como capital, e numerosas aldeas que dependían dela, para favorecer a instalación de poboación estable no seu territorio.

31. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) España foi na Idade Media un mosaico de culturas porque durante moitos séculos viviron nela cristiáns, xudeus e musulmáns, o que deu lugar a unha mestura de relixións, idiomas e culturas. Desta circunstancia derívanse aspectos positivos, como o legado cultural, é dicir, a riqueza artística, literaria e lingüística que nos proporcionaron as diferentes culturas asentadas en España.

• Consulado. Institución xurídica e mercantil que se creou na Idade Media en diversas cidades da Coroa de Aragón para arbitrar nos conflitos entre mercadores. 26. O poder do rei aragonés era menor ca o do rei castelán, porque os reis aragoneses non podían establecer impostos nin novas leis sen a aprobación das Cortes. Na Coroa de Aragón cada reino tiña as súas propias Cortes. Ademais, existían dúas institucións que velaban por que se cumprisen as leis aprobadas nas Cortes e polo respecto dos foros ou leis propias de cada reino. Eran a Generalitat en Cataluña e Valencia, e o Xustiza en Aragón. 27. Corresponde ao estilo mudéxar. As súas principais características son o barro cocido como material de construción e o emprego dos arcos de ferradura e polilobulados. 28. (Ver a táboa na parte inferior da páxina.)

32. • Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona, e Ermengol, conde de Urxel. Aos poboadores de Lleida. • No ano 1149. • A Lleida. Á Coroa de Aragón. 33. • Os condes conceden o territorio da cidade de Lleida sen cargas señoriais, ademais dos prados e pastos, as fontes, as augas, os bosques, as leñas, a caza, a terra e o monte. Tamén a exención de pagar ningún dereito feudal. • Aos poboadores de Lleida.

29. O mapa corresponde ao século XII porque é entón cando Portugal e Castela chegaron máis alá do río Texo e fixaron a fronteira con Al-Andalus en Serra Morena; ao leste, Aragón conseguiu conquistar Zaragoza e Teruel; e Cataluña expandiuse ata Tortosa.

• As casas, patios, hortas e fincas e toda a cidade de Lleida, máis os prados e pasteiros, fontes e augas, bosques e leñas e a caza, a terra e o monte. Ao señor feudal. • Os ilerdenses eran libres. A frase que o xustifica é: «Concedémosvos tamén a todos que, no sucesivo, non paguedes ningún dereito feudal. E que, no sucesivo, sexades libres».

30. • Porque ante a dificultade de repoboar os extensos territorios do sur de Castela, os reis dividiron as terras en grandes latifundios, que pasaron a mans dunha familia nobre, da Igrexa ou dunha orde militar, e os campesiños que traballaban estas terras eran servos dos señores. • Para fortalecer o seu control nas terras conquistadas e evitar que estas fosen novamente reconquistadas polos exércitos musulmáns. Por exemplo, nas terras da Meseta norte fundaron vilas e aldeas e outorgaron foros e privilexios para atraer a poboación; mentres que nas terras do sur da Meseta concederon grandes latifundios aos nobres, á Igrexa e ás ordes militares.

• Os habitantes dun feudo polo xeral non eran persoas libres, polo que dependían dun señor feudal para o que traballaban e ao que lle pagaban impostos. 34. • Os soberanos concedían cartas de poboamento para favorecer a instalación permanente de habitantes nos lugares conquistados aos musulmáns. • Os condes non lles permitían aos habitantes de Lleida a venda de propiedades aos cabaleiros e á Igrexa por-

Coroa de Castela Data de creación Territorios que comprendía

Ano 1137

A cornixa cantábrica, a Meseta norte, a Meseta sur, e gran parte de Andalucía.

Aragón, Cataluña, Rosellón e Cerdaña, reino de Mallorca, reino de Valencia, reino de Sicilia, reino de Sardeña, ducados de Atenas e Neopatria, e reino de Nápoles.

Rei, Cortes, Consello Real, Facenda e Audiencia.

Rei, Cortes de Aragón, Cortes de Cataluña, Cortes de Valencia, Deputación de Aragón, Generalitat de Cataluña, Generalitat de Valencia, Xustiza de Aragón, Facenda, institucións de xustiza e Consello Real.

A actividade económica máis importante era a gandaría da ovella meiriña. Para protexer os seus intereses os gandeiros uníanse en mestas. Ademais, tamén se desenvolveu a artesanía e o comercio.

Aínda que a maioría da poboación vivía da agricultura, houbo unha grande expansión do comercio.

Institucións de goberno

Actividades económicas

36

Coroa de Aragón

Ano 1230

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 36

21/09/12 9:23

que as propiedades nas mans de campesiños servían como un instrumento político de equilibrio fronte ao poder señorial e eclesiástico, permitindo a aparición de núcleos urbanos conformados por homes libres, que se convertían nunha terceira forza entre os señores e os soberanos. 35. • a) Torreóns. Torres grandes destinadas á defensa do castelo. b) Murallas. Muro que rodea o recinto co fin de ser defendido. c) Ameas. Cada un dos prismas que coroan os muros das fortalezas para abrigárense nelas os defensores. • a) No alto dun outeiro. b) Para divisar mellor un posible ataque e dificultar a súa accesibilidade. c) O lugar no que se situaba era chan e con poucas árbores para poder ter boa visibilidade. 36. Actividade libre. 37. • O Cid nace en Vivar (Burgos). Casa con dona Ximena. Afonso VI expúlsao de Castela. • O máis probable é que os datos que non corroboran os historiadores sexan imaxinarios, xa que a figura do Cid que se mostra no Cantar está cargada de elementos lendarios. • Porque se trata dunha obra literaria de carácter épico na que han de enxalzarse episodios gloriosos e heroicos do protagonista. 38. • Se estudamos a súa biografía, os datos que nos proporciona, como poñerse ao servizo do rei musulmán de Zaragoza, fannos pensar que a idea que nos mostra a tradición está afastada da realidade. • Un nobre coma o Cid probablemente non acataba sen máis a autoridade do rei. 39.  Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Pódese incorporar, por exemplo, que o Cid defendeu o territorio de Zaragoza fronte ao seu irmán o rei de Lleida, aliado co conde de Barcelona e co rei de Aragón. Aos dous venceunos, respectivamente, nas batallas de Almenar (1082) e Morella (1084); ou que tras a súa morte, en Valencia, os seus restos foron trasladados ao mosteiro burgalés de Cardeña. 40. • Santiago de Compostela converteuse nun lugar de peregrinaxe na Idade Media porque alí se encontraba a tumba do apóstolo Santiago, evanxelizador da península Ibérica, e pola concesión desde Roma dos Anos Santos Composteláns, coa posibilidade de que os peregrinos obtiveran a indulxencia plenaria. • O Camiño de Santiago alcanzou o seu auxe nos séculos XII e XIII. 41. • Un total de nove rutas forman o Camiño de Santiago. • A ruta presenta dúas variantes, dependendo do punto polo que se entre desde Francia. Chegados a Saint

Jean de Pied de Port (Francia), os peregrinos percorren 774 quilómetros en España. A ruta comezou a ser sinalizada con frechas amarelas nos anos oitenta. A ese primeiro símbolo superpóñense agora os marcos quilométricos e os sinais institucionais das distintas rexións. En España éntrase por Roncesvalles, Navarra. Atravesa as provincias de Navarra, A Rioxa, Burgos, Palencia, León, Lugo e A Coruña. 42. • «Terra frondosa, con ríos, prados, de extraordinarios verxeis, bos froitos e clarísimas fontes; pero escasa en cidades, vilas e terras de labor. Escasa en pan, trigo e viño, pero abundante en pan de centeo e sidra, ben abastecida en gandos e cabalarías, en leite e mel, e en peixes de mar, grandes e pequenos; rica en ouro, prata, teas, en peles salvaxes e outras riquezas, e ata moi abundante en valiosas mercadorías sarracénicas». • Con caridade e respecto. • Non parece probable, posto que se trata dun documento manuscrito único. Ademais, a poboación era maioritariamente analfabeta. 43. • O peregrino medieval vestía cun abrigo curto para ter mobilidade nas pernas, unha esclavina de coiro que lle protexía do frío e a chuvia, un sombreiro redondo de aba ancha e un bordón con punta de ferro do que colgaba unha cabaza que servía de cantimplora. Hoxe en día o viaxeiro leva unha mochila e viste con camisetas moi variadas, chuvasqueiros, pantalóns cómodos e botas especiais para longas camiñadas ou zapatillas deportivas. • O zurrón era un saquiño de pel de animal onde levaban a comida. O bordón era un pau redondo ou bastón, normalmente acabado nun pomo e provisto dunha punta de ferro no outro extremo que servía para defenderse de animais salvaxes, e de apoio na marcha. • Na Idade Media autentificábase que o peregrino realizase o Camiño coa vieira, unha cuncha habitual nos mares de Galicia, que se prendía á roupa para confirmar a estancia na cidade do Apóstolo no camiño de regreso; converteuse moi pronto na insignia do peregrino. Actualmente, coa Compostela, un documento do Cabido Catedralicio de Santiago que certifica a realización do Camiño. Está escrita en latín. Para conseguila, hai que mostrar a credencial debidamente selada. É necesario, como mínimo, chegar a Santiago tras 100 quilómetros a pé ou 200 en bicicleta. 44. • A catedral de Santiago de Compostela tiña unha función de culto e de peregrinaxe. O castelo templario de Ponferrada tiña unha función defensiva. A igrexa de San Martín de Frómista tiña unha función de culto. Santa María de Eunate é unha igrexa que servía como hospicio e cemiterio para peregrinos. San Juan de La Peña tiña unha función monástica e servía como panteón real. • Actualmente, a catedral de Santiago de Compostela ten a mesma función ca na Idade Media. O castelo templario de Ponferrada converteuse en Monumento Nacional

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 37

37 21/09/12 9:23

Solucionario Histórico artístico. San Martín de Frómista mantén a súa mesma función de igrexa. Santa María de Eunate é Monumento Nacional, recibe visitas turísticas e celébranse misas nos meses estivais. O mosteiro de San Juan de La Peña é unha hospedaría. • Corresponden ao estilo románico. Algunhas partes da catedral de Santiago de Compostela son xa do Gótico e do Barroco. 45. Actividade libre. 46. Actividade libre.

38

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 38

21/09/12 9:23

INTRODUCIÓN Introdución á Historia Moderna   1. Permanecen as civilizacións europea, chinesa, xaponesa, a de Benin, a de Malí, a cultura polinesia e a do Congo. Desapareceron imperios como o otomán, o imperio mongol, o imperio khemer, o sultanato de Delhi…

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 39

39 21/09/12 9:23

Solucionario TEMA 8 A orixe do mundo moderno   1. • A comezos do século XV o mundo que coñecían ben os europeos limitábase a Europa e aos territorios que rodeaban o Mediterráneo e o mar Negro. Tamén sabían da existencia da India, China e Xapón, pero o resto do mundo seguía sendo unha incógnita. • Porque a conquista turca de Constantinopla en 1453 interrompera as rutas comerciais que unían Europa con Extremo Oriente. • Os principais avances que melloraron a navegación foron: o desenvolvemento dos mapas, co uso dos portolanos, onde se debuxaban a liña de costa e os obstáculos marítimos; a xeneralización do uso de instrumentos de navegación como o compás, o astrolabio e o cuadrante, e a aparición de novos tipos de barcos, como a carabela, que permitía maior velocidade e capacidade de carga. Facilitaron as viaxes.   2. • (Documento 1) A carabela combinaba velas cadradas con velas triangulares. Podía ter de dous a catro mastros, aínda que o máis común era que tivera tres. Nestes mastros situábanse as velas: a vela principal situábase no pau maior, que adoitaba levar bandeirolas e estandartes con cores brillantes; no pau de mesana, adoitaba ir a vela triangular, e no pau de trinquete situábase outra vela cadrada. Non levaba remeiros, polo que tiña maior capacidade de carga. Os barcos ían pintados con cores vivas. O capitán e os oficiais durmían nos seus propios camarotes, e o resto da tripulación compartía un mesmo cuarto. Tiña unha ampla bodega baixo a cuberta.   3. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) O astrolabio utilizábase para medir a posición das estrelas e facilitar a orientación no mar. Está formado por un círculo dividido en graos cun brazo móbil no centro. Cando o punto cero do círculo se orienta cara ao horizonte, pódese medir a altura de calquera obxecto celeste. A ballestilla é un instrumento moi sinxelo para medir ángulos. Trátase dunha vara de madeira sobre a que escorrega unha vara cruzada por outra máis pequena. O mariño miraba por un extremo do instrumento, dirixía este cara á estrela cuxa posición quería medir e facía escorregar a vara cruzada ata que a parte inferior coincidía co horizonte e a superior coa estrela. A altura da estrela (ángulo que forma co horizonte) líase directamente nunha gradación gravada na vara principal. O compás é un instrumento que indica o rumbo. No compás magnético o rumbo determínase a partir dunha ou varias agullas magnetizadas que sinalan o polo norte magnético baixo a influencia do campo magnético terrestre. O cuadrante consiste nunha placa metálica en forma de cuarto de círculo. Nun dos lados hai dúas miras (para dirixilo cara ao astro desexado) e o arco está gra-

40

duado. Do vértice colga unha chumbada que indica a dirección vertical. A lectura obtense da posición da corda da chumbada sobre o arco graduado. A esfera armilar é un instrumento astronómico antigo que mostra as divisións principais dos ceos e o movemento dos corpos celestes. Está formada por aneis de cobre graduados que representan os círculos celestes esenciais, tales como o meridiano celeste, o ecuador e os trópicos. O nocturlabio ou reloxo nocturno indicaba a hora local verdadeira. O reloxo de sol indicaba a hora local verdadeira. Era polo xeral de tamaño pequeno para podelo levar nun peto, e provisto dun compás para orientar a súa liña central no sentido do meridiano. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Marco Polo foi un mercador e explorador xenovés que viviu entre 1254 e 1324 e que realizou a chamada ruta da seda da India. Naquela época, o mundo coñecido polos europeos non ía moito máis alá de Oriente Medio. Grazas ao Libro das marabillas do mundo que escribiu Marco Polo coñeceuse como eran os territorios de Extremo Oriente.   4. • Os portugueses buscaron unha ruta para chegar a Extremo Oriente que bordease África. Os casteláns, pola súa parte, decidiron navegar cara ao oeste, atravesando o océano Atlántico. Os primeiros en chegar á India foron os portugueses, Vasco da Gama chegou en 1498. • Cristovo Colón chegou a América, un continente ata entón descoñecido, aínda que el estaba convencido de que chegara a Xapón. • En 1519 partiu de Sevilla unha expedición capitaneada por Fernando de Magalláns e o seu contramestre Xoán Sebastián Elcano. O seu obxectivo era encontrar o paso entre os océanos Atlántico e Pacífico e así dar a volta ao mundo. En 1520 encontraron ese estreito, que chamaron estreito de Magalláns, e conseguiron chegar ata as illas Filipinas. Alí morreu Magalláns e Elcano tomou o mando. A expedición dirixiuse ás illas Molucas e de alí marcharon de volta a España, bordeando África. • Os descubrimentos supuxeron a creación de dous grandes imperios ultramarinos (Portugal e Castela) e a hexemonía de Europa sobre o resto do mundo. Portugal e Castela decidiron repartir entre elas mediante o Tratado de Tordesillas (1494) as áreas que se ían explorar. Ademais, grazas a estes descubrimentos, tívose un coñecemento exacto das terras e océanos que forman o noso planeta, así como o achado de numerosas especies vexetais e animais.   5. • (Documento 4) a) Bartolomé Días partiu da illa de Cabo Verde cara ao golfo de Guinea, e baixou bordeando a costa de África ata o cabo de Boa Esperanza.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 40

21/09/12 9:23

b) Magalláns-Elcano partiron do sur de España (Sevilla), e dirixíronse cara a Brasil, bordearon toda a costa leste de América Latina ata encontrar o estreito de Magalláns e seguir ruta polo océano Pacífico ata as illas Filipinas, onde morreu Magalláns. Destas illas partiu a expedición cara ás illas Molucas para continuar polo océano Índico ata o cabo de Boa Esperanza e bordear África para regresar a España. c) Colón chegou ás Antillas, en concreto, á que actualmente é a República Dominicana. • (Documento 5) No Tratado de Tordesillas a Portugal correspondéronlle as terras de África, Asia e Brasil en América. Para Castela quedou practicamente todo o continente americano, parte de Australia e as illas Filipinas.   6. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.)

terrazas para incrementar as súas terras de cultivo. Crían que a alma non morría, que vivía no outro mundo; por iso inhumaban os defuntos coas súas pertenzas máis valiosas. Polo que se refire á artesanía, os moches destacaron especialmente no traballo dos metais.   8. • Na Idade Media denominábase burgués a todo habitante das cidades. Na Idade Moderna o termo burguesía só incluía as familias dos grandes comerciantes e banqueiros, que posuían enormes riquezas e poder. • O crecemento da poboación supuxo a demanda de máis produtos agrícolas e artesáns e trouxo, polo tanto, o crecemento do comercio. Así buscáronse materias primas en lugares cada vez máis afastados e, á vez, necesitouse de mercados para a venda dos seus produtos.

  7. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.)

• A sociedade continuaba dividida en tres estamentos coma na Idade Media, aínda que se produciron cambios importantes. A nobreza e mais o clero seguiron sendo os estamentos privilexiados: non pagaban impostos directos, dominaban a sociedade e ocupaban os principais cargos. O número dos compoñentes da nobreza aumentou moito. A burguesía estaba formada polas familias dos grandes comerciantes e banqueiros, que posuían enormes riquezas e poder. Algúns dos seus membros enlazaron con familias nobres buscando un ascenso na súa consideración social. Dentro do estamento non privilexiado, a burguesía alcanzou unha gran preeminencia. Os campesiños seguían tendo unhas duras condicións de vida e na súa maioría eran moi pobres. Aínda así, en Europa occidental melloraron a súa situación, xa que na case totalidade dos países deixaron de ser servos e convertéronse en persoas libres.

Os atacames (chamados atacameños en Chile) habitaban na puna arxentina. Combinaban a agricultura en terrazas co pastoreo. Tamén eran guerreiros. Cultivaban sobre todo millo, papa e quínoa. As chamas e vicuñas, ademais de servir como medio de transporte, proporcionábanlles carne, peles e la. Polo que se refire á súa artesanía, destacaron na cerámica.

  9. • (Documento 11) A comezos do século XIV a peste negra causou estragos na poboación europea, que descendeu a límites parecidos aos que había no ano 1000. É a partir do século XV cando a curva descendente cambia de tendencia e comeza a crecer ata alcanzar cara a 1500 os 60 millóns de habitantes, case os mesmos que había antes da peste negra.

Os mapuches eran o pobo que presentaba un maior desenvolvemento cultural en Chile á chegada dos conquistadores españois no século XVI. Estes déronlles o nome de araucanos. Os mapuches organizábanse en clans familiares, á fronte de cada un dos cales había un cacique. Existían grandes diferenzas en función da situación económica de cada persoa. En tempo de guerra, os mapuches elixían un caudillo (toqui), para dirixir os guerreiros. A ruca era a vivenda mapuche. Podía ter planta rectangular ou ovalada, coas paredes e co teito de canas e ramas, e a armazón de troncos de madeira atados. Unha abertura no teito permitía a saída dos fumes.

• (Documento 14) Neste cadro están representados os esponsais dun banqueiro de Flandres. Os banqueiros pertencían á burguesía que se enriquecera grazas aos empréstitos. Algúns chegaron a relacionarse directamente cos reis, aos que lles emprestaban diñeiro e dos que recibían grandes privilexios a cambio. Esta clase empezou a construír ricos palacios e a enlazar con familias nobres para ascender na súa consideración social, xa que a nobreza seguía tendo privilexios, como non pagar impostos e ocupar os principais cargos de goberno.

Os mochicas situábanse na costa norte do actual Perú, nos vales de Moche e Chicama. Vivían basicamente da agricultura. Os cultivos máis importantes eran o millo, o feixón, o maní e a papa. Debido á carencia de auga, construíron en barro unha rede de acuedutos e canles de rega que percorrían os vales. Tamén erixiron «plataformas» ou

10. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.)

Nun primeiro momento a Magalláns custoulle contar con apoio para a súa expedición, ata que Carlos V aprobou o seu proxecto. Enfrontáronse ao inverno austral en Arxentina, o que supuxo o motín de dous dos cinco barcos que formaban a expedición. Tras encontrar o estreito que se chamaría de Magalláns e pasalo con grande éxito, a pesar do perigo que supoñía, Magalláns pensaba que terían un curto percorrido ata chegar ás Filipinas, pero as súas medicións estaban equivocadas. Ao non encontrar terra, empezou a escasear a comida e moitos mariñeiros morreron de escorbuto. Magalláns morreu nas illas Filipinas e foi Elcano quen terminou a viaxe e a volta ao mundo.

A familia dos Fugger enriquecérase coa explotación de prata e cobre, e coas minas de sal. Comerciaban con Lisboa, Venecia, Amberes e Roma. Un membro desta familia financiou a elección de Carlos V como empera-

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 41

41 21/09/12 9:23

Solucionario dor do Sacro Imperio, polo que logrou, desde entón, realizar grandes operacións crediticias co monarca. Xacob II, apodado o Rico, logrou incrementar a fortuna familiar ao prestar a un xuro de entre o 12 e o 14 %, cuxo importe era sufragado grazas á prata americana, sobre a que a familia tiña preferencia. 11. • Os monarcas europeos do século XV reforzaron o seu poder fronte aos nobres mediante varios mecanismos: crearon unha burocracia e administración centralizada, fortaleceron o exército, aumentaron os impostos para obter ingresos, e crearon unha rede diplomática para manter relacións cos países veciños. • A monarquía autoritaria xurdiu cara ao século XV. Caracterízase polo fortalecemento da autoridade real, a creación dunha burocracia e administración centralizadas, o fortalecemento do exército, o aumento dos impostos para obter ingresos e a configuración dunha rede diplomática para manter relacións cos países veciños. • A unión das Coroas de Castela e Aragón foi dinástica xa que, aínda que se uniron debido ao matrimonio de Fernando de Aragón e de Isabel de Castela, cada territorio mantivo as súas propias leis e institucións. 12. • (Documento 15) Países que permanecen España, Portugal, Francia, Inglaterra, Noruega, Suecia, Dinamarca, Rusia, Lituania, Polonia, Hungría, Estados Pontificios.

Países que cambiaron (ou desapareceron) Escocia, Navarra, Sacro Imperio, Venecia, Xénova, Nápoles, Principado de Valaquia, Imperio Otomán, Kanato de Crimea, Países da Orde Teutónica.

• (Documento 16) Na Coroa de Castela, o rei era moi poderoso xa que dirixía o goberno, a política exterior, establecía as novas leis, exercía xustiza por medio da Chancelaría e mandaba sobre o exército. As Cortes de Castela tiñan unicamente como función aprobar os novos impostos solicitados polo rei. Na Coroa de Aragón, o poder real era menor: dirixía o goberno e lexislaba xunto ás Cortes. As Cortes pola súa parte aprobaban os impostos, supervisaban o goberno e lexislaban co rei. Ademais en todos estes reinos existían unhas institucións, a Generalitat en Cataluña e Valencia, e a Xustiza en Aragón, que salvagardaban o cumprimento dos foros e administraban os impostos recadados. 13. • Actividade libre. (Ver, a seguinte información.) Denomínase Reis Católicos o matrimonio de Isabel I de Castela (Madrigal, Ávila, 1451 - Medina del Campo, Valladolid, 1502) e Fernando II de Aragón e V de Castela (Sos, Zaragoza, 1452 - Madrigalejo, Cáceres, 1516), en virtude do título de Católicos que lles outorgou unha bula de Alexandre VI (1494). Cando Henrique IV morreu, en 1474, Isabel proclamouse raíña de Castela, pero os partidarios de Xoana a Beltranexa, apoiados por Portugal, resistíronse, o que desencadeou a guerra civil castelá de 1475-79. Isabel e

42

Fernando impuxéronse nas batallas de Toro e Albuera, que determinaron o recoñecemento de Isabel. Aquel mesmo ano Fernando foi proclamado rei de Aragón, tras a morte do seu pai. O matrimonio dos Reis Católicos unificou por primeira vez a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón. Pero a unión persoal dos reinos non foi correspondida pola integración política das súas institucións, pois cada reino mantivo as súas leis e institucións. En canto ao último territorio musulmán que quedaba na península Ibérica, o reino nazarí de Granada, os reis terminaron a súa conquista en 1492. Tras esta guerra dirixiron o seu pulo conquistador cara a outros ámbitos: por un lado, impulsaron a penetración no norte de África, concluíndo a conquista das Canarias (1496) e establecendo bases en Mazalquivir, Orán, Buxía, Alxer e Trípoli; por outro lado, patrocinaron a Colón no seu intento de buscar unha ruta marítima cara a Asia polo oeste, dando lugar ao descubrimento de América (1492). Os Reis Católicos dedicáronse a fortalecer o poder monárquico, recortando os privilexios da nobreza. Incorporaron á Coroa os mestrados das ordes militares, centralizaron a administración arredor do Consello Real, reduciron os poderes das Cortes, nomearon corrixidores para controlar os municipios, reforzaron mecanismos de control como a administración de xustiza e o exército, crearon outros novos como a Santa Irmandade e a Inquisición. Para fortalecer a integración dos seus reinos centralizouse arredor da relixión católica, e para iso decretaron a expulsión dos xudeus que non estiveron dispostos a converterse (1492); unha medida similar adoptouse con respecto aos musulmáns en 1512. Isabel e Fernando pactaran pola Concordia de Segovia (1475) a total igualdade dos dous como reis. Cando morreu Isabel en 1502, Fernando pasou a exercer a Rexencia en Castela no nome da súa filla Xoana I; pero o mal entendemento co seu xenro, Filipe I, obrigouno a retirarse aos seus reinos no ano 1506. A morte de Filipe I e a incapacidade por enfermidade mental de Xoana I permitiron que don Fernando volvera ocuparse da Rexencia de Castela en 1507, no nome do seu neto Carlos I. A integración do reino de Navarra foi obra do rei Fernando despois da morte de Isabel: alegando os supostos dereitos sucesorios que lle correspondían polo seu matrimonio en segundas nupcias con Xermana de Foix (1505). Ao morrer don Fernando (1516), herdou o trono o seu neto Carlos I. 14. • Para debilitar o poder dos municipios e da nobreza, os Reis Católicos crearon a Santa Irmandade, un corpo policial cuxa función era loitar contra os bandidos que arrasaban os camiños e contra os abusos da nobreza. Tamén reorganizaron a xustiza e reforzaron a Chancelaría; así mesmo nas cidades nomearon corrixidores encargados de impoñer a autoridade dos reis en todos os municipios de Castela.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 42

21/09/12 9:23

Reforzaron a Facenda real, para o que arrebataron privilexios e terras que os seus antecesores lle outorgaran á nobreza. E crearon un exército profesional e permanente que se converteu nun dos máis efectivos de Europa. • O Tribunal da Inquisición tiña como fin perseguir os herexes. O fin da Inquisición era unificar relixiosamente o territorio. • Para lograr a unificación relixiosa os Reis Católicos decidiron expulsar os xudeus e os musulmáns que non se converteran ao cristianismo. Os xudeus foron expulsados en 1492; os que se converteron recibiron o nome de conversos ou xudeoconversos. Os musulmáns foron expulsados en 1512; os que se converteron foron denominados mouriscos. 15. • (Documento 19) 1492: Conquista de Granada e descubrimento de América; 1497: Conquista de Melilla; 1504: Adquisición de Nápoles; 1510: Toma dos territorios de Alxer, Buxía e Trípoli; 1512: Conquista de Navarra. • (Documento 20) España estableceu dereitos matrimoniais con Portugal, Inglaterra e o Sacro Imperio. 16. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) A situación de Granada tras anos de asedio e enfrontamentos era moi dramática. Apenas quedaban alimentos, pero gran parte da poboación negábase a renderse. Con todo, Boabdil asinou a capitulación cos reis cristiáns o 2 de xaneiro de 1492 e entregou a cidade. Segundo conta a lenda, Boabdil montou no seu cabalo para dirixirse aos feudos que os Reis Católicos lle cederan para o seu gozo en Adra, e desde o cerro máis próximo detivo a súa montura. Volveu a vista atrás para contemplar o reino perdido e chorou. A súa nai, díxolle: «Non chores como muller o que non soubeches defender como home». 17. • (Ver o esquema da parte inferior da páxina.) 18. • Corrixidor. Funcionario que exercía funcións xudiciais e gobernamentais nunha cidade en representación do monarca. • Santa Irmandade. Corpo policial creado polos Reis Católicos co fin de acabar co bandoleirismo que arrasaba os camiños e os abusos que levaba a cabo a nobreza.

• Chancelaría. Máximo órgano xudicial da Idade Media. Foi reorganizado durante a época dos Reis Católicos. • Tribunal da Inquisición. Tribunal eclesiástico destinado á loita contra a herexía e outros delitos contra a fe. Foi creado oficialmente polo papa Gregorio IX en 1233. En España estableceuse en 1478 e tiña xurisdición en todo o territorio. • Monarquía autoritaria. Monarquía na que se fortaleceu a autoridade real mediante a creación dunha burocracia e administración centralizadas, unha rede diplomática, un aumento dos impostos e unha profesionalización do exército. 19.  Acontecemento

Ano

Protagonistas

Dóbrase o cabo de Boa Esperanza

1488

Bartolomé Días

Descubrimento de América

1492

Cristovo Colón

Chegada á India, bordeando África

1498

Vasco da Gama

Primeira volta ao mundo

15191522

Magalláns-Elcano

Descubrimento do estreito de Magalláns

1520

Magalláns-Elcano

20. • O sur de Europa, África, Oriente Próximo, o mar Mediterráneo, e parte dos océanos Atlántico e Índico. • Dataríao entre finais do século XV e principios do XVI, debido a que xa aparece o continente africano. Foi Bartolomé Días quen en 1488 logrou dobrar o cabo de Boa Esperanza e Vasco da Gama quen chegou á India (que non se ve) en 1498. • As liñas dos portolanos servían para indicar a distancia máis curta entre os diferentes portos. 21. • Evolución da poboación. A finais da Idade Media a poboación sufrira un importante descenso debido principalmente ás guerras, a un extenso período de malas colleitas e, sobre todo, á peste negra, que acabou cunha cuarta parte da poboación europea. Na Idade Moderna, a poboación foise recuperando, debido á mellora da alimentación e a que as epidemias resultaban menos virulentas. En 1500 a poboación alcanzara case a mesma cifra que había antes da peste negra.

A monarquía dos Reis Católicos

Monarcas: Fernando de Aragón e Isabel de Castela.

Época: En 1469 contraeron matrimonio. En 1477 Isabel subiu ao trono; en 1479 Fernando sucedeu a seu pai no trono de Aragón. / En 1502 morreu Isabel; en 1516, Fernando.

Territorios: Conquista de Granada e de Navarra na Península; no exterior, conquista de Melilla e Orán, incorporación do reino de Nápoles, inicio da conquista de América e toma das illas Canarias.

Política exterior: Iniciaron unha importante expansión territorial. Incorporaron o reino de Nápoles, Melilla e Orán. No seu reinado produciuse o descubrimento de América.

Política interior: Reforzaron as institucións: crearon a Santa Irmandade, reorganizaron a Chancelaría e a Facenda. Nomearon corrixidores nas cidades. Buscaron a unificación relixiosa dos seus reinos: expulsión de xudeus (1492) e mouriscos (1512).

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 43

43 21/09/12 9:23

Solucionario • Estamentos sociais. Tanto na Idade Media coma na Idade Moderna a sociedade encontrábase dividida en estamentos privilexiados e non privilexiados. Os privilexiados eran a nobreza e o clero, que non pagaban impostos e controlaban os principais cargos de goberno. Entre os non privilexiados estaban os pequenos artesáns, os comerciantes e os campesiños. Neste grupo, na Idade Moderna comezou a despuntar a burguesía, composta polas familias dos grandes comerciantes e banqueiros, que posuían enorme riqueza e poder. Algúns dos seus membros enlazaron con familias nobres e lograron un gran poder político ao converterse en prestatarios dos reis. • Sectores económicos: agricultura e comercio. A finais da Idade Media, Europa sufrira unha importante crise agrícola. Esgotáranse as terras explotadas e non se cavaran novas terras, ademais algunhas destas destináranse ao cultivo doutros produtos non alimentarios, senón destinados ao téxtil. Ademais chegou un período de malas colleitas debido ás secas ou ás chuvias torrenciais. En cambio, na Idade Moderna mellorou a situación agrícola. En canto ao comercio, tanto as guerras coma as fames fixeran decaer un pouco o comercio. Na Idade Moderna a apertura de novos portos no Mediterráneo, así como os descubrimentos xeográficos, incrementaron o comercio. • Poderes do rei e institucións. A finais da Idade Media, os reis incrementaron a súa autoridade, mediante a reforma da administración, a creación de exércitos propios e a convocatoria de Parlamentos nos que se reunían representantes das cidades, o clero e a nobreza. Así establecéronse as monarquías autoritarias na Idade Moderna, que crearon unha burocracia e unha administración centralizadas, fortaleceron o exército, aumentaron os impostos e crearon unha rede diplomática para manter relacións cos países veciños. • Coñecemento do mundo. A finais da Idade Media o mundo coñecido polos europeos circunscribíase a Europa e aos territorios que rodeaban o Mediterráneo e o mar Negro, ademais da India, China e Xapón. Na Idade Moderna os europeos comezaron a descubrir o resto do mundo, resto de África, América… 22. • Segundo Maquiavelo, porque ás veces é mellor incorrer na infamia de vicios que salven o Estado que ser virtuoso, o que é «causa de ruína». • Debe aprender a non ser bo e a practicalo de acordo coa necesidade. Non debe importarlle practicar os vicios e deixar de lado a virtude. • O que quere dicir é que, ás veces, a bondade non é a mellor maneira de axudar o Estado. • Actividade libre. 23. • Impoñer a orde pública. Os Reis Católicos crearon a Santa Irmandade, un corpo policial cuxa función era a de loitar contra os bandidos e contra os desmáns da nobreza. • Aumentar o seu poder. Para aumentar o seu poder fronte ás cidades, os Reis Católicos nomearon corrixi-

44

dores, reforzaron a Facenda real e a Chancelaría e crearon un exército profesional e permanente. • Lograr a unión relixiosa dos seus reinos. Os Reis Católicos fundaron a Inquisición para loitar contra as herexías e obrigaron aos xudeus e aos musulmáns a converterse ao cristianismo. Os que non se converteron foron expulsados, así os xudeus foron expulsados en 1492 e os musulmáns en 1512. • Expandir os seus territorios. Na Península, os Reis Católicos conquistaron Granada e Navarra. Fóra dela conquistaron o reino de Nápoles, Melilla, Orán e as illas Canarias, e iniciaron o descubrimento e a exploración de América. 24. O continente americano estaba habitado á chegada de Colón por diversos pobos coa súa propia organización, como os incas, os maias e os aztecas. Actividade libre (pode apuntarse que, en certo sentido, si é correcto falar de descubrimento de América, xa que os europeos descoñecían a existencia desas terras e para eles foi chegar a un novo continente). 25. Actividade libre. (Chamóuselles indios aos habitantes do continente americano porque Colón sempre creu que chegara á India. Foi en 1502 cando un navegante italiano, Américo Vespucio, determinou que aquelas terras pertencían a un novo continente descoñecido ata daquela polos europeos.) 26. • O documento foi escrito por Frei Bartolomé de las Casas. • Frei Bartolomé de las Casas (Sevilla, 1474 - Madrid, 1566) foi un relixioso español, defensor dos dereitos dos indíxenas nos inicios da colonización de América. • Foi escrito en 1492. • Redactouse na viaxe cara a América. • A finais do século XV, no comezo da Idade Moderna. 27. • Narra a expedición na que Cristovo Colón descubriu América. • Entre agosto e outubro de 1492. • Polo que se pode ler neste texto, si foi testemuña dos feitos. • Co termo «Almirante» refírese a Cristovo Colón, que estaba á fronte da expedición. • A situación dos mariñeiros era extenuante: cansos pola longa viaxe e case sen esperanza de chegar a terra. • Segundo di o texto, eran xente amigable e moi pobre. • Segundo Colón, cre que eran xente moi pobre. Non tiñan armas e coas que lles ofrecían cortábanse, ademais mostraban feridas nos seus corpos e parece que poderían ter sido «tomados» como escravos. 28. • Colón quería deixar constancia dos feitos que viviran na viaxe, para que despois foran unha proba de que chegara á India. A do autor é deixar testemuño da expedición de Colón.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 44

21/09/12 9:23

• Actividade libre. (Débese ter en conta que o documento é un diario persoal e, polo tanto, dá a visión dunha persoa concreta.)

31. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información abreviada do que debe recoller o informe.)

• O diario de Colón é un importante documento histórico de como se produciu o descubrimento de América.

• Foi conquistada polos europeos, en concreto, por Hernán Cortés, que acabou coa cidade o 13 de agosto de 1521.

29. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información abreviada do que debe recoller o informe.) • Preto do ano 1150, grupos de guerreiros nómades provenientes do norte partiron coa idea de poboar o sur, e a finais do século XIV crearon a cidade de Tenochtitlán. • Situábase nunha illa do lago Texcoco, na rexión central de México. • Edificouna o pobo dos aztecas.

• Era capital do imperio azteca.

32. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información abreviada do que debe recoller o informe.) • A cidade actualmente xa non existe, pero algunhas ruínas poderían estar debaixo da praza da cidade de México. Desde 1980 leváronse a cabo escavacións e descubríronse seis bloques de edificios separados do Gran Templo, así como un gran número de templos e palacios máis pequenos nos arredores.

30. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información abreviada do que debe recoller o informe.) • A Cidade de Tenochtitlán orixinouse no illote central do lago Texcoco. Unha rede de canles e pontes uníaa coas illas restantes, co que a capital en realidade quedou conformada por seis cidades. • A cidade centrábase no recinto sagrado, e a partir de aí foise expandindo de forma concéntrica segundo como as diferentes clases sociais se relacionaban con ese centro relixioso. No lugar próximo ao recinto sagrado levantábanse as vivendas dos nobres; máis alá, as dos administradores e artesáns e, na periferia, unha poboación dispersa de carácter rural. O centro da cidade consistiu en dous grandes recintos cerimoniais e o mercado de Tlatelolco. Cada recinto contiña diferentes prazas nas que se asentaban templos, palacios, estruturas administrativas, xogos de pelota e outros edificios públicos. O epicentro cerimonial agrupaba polo menos 78 edificios, dos cales hoxe coñécense, grazas ás escavacións, o templo maior e algúns edificios máis que subxacen debaixo da catedral. Ademais, no recinto sagrado estaban o templo de Quetzacoatl (que presentaba unha pirámide cónica para que o aire circulara con maior sonoridade co fin de renderlle tributo ao deus do vento) e o templo do Sol (onde se encontraba de cara ao ceo o famoso calendario solar). Cando os europeos chegaron a México, a cidade contaba con arredor de 150.000 habitantes. • A organización política dos habitantes de Tenochtitlán era, en teoría, democrática. Pero poderíase definir como unha organización baseada nunha teocracia militar. Aínda cando non existían clases sociais remarcadas, pódense mencionar os seguintes rangos: os nobres (pipiltin), entre os cales estaban os cabaleiros auga e os cabaleiros ocelote; os sacerdotes, que podían proceder tanto dunha familia humilde coma dunha nobre; os artesáns, divididos en pochtecas (comerciaban fóra da cidade) e tlanamacani (que comerciaban na cidade); os plebeos ou campesiños libres (macehualtin); os servos (maieques), campesiños que estaban en calidade de servos, e os escravos (tlacotin), xeralmente escravos de guerra que ían ao sacrificio ou eran ocupados en diversas tarefas. ◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 45

45 21/09/12 9:23

Solucionario TEMA 9 O cambio cultural: Renacemento e Reforma   1. • O movemento cultural que naceu en Europa a finais do século XV e principios do XVI denomínase Humanismo. Recibiu ese nome porque entre as súas características principais estaba a importancia que se lle outorgaba ao ser humano. Así, os humanistas dedicáronse a estudar o seu pensamento, historia e anatomía.

O Documento 7 recolle a planta e o alzado da Villa Rotonda de Andrea Palladio. Distínguense características dos templos clásicos gregos e romanos: como as columnas de estilo corintio e o frontón e as columnas que decoran o exterior. Ademais, emprégase a cúpula.

• Os humanistas preocupáronse polo ser humano e polo seu estudo; inspiráronse na literatura, na filosofía e na arte da Antigüidade; defenderon a procura da razón e a experiencia, e tiñan unha profunda curiosidade por saber de todo.

No Documento 8 pódese ver a cúpula da catedral de Florencia, de Brunelleschi. Destaca polo seu gran tamaño, moi superior ao das cúpulas góticas. No tambor distínguense uns vans circulares que elevan a altura da cúpula.

• Na Idade Media, a mentalidade era principalmente relixiosa e os centros culturais encontrábanse só nos mosteiros. Nesta época a cultura saíu fóra do ámbito relixioso e desenvolveuse principalmente pola creación da imprenta e nas academias.

O Documento 9 mostra a fachada da igrexa de Santa María Novella, obra de Alberti. Recolle características clásicas, como arcos de medio punto e frontón.

• Dous medios fundamentais servíronlles aos humanistas para difundir as súas ideas: a imprenta, creada por Gutenberg cara a 1440, que permitiu publicar gran cantidade de libros; e as academias, onde se reunían sabios e eruditos para intercambiar as súas ideas. • A teoría heliocéntrica defende que o Sol é o centro do sistema solar e que a Terra e os demais planetas xira arredor del. A teoría foi desenvolvida por Nicolás Copérnico.   2. • (Documento 1) a) Maguncia, Nuremberg, Augsburgo, Venecia, Milán, Boloña, Florencia, Roma, Estrasburgo, Lovaina, Londres, París, Burgos, Valladolid, Alcalá de Henares, Pamplona, Zaragoza, Barcelona e Valencia. b) O primeiro libro do mundo foi impreso en 1456 en Maguncia, no taller de impresión de Johannes Gutenberg.   3.  • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Gutenberg incorporou á imprenta que xa existía tres importantes innovacións que supuxeron o nacemento da imprenta moderna: as tintas, a prensa e os tipos móbiles. As tintas acuosas non servían para imprimir en papel, xa que o mollaban demasiado. Estas foron substituídas por outras novas, mesturadas con aceite de liñaza e carbón vexetal. Tamén, reestruturouse a prensa onde se imprimía ao crear un novo timbre, onde nun bastidor se introducía o papel e quedaba suxeito sen moverse para poder imprimir dunha soa vez. Os tipos móbiles permitiron que se puidese imprimir máis veces coa mesma peza ata a súa deterioración, e a súa normalización permitiu ser empregadas por todos os impresores. Aínda así, o traballo de compoñer unha páxina leváballe ao impresor practicamente un día, pois tiña que colocar un a un os tipos móbiles.   4.  • (Documentos 6 a 9)

46

O Documento 6 presenta o interior da igrexa do Santo Espíritu, en Florencia, obra de Brunelleschi. Nela, o autor intentou conseguir a perfección xeométrica e adaptala ás medidas do corpo humano. Distínguense arcos de medio punto e columnas clásicas.

  5.  • (Documentos 10 a 14) O Documento 10, Cristo morto, de Mantegna, leva a cabo a perspectiva mediante o escorzo. Esta técnica consiste en representar a figura de forma perpendicular ao espectador. Representa a Cristo, pero aparece despoxado de toda condición divina. O Documento 11, A Gioconda, de Leonardo da Vinci, consegue a perspectiva mediante o sfumato, técnica creada polo propio Leonardo na que se dilúen os contornos para crear profundidade. O tema que trata é o retrato con paisaxe ao fondo. O Documento 12, O nacemento de Venus, obra de Botticelli, consegue a perspectiva mediante a introdución dunha paisaxe ao fondo. As figuras aparecen en primeiro plano fronte ao decorado. O tema é mitolóxico. No Documento 13, A Escola de Atenas, de Rafael, a perspectiva conséguese mediante a obra arquitectónica e a sucesión de bóvedas do fondo, ata quedar as dúas figuras principais enmarcadas no arco do fondo. Nela, o tema tratado é unha homenaxe aos pensadores da Grecia clásica, baixo os rostros dos artistas do momento. No Documento 14, A venus de Urbino, de Tiziano, a perspectiva conséguese mediante o contraste de cores e a paisaxe que aparece enmarcada na ventá do fondo. Trátase dun retrato.   6. • Actividade libre.   7. • A escultura renacentista seguiu os modelos da Antigüidade clásica e adquiriu independencia respecto da arquitectura. Prestóuselles unha grande importancia ás proporcións e aos estudos anatómicos dos personaxes, o que se reflectiu na proliferación dos nus. A maioría das esculturas realizábanse en bronce ou en mármore. • Os xéneros que se desenvolveron foron os nus, o retrato e a escultura ecuestre. • O primeiro escultor renacentista foi Ghiberti, no Quattrocento destacou Donatello, e no Cinquecento, que

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 46

21/09/12 9:23

supuxo a culminación da escultura renacentista, sobresaíu Miguel Anxo Buonarroti.   8. • (Documento 20) a) A do Documento 20 pertence a Miguel Anxo, e a da páxina 172 é de Donatello. b) A primeira realizouse no Cinquecento, é dicir, no século XVI, a segunda é do Quattrocento, século XV. c) As dúas esculturas tratan o mesmo tema, o do David. Na de Miguel Anxo, realizada en mármore, a figura móstrase antes do ataque a Goliat, presenta un estudo máis preciso da anatomía humana. Distínguense os músculos, veas e detalles da anatomía. O corpo está en tensión e presenta un rostro ideal, forte e sereno. Na de Donatello, realizada en bronce, a figura acaba de vencer a Goliat e pisa a cabeza do xigante. Nela, o corpo está menos estudado e presenta unha figura máis relaxada e xuvenil.   9. • Actividade libre. 10. • O estilo renacentista en arquitectura non se chegou a impoñer plenamente. En moitos países, o Gótico seguiu dominando a arquitectura ata o século XVII. • A arquitectura renacentista española desenvolveu dous estilos propios. O máis importante foi o estilo herreriano, caracterizado pola súa austeridade e gran solemnidade. O seu mellor exemplo é o mosteiro de San Lourenzo do Escorial, ideado por Juan de Herrera. O outro estilo foi o plateresco, caracterizado pola súa decoración abundante e delicada. A fachada da universidade de Salamanca é o seu mellor exemplo. • A escultura renacentista española caracterízase por buscar a plasmación de intensos sentimentos relixiosos máis ca pola beleza ideal que buscaba a italiana. • O pintor que máis destacou no Renacemento español foi O Greco, cuxas obras, tanto relixiosas coma retratos, se caracterizaron por un estilo cheo de dramatismo e movemento. Destaca o uso da cor e as súas figuras alongadas. 11. • (Documento 23) a) Representa un tema relixioso do Antigo Testamento: Adán e Eva. b) Utiliza un fondo escuro no que destacan as figuras, sobre todo, pola cor brillante dos corpos. c) As figuras mostran certo movemento e grande expresividade nos rostros. • (Documento 24) Destaca, sobre todo, a súa grande austeridade decorativa. No centro álzase a igrexa, como eixe coordinador das demais dependencias. Ten planta centralizada, cunha gran cúpula. A fachada de granito álzase como un inmenso muro sen ornamentación que termina en dúas torres nos extremos, pero sen sobresaír do conxunto. As ventás non presentan nin molduras nin cornixa e só na entrada se dispoñen oito pilastras dóricas, que sosteñen un corpo máis pequeno con catro pilastras e un frontón.

12. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) A fachada da universidade levouse a cabo entre 1529 e 1533. Está constituída por tres corpos sobrepostos separados por frisos, sobre dúas portas xemelgas. A parte inferior organízase en cinco espazos; con decoración vexetal, animal e humana e un retrato dos Reis Católicos no centro. O segundo sector divídese tamén en cinco espazos, no central está o brasón de Carlos I. No compartimento superior obsérvase un sumo pontífice sentado e rodeado de cardeais. A ambos os lados, diferentes personaxes completan a decoración. 13. • Había un profundo malestar nun sector da sociedade pola situación da Igrexa: as altas xerarquías eclesiásticas vivían rodeadas de luxo; parte do clero tiña escasa formación e non exercía correctamente os seus labores pastorais; moitos eclesiásticos compraban os seus cargos; e vendíanse indulxencias. • Ante a venda de indulxencias con motivo da construción da basílica de San Pedro por parte de León X, Lutero respondeu coas súas 95 teses, o que supuxo o inicio da Reforma. • Lutero defendía que as persoas se salvan pola súa fe, non polas súas obras; que os crentes se relacionan directamente con Deus pola oración; que a única fonte de verdade son os textos sagrados; que dos sete sacramentos só son verdadeiros o bautismo e a eucaristía. Ademais, prohibía o culto á Virxe e aos santos e negaba a autoridade do papa. • O luteranismo, o calvinismo e o anglicanismo son movementos de reforma relixiosa que xurdiron no século XVI en Europa no seo da Igrexa católica. 14. • (Documento 28) a) A reforma de Lutero triunfou principalmente na zona do Sacro Imperio e no norte de Europa (Dinamarca, Noruega, Suecia…). b) Sobre todo o centro de Europa: Francia, o Sacro Imperio e os países do leste. 15. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Lutero protestaba principalmente pola frivolidade na que vivía gran parte do clero e pola venda de indulxencias plenarias. 16. • A Igrexa católica levou a cabo un movemento reformador no seu propio seo, a Contrarreforma. • A Contrarreforma tratou de frear a Reforma protestante e de mellorar o funcionamento da Igrexa católica. Para iso, convocou o Concilio de Trento, onde se confirmou a doutrina elaborada pola Igrexa ao longo dos séculos, decidiuse fundar seminarios para mellorar a formación dos sacerdotes, creáronse novos medios para estender a doutrina católica e fortaleceuse o Tribunal da Inquisición. • Con isto non se conseguiu restaurar a unidade da Igrexa occidental. Como consecuencias pódense destacar que Europa se dividiu en dous bloques relixiosos: os

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 47

47 21/09/12 9:23

Solucionario protestantes e os católicos. E pronto a división relixiosa deu lugar a enfrontamentos armados. As guerras de relixión máis sanguentas e duradeiras producíronse no Sacro Imperio e en Francia, e prolongáronse durante máis dun século. A intolerancia xeneralizouse en toda Europa. Nos países católicos perseguíase os protestantes, e nos países protestantes perseguíase os católicos. Prohibíronse libros e calquera actividade científica que contradixese o dogma relixioso.

b) Un auto de fe era o acto no que se executaban as sentenzas da Inquisición contra a moral cristiá. Adoitábanse levar a cabo en sitios públicos para que a poboación escarmentase coa condena. 18. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Íñigo López de Loyola fundou a Compañía de Xesús no ano 1540. O seu fin era «militar para Deus baixo a bandeira da Cruz e servir só o Señor e o Papa, o seu vigairo sobre a Terra», con rigorosa obediencia á vontade de Deus e ao papa, pola predicación, a ensinanza e a caridade.

17. • (Documento 30) a) No cadro vese un podio onde se sitúan os membros do tribunal da Inquisición, formado pola xerarquía eclesiástica dos dominicos. Un deles porta o estandarte do Santo Oficio. Na parte inferior atópanse os condenados por herexía a piques de seren queimados, e outros condenados custodiados por soldados. Humanismo Que é?

Protagonistas

20. (Ver a seguinte táboa.)

Renacemento

Reforma

Un movemento cultural.

Un movemento artístico.

Un movemento de reforma relixiosa e de crítica cara á Igrexa católica.

Século XV e principios do XVI.

Divídese en dúas etapas: Quattrocento (século XV) e Cinquecento (século XVI).

Século XVI.

Baseábase principalmente na preocupación polo ser humano, na inspiración nos textos da Antigüidade, e na procura da verdade mediante a razón e a experiencia.

Inspirábase nos modelos da Antigüidade e buscaba a plasmación da beleza ideal. O ser humano converteuse no centro da arte.

Lutero defendeu a salvación das persoas pola súa fe, a relación directa entre Deus e os crentes mediante a oración, os textos sagrados como única fonte de verdade e a existencia de dous únicos sacramentos (bautismo e eucaristía). Prohibiu o culto á Virxe e aos santos e negou a autoridade do papa.

Erasmo de Rotterdam, Tomé Moro e Juan Luís Vives.

Alberti, Miguel Anxo, Rafael, Leonardo da Vinci, Brunelleschi, Botticelli…

Lutero, Calvino, Henrique VIII.

Época

Características

19. Actividade libre.

21. (Ver a seguinte táboa.) Quattrocento

Arquitectura

Pintura

Escultura

Cinquecento

Destaca sobre todo a cidade de Florencia, con edificios que recuperan os elementos clásicos e buscan as proporcións do corpo humano. Traballaron Brunelleschi, con obras como a cúpula da catedral de Florencia e a igrexa do Santo Espírito, e Alberti, con obras como a igrexa de Santa María Novella.

Destaca a cidade de Roma e, sobre todo, a construción da basílica de San Pedro, na que participaron Bramante, Miguel Anxo e Maderno. En Venecia tamén se xeneralizou a construción de villas, como as de Palladio.

Desenvólvese, por primeira vez, o uso da perspectiva con autores como Masaccio, Mantegna e Botticelli, que se centrou no movemento das figuras.

Nesta época, a pintura alcanza a súa máxima expresión, con artistas como Leonardo da Vinci, mestre do sfumato; Miguel Anxo, autor dos frescos da Capela Sixtina; Rafael, con gran dominio da cor, e Tiziano, excelente retratista.

Desenvólvense os nus e o retrato e a escultura ecuestre. Destacan escultores como Ghiberti, autor das portas do baptisterio da catedral de Florencia, e Donatello.

Neste período sobresae Miguel Anxo Buonarroti, que supón a culminación da escultura renacentista.

22. • Indulxencias. Documentos que emitía o papa mediante os que se compraba o perdón dos pecados.

ser humano e defenderon a procura da verdade a través da razón e da experiencia.

• Mecenas. Persoas influentes que financiaban as obras e protexían os artistas.

• Contrarreforma. Movemento reformista no seo da Igrexa católica que se produciu a partir do Concilio de Trento e que estaba destinado a frear a Reforma protestante e a mellorar o funcionamento da Igrexa.

• Humanismo. Movemento cultural que alcanzou a súa plenitude no século XV e principios do XVI. Os humanistas centrábanse principalmente no coñecemento do

48

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 48

21/09/12 9:23

• Sfumato. Técnica creada por Leonardo da Vinci que consiste en suavizar o contorno das figuras mediante a difuminación das cores e das formas, envolvéndoo todo coma nunha calixe. • Cinquecento. Etapa do Renacemento que abrangue desde os últimos anos do século XV ata os primeiros do século XVI. Caracterízase polo clasicismo. O foco artístico desprázase desde Florencia ata Roma. 23. • Trátase dun tema mitolóxico, no que se aprecia a importancia da figura humana, o interese pola anatomía, o desenvolvemento da perspectiva, o emprego de paisaxes de fondo e a procura da beleza ideal. • A temática é mitolóxica. Trátase da chegada da primavera e nela aparece Venus, deusa do amor, presidindo a escena. Sobre ela voa o seu fillo Cupido, que lanza os dardos cara ás tres Grazas (Castidade, Beleza e Amor). Xunto a elas está Mercurio. Á dereita, Céfiro, deus do vento, intenta raptar unha ninfa. 24. • As indulxencias eran uns documentos que emitía o papa mediante os que se compraba o perdón dos pecados. • Lutero opinaba que a súa finalidade era a recadación de diñeiro por parte da Igrexa. • Propoñía ensinarlles aos cristiáns que é mellor ser caritativos cos necesitados ca comprar indulxencias. • O papa esixiulle a Lutero que pedise perdón por ese documento, e ante a súa negativa, excomungouno. • Os príncipes alemáns pronto viron nas ideas de Lutero unha forma de separarse do poder do emperador, que defendía as ideas da Igrexa católica, e polo tanto, apoiaron este movemento. A Reforma estendeuse con rapidez por Europa. 25. No Concilio de Trento tomáronse as seguintes decisións para reformar a Igrexa: confirmouse a doutrina elaborada pola Igrexa ao longo dos séculos (a validez dos sacramentos, a primacía do papa, o culto á Virxe e aos santos e a validez das boas obras para alcanzar a salvación); fundáronse seminarios para mellorar a formación dos sacerdotes; creáronse novos medios para estender a doutrina católica entre a sociedade, como o catecismo e as novas escolas, e fortaleceuse o Tribunal da Inquisición. A maioría das medidas seguen vixentes, pero outras desapareceron, como a Inquisición. 26. • O Humanismo incentivou o desenvolvemento das ciencias porque se baseaba na procura da verdade a través da razón e da experiencia, e porque os humanistas manifestaron unha gran curiosidade por todo. • Leonardo da Vinci considérase un prototipo de humanista, porque tiña unha gran curiosidade e cultivou moitas ciencias e saberes co fin de saber de todo. • As igrexas renacentistas eran máis pequenas ca as góticas porque buscaban achegar as proporcións ao corpo humano, xa que no Renacemento o ser humano é a medida de todas as cousas. • Xeneralizouse a intolerancia relixiosa na Europa do século XVI porque nos países católicos se perseguiu os protestantes e nos países protestantes, os católicos.

27. • O palacio Médici-Riccardi foi deseñado polo arquitecto Michelozzo. Michelozzo formouse no obradoiro de Ghiberti e traballou como colaborador de Donatello, e divulgou o novo estilo renacentista florentino pola Lombardía. A obra foi encargada por Cosme o Vello, o patriarca da familia florentina dos Médici. • O palacio construíuse entre 1444 e 1460. • Un palacio é un edificio no que vivían os nobres ou os ricos burgueses. • Construíuse como residencia da familia Médici. 28. • Trátase dunha planta rectangular. No seu interior apréciase un patio rodeado de arquerías cubertas con bóvedas. • De pedra. • A fachada distribúese en tres pisos. O inferior conta cun almofadado rústico, no que sobresaen grandes pedras irregulares, nela hai unhas ventás enmarcadas por un frontón e resaltadas cun arco de medio punto cego. Na segunda planta, o almofadado é máis suave, existen moitas ventás adornadas na súa parte superior con arcos. A planta terceira é lisa e ten unhas ventás similares ás da segunda planta. Destaca na parte superior a cornixa. • O seu aspecto exterior é sobrio e clásico, con ventás xeminadas con arcos de medio punto e pequenos frontóns sobre as do piso inferior. 29. Na súa decoración interviñeron algúns dos grandes mestres do Renacemento, como se aprecia no David de Donatello situado no patio. 30. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Os Médici eran unha familia florentina de banqueiros e comerciantes que tiveron grande influencia na política italiana. Desempeñaron tamén un papel moi destacado como mecenas da arte. 31. • Esta obra pertence á arte renacentista do Quattrocento, inspirada na Antigüidade clásica. Emprega arcos de medio punto, frontóns, bóvedas de canón e columnas clásicas. Ademais, os edificios buscaban adaptarse ás proporcións humanas. • Actividade libre. 32. • O primeiro texto escribiuse en 1307, o segundo en 1563 e o terceiro en 1992. Os documentos A e B son fontes primarias, fronte ao terceiro que é secundaria. 33. • O autor deste documento é Bernardo de Guy, o inquisidor de Tolosa. O obxectivo é explicar como funcionaba a Inquisición e como debía actuar un «bo» inquisidor. • As confesións conseguíanse mediante tortura e coacción. Era mantido na escuridade e dábanselle lategazos. Actividade libre. • En España, a Inquisición creouse fundamentalmente para perseguir os conversos e obter diñeiro a partir da confiscación dos seus bens. Ademais, non estaba baixo a supervisión do papa, senón baixo a supervisión dos propios reis.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 49

49 21/09/12 9:23

Solucionario • A táboa sinala a evolución entre dous períodos de tempo, de 1570 a 1635 e de 1636 a 1699, de diferentes delitos xulgados polo Tribunal da Audiencia de Lima. Percíbese que pouco a pouco van descendendo o número de causas xulgadas, salvo as relativas aos casos xudaizantes. 34. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) a) A Inquisición española diferenciábase da Inquisición pontificia, en primeiro lugar, porque aos inquisidores nomeábaos o rei, non o papa; a segunda diferenza é que os procesos non eran apelables en Roma. A autoridade do Inquisidor Supremo era inapelable. Ademais, podían revisar todo tipo de impresos e manuscritos e prohibir a lectura e circulación de todos os libros e papeis que xulgasen prexudiciais para a moral ou contrarios aos dogmas, ritos e disciplina da Igrexa. b) Tomás de Torquemada foi nomeado Inquisidor Supremo para Castela, Aragón e Sicilia. O Inquisidor Supremo presidía un consello composto por cinco ministros.

37. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) • O único conflito no que ás reivindicacións políticas se sumou un problema relixioso entre católicos e protestantes, que na actualidade está case sufocado, é o caso de Irlanda do norte. • As zonas onde existen maiores conflitos relixiosos son en África e Asia, principalmente. Por exemplo, en Nixeria, onde se enfrontan musulmáns e cristiáns; en Exipto, cristiáns coptos e musulmáns. En Asia destacan os enfrontamentos en Iraq entre sunnitas e xiítas; India, Paquistán e Bangladesh chegáronse a separar polas diferenzas relixiosas entre hinduístas, musulmáns e sixs, estes últimos na zona do Punxab; na China pódese citar a persecución do Tíbet (Dalai Lama) e na zona de Oriente Medio o continuo enfrontamento entre palestinos (musulmáns) e israelís (xudeus). En Europa destacou o conflito dos Balcáns, que enfrontou a musulmáns e cristiáns na segunda metade do século pasado. • Actividade libre. • Actividade libre.

O Consello Supremo nomeaba os membros dos Tribunais Subalternos con xurisdición, sobre todo o territorio do reino e de ultramar. Os tribunais estaban formados por dous xuíces letrados e un teólogo, tiñan o trato de Señoría e debían vestir traxe eclesiástico. Había un fiscal acusador e un xuíz de bens que taxaba as posesións confiscadas aos acusados. Asistíaos un número de persoal auxiliar que cumpría diversas funcións; entre eles, os máis importantes para a historia foron os notarios, que escribían todas as preguntas e respostas feitas aos presuntos herexes. Ademais, en cada vila ou cidade había comisarios que debían cumprir as ordes do tribunal da rexión. As súas funcións eran as de difusión dos edictos da Inquisición, especialmente o edicto de fe que se lía nas igrexas. 35. • Actividade libre. 36. • Existe maioría protestante no norte de Europa, en países como o norte de Alemaña, Suecia, Noruega, Finlandia, Dinamarca, Estonia, Letonia, Islandia e norte de Gran Bretaña (Reino Unido). • Católica é a Europa mediterránea e unha parte do centro e do leste de Europa. Anglicana unicamente é a metade meridional de Gran Bretaña e o norte de Irlanda. • En xeral, si. Salvo algunhas zonas calvinistas, sobre todo en Suíza, que desapareceron. • O catolicismo é predominante en América do Sur, nalgúns países do sur de África e nalgunhas zonas pequenas de Estados Unidos e Canadá. En cambio, o protestantismo é maioritario en Estados Unidos e Canadá, no sur de África e en Australia. A razón principal ten que ver co colonialismo.

50

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 50

21/09/12 9:23

TEMA 10 O apoxeo do imperio español   1. • Porque Carlos foi rei de España por herdanza dos seus avós maternos e reinou co nome de Carlos I. Pero tamén foi emperador do Sacro Imperio por herdanza do seu avó paterno, e recibiu o nome de Carlos V. O título de rei de España afectaba as Coroas de Castela e de Aragón e os seus territorios en América, Italia, o Mediterráneo e África; mentres que o título de emperador afectaba o Sacro Imperio e as terras da súa familia en Alemaña, os Países Baixos e Francia. • As Comunidades é unha rebelión que se produciu en 1520 en Castela.

  4. • Principalmente porque o rei gobernaba o seu vasto imperio desde España, onde instalou a súa corte. • Os seus dous principais obxectivos foron: a conservación de todos os seus territorios e a defensa do catolicismo. Para manter os seus territorios enfrontouse fundamentalmente a Francia, a Inglaterra e á revolta nos Países Baixos. Para defender o catolicismo enfrontouse fundamentalmente ao imperio turco e aos calvinistas dos Países Baixos.   5. • (Documentos 3 e 8) Fóra de Europa dominou os territorios americanos españois, que comprendían o Vicerreinado de Nova España e o Vicerreinado de Perú, as illas Filipinas e o imperio colonial portugués desde 1580, formado por Brasil, diversos territorios na costa africana e varias illas no océano Atlántico.

Como protesta pola forma de gobernar de Carlos I ao chegar ao trono español: rodeárase de conselleiros flamengos nos cargos de goberno e gastara grandes cantidades de diñeiro para ser nomeado emperador.

O imperio de Filipe II era maior ca o do seu pai, xa que incorporou o imperio colonial portugués e as illas Filipinas.

Aínda que a revolta fracasou, o rei cambiou a súa forma de gobernar e os casteláns accederon a postos no seu goberno.

  6. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.)

• O obxectivo de Carlos V era unificar a cristiandade. Non o conseguiu. Porque, aínda que tratou de frear os príncipes alemáns luteranos, tras varias guerras de relixión tivo que recoñecer na Paz de Augsburgo (1555) a liberdade relixiosa. • A Paz de Augsburgo decepcionou a Carlos I, xa que tivo que recoñecer a liberdade relixiosa en todos os seus territorios.   2. • (Documento 1) Por liña materna: do seu avó Fernando de Aragón recibiu a Coroa de Aragón e as súas posesións (Sardeña, Nápoles e Sicilia) e da súa avoa Isabel de Castela herdou a Coroa de Castela e as súas posesións fóra da Península (Canarias, territorios americanos e prazas africanas). Por liña paterna: do seu avó paterno Maximiliano de Habsburgo herdou os Estados da casa de Austria e da súa avoa María de Borgoña, os Países Baixos, Luxemburgo, o Franco Condado, Artois e Charolais. • (Documento 3) En Europa Carlos V posuía as Coroas de Castela e de Aragón, o reino de Nápoles, o Franco Condado, o Milanesado, o Sacro Imperio, o Ducado de Luxemburgo, Flandres e Canarias. Fóra de Europa tiña: diversas prazas no norte de África (Melilla, Orán, Alxer, Buxía, Bona e Tunisia) e os territorios americanos.   3. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Padilla, Bravo e Maldonado foron os líderes da rebelión dos Comuneiros. Juan de Padilla pertencía á Comunidade de Toledo, Juan Bravo era da Comunidade de Segovia e Francisco Maldonado, de Salamanca. Os tres foron executados tras a derrota en Villalar.

A Liga Santa foi unha alianza asinada polo papa Pío V, España, a república de Venecia e os Estados Pontificios para loitar contra o poder turco. Reuniu arredor de 80.000 homes e máis de 200 navíos de guerra. A armada foi dirixida por don Xoán de Austria, que derrotou os turcos na batalla de Lepanto en 1571.   7. • O rei exercía o goberno, dirixía a política exterior e o exército, e ocupábase da administración e da recadación de impostos. Con todo, non tiña un poder absoluto. Algunhas das súas decisións, como a promulgación de novas leis ou o establecemento de impostos, tiñan que ser aprobadas polos Parlamentos ou Cortes de cada territorio. • O vicerrei representaba o rei nun territorio e gobernaba no seu nome; as Cortes aprobaban novas leis e o establecemento de impostos; as audiencias eran tribunais de xustiza que xulgaban no nome do rei os asuntos de maior relevancia, e o Consello de Estado, con xurisdición en todo o imperio, ocupábase das cuestións internacionais e dos asuntos de especial transcendencia. • O século XVI supuxo unha etapa de crecemento para o imperio hispánico. A produción agrícola creceu grazas á cavadura de novas terras e a gandaría trashumante mantivo a súa importancia. A industria tamén tivo un notable crecemento. Pero, sobre todo, foi importante o comercio. O seu desenvolvemento debeuse ao monopolio comercial con América e á chegada de metais preciosos americanos. A pesar diso, o imperio foise endebedando polas continuas guerras e préstamos, e Filipe II tivo que declarar varias bancarrotas que empeoraron a situación económica.   8. • (Documento 9) a) Os consellos territoriais eran: o de Castela, o de Aragón, o de Flandres, o de Indias, o de Portugal e

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 51

51 21/09/12 9:23

Solucionario o de Italia. Os consellos temáticos eran: o Consello de Estado, de Facenda, de Inquisición, de Cruzada e de Ordes. b) Os consellos territoriais trataban asuntos relacionados cun territorio concreto, mentres que os consellos temáticos se ocupaban de materias específicas.

13. • (Documento 15)

  9. •  Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.)

a) Dividiuse en dous vicerreinados: o de Nova España e o de Perú.

Antonio Pérez foi secretario de Filipe II. En 1579 acusárono de estar implicado no asasinato do conselleiro de don Xoán de Austria e iniciouse un proceso xudicial contra el. En 1590 fuxiu da prisión e chegou a Zaragoza, onde solicitou a protección dos foros aragoneses. Este feito provocou a entrada do exército real en Aragón.

b) As principais minas encontrábanse en localidades como Veracruz, Acapulco, Cartaxena de Indias, Lima, Potosí e Minas Gerais.

10. • (Documento 11) Cabeza de Vaca partiu da Habana, subiu pola península de Florida e o sur de Estados Unidos ata chegar a México, á cidade de Tenochtitlán. Mendoza, na súa primeira viaxe en 1532, partiu da costa oeste de México e chegou á península de California. Despois, entre 1532-1536, Mendoza chegou a Bos Aires. 11. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) A conquista e colonización de Colombia emprendeuse desde A Española. Alonso de Ojeda, acompañado de Juan de la Cosa e Américo Vespucio, realizou a primeira viaxe en 1499. En 1501, Rodrigo de Bastidas percorreu a costa colombiana entre A Guajira e Cartaxena e descubriu a desembocadura do Magdalena. Cristovo Colón chegou na súa cuarta viaxe (1502-1503) ata o golfo de Urabá, no noroeste da actual Colombia. En 1498, Cristovo Colón chegou á desembocadura do Orinoco. Despois, seguiu a súa viaxe polo golfo de Paria e, bordeando a costa, pasou preto da illa de Margarida antes de regresar á Española. 12. • Para administrar os colonias desde España fundáronse o Consello de Indias e a Casa de Contratación. En América creáronse o Vicerreinado de Nova España, no norte, e Vicerreinado de Perú, no sur. Ademais, nas principais cidades establecéronse audiencias, que se ocupaban de aplicar as leis e de impartir xustiza. • O Consello de Indias era o encargado de asesorar o monarca sobre o goberno en América e de preparar as leis relacionadas con eses territorios; as audiencias eran institucións que impartían xustiza; e a Casa de Contratación, con sede en Sevilla, era a encargada de controlar o monopolio real do comercio coas terras conquistadas.

52

privilexiados en función do nacemento. En América, a sociedade organizouse segundo criterios raciais: a cúspide social ocupábana os españois e por debaixo encontrábanse os mestizos, os indios e, en último lugar, os escravos negros.

14. Actividade libre. 15. • Vicerreinado. Demarcación territorial na que se organizou o territorio americano tras a conquista. • Monarquía Hispánica. Nome que se lle dá ao imperio de Filipe II, xa que o rei o gobernou desde España, onde fixou a súa corte. • Capitulación de conquista. Documento que os reis entregaban a un particular polo que o autorizaban para explorar e colonizar os territorios americanos e para obter certos beneficios deles. • Consello de Estado. Institución que asesoraba o monarca sobre o goberno en América e preparaba as leis relacionadas con eses territorios. • Casa de Contratación. Institución, con sede en Sevilla e fundada en 1503 polos Reis Católicos, para organizar e administrar o comercio cos novos territorios americanos. • Rebelión das Comunidades. Rebelión que estourou en Castela en 1520 contra Carlos I, que se rodeara de conselleiros flamengos e gastara grandes cantidades de diñeiro para conseguir o título de emperador do Sacro Imperio. Os comuneiros foron derrotados en Villalar en 1521, pero a partir de entón o rei cambiou a súa forma de gobernar. • Corrixidor. Funcionario que representaba o monarca nun territorio e que gobernaba no seu nome. 16. (Ver a táboa da seguinte páxina.) 17. • Nun principio, os españois asentáranse nas illas do Caribe, pero nestas illas a produción de ouro era pequena, ademais non se adaptaban ao clima e os cultivos europeos non arraigaban. Por iso decidiron colonizar o continente e buscar un clima e unha paisaxe máis parecidos aos de Europa. • Os españois explotaron as minas de metais preciosos: o Estado quedaba cunha porcentaxe do metal extraído. Tamén estableceron grandes facendas gandeiras e agrícolas, mantidas por escravos traídos de África. O comercio con América era un monopolio real que se organizaba a través da Casa de Contratación.

• España obtiña de América gran cantidade de metais preciosos, especialmente prata. As minas máis importantes foron as de Zacatecas e Potosí. Tamén obtiñan produtos agrícolas e gandeiros das grandes facendas.

18. Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.)

• A sociedade española era estamental, é dicir, pertencíase ao estamento dos privilexiados ou ao dos non

Cronoloxía para España: 1516. Carlos I chega a España; 1520. Rebelión das Comunidades; 1519. Carlos V elixi-

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 52

21/09/12 9:23

Carlos V

Filipe II

Posesións en Europa

Coroas de Castela e de Aragón, Flandres, reino de Nápoles, Franco Condado, Milanesado, Sacro Imperio, Ducado de Luxemburgo, Flandres e Canarias.

Coroas de Castela e de Aragón, reino de Portugal, Flandres, ducado de Luxemburgo, Franco Condado, Milanesado, reino de Nápoles e Canarias.

Posesións fóra de Europa

Territorios españois en América (vicerreinados de Nova España e do Perú), Melilla, Orán, Alxer, Buxía, Bona e Tunisia.

Territorios españois en América (vicerreinados de Nova España e do Perú), imperio colonial portugués desde 1580 e as illas Filipinas.

Institucións de goberno

O rei dirixía o goberno. As Cortes aprobaban novas leis e impostos. Consellos territoriais: Consellos de Castela, de Aragón, de Flandres, de Indias, de Portugal e de Italia. Consellos temáticos: Consello de Estado, de Facenda, de Inquisición, de Cruzada e de Ordes. En cada territorio había un gobernador ou vicerrei. Audiencias, que eran os tribunais de xustiza.

Política exterior

Obxectivo: unificar a cristiandade. Principais obstáculos: Francia, os turcos e os príncipes alemáns protestantes.

do emperador alemán; 1535. Carlos V conquista Tunisia; 1541. Expedición contra Alxer; 1556. Abdicación de Carlos V, sobe ao trono Filipe II; 1580. Unión de España e Portugal. Cronoloxía para Europa: 1525. Batalla de Pavía; 1547. Batalla de Mühlberg; 1545. Comeza o Concilio de Trento; 1555. Paz de Augsburgo; 1557. Batalla de San Quintín; 1559. Paz de Cateau-Cambresis; 1571. Batalla de Lepanto; 1566. Independencia dos Países Baixos; 1588. Armada Invencible. Cronoloxía para América: 1503. Fúndase a Casa de Contratación; 1513. Núñez de Balboa chega ao Pacífico, Ponce de León chega a Florida; 1516. Solís descobre o río da Prata; 1521. Cortés conquista México; 1524. Creación do Consello de Indias; 1533. Pizarro conquista Perú; 1534. Creación do Vicerreinado de Nova España; 1541. Valdivia conquista Chile, Orellana explora o Amazonas; 1571. Legazpi conquista Filipinas. 19. • En xeral, trátase dunha evolución ascendente. Só cara a 1575 descendeu un pouco a explotación, para volver subir a finais de século. • Os prezos subiron tamén durante todo o período. As subidas máis elevadas producíronse entre 1580 e 1600. Porque é cando máis metais chegaron a España. • Para a maioría da poboación, a subida de prezos tivo efectos negativos, porque viu como se encarecía a vida. • Estes metais foron empregados polos monarcas para sufragar as continuas guerras, por exemplo, con Francia e Flandres. • Os reis contaron con grandes cantidades de metais preciosos que empregaron para financiar as guerras e tratar de manter a súa hexemonía mundial.

Obxectivo: manter os seus territorios e defender o catolicismo. Principais obstáculos: Francia, os turcos, a rebelión dos Países Baixos e Inglaterra.

• Os indíxenas realizaban os traballos manuais. Sufriron abusos, polo que se crearon as Leis de Indias para protexelos. Pola súa parte, os negros eran escravos e non contaban con ningún dereito nin leis que os protexesen; considerábanse posesións das persoas que os compraran en África. 21. • Os príncipes alemáns apoiaron as ideas de Lutero, polo que se enfrontaron ao emperador Carlos V. Adscribíndose ás ideas protestantes podían independizarse do imperio español. Na Paz de Augsburgo (1555) Carlos V viuse obrigado a recoñecer a liberdade relixiosa. • Nos Países Baixos estendeuse o calvinismo, polo que a política relixiosa de Filipe II provocou un forte rexeitamento. En 1566, as provincias do norte rebeláronse e declaráronse independentes baixo o nome de Provincias Unidas. O rei non o aceptou e iniciouse así unha longa e custosa guerra que durou 80 anos. • Carlos V enfrontouse durante todo o reinado con Francisco I de Francia pola hexemonía europea. Filipe II iniciou o seu reinado derrotando os franceses e obrigounos a asinar a Paz de Cateau-Cambresis en 1559. Aínda que ao final do seu reinado o conflito reactivouse. 22. Na sociedade colonial os indios realizaban principalmente os traballos manuais, sobre todo no campo, e sufriron moitos abusos. Resposta libre. 23. a) Os efectos políticos. • Á chegada dos españois existían principalmente o imperio azteca, o maia e o inca. • Foron os portugueses e os españois os que conquistaron os territorios americanos.

• O criterio de organización social baseábase na raza.

• O Consello de Indias era o encargado de asesorar o monarca sobre o goberno en América e de preparar as leis relacionadas con estes territorios. Situábase en España.

• A mellor situación gozábana os españois, que eran os que desempeñaban cargos do goberno, posuían as mellores terras e controlaban o comercio.

• En América, os vicerreis representaban o rei e gobernaban no seu nome. Tamén se crearon audiencias para impartir xustiza.

20. Na parte superior da pirámide están os españois, despois os mestizos, logo os indios e por último os negros.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 53

53 21/09/12 9:23

Solucionario b) Os efectos económicos.

24. Actividade libre.

• O comercio cos territorios americanos converteuse na actividade fundamental tras a conquista. De América exportábanse metais preciosos e outros produtos agrarios e importábanse alimentos europeos e mercadorías como roupa, instrumentos de todo tipo, produtos de luxo, etc. O comercio coas colonias era un monopolio real do que se obtiñan grandes beneficios.

25. • O documento A foi escrito en 1580, o documento B en 1545 e o documento C no século XVI.

• A propiedade da terra quedou nas mans dos españois.

26. • Documento A. Estas leis buscaban protexer e establecían duras sancións para os que non as cumprisen.

• En América implantáronse o trigo, a cebada, a vide, a oliveira e a cana de azucre.

• Documento B. Si. Segundo o autor, é necesario situar á fronte das aldeas e cidades «homes españois probos, xustos e prudentes» que participasen na conquista do territorio, para que se encarguen da «educación» dos indios.

• Non, os beneficios reverteron principalmente na economía española. c) Os efectos sociais. • A poboación india descendeu bruscamente: pasou de 20.000.000 en 1519 a 1.069.295 en 1608. a) A táboa refírese a México central. b) A poboación descendeu moito. As causas principais foron o abuso continuado da poboación para a explotación das terras e das minas, así como as enfermidades que trouxeron os españois para as que a poboación indíxena non estaba preparada. • A poboación nos diferentes imperios precolombianos non era igualitaria. Así, os maias dividíanse en catro clases sociais: os nobres, sacerdotes, os campesiños e escravos; os incas tamén se dividían en varios grupos: os nobres, o pobo, os servos e os escravos; e os aztecas organizábanse en tribos con varios grupos sociais: os sacerdotes, nobres, homes libres e escravos. • A sociedade americana pasou a estar dominada polos españois. Os criterios que se empregaron para organizar a sociedade foron raciais. • O escravo negro que está no chanzo máis alto ten que colocarse na parte máis baixa; na parte superior iría o conquistador español situado agora no segundo chanzo; despois, hai que situar o mestizo; a continuación, o indio e, finalmente, o escravo negro.

• Todas son fontes primarias. • O documento A forma parte da lexislación das Leis de Indias, o documento B foi escrito por Juan Ginés de Sepúlveda e o documento C por frei Juan Ramírez. Non hai ningún indio entre eles.

• Documento C. O autor opina que os indios non teñen a obriga de sustentar nin de servir os colonizadores, e de sufrir ademais os prexuízos e danos cos que eran tratados. 27. • O documento B, aínda que non defende expresamente o maltrato, si xustifica que se poida dominar os indios para a «alimentación dos príncipes, maxistrados e soldados». • O documento B considéraos persoas inferiores ás que hai que «educar» e instruír nos costumes «civilizados». O documento C considera que non teñen por que ser maltratados para satisfacer as necesidades dos colonizadores. • Si, o autor do documento B considera que se debe «educar os indios na relixión cristiá que ha de ser predicada non pola violencia, senón polos exemplos e persuasión». Mentres, o documento C considera que os colonizadores non están nas Indias «polo ben temporal e espiritual dos indios, senón pretendendo os seus propios intereses e o seu propio útil».

• Si, era normal que os pobos que se enfrontaban entre eles fixeran escravos á poboación vencida. Despois da conquista, os escravos traíanse preferentemente de África. Era poboación negra sen dereitos nin leis que os protexesen. d) Os efectos culturais. • A maioría da poboación falaría as linguas indíxenas. Tras a conquista, as principais linguas que se estableceron foron as das clases dominantes, é dicir, as dos imperios conquistadores, como o español e o portugués. • Os indíxenas terían a súa propia relixión, polo xeral crían en deuses que estaban relacionados coa natureza. Estas relixións quedarían reducidas aos ámbitos familiares, xa que a relixión que se impuxo foi a católica.

54

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 54

21/09/12 9:23

TEMA 11 A crise do imperio español   1. • Un valido era unha persoa de confianza do rei na que se depositaba o labor de goberno. Por exemplo, o valido de Filipe III foi o duque de Lerma e o de Filipe IV, o conde-duque de Olivares. • Debido á situación económica, o valido de Filipe III, o duque de Lerma, decidiu levar a cabo unha política pacifista para evitar os enormes gastos que provocaban as guerras e mellorar a economía. Para iso asinou en 1604 a paz con Inglaterra e en 1609 estableceuse a Tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas. Con todo, esta política non conseguiu a súa finalidade, xa que os problemas económicos non se solucionaron e tivo que volverse declarar outra bancarrota en 1607. • O obxectivo do conde-duque de Olivares era restaurar o prestixio español. En política exterior, volveu enfrontarse coas Provincias Unidas tras a fin da tregua en 1621. Ademais, implicouse na guerra dos Trinta Anos, o que lle supuxo a sinatura do Tratado de Westfalia, no que recoñeceu a independencia das Provincias Unidas e supuxo a perda da hexemonía española. Ademais, en política interior pretendía repartir os gastos militares entre todos os territorios da Monarquía Hispánica e reforzar o poder do rei. Por este motivo levantáronse Cataluña e Portugal, que logrou a súa independencia.   2. • (Documento 2) a) No século XVII Portugal conseguiu a súa independencia, ao igual que as Provincias Unidas. Ademais, Francia anexionou o Franco Condado e algúns territorios de Flandres. b) A Francia. c) España seguiu mantendo Nápoles, Sicilia e Sardeña, parte de Flandres e o Milanesado. • (Documento 3) No reinado de Filipe III destaca a paz con Inglaterra de 1604, así como a sinatura coas Provincias Unidas dunha tregua en 1609. En política interior destaca a expulsión dos mouriscos en 1609. No reinado de Filipe IV sobresae en 1621 o reinicio da guerra coas Provincias Unidas; tivo lugar a rebelión de Cataluña e Portugal en 1640, a derrota de Rocroi (1643) fronte a Francia na guerra dos Trinta Anos e a sinatura da paz de Westfalia (1648). Durante o reinado de Carlos II destaca a independencia de Portugal en 1668. A obtención da maioría de idade de Carlos II en 1675, e tras a súa morte o inicio da guerra de Sucesión (1700-1713).   3. • a) Ambrosio Spínola, xeneral xenovés ao mando dos terzos de Flandres, recibe do gobernador holandés, Xustino de Nassau, as chaves da cidade de Breda, rendida tras un longo asedio. b) Representa a rendición de Breda, que se produciu o 5 de xuño de 1625 e foi un episodio clave na guerra contra Flandres. Foi durante o reinado de Filipe IV.

  4. • As causas principais do estancamento demográfico obedeceron a tres factores: a elevada mortalidade debido ás frecuentes guerras; as epidemias que afectaron a case todos os países europeos, e as ondas de fame causadas polas malas colleitas e pola destrución de campos de cultivo. Todos estes efectos xeraron tamén unha importante crise económica, que afectou a produción artesanal, a agricultura e o comercio. O estancamento económico produciuse porque a agricultura sufriu unha crise aguda. En parte, debeuse á sucesión de épocas de seca e inundacións, pero tamén ao esgotamento das terras, debido ao uso de técnicas de cultivo rudimentarias. O comercio tamén decaeu e as feiras comezaron a perder importancia. • Esta crise non afectou por igual todos os países europeos. A decadencia agrícola notouse especialmente na zona mediterránea e na Europa oriental. Noutras rexións, como Inglaterra e os Países Baixos, a produción agrícola creceu grazas á introdución de novos métodos de cultivo que favoreceron a fertilidade do solo. A produción artesanal debilitouse nos países do sur de Europa debido á competencia dos produtos do norte de Europa, que eran máis baratos. As potencias comerciais tradicionais, como España, Portugal e Italia, entraron nunha profunda crise. Pouco a pouco, a hexemonía do comercio mundial pasou ás Provincias Unidas e, posteriormente, a Inglaterra. • A nobreza vivía das rendas que lles proporcionaban as súas terras e os seus cargos. En España, a chegada de metais preciosos desde América enriquecera moito a nobreza, que vivía con gran luxo e ostentación. As diferenzas sociais aumentaron. Unha gran porcentaxe da poboación non se dedicaba a ningunha tarefa produtiva e vivía da mendicidade ou da delincuencia. En gran parte dos países de Europa os valores predominantes na sociedade fomentaban a vida inactiva. Isto xerou importantes revoltas sociais, tanto no campo coma na cidade.   5. • (Documento 4) O país onde a curva manifesta un maior descenso é Alemaña; tamén descendeu en Italia e algo menos en España.   6. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Os mouriscos debían partir nun prazo de tres días e só podían levar consigo o que puideran embarcar. Se despois dese prazo non se encontraban no sitio indicado, podían ser prendidos e desvalixados por calquera persoa, e se se defendían, poderían ser condenados a morte. Igualmente serían condenados a pena de morte aqueles mouriscos que queimaran as súas propiedades.   7. • Actividade libre.   8. • As Xuntas do Reino e a Real Audiencia. A primeira reuníase para tratar os temas relativos a Galicia que lle propoñía o monarca, e a segunda é a institución que impartía xustiza.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 55

55 21/09/12 9:23

Solucionario • Os rendistas son os nobres que cobran unha renda polas súas posesións e os foreiros, os campesiños que pagan un foro por cultivar as terras dos señores. Os fidalgos son os nobres que se instalan no campo. Aos rendistas.   9. • Prodúcese un auxe do comercio marítimo polos contactos coas colonias de América e aparecen novos cultivos, como o millo e a pataca, que chegan do novo mundo. 10. • (Documento 7). Actividade libre. • Actividade libre. (Documento 9. Ver, por exemplo, a seguinte información.) A fachada de Santa María de Pontevedra está feita coma se fose un retablo pétreo, con tres rúas ben diferenciadas, de aí a sensación de abarrotamento. As dúas rúas laterais son menores, con columnas e esculturas que sobresaen timidamente. A rúa central está composta dunha portada con arco de medio punto, enriba ten un recadro que recorda un tapiz e coroando a rúa hai un pequeno rosetón. O conxunto está coroado por pináculos. O estilo artístico da fachada combina elementos góticos, como a estrutura de retablo, e platerescos, como a abundante decoración. 11. • (Documentos 11 e 12) No esquema francés, o rei ten un poder absoluto: gobernar, establecer leis, recadar e impoñer impostos e formar e recrutar o exército. No sistema político inglés, o rei ten limitado o seu poder porque está controlado polo Parlamento: nomea o goberno, establece políticas aténdose á lei, pode disolver o Parlamento, pero debe convocar outro novo. Ademais solicita ao Parlamento a aprobación de novas leis, impostos e o recrutamento de tropas. Respecto aos poderes do Parlamento, en Francia pode opinar ás veces sobre as leis propostas polo rei e en ocasións participar na elaboración dalgunhas leis. En Inglaterra, en cambio, é o Parlamento o que establece novas leis, aproba a concesión de novos impostos, o recrutamento e mantemento de tropas. Ademais, reuníase frecuentemente. • (Documento 13) O poder dos reis asúmeno os Estados Provinciais, que se reúnen nos Estados Xerais. As cidades son gobernadas polo burgomestre e os maxistrados. Filipe III Duración do reinado Validos Política exterior

13. • Valido. Personaxe que contaba coa confianza dun monarca e que se ocupaba das tarefas do goberno. Esta forma de delegación xeneralizouse no século XVII. • Tratado de Westfalia. Acordo de paz asinado en 1648 que puxo fin á Guerra dos Trinta Anos. Mediante este tratado España perdeu a súa hexemonía en Europa e recoñeceu a independencia das Provincias Unidas. • Compañía Holandesa das Indias Orientais. Compañía comercial creada en 1602 polas Provincias Unidas para potenciar os intereses comerciais con Asia e América. Controlou o comercio asiático con produtos como a seda e as especias. • Estados Xerais. Institución na que se reunían as sete provincias que compoñían as Provincias Unidas. Nelas adoptábanse as decisións comúns. • Royal Navy. Armada inglesa constituída no século XVII que foi unha das máis poderosas do mundo. • Tregua dos Doce Anos. Paz asinada coas Provincias Unidas en 1609 durante o reinado de Filipe III. • Guerra de Sucesión. Conflito que tivo lugar en España tras a morte sen descendencia de Carlos II en 1700, e que enfrontou os partidarios de Filipe V de Borbón cos que apoiaban o pretendente, o arquiduque Carlos de Habsburgo. En 1713 Filipe V foi recoñecido rei polas potencias europeas. 14. (Ver a táboa da parte inferior da páxina.) 15. • A demografía. O século XVII foi unha época de estancamento demográfico, aínda que houbo moitas diferenzas rexionais. En Europa central e oriental e na área mediterránea produciuse un forte descenso da poboación, aínda que a situación mellorou a finais do século. No norte e noroeste de Europa, en cambio, o crecemento da poboación continuou con taxas altas. • A agricultura. A agricultura sufriu unha crise aguda. En parte, debeuse á sucesión de épocas de seca e inundacións, pero tamén ao esgotamento das terras debido ao uso de técnicas de cultivo rudimentarias. A decadencia Filipe IV

Carlos II

1598-1621

1621-1665

1665-1700 (maioría de idade de Carlos II, 1675).

Duque de Lerma.

Conde-duque de Olivares.

Rexencia de súa nai, Mariana de Austria, e diversos validos.

Política pacifista: Tregua con Inglaterra (1604). Tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas (1609).

Guerra coas Provincias Unidas (1621). Guerra dos Trinta Anos (1618-1648). Tratado de Westfalia (1648).

Tras a súa morte, tivo lugar a Guerra de Sucesión (1700-1713).

Expulsión dos mouriscos (1609).

Obxectivos: repartir os gastos militares entre os territorios da Monarquía Hispánica e reforzar o poder do rei. Rebelión de Cataluña (1640-1652). Independencia de Portugal (1668).

Crise económica, só mellorou a partir de 1680.

Política interior

56

12. Actividade libre.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 56

26/09/12 10:56

agrícola notouse especialmente na zona mediterránea e na Europa oriental. Noutras rexións, como Inglaterra e os Países Baixos, a produción agrícola creceu grazas á introdución de novos métodos de cultivo que favoreceron a fertilidade do solo. • A produción artesanal. A produción artesanal debilitouse nos países do sur de Europa debido á competencia dos produtos do norte de Europa, que eran máis baratos. • O comercio. O comercio tamén decaeu e as feiras comezaron a perder importancia. As potencias comerciais tradicionais, como España, Portugal e Italia, entraron nunha profunda crise. Pouco a pouco, a hexemonía do comercio mundial pasou ás Provincias Unidas e, posteriormente, a Inglaterra. 16. • Luís XIV foi o rei con máis poderes da súa época e o modelo que imitaron outros monarcas. Dirixiu o Estado francés de forma absolutista. • Filipe III subiu ao trono en 1598, tras a morte do seu pai, Filipe II. Delegou o goberno no seu valido, o duque de Lerma. Durante este reinado emprendeuse unha política pacifista co fin de evitar os custosos gastos das continuas guerras: asinouse a paz con Inglaterra en 1604 e a Tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas en 1609. En política interior destacou a expulsión dos mouriscos en 1609.

Causas da fin da hexemonía española Inmediatas A Guerra dos Trinta Anos. O Tratado de Westfalia, que poñía fin á Guerra dos Trinta Anos. O tratado recoñeceu a independencia das Provincias Unidas e significou a perda da hexemonía española en Europa.

Afastadas A crise demográfica. A grave crise económica e social. A expulsión dos mouriscos, que significou a ruína para moitas rexións, que quedaron despoboadas.

19. • No sistema absolutista, o rei ten todos os poderes: establece as leis, recada impostos e forma o exército, mentres que o Parlamento só ten como función aprobar as medidas que o rei lle propón. Nun sistema parlamentario, o poder do rei está condicionado polas decisións do Parlamento. • Como modelo absolutista destaca Francia, mentres que como modelo parlamentario sobresae Inglaterra. • España non chegou a ter unha monarquía absolutista, posto que o poder do rei non era absoluto e existían diferentes institucións coas que tiña que contar para gobernar. Pero tampouco foi unha potencia parlamentaria, xa que o rei tiña numerosos poderes e era a cabeza do Estado.

• Carlos II accedeu ao trono en 1665, con catro anos. A súa nai, Mariana de Austria, gobernou como rexente ata 1675, que foi declarado maior de idade. O rei era unha persoa mental e fisicamente enferma. Por iso, a súa nai e distintos validos dirixiron o goberno. Durante os primeiros anos do seu reinado, a monarquía sufriu unha profunda crise, a partir de 1680, a situación mellorou considerablemente.

20. • A política de Olivares buscaba aumentar o poder do rei; para iso pretendía centralizar todo o poder nunhas mesmas leis e institucións.

• Filipe IV chegou ao trono en 1621 e cedeu o goberno a un valido, o conde-duque de Olivares, que se propuxo restaurar o prestixio español. Así, en política exterior reiniciouse a guerra coas Provincias Unidas, e España incorporouse á guerra dos Trinta Anos, na que tras a súa derrota asinou o Tratado de Westfalia, que lle fixo perder a hexemonía europea. En política tivo que sufrir as rebelións de Cataluña e Portugal en 1640. A de Cataluña foi sufocada en 1652, mentres que Portugal conseguiu a independencia.

• Non, aínda que os reis trataron de centralizar o poder, respectaron as institucións dos diferentes territorios.

Así, proponlle ao rei vincular máis Castela e Aragón e buscar algunha escusa para unificar as leis de ambos os territorios. • Si, xa que se pretenden igualar todas as leis dos diferentes reinos que formaban a Monarquía Hispánica.

• Esta política produciu a rebelión de Cataluña e Portugal en 1640. A de Cataluña foi sufocada en 1652, mentres que Portugal conseguiu a súa independencia. 21. Actividade libre. 22. • O rei Luís XIV mandou construír o palacio. A corte trasladouse contra 1682.

17.  • Filipe III (de 1598 a 1621). Filipe IV (de 1621 a 1665). Carlos II (de 1665 a 1700).

• Porque tiña unhas grandes dimensións e vivían nel máis de 20.000 persoas.

• Filipe III. 1604: paz con Inglaterra. 1609: tregua coas Provincias Unidas. Expulsión dos mouriscos. 1618: Guerra dos Trinta Anos (1618-1648).

• Os interiores contaban cunha decoración moi abundante e recargada. Reflicten sobre todo luxo, pola importancia das riquezas que se ven, e porque así os reis manifestaban o seu poder.

Filipe IV. 1621: reinicio da guerra coas Provincias Unidas. 1640: rebelión de Cataluña e Portugal. 1643: derrota de Rocroi contra Francia. 1648: Paz de Westfalia. Carlos II. 1668: independencia de Portugal. 1675: maioría de idade de Carlos II. 1700: Guerra de Sucesión (1700-1713). 18. (Ver a táboa seguinte.)

• Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) O palacio pertence ao estilo barroco. Fronte ás liñas curvas e superficies recargadas de decoración características do Barroco italiano, Francia decantouse por un estilo monumental onde dominaban as liñas rectas, horizontais e verticais.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 57

57 21/09/12 9:23

Solucionario 23. • O palacio de Versalles servía como vivenda real e sede do goberno. Nel vivía principalmente a corte real. • O palacio era o símbolo do poder absoluto do rei. • As liñas rectas do interior pódense relacionar coa función de goberno, mentres que a suntuosidade do interior reflicte o poder do monarca. • Segundo Saint-Simon, o rei invitaba ás festas ou cazarías do palacio a un ou outro nobre, dependendo de se quería premialo ou castigalo. Así creaba recompensas imaxinarias e envexas entre uns nobres e outros. 24. • a) Actividade libre. b) O Gran Trianón foi construído polo arquitecto Jules Hardouin Mansart en 1687 no lugar do «Trianón de Porcelana» que Luís XIV ordenou construír en 1670 para fuxir dos fastos da corte e vivir os seus amores con Madame de Montespan. 25. • A película circunscríbese ao século XVII. Como período de tempo enmárcase na Guerra dos Trinta Anos (16181648). • A principios do relato, España aínda posuía certa hexemonía en Europa, aínda que ameazada polas numerosas guerras que mantiña cos diversos países europeos. No ano 1648, tras a sinatura do Tratado de Westfalia, España perde o seu poder en Europa, a favor de Francia.

Sen novos recursos financeiros, as guerras provocaron un endebedamento crecente, ata chegar á bancarrota de 1627. Desde entón, as derrotas militares sucedéronse, abrindo o camiño para a decadencia do poderío español en Europa. Olivares protagonizou en 1627-1635 un último intento de impoñer as súas reformas pola vía autoritaria, pero as resistencias foron maiores e, unidas ás derrotas militares, minaron o prestixio do valido. Tras un primeiro sobresalto co motín do Sal de Biskaia (1630-1631), o descontento dos reinos periféricos estourou por fin en 1640 coas rebelións simultáneas de Portugal (que conduciría á súa independencia) e de Cataluña (que non sería sufocada ata 1652), ás que se uniu a conspiración do duque de Medina Sidonia en Andalucía. En 1643 Filipe IV prescindiu do conde-duque (así chamado por ser conde de Olivares e duque de Sanlúcar a Maior), que se retirou para convalecer dos seus achaques no seu señorío de Loeches, preto de Madrid. Francisco de Quevedo

• No Sacro Imperio. A Guerra dos Trinta Anos iniciouse como un conflito relixioso entre Estados partidarios da Reforma e a Contrarreforma. Con todo, a incorporación de distintos países europeos converteuna nun conflito pola procura dunha situación de equilibrio político, para alcanzar a hexemonía no escenario europeo, así como o enfrontamento cunha potencia rival, etc. O tratado de paz que terminou con este conflito foi o Tratado de Westfalia. Asinouse no ano 1648.

(Madrid, 1580 - Villanueva de los Infantes, Ciudad Real, 1645). Escritor español. Os pais de Francisco de Quevedo desempeñaban altos cargos na corte, polo que desde a súa infancia estivo en contacto co ambiente político e cortesán. Estudou no colexio imperial dos xesuítas, e, posteriormente, nas universidades de Alcalá de Henares e de Valladolid, cidade onde adquiriu a súa fama de gran poeta e onde se fixo famosa a súa rivalidade con Góngora.

• A política do conde-duque de Olivares como valido de Filipe IV era volver recuperar o prestixio que España perdera nos anos anteriores, por iso participou en varias guerras europeas. Antes do Tratado de Westfalia, España controlaba en Europa as illas de Sardeña e Sicilia, Nápoles, o Milanesado, o Franco Condado, Flandres e as Provincias Unidas.

Seguindo a corte, en 1606 instalouse en Madrid, onde continuou os estudos de teoloxía e iniciou a súa relación co duque de Osuna.

26. •  Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Conde-duque de Olivares Gaspar de Guzmán e Pimentel, conde-duque de Olivares (Roma, 1587 - Toro, Zamora, 1645). Herdou o morgado de Medina Sidonia. Ocupou o cargo de xentil-home de cámara do príncipe. Cando accedeu ao trono Filipe IV en 1621, Olivares acumulou múltiples cargos palacianos e controlou o acceso á persoa do monarca. Nun primeiro momento dedicouse a eliminar da corte os membros das faccións de Lerma e Uceda, condenando con castigos exemplares os abusos do reinado anterior, pero tamén situando nos postos clave os seus propios parentes, amigos, clientes, ao tempo que acumulaba para a súa casa títulos, rendas e propiedades. O pro-

58

grama político de Olivares está contido no Gran Memorial que presentou ao rei en 1624. Considerando que a autoridade e reputación da monarquía se deterioraran, propoñía un plan de reformas encamiñadas a reforzar o poder real e a unidade dos territorios que dominaba, con vistas a un mellor aproveitamento dos recursos ao servizo da política exterior.

En 1613 Quevedo acompañou ao duque a Sicilia como secretario de Estado, e participou como axente secreto en perigosas intrigas diplomáticas entre as repúblicas italianas. De regreso en España, en 1616 recibiu o hábito de cabaleiro da Orde de Santiago. Acusado, parece que falsamente, de que participara na conxuración de Venecia, sufriu unha circunstancial caída en desgraza, á vez, e como consecuencia, da caída do duque de Osuna (1620); detido, foi condenado á pena de desterro na súa posesión de Torre de Juan Abad (Ciudad Real). • O conde-duque de Olivares era o valido do rei Filipe IV e, polo tanto, o que gobernaba no país. Na película participa en moitas intrigas palacianas para manter o seu poder e seguir rexendo os destinos de España. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) O capitán Alatriste é un personaxe de ficción inventado polo escritor Arturo Pérez-Reverte. De 1595 a 1609,

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 58

21/09/12 9:23

participa nos terzos que van a Flandres dentro dos enfrontamentos coas Provincias Unidas. En 1610 vai aos terzos de Nápoles, loitando cos turcos no Mediterráneo. En 1618 volve a Flandres. En 1621, tras a fin da Tregua dos Doce Anos, volve aos Países Baixos. En 1625 asiste á rendición de Breda. 27. Actividade libre.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 59

59 21/09/12 9:23

Solucionario TEMA 12 A Europa do Barroco   1. • O Barroco é unha etapa cultural de Occidente que abrangueu o século XVII e XVIII. Foi consecuencia principalmente das loitas de relixión que dividiran Europa e, polo tanto, supuxo a exaltación dos sentimentos. A serenidade e o optimismo renacentistas foron substituídos por unha visión máis mística e menos optimista. • Nos países católicos a nova mentalidade reflectiu unha relixiosidade desgarrada que se percibía en todos os aspectos da vida. Mentres que nos países protestantes triunfaron unha forma de ver a vida individualista e a valoración social do triunfo económico. • O racionalismo e o empirismo foron os novos métodos do coñecemento que triunfaron durante o século  XVII. Os científicos pensaban que a verdade se podía alcanzar a través da experimentación (empirismo) e do uso da razón (racionalismo). • Os científicos máis destacados foron: Galileo, Kepler e Newton. Galileo confirmou a teoría heliocéntrica de Copérnico, segundo a cal a Terra xiraba arredor do Sol; tamén logrou certos avances en mecánica. Kepler formulou as leis que rexen as órbitas dos planetas e introduciu a linguaxe matemática da astronomía. Newton estableceu a lei da gravitación universal, que explicaba o movemento dos planetas no universo. Tamén realizou investigacións en óptica e formulou a teoría xeral da luz.   2. •  (Documento 2) Kepler e o telescopio astronómico (1611); Descartes e a xeometría analítica (1637); W. Harvey e a súa teoría sobre a circulación sanguínea (1628); Werner Rolfinck e a disección de cadáveres (1640); B. Pascal e a máquina calculadora (1642); Christian Huygens e o reloxo de péndulo (1656); Newton e a lei da gravitación (1669); R. Boyle e a bomba pneumática (1662). A maioría dos inventos tiveron relación cos descubrimentos astrolóxicos, médicos e matemáticos.   3. • Actividade libre.   4. • As características principais da arquitectura barroca son: o uso de liñas curvas e columnas en espiral (columnas salomónicas), que dan sensación de mobilidade; a creación de efectos luminosos nas fachadas por medio da utilización de entrantes e saíntes e frontóns rotos, así creábanse zonas de luz e de sombra; a abundancia de decoración e de adornos nas fachadas, nas que se combinaban pintura, escultura e arquitectura, e o uso de materiais ricos e rechamantes, como os mármores de cores, para dar sensación de riqueza. • Roma foi a cidade onde naceu o Barroco, xa que os papas decidiron, tras o Concilio de Trento, reestruturar a cidade para reforzar o seu papel como centro da cristiandade. A remodelación da cidade consistiu na construción de grandes igrexas no novo estilo barroco e de prazas e avenidas que unían os principais edificios relixiosos da cidade.

60

• O Barroco estendeuse por case toda Europa. En Francia caracterizouse polas liñas rectas e unha decoración menos abundante. En Inglaterra, tras o incendio de Londres, deseñouse un novo trazado urbano e construíuse a catedral de San Paulo. No Sacro Imperio o estilo barroco combinouse co gótico.   5. • (Documentos 3 a 5) O Documento 3, a fachada da igrexa de San Carlo alle Quattro Fontane, mostra gran movemento debido á utilización de entrantes e saíntes, do frontón roto e da abundancia de curvas. O Documento 4, o baldaquino da basílica de San Pedro, ten a súa base en columnas salomónicas, que xogan coas curvas e cos contrastes de luz. Conta con abundante decoración, e ademais combina as tres ramas artísticas: a arquitectura, a escultura e a pintura. O Documento 5, a praza de San Pedro, xoga coas formas circulares como dous grandes brazos que acollían os fieis, para dar así sensación de mobilidade. Conta con numerosas columnas nas que se empregan materiais ricos, para dar sensación de riqueza. A fachada da basílica emprega elementos decorativos clásicos como columnas e frontóns, mostra gran decoración e exaltación dos sentimentos.   6. • Actividade libre.   7. • O urbanismo desenvolveuse no Barroco porque os gobernantes e os papas decidiron embelecer as cidades para convertelas nunha manifestación do seu poder. Construíronse prazas e avenidas principais arredor das que se articularon as cidades e dispuxéronse fontes, obeliscos e estatuas para chamar a atención dos viandantes. Tamén se desenvolveron xardíns para resaltar a beleza dos edificios. • A escultura barroca caracterízase polo realismo, as figuras adquiriron trazos persoais e movementos naturais; representaban sentimentos moi intensos, esaxerando ás veces os seus xestos; adquiriron gran mobilidade, enerxía e vitalidade. A miúdo engarzábanse en composicións complexas; creáronse efectos luminosos cos pregamentos da roupa e cos xestos das figuras, que formaban zonas de luz e sombra. As manifestacións escultóricas foron variadas: esculturas exentas, relevos, sepulcros, monumentos urbanos, etc. A temática seguiu sendo predominantemente relixiosa, aínda que se desenvolveron os retratos e as escenas mitolóxicas. • O principal escultor do Barroco foi Bernini. Recibiu a influencia de Miguel Anxo e a das esculturas helenísticas que formaban a colección do Vaticano. Entre as súas obras destacan Apolo e Dafne, a Tumba de Urbano VIII, a Éxtase de Santa Tareixa e a Cátedra de San Pedro.   8. • (Documento 8) A praza Navona organízase arredor dunha elipse rodeada de importantes edificios, como a igrexa de Santa Inés. A praza está decorada con tres fontes, a máis impoñente é a dos Catro Ríos, obra de Bernini. A praza é representativa do Barroco pola súa decoración e polo seu urbanismo. • (Documentos 9 e 10)

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 60

21/09/12 9:23

O Documento 9, a escultura de Apolo e Dafne, de Bernini, reflicte gran movemento, xa que mostra o momento no que Dafne se transforma en loureiro cando vai ser alcanzada por Apolo. Os efectos luminosos que provocan as curvas son trazos tamén característicos do Barroco. O Documento 10, a Éxtase de Santa Tareixa, de Bernini, compón unha grande escenografía, na que se mostra o rostro de Santa Tareixa con gran dramatismo. Os pregamentos da roupa producen unha combinación espectacular de luces e sombras. A postura tanto do anxo coma da santa mostran gran movemento e expresividade. O tema é relixioso.   9. • Actividade libre. (Ver, por exemplo esta información.) Das primeiras obras de Bernini, na Cabra Amaltea ponse de manifesto o seu virtuosismo para traballar o mármore. No grupo de Apolo e Dafne retoma as formas clásicas. Con Urbano II realizará unha das súas obras máis coñecidas, o Baldaquino sobre a tumba de San Pedro. Sobre a década de 1620 comeza o seu labor como retratista que culminará na década seguinte. Entre as súas principais obras destacan o retrato do cardeal Scipione Borghese e de Costanza Bonarelli. En 1644, a perda do favor papal lévao a dedicarse a encargas particulares, entre as que destaca a da capela Cornaro da igrexa de Santa Maria della Vittoria, coa Éxtase de Santa Tareixa. Na mesma liña sobresae a Éxtase da beata Ludovica Albertoni, con gran capacidade pictoricista nas súas composicións. As fontes tamén son importantes para Bernini, na dos Catro Ríos, da praza Navona, mestúrase o mármore con outros tipos de pedra. Entre os seus últimos traballos destaca o monumento funerario do papa Alexandre VII, no que queda integrada a escultura na arquitectura. 10. • A arquitectura barroca en España tivo as seguintes características: o emprego de materiais pobres. En lugar da pedra, que quedou reservada para as fachadas, utilizáronse o ladrillo ou a cachotaría; para ocultar a pobreza dos materiais, utilizouse unha abundante decoración. Construíronse sobre todo obras relixiosas, pois a Igrexa desexaba mostrar o seu poder fronte ao protestantismo. Un aspecto típico do Barroco español foi a construción de prazas maiores. Pola súa parte, a escultura barroca española presenta características moi marcadas que a diferencian da europea: a temática é predominantemente relixiosa. A maioría das obras son retablos e imaxes para decorar os templos e para as procesións. O material predominante é a madeira policromada. As figuras son moi expresivas e reflicten gran patetismo e emotividade. O movemento conséguese co uso de liñas diagonais. • Entre os arquitectos destacan: os irmáns Churriguera, Pedro de Ribera, autor do Hospicio de Madrid, e Fernando de Casas e Novoa, que realizou a fachada do Obradoiro na catedral de Santiago de Compostela. Entre os escultores destacan dúas escolas; na castelá sobresae Gregorio Fernández, e na andaluza, Martínez Montañés, Pedro de Mena e Alonso Cano.

• A utilización dunha decoración xeométrica de grandes placas e cilindros que aumentan os contrastes do claroscuro e a sensación de movemento nas fachadas. • O Barroco en Galicia supuxo unha etapa de esplendor artístico, onde se transformaron as cidades, como Santiago de Compostela, con numerosos exemplos de arquitectura relixiosa e civil. O urbanismo barroco pensou a cidade como un teatro, arredor das prazas, un escenario de pedra. 11. • (Documento 12) Esta obra representa un tema relixioso, A Piedade, tratado con profundo sentimento. O rostro da nai que suxeita o seu fillo morto transmite unha profunda tristeza. Contribúe ao dramatismo da escena a composición do corpo de Cristo inclinado sobre o eixe vertical de María. • (Documentos 11 e 13) A fachada da catedral de Santiago de Compostela consegue coa abundante decoración e os efectos luminosos dos muros un gran efecto escenográfico. Así, a fachada da catedral funciona de pantalla e a praza do Obradoiro é un escenario de pedra.   A fachada do convento de Santa Clara de Santiago é unha fachada pano, ou sexa, é teatral porque non se corresponde coa fachada real do convento. A fachada é do barroco de placas, xa que emprega unha decoración xeométrica de grandes placas e cilindros, xunto con frontóns rotos e grandes volutas. Esta decoración aumenta os contrastes de claroscuro e a sensación de movemento da fachada. 12. • A pintura barroca tivo unha serie de características comúns en case todas as obras. Triunfou o realismo, é dicir, as persoas retratábanse tal como eran. Os cadros mostraban escenas cheas de movemento e forza. Conseguiuse con figuras que realizaban xestos bruscos ou composicións con moitos personaxes. Os personaxes mostraban os seus sentimentos, que se reflectían nos xestos dos seus rostros ou nas expresións dos seus corpos. Xeneralizáronse os grandes efectos luminosos, mesturando zonas de sombra con zonas de intensa luz, técnica denominada claroscuro. • Os temas foron moi variados: relixiosos, mitolóxicos, momentos da vida cotiá, retratos, etc. Desenvolvéronse tamén novas temáticas, como as paisaxes e os bodegóns. • Na escola italiana destaca, sobre todo, Caravaggio. A súa pintura baseouse na observación directa da realidade con toda a súa crueza. Os seus personaxes inspiráronse en persoas da vida cotiá, a miúdo de sectores marxinados da sociedade, como mendigos, prostitutas e persoas con problemas físicos. Foi ademais un mestre do claroscuro. A súa técnica chamouse tenebrismo, e consistía en facer emerxer as figuras de entre a escuridade. Na escola holandesa os temas tiveron moita relación coa vida da burguesía, e abundaban as paisaxes rurais e urbanas, as escenas cotiás, os retratos, os temas relixiosos e os bodegóns. Rembrandt foi o pintor máis importante da escola holandesa. Utilizou o claroscuro

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 61

61 21/09/12 9:23

Solucionario con gran mestría e cultivou o realismo nos seus retratos. Destacou nas composicións de temas bíblicos e de escenas cotiás. Frans Hals foi un grande autor de retratos, tanto individuais coma colectivos. Hals soubo captar con mestría a personalidade daqueles que retrataba. Vermeer especializouse en interiores de fogares burgueses, onde reflectía a cómoda vida dese grupo social. Os seus personaxes eran serenos e a luz remarcaba a calidez do fogar. A escola flamenga estivo moi influída pola pintura italiana e por iso un dos seus principais trazos foi o naturalismo ou realismo. Outra das súas características foi a minuciosidade con que se retrataban as paisaxes e as escenas. O principal pintor flamengo foi Rubens. Os seus cadros caracterizáronse polo rico colorido e por unha gran sensación de movemento nas escenas. 13. • (Documentos 14 a 17) O Documento 14, Vista de Delft, de Vermeer. É unha obra da escola holandesa. Nela reflíctese con gran realismo unha paisaxe da súa cidade de orixe. O primeiro plano queda en sombra e ilumínase a segunda parte, mediante o xogo de efectos luminosos. O Documento 15, A vocación de San Mateo, de Caravaggio. É unha obra da escola italiana. Os personaxes, aínda que bíblicos, son tratados como persoas da vida cotiá. No cadro xógase coas zonas escuras, só iluminadas por un raio de luz que vai de Xesús a Mateo. Este efecto é típico do tenebrismo do autor. O Documento 16, A rolda de noite, de Rembrandt. É unha obra da escola holandesa. Trátase dun retrato colectivo da compañía do capitán Frans Banninck Cocq e o tenente Willem van Rytenburch. Xoga coas luces e coas sombras, xa que unhas figuras aparecen máis iluminadas ca outras. Destacan as figuras principais e unha nena que rompe coa composición do cadro. O Documento 17, O rapto de Europa, de Rubens. É unha obra da escola flamenga. Reflicte gran movemento nas figuras, conseguido mediante os xestos bruscos. Trátase dun tema mitolóxico. As curvas crean sensación de movemento. 14. • Actividade libre. 15. • A pintura barroca española caracterizouse por servir como arma propagandística da Contrarreforma, polo que moitos cadros tiñan temática relixiosa. O estilo barroco baseouse no realismo e nunha grande emotividade, especialmente nos cadros relixiosos. Outra característica é a frecuencia de mensaxes simbólicas que se escondían detrás da escena principal. A pintura española barroca foi unha das máis importantes, por iso, este período é considerado o Século de Ouro da pintura española. • Entre os pintores españois barrocos destacaron: José Ribera, o Spagnoletto (1591-1652), seguiu o modelo do naturalismo de Caravaggio, aínda que utiliza un maior colorido e os seus personaxes mostran actitudes máis serenas; Francisco de Zurbarán

62

(1598-1664) pintou escenas relixiosas para decorar conventos; os seus personaxes expresaban intensos sentimentos; Bartolomé Esteban Murillo (16171682) cambiou o seu estilo co paso do tempo. Ao principio a súa forma de pintar baseouse no realismo e no tenebrismo italianos, pero despois as escenas dos seus cadros adoptaron posturas máis tranquilas e intimistas. Especialmente sobresaíu Velázquez, que foi sen dúbida o mellor pintor do Barroco español. Destacou por captar perfectamente a personalidade dos seus retratados, polo seu maxistral uso da luz e pola súa capacidade para pintar a profundidade nos seus cadros. 16. • (Documento 20) Neste cadro Murillo pintou a Sagrada Familia como unha familia cun fondo sentimento humano, sen o halo de santidade. O simbolismo está reflectido sobre todo na imaxe do Neno, a figura máis iluminada do cadro, que sostén un paxaro, símbolo da aceptación por parte de Xesús do martirio, para salvar a humanidade. Pola súa parte, a figura de San Xosé segue as normas do Concilio de Trento, que recomendaba representalo máis novo e forte. • (Documento 22) O cadro está dividido en dúas partes. Ao fondo, no tapiz, recolle o reto que lanzou Aracne a Minerva. A escena do primeiro plano representa unha escena de vida cotiá, un obradoiro de fiandeiras. 17. • Actividade libre. 18. Actividade libre. 19. (Ver a táboa na páxina seguinte.) 20. • Columna salomónica. Columna que ten o fuste en espiral. • Retablo. Estrutura xeralmente de madeira na que se sitúan esculturas, relevos ou pinturas. Organízase en rúas e corpos. Emprégase para decorar o altar. • Claroscuro. Técnica pictórica que consiste no uso de fortes contrastes entre zonas de luz e sombra para destacar con efectos algúns elementos. • Frontón roto. Frontón no que algún dos seus ángulos ou algún dos seus lados non está cerrado. • Bodegón. Pintura que presenta en primeiro plano alimentos ou flores xunto a útiles diversos. Denomínase tamén natureza morta. • Tenebrismo. Tendencia pictórica que se caracteriza polos fortes contrastes entre luces e sombras. Foi iniciada por Caravaggio. 21. • O Barroco caracterízase polos sentimentos exaltados, debido sobre todo ao enfrontamento relixioso que provocou cambios na mentalidade da época. Os artistas barrocos inspiráronse nas formas clásicas pero buscaron representar a realidade tal como era, sen ocultar os seus defectos ou idealizala. Tamén desexaban espertar fortes sentimentos no espectador. Para iso realizaban obras cheas de movemento e contrastes. • O Renacemento foi un período máis optimista e cheo de serenidade. A arte renacentista tamén se apoiaba

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 62

21/09/12 9:23

Arquitectura

Escultura

Pintura

Uso de liñas curvas e columnas en espiral, que dan sensación de mobilidade; creación de efectos luminosos nas fachadas por medio da utilización de entrantes e saíntes e frontóns rotos; abundancia de decoración e de adornos nas fachadas, nas que se combinaban pintura, escultura e arquitectura, e o uso de materiais ricos e chamativos, como os mármores de cores, para dar sensación de riqueza. En España: empregábanse materiais pobres como o ladrillo ou a cachotaría con abundante decoración. Construíronse sobre todo obras relixiosas. Un aspecto típico é a construción de prazas maiores.

Caracterizouse polo realismo: as figuras adquiriron trazos persoais e movementos naturais; representaban sentimentos moi intensos; adquiriron gran mobilidade, enerxía e vitalidade. A miúdo engarzábanse en composicións complexas; creáronse efectos luminosos cos pregamentos da roupa e cos xestos das figuras. A temática seguiu sendo sobre todo relixiosa, aínda que se desenvolveron os retratos e as escenas mitolóxicas. En España: a maioría son retablos e imaxes para decorar os templos e para as procesións. O material predominante é a madeira policromada. As figuras son moi expresivas e reflicten gran patetismo e emotividade. O movemento conséguese co uso de liñas diagonais.

Triunfou o realismo, é dicir, as persoas retratábanse tal como eran. Os cadros representaban escenas cheas de movemento e forza. Os personaxes mostraban os seus sentimentos. Xeneralizáronse os grandes efectos luminosos, mesturando zonas de sombra con zonas de intensa luz, técnica denominada claroscuro. En España: caracterizouse por servir como arma propagandística da Contrarreforma, polo que moitos cadros tiñan temática relixiosa. O estilo barroco baseouse no realismo e na emotividade, especialmente nos cadros relixiosos. Outra característica é a frecuencia de mensaxes simbólicas que se escondían detrás da escena principal.

Autores

Bernini, Borromini, Maderno, irmáns Churriguera, Pedro de Ribera, Fernando de Casas e Novoa.

Bernini, Gregorio Fernández, Martínez Montañés, Pedro de Mena, Alonso Cano.

Caravaggio, Rembrandt, Frans Hals, Vermeer, Rubens, Van Dyck, José Ribera, Zurbarán, Murillo, Velázquez.

Obras

San Carlo alle Quattro Fontane, Praza de San Pedro, Xardíns das Tullerías, Praza Navona, Praza Maior de Madrid, Praza Maior de Salamanca, Fachada do Obradoiro, Hospicio de Madrid, igrexa de San Caetano.

Baldaquino da basílica de San Pedro, tumba de Urbano VIII, Éxtase de Santa Tareixa, Cátedra de San Pedro, Apolo e Dafne, A Piedade.

A vocación de San Mateo, Vista de Delft, A rolda de noite, O rapto de Europa, San Sebastián, Bodegón, A Sagrada Familia do paxariño, Filipe IV, As fiandeiras, As Meninas, Mercurio e Argos.

Características

nas formas clásicas, pero buscaba a idealización e a beleza, a diferenza do Barroco. • Os artistas querían chamar a atención do espectador para xerar neles fortes sentimentos, xeralmente relixiosos. • O urbanismo converteuse na forma en que os gobernantes e os papas demostraban o seu poder, ademais de empregalo para embelecer as cidades. • Velázquez foi un dos principais pintores do Século de Ouro español e está considerado como un dos grandes mestres da pintura. As súas obras e a súa técnica influíron en numerosos artistas posteriores. • O pensamento científico desenvolveuse debido aos novos métodos empregados para a investigación: o empirismo e o racionalismo, que se baseaban na procura da verdade mediante a experimentación e o uso da razón. Este desenvolvemento científico manifestouse en medicina, matemáticas, ciencias e descubrimentos para mellorar a economía. 22. • Efectos luminosos. Para conseguir efectos luminosos neste edificio empréganse entrantes e saíntes, frontóns rotos, neste caso ademais curvos, que crean zonas de luz e sombras. • Presenza de liñas curvas. Grazas á decoración e aos entrantes e saíntes dáse un efecto de movemento.

• Tipo de decoración. A decoración é moi abundante. Empréganse elementos clásicos, como as columnas e os frontóns, e adórnanse os espazos con esculturas, como as estatuas e a decoración vexetal. • Materiais de construción. As fachadas constrúense en pedra. 23. A obra de Bernini está feita en mármore e representa con gran sentimento un tema relixioso. A obra de Martínez Montañés está realizada en madeira policromada e tamén representa un tema relixioso, pero tratado con maior dramatismo ca a escultura italiana. 24. Actividade libre. 25. • Aínda que para España o XVII foi un século de crise económica e política, destacou polo esplendor artístico, sobre todo na pintura. De aí que a ese período se lle chame o Século de Ouro. • A arte barroca foi en gran medida consecuencia das guerras de relixión que dividiron Europa; o enfrontamento relixioso provocou sentimentos exaltados que se manifestaron de maneira distinta nos países católicos e nos países protestantes. Nos países católicos, a relixiosidade manifestábase en todos os aspectos da vida, incluída a arte. Nos países protestantes, en cambio, triunfou máis unha forma de vida individualista baseada na valoración social do triunfo económico.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 63

63 21/09/12 9:23

Solucionario • As monarquías absolutas empregaron a arte como forma de demostrar o seu poder, así desenvolveuse fundamentalmente o urbanismo e a nova estrutura das cidades. Un exemplo deste poder monárquico é o palacio de Versalles de Francia, mandado construír por Luís XIV. Por outra parte, a burguesía adquiriu neste tempo gran relevancia e comezou a demandar obras de arte. 26. Actividade libre. 27. • No centro do cadro aparece a infanta Margarida, que está rodeada das súas dúas damas de honor (meninas). No ángulo dereito están os ananos Mari Bárbola e Nicolás Pertusato. No ángulo esquerdo móstrase a Velázquez pintando o cadro. Detrás da infanta sitúanse a señora de honor e un gardadamas. Ao fondo, reflectidos nun espello, vense as imaxes dos reis Filipe IV e Mariana de Austria. No último plano, tras unha porta, está o apousentador da raíña. • Actividade libre. • Case todos os personaxes miran á fronte, onde se encontran os reis (reflectidos no espello do fondo). 28. • Na metade inferior. • A infanta Margarida. • O apousentador da raíña que sae pola porta é o punto onde conflúen todas as liñas de fuga. 29. • Hai dous puntos de luz: a luz que provén da ventá da dereita (que non vemos no cadro) e que ilumina á infanta Margarida principalmente, e a luz que entra ao fondo, pola porta que abre o apousentador. O resto do cadro permanece na escuridade. Esta técnica denomínase claroscuro e é propia da arte barroca. • O sfumatto é unha técnica que consiste en suavizar o contorno das figuras mediante a difuminación das cores e das formas, envolvéndoas coma nunha calixe. O personaxe da infanta ten difuminado o pelo, mentres que o da menina vai difuminando o seu vestido. A señora de honor presenta o rostro máis difuminado, ata chegar ao personaxe final cuxo rostro está totalmente difuminado. Así para crear perspectiva os personaxes vanse difuminando conforme se van afastando da escena principal. • As persoas retratábanse de forma realista. De feito, Velázquez destacou por captar perfectamente a personalidade dos seus retratados. Así, non ten medo a retratar os ananos Mari Bárbola e Pertusato tal como eran. 30. • Todos os cadros pertencen á época do Barroco. • Actividade libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) O primeiro cadro pertence a W. Heimbach. Foi pintor da corte de Federico III de Dinamarca. O segundo é de Louis le Nain. Os seus temas predilectos foron escenas de campesiños nos seus labores cotiáns e o ton da súa pintura é moi próximo ao de Velázquez. Vermeer é un dos pintores holandeses máis recoñecidos da arte barroca. Representou diversas escenas

64

da vida burguesa e foi tamén un gran retratista e paisaxista. 31. • A estancia do primeiro cadro, aínda que non se aprecia enteira, reflicte riqueza e ornamentación. A ventá preto da que posa a familia vese decorada con arcos e columnas. Ademais, está enmarcada por unhas cortinas que lle ofrecen á estancia gran luxo. En xeral dá a impresión de ser unha estancia bastante limpa e rica. O segundo cadro, en cambio, mostra a estancia dunha familia de campesiños. Vense poucos mobles e bastante pobres, como unha mesa pequena, varias banquetas, onde están sentados os homes. Ademais, non parece que haxa moita hixiene. O terceiro cadro, o de Vermeer, mostra a estancia onde se toca o piano. Está decorada con cadros de gusto burgués, aparece un mobiliario rico pero sen ostentación. Ademais do piano, que mostra refinamento, no primeiro plano aparecen outros instrumentos e unhas ricas teas. O cuarto exemplifica o status medio dunha familia burguesa. • Os personaxes do primeiro cadro van vestidos con moito luxo e riqueza. Maniféstase nos bordados dos vestidos e nos adornos que os acompañan. En cambio, os do segundo cadro visten con roupas humildes, algúns incluso van descalzos e pódense ver esgazaduras nalgúns panos. No terceiro, a roupa mostra elegancia, pero sen moita decoración nin luxo. • No primeiro cadro a familia pertence á nobreza, o segundo, ao campesiñado e no terceiro cadro, a unha familia burguesa. No primeiro cadro maniféstase pola riqueza e ostentación da que fan gala, no segundo cadro, a pobreza reflicte as malas condicións de vida que tiñan os campesiños, mentres que a familia burguesa mostra a forma de vida acomodada desta clase social. • No século XVII, a nobreza vivía demostrando a súa riqueza e o seu poder, menosprezábase o traballo manual e na súa forma de vida facían ostentación do luxo. Os campesiños tiñan unhas condicións de vida moi pobres, subsistían en situacións, ás veces, lamentables. A burguesía era a nova clase que se enriquecera co comercio ou coa banca, e que quería achegarse ao poder dos nobres. 32. • Os cadros ofrecen información sobre os estamentos sociais que había a principios da Idade Moderna e a súa forma de vida: vestidos, mobiliario, peiteados, actividades… • Actividade libre. 33. • O autor da obra é Gregorio Fernández. Resposta libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) Gregorio Fernández (1576-1636) traballou desde mozo en Valladolid. Alí realizou a súa primeira grande obra, as estatuas de catro Apóstolos, uns Arcanxos e un Calvario para a igrexa vallisoletana de San Miguel. Tamén colaborou na realización de retablos con outros artistas. Cara a 1612 realizou os seus pasos procesionais para a Semana Santa. Estas esculturas están

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 64

21/09/12 9:23

elaboradas con gran mestría e destacan pola delicada anatomía, o dinamismo nos pregamentos suaves das teas, a talla e a calidade das carnacións. En 1614 Filipe III encargoulle a realización dun Cristo xacente. Este tema tivo grande éxito. En 1616 concluíu unha das súas obras máis importantes, o paso da Piedade para a Confraría das Angustias de Valladolid. A este paso seguírono outros, como a Flaxelación para a Confraría da Vera Cruz e o da Coroación de espiñas. Tamén realizou Inmaculadas e outras esculturas relixiosas.

Non, o pobo xa non o considera o seu señor e responde que os seus señores son os Reis Católicos. • É a forma de manifestar a súa unión fronte a un inimigo común. Desta maneira é todo o pobo o que actúa contra o comendador e non un personaxe concreto. 38. • Actividade libre.

• Trátase dunha obra do Barroco. As esculturas barrocas españolas caracterízanse por ter unha temática predominantemente relixiosa. A maioría das obras son retablos e imaxes para decorar os templos e para as procesións. O material predominante é a madeira policromada, é dicir, pintada para darlle un acabado máis suntuoso. As figuras son moi expresivas e reflicten gran patetismo e emotividade. O movemento conséguese co uso de liñas diagonais. • A obra representa a Cristo morto. O corpo mostra as pegadas do seu martirio no seu dolorido xesto e o sangue que mana das súas feridas. Manifesta un profundo dramatismo e un enorme realismo. Está realizado en madeira policromada. 34. • Trátase dunha obra exenta, realizada para unha igrexa, co cal podería ser vista desde calquera punto. • É unha escultura realista, na que se intenta mostrar a dor de Xesús tras a súa tortura na cruz. • Sobre todo, o rostro. Os ollos entreabertos, así como a boca, mostran a dor. Tamén o sangue que abrolla das feridas, que buscan sobrecoller o espectador. 35. • Actividade libre. • A perfección técnica anatómica que se logra modulando suavemente o corpo, os pregamentos do pano, que crean xogos de luces e sombras. As pegadas da dor no rostro e o sangue das feridas que dan realismo á obra. • Si, xa que presenta os trazos principais da escultura barroca española. 36. • A obra foi escrita en 1612, no século XVII, en plena época Barroca. • Non, a obra está enmarcada durante o reinado dos Reis Católicos. 37. • Fernando e Isabel son os Reis Católicos. • Na escena, o pobo asalta a casa do comendador Fernán Gómez, que se encontra protexido polo seu criado, para buscar a Frondoso retido alí. No diálogo, o pobo demostra que o comendador perdeu todo o poder de mandar sobre eles. • Flores pídelle ao comendador que se agache. Teme que o pobo o mate. O comendador respóndelle: «En esta puerta, así como rastrillo su furor con las armas defendamos», pois está disposto a defender a súa casa coas armas. • O comendador dille ao pobo que el é o seu señor e como tal deben obedecelo. ◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 65

65 21/09/12 9:23

Solucionario INTRODUCIÓN Introdución á Xeografía Humana   1.  • A Xeografía é unha ciencia que estuda a superficie terrestre, o espazo que ocupa e aproveita o ser humano. Divídese en dúas grandes ramas: Xeografía Física e Xeografía Humana. • Aspectos que serían obxecto de estudo da Xeografía Física: o relevo, o clima, as augas, os solos, as plantas, os animais. Aspectos que serían obxecto de estudo da Xeografía Humana: a poboación, a diversidade cultural, as cidades, o medio rural, a economía, a organización política dos Estados. • Estatísticas demográficas, traballo de campo (enquisas e entrevistas), mapas e gráficos, fotografías, documentais, artigos de prensa e estudos serios da poboación.   2.  • Pola de Lena localízase nun estreito val fluvial entre montañas. O clima atlántico da zona, con abundantes precipitacións todo o ano, permite o desenvolvemento de grandes bosques e pasteiros. O clima é chuvioso. • O poboamento é concentrado. As parcelas son irregulares. Están dedicadas fundamentalmente a prados para alimentar o gando. Si; a estrada discurre paralela ao río, que marca o seu trazado. Si; de feito, o relevo accidentado da zona limita o crecemento da localidade. • Trátase dunha paisaxe transformada, pois as persoas alteraron o medio natural coa construción da aldea, unha estrada (Autovía A-66) e unha vía ferroviaria. As parcelas cercadas e dedicadas sobre todo a prados indícannos a importancia das actividades do sector primario e, en particular, da explotación gandeira.   3. Mapas de puntos, de coropletas, de fluxos e un plano urbano. Para representar o volume de poboación das cidades da Comunidade empregaríase un mapa de puntos con símbolos proporcionais, que permitiría, por un lado, localizar a cidade (onde se sitúa o símbolo) e, por outro, coñecer a poboación que ten a cidade en función do tamaño do símbolo.   4. Resposta libre. (Ver, por exemplo, a seguinte información.) O gráfico lineal mostra mediante unha liña a evolución no tempo do aspecto xeográfico representado. O gráfico de barras permite comparar un mesmo aspecto entre lugares ou categorías diferentes mediante o uso de barras, horizontais ou verticais, de lonxitude proporcional ao valor que representan. O gráfico sectorial sérvese dun círculo para mostrar a distribución dos elementos dun conxunto.

66

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 66

21/09/12 9:23

TEMA 13 A poboación do mundo   1. • Desde comezos do século XIX acelerouse o crecemento demográfico nos países que hoxe chamamos ricos. Iso debeuse ás melloras técnicas na agricultura e na industria, que permitiron obter máis alimentos, e aos avances en medicina e hixiene.   2. • (Documento 1) A partir da década de 1950 a liña faise máis pronunciada e o crecemento dispárase. A día de hoxe considérase o século XX como o período de crecemento máis intenso da historia da humanidade. Co ritmo de crecemento actual, estímase que a poboación mundial alcance os 9.300 millóns no ano 2050 e supere os 10.000 millóns para o ano 2100. • (Documentos 2 e 3) As grandes concentracións de poboación coinciden con Europa, o leste de Asia (China, Xapón…), o sur de Asia (India, Bangladesh, Indonesia…), Oriente Próximo, o val do Nilo, o leste de Norteamérica (Nova York, río Mississippi…), América Latina (Buenos Aires, Río de Janeiro…) e varias áreas de África (Nixeria, Sudáfrica, zona dos lagos do Val do Rift…). En cambio, encóntranse case despoboadas as zonas setentrionais de Asia, Europa, Norteamérica (Canadá) e África (deserto do Sáhara), a maior parte de Australia, o centro de América Latina e as rexións polares. Segundo o mapa de climas e vexetación, polo xeral, a poboación aséntase en zonas de clima temperado, principalmente en lugares costeiros e de relevo chan, mentres que os desertos, as selvas, a alta montaña e as zonas polares e de climas fríos están pouco poboadas ou despoboadas.   3. • Actividade libre. (Ler a seguinte información.)  s medios inhóspitos son aqueles nos que o desenvolO vemento da vida animal en xeral e a humana en particular son especialmente difíciles. Exemplos de medios inhóspitos son o deserto, os polos e as zonas de alta montaña. Nos desertos, o ser humano sobrevive practicando o nomadismo pastoril, xa que é a única forma de encontrar auga e alimento para o gando. Nas zonas polares e de alta montaña practícase a gandaría e a agricultura con animais e plantas autóctonos, capaces de sobrevivir nesas condicións ambientais adversas.   4. • Para saber se un territorio está moi ou pouco poboado non se ten en conta a poboación absoluta, é dicir, o número de persoas que o habitan. Para facelo analízase a densidade de poboación, é dicir, a relación entre unha poboación e o territorio que ocupa. Se unha zona ten un número elevado de habitantes concentrado nun territorio moi pequeno, diremos que está densamente poboada. Pero se esa mesma poboación se reparte nun territorio moi grande, diremos que non está densamente poboado. Densidade de poboación = Número de habitantes / Superficie (en km²).

  5. • (Documentos 4 e 5) As rexións oriental e meridional de Asia concentran máis da metade da poboación mundial. As outras zonas máis densamente poboadas da Terra son Europa, as costas leste e oeste de Estados Unidos, a zona central de México, a costa brasileira, as ribeiras do río da Prata e o golfo de Guinea. Entre os factores desta concentración pódense citar: localización na zona de clima temperado, dispoñibilidade de auga, zonas principalmente caracterizadas por seren urbanas e costeiras. Os países máis poboados son China (case 1.400 millóns de habitantes) e India (case 1.200 millóns). Non, están máis densamente poboadas as costas e ribeiras fluviais; por exemplo, en China, a súa densidade de poboación media é baixa: 140 hab./km², pero na costa elévase por riba dos 400 hab./km² ata alcanzar o seu valor máximo na rexión administrativa especial de Macau, con máis de 20.500 hab./km². • (Documento 6) En millóns de habitantes: Asia (4.157), África (1.030), Europa (739), América Latina (585), América do Norte (344), Oceanía (37).   6. • O termo natalidade fai referencia ao número de nacementos que se rexistran nun lugar durante un período determinado, normalmente un ano. Para medila utilízase a taxa bruta de natalidade (TBN), que relaciona o número de nenos que nacen nun ano coa poboación total. O resultado exprésase en tantos por mil (‰). Esta taxa calcúlase coa seguinte fórmula: TBN = (N.º de nacidos nun ano / Poboación total) x 1.000. A fecundidade indica a media de fillos que teñen as mulleres dun lugar nun período dado. Mídese coa taxa de fecundidade xeral (TFX), que relaciona o número de nenos nacidos co número de mulleres en idade de procrear (entre 15 e 49 anos). O resultado exprésase en tantos por mil. A fórmula é TFX = (N.º de nacidos nun ano / Mulleres entre 15 e 49 anos) x 1.000. Outro indicador moi utilizado é o índice sintético de fecundidade, que expresa o número de fillos por muller ao longo da súa vida. O relevo xeracional significa a substitución dunha xeración pola seguinte. Prodúcese cando a poboación dun lugar non diminúe co paso do tempo, tendo en conta o número de nacementos e de defuncións. Para que un territorio non perda poboación e se asegure o relevo xeracional, a taxa media de fecundidade debería ser, como mínimo, de 2,15 fillos por muller.   7. • (Documentos 7 a 10) Os países onde a fecundidade é máis alta son os países en desenvolvemento. Neles, os fillos traballan desde unha idade temperá para axudar a manter as súas familias. Ademais, teñen que coidar dos seus pais na súa vellez, xa que non hai pensións de xubilación nin asistencia social, polo que os pais están interesados en ter moitos fillos. Por outro lado, o nivel cultural nestes países é baixo. Todo iso explica que a taxa de fecundidade de Níxer supere os 7 fillos por muller (Doc. 8) e que a media de África sexa de 4,7 fillos (Doc. 7). Se se observa o mapa, a media de 4 fillos ou máis dáse en todos os países deste continente salvo nos Estados do norte, do sur e Gabón.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 67

67 21/09/12 9:23

Solucionario Polo contrario, nos países máis desenvolvidos a fecundidade é menor, xa que a crianza dos fillos supón un importante gasto económico. A incorporación da muller ao mundo laboral tamén contribúe a reducir o número de fillos. Por exemplo, en España a taxa de fecundidade media é de 1,4 fillos por muller, e en Europa, de 1,6. O mapa reflicte para todo o continente europeo un índice de fecundidade que está por debaixo do relevo xeracional. • (Documento 9) Nos países desenvolvidos, durante o século pasado a natalidade descendeu arredor dun 63 %, e nos países en desenvolvemento, preto do 42 % e nun período de tempo menor: nos últimos corenta anos. Non se produciu en todos os países por igual porque neste descenso inflúen factores socioeconómicos (se os nenos contribúen ou non ao sustento das familias co seu traballo, o custo da crianza, se a muller traballa ou non fóra do fogar, etc.), factores culturais (alfabetización e nivel educativo, peso da relixión...) e as políticas demográficas que apliquen os gobernos (medidas que incentiven a natalidade ou que a freen).   8.  •  a) Para algúns economistas, os pais deciden ter fillos «tras realizar un balance entre o custo e o beneficio, entre os gastos de mantemento e educación, máis as renuncias á liberdade, á mobilidade, á dispoñibilidade de tempo, máis os riscos para a saúde e para o éxito profesional, e as compensacións de todo tipo que o/a fillo/a pode proporcionarlles aos seus proxenitores: autorrealización persoal, estatuto de pai ou nai, amor paternal ou maternal, estabilidade da parella, proxecto de vida, sentimentos e emocións, etc.». Pero «dous son os factores que se aducen con máis frecuencia para explicar a baixa fecundidade actual: a situación do mercado de traballo, cunha alta taxa de paro xuvenil e unha gran precariedade laboral, e as dificultades de acceso á vivenda». Tamén se citan a incorporación masiva da muller á formación superior e ao mercado laboral e «un cambio na escala de valores, relacionado coa aparición da sociedade de consumo». Resposta libre. b) «… Estase producindo unha erosión na base da pirámide de poboación, co que non se está garantindo o relevo xeracional e estase producindo un avellentamento da poboación, co que se entrou nun ciclo de decrecemento vexetativo. As consecuencias deste envellecemento manifestaranse na estrutura da forza de traballo, na escaseza de man de obra, nas variacións na relación entre poboación activa e poboación pasiva, na escaseza de contribuíntes ao sistema de Seguridade Social, no aumento de pensionistas e da súa proporción sobre a poboación activa, no aumento exponencial dos gastos sanitarios, etc.» c) A situación actual é similar, aínda que podería considerarse máis complicada desde o ano 2007, co comezo da crise financeira mundial.   9. • A mortalidade fai referencia ao número de defuncións que se rexistran nun lugar durante un período, normal-

68

mente un ano. Para medila utilízase a taxa bruta de mortalidade (TBM), que relaciona o número de falecidos coa poboación total. Exprésase en tantos por mil e calcúlase así: TBM = (N.º de falecidos nun ano / Poboación total) x 1.000. A mortalidade infantil fai referencia ao número de falecidos menores dun ano nunha poboación. Calcúlase mediante a taxa de mortalidade infantil (TMI), que relaciona os nenos falecidos menores dun ano cos nacidos nese ano e exprésase en tantos por mil. A súa fórmula é: TMI = (N.º de falecidos menores dun ano / N.º de nacidos ese ano) x 1.000. A esperanza de vida defínese como a media de anos que pode chegar a vivir un neno que acaba de nacer. 10. • (Documento 11) Nos países desenvolvidos a mortalidade foi moi elevada ata finais do século XIX. Nese momento empezou a descender ata a primeira metade do século XX, pasando do 28 ao 10 ‰, aproximadamente. Desde entón, a taxa de mortalidade mantense estable, por debaixo do 10 ‰ como media. Nos países en desenvolvemento a mortalidade comezou a descender de maneira leve a finais do século XIX, pero mantívose elevada (por riba do 30 ‰) ata case mediados do século XX. Na segunda metade da centuria o descenso volveuse brusco e a taxa de mortalidade media nestes países pasou dun 23 ‰ en 1950 ao 8 ‰ actual, unha taxa similar á do mundo máis desenvolvido. • (Documento 12) África central e meridional (15 ‰) e Europa oriental (14 ‰) son as rexións que presentan unha maior taxa de mortalidade. • (Documento 13) Son países desenvolvidos. Isto débese a unha mellor alimentación e a unha maior atención sanitaria e calidade de vida. Resposta libre. (Ler a seguinte información.) En xeral, as mulleres teñen unha maior fortaleza física fronte á enfermidade, participan menos nas guerras como soldados e teñen hábitos de vida máis saudables, aínda que isto último está cambiando, pois, por exemplo, cada vez son máis as mulleres que fuman, abusan do alcohol ou padecen situacións de estrés no traballo. • (Documento 14) Especialmente en África, e tamén nalgúns países do sur de Asia. Isto obedece aos diferentes niveis de desenvolvemento económico e tecnolóxico, que nestas rexións se traduce en pobreza extrema, períodos de fames e desnutrición, escasas infraestruturas sanitarias e hixiénicas ás que, ademais, non ten acceso a maioría da poboación. 11. • Actividade libre. (Ler a seguinte información.) Na década de 1990 producíronse varios conflitos armados, internos e internacionais, nos que se mesturaron motivos políticos, económicos, raciais, etc., e que provocaron a morte de máis de catro millóns de congoleses. 12. • Chamamos crecemento natural ou vexetativo á diferenza entre o número de nacidos e de falecidos nunha poboación. A taxa de crecemento natural

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 68

21/09/12 9:23

(TCN) exprésase en tantos por cento e calcúlase así: TCN = [(N.º de nacidos – N.º de falecidos) / Poboación total] x 100. Cando nacen máis persoas das que morren, a poboación crece, e cando nacen menos persoas das que morren, diminúe.

gada de persoas (inmigrantes) a un lugar procedentes doutro territorio. O crecemento natural ou vexetativo é a diferenza entre o número de nacidos e o número de falecidos nunha poboación. Pero o crecemento real da poboación dun lugar ten en conta, ademais da natalidade e da mortalidade, as migracións, é dicir, a poboación que chega a ese lugar e a que marcha del.

• Que cada vez é máis numeroso o grupo de persoas maiores (de 65 anos ou máis) entre a poboación e, sobre todo, respecto á poboación nova (menores de 15 anos). • Por exemplo, o aumento do gasto sanitario e en pensións de xubilación, ao tempo que se reduce a poboación traballadora que, cos seus impostos, ha de cubrir eses gastos sociais. • Para favorecer o aumento da natalidade adóptanse medidas como prestacións económicas por parto, permisos máis longos por maternidade e paternidade, vantaxes fiscais e outras axudas ás familias numerosas, redución da xornada laboral, etc. • Por exemplo, campañas de planificación familiar apoiadas na difusión de métodos anticonceptivos, penalizacións ás familias numerosas e legalización do aborto, entre outras medidas. 13. • (Doc. 15) A maior parte encóntranse en África. Por exemplo, tres países con crecemento natural ou vexetativo superior ao 3 % son Mali, Níxer e Uganda. Fundamentalmente débese a unha elevada natalidade. • (Documento 16) Respostas libres.

• Significa que nese país o número de emigrantes supera o número de inmigrantes. • (Ver táboa ao pé desta páxina.) 16. • (Documento 17) Os principais países emisores de emigrantes encóntranse en África, Asia central e meridional, América central e Caribe, e varios países de América do Sur: Colombia, Perú, Bolivia e Paraguai. As principais áreas receptoras de inmigrantes son: América do Norte, Australia e Europa; en África, os países costeiros do golfo de Guinea e Sudáfrica; en Oriente Medio, Arabia Saudita, e en Asia, Xapón. 17. • ACNUR explica que un refuxiado é unha persoa que «debido a fundados temores de ser perseguida por motivos de raza, relixión, nacionalidade, pertenza a determinado grupo social ou opinións políticas se encontre fóra do país da súa nacionalidade e non poida ou, a causa deses temores, non queira acollerse á protección de tal país».

14. • Actividade libre. (Ler a seguinte información.)

ACNUR son as siglas de Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados. A función desta axencia é «dirixir e coordinar a acción internacional para a protección dos refuxiados a nivel mundial. O seu obxectivo principal é salvagardar os dereitos e o benestar dos refuxiados, garantir que todos poidan exercer o dereito a solicitar asilo noutro Estado e a gozar del, identificar solucións duradeiras para os refuxiados, tales como a repatriación voluntaria en condicións dignas e seguras,  a  integración na sociedade de acollida ou o reasentamento nun terceiro país. O ACNUR tamén ten o mandato de axudar as persoas apátridas en todo o mundo».

Malthus sostiña que o crecemento demográfico era maior co o dos alimentos, pois afirmaba que a poboación crecía en progresión xeométrica mentres que os alimentos o facían en progresión aritmética. Segundo Malthus, se non se chegaba a unha situación crítica era porque funcionaban uns freos positivos, como as guerras, a fame, as pragas ou as enfermidades; uns freos preventivos, como a abstinencia sexual ou o atraso na idade de contraer matrimonio; e, en última instancia, un freo final: o aumento das taxas de mortalidade. 15. • Chamamos emigración á saída de persoas (emigrantes) desde un territorio a outro, e inmigración á che-

18. Actividade libre.

Consecuencias das migracións Países emisores • Reduce a presión sobre o emprego.

• Rexuvenecemento das súas poboacións: chegan mozos en idade de procrear. • Incremento de traballadores que pagan impostos. • Enriquecemento cultural.

• Diminúe o volume de poboación en idade de traballar e envellecen. • Pódese dar un desequilibrio entre os sexos pola maior emigración dun deles. • Marchan persoas emprendedoras e cualificadas.

• A chegada masiva de inmigrantes a un lugar pode saturar as súas infraestruturas de servizos (colexios, centros sanitarios, etc.), aumentar o gasto asistencial e xerar conflitos pola falta de integración ou a aparición de condutas xenófobas.

Positivas

Negativas

Países receptores

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 69

69 21/09/12 9:23

Solucionario 19. 

Natalidade

Mortalidade

Crecemento natural

Ata o século XVIII

Alta

Moi alta

Baixo

Século XIX

Alta

Redúcese

Acelérase

Baixa desde mediados do século

Baixo

Século XX

Diminúe e é baixa ao final do século

• A natalidade reduciuse nos países desenvolvidos porque os fillos supoñen unha carga económica, pois non poden traballar ata os 16 anos e os custos da súa crianza son moi elevados. A incorporación da muller ao mundo laboral tamén contribuíu a reducir o número de fillos. • A mortalidade foi moi elevada ata o século XIX. Nesa centuria reduciuse nos países máis ricos polas melloras técnicas na agricultura e na industria, que permitiron obter máis alimentos, e os avances en medicina e hixiene. No século XX a mortalidade continuou descendendo ata alcanzar unha taxa media inferior ao 10 ‰ a finais da década de 1950. Desde entón mantense baixa, arredor dese valor, pois a esperanza de vida incrementouse notablemente nos países desenvolvidos. 20.  Factores físicos • Lugares onde abunda a auga, que é necesaria para o abastecemento da poboación e para o desenvolvemento das actividades económicas. • Zonas con climas temperados, que teñen temperaturas suaves durante todo o ano e chuvias abundantes pero non excesivas. • Vales e chairas, que adoitan ser zonas con solos fértiles e cuxo relevo facilita as comunicacións. • Áreas con recursos enerxéticos: minerais, petróleo, etc.

Factores humanos • As zonas habitadas desde tempos antigos. • Áreas onde se concentran as actividades económicas: industria, comercio, turismo, servizos financeiros, administrativos…

• Resposta libre. (Por exemplo, Xapón presenta unha elevada concentración demográfica favorecida pola súa intensa actividade económica. Como exemplo de baleiro demográfico pódese citar o deserto do Sáhara, pola súa aridez.) 21. • A poboación de Níxer é nova, xa que case a metade dos seus habitantes ten menos de 15 anos e só o 2,3 % da poboación alcanza ou supera os 65 anos. Polo contrario, a poboación de Reino Unido é unha poboación envellecida, posto que só o 17,3 % é menor de 14 anos, e unha porcentaxe similar, o 16,5 %, ten 65 anos ou máis. • O crecemento natural de Níxer será elevado debido á súa numerosa poboación nova, que impulsará a natalidade, ao que se suma a súa mentalidade pronatalista. No caso de Reino Unido o seu crecemento demográfico será moi baixo se se ten en conta só o saldo vexetativo, aínda que se recibe unha importante poboación inmigrante, o crecemento real será maior.

70

• As taxas de natalidade e fecundidade, e a esperanza de vida. No caso de Níxer, a taxa bruta de natalidade é do 49,5  ‰, e a de fecundidade, de 7,2 fillos por muller. A esperanza media de vida neste país é de 53,8 anos. En Reino Unido a taxa bruta de natalidade é do 12,2 ‰, a taxa de fecundidade é de 1,8 fillos por muller, e a esperanza media de vida sitúase en 80,1 anos. • En Reino Unido a poboación envellece, o que provoca problemas como o aumento do gasto sanitario e en pensións de xubilación, ao tempo que se reduce a poboación traballadora que cos seus impostos debe cubrir eses gastos sociais. En Níxer os problemas son ben distintos: o crecemento demográfico é superior ao crecemento económico, polo que os recursos son cada vez máis escasos e a pobreza agudízase, e o acceso á educación e a outros servizos sociais básicos faise moi difícil e incluso, en moitos casos, imposible. • En Níxer o goberno aplicaría unha política antinatalista, con medidas como a difusión de métodos anticonceptivos, penalizacións ás familias numerosas e a legalización do aborto. En Reino Unido o goberno aplicaría políticas pronatalistas, con medidas como prestacións económicas por parto, permisos por maternidade e paternidade, vantaxes fiscais e outras axudas ás familias numerosas, redución da xornada laboral, etc. 22. • A fotografía mostra un lugar abandonado, onde aparecen casas de pedra en ruínas e unha paisaxe claramente rural. • Ao éxodo rural. • Fundamentalmente, a falta de oportunidades laborais e formativas nas aldeas. A poboación emigra ás cidades, onde son maiores as posibilidades de encontrar un emprego e os mozos poden cursar estudos superiores. Ademais, as cidades ofrecen máis servizos especializados aos seus habitantes. • Entre as consecuencias pódense citar: o envellecemento da poboación rural, a perda de actividade económica na zona, a diminución de servizos públicos, e, nos casos máis extremos, o abandono da aldea. 23. • Corresponde a unha política antinatalista. • O envellecemento da poboación. • O envellecemento da poboación podería afectar negativamente á actividade económica dunha zona que é o centro nacional da industria para a exportación ao reducirse a poboación activa. • Porque implica uns maiores gastos sociais, redúcese a poboación en idade de traballar, non se produce o relevo xeracional… • Resposta libre. 24. • A poboación nova en Bolivia é moito maior ca a poboación nova de Austria. Por exemplo, o grupo de entre 10 e 14 anos, en Bolivia supera o 5 % da poboación do

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 70

21/09/12 9:23

país, tanto en homes coma en mulleres, mentres que en Austria ese mesmo grupo de idade non chega ao 3 %. • Os tramos de idade máis avultados en Bolivia corresponden aos da poboación nova (menores de 15 anos), mentres que en Austria corresponden aos da poboación adulta, en particular aos grupos de idade comprendidos entre os 40 e os 49 anos. • Austria ten maior esperanza de vida ca Bolivia debido aos seus distintos niveis de desenvolvemento socioeconómico. Austria é un dos países máis desenvolvidos do mundo. A súa poboación, que en xeral dispón de elevados recursos económicos, está ben alimentada, cóidase máis e ten acceso a boas infraestruturas de servizos sociais básicos, como hospitais especializados. • A pirámide de Bolivia é unha pirámide progresiva, que corresponde a un país pouco desenvolvido, cunha alta natalidade e mortalidade e un crecemento natural moi forte, que continuará nos próximos anos. A pirámide de poboación de Austria é unha pirámide regresiva, que corresponde a un país desenvolvido, envellecido e cunha baixa proporción de mozos en contraste coa poboación adulta e anciá. 25. Pirámide de Bolivia: 1) É unha pirámide progresiva. O seu perfil ten forma de pagode, con base ancha e cúspide moi estreita. Indica unha alta natalidade e mortalidade e un crecemento natural moi forte, que continuará nos próximos anos. 2) É unha pirámide equilibrada por sexos, pois, aínda que nacen máis homes ca mulleres e os primeiros son máis numerosos nos grupos de mozos, a grandes trazos, a porcentaxe de homes e mulleres nos distintos grupos de idade é similar. 3) A poboación maior é reducida, o que indica que a esperanza de vida non é alta, e é lixeiramente superior nas mulleres. A poboación adulta aumenta a medida que baixa a idade, ata chegar a unha base ancha froito dunha natalidade moi elevada. Pódese destacar que, no lado masculino, a poboación de entre 35 e 49 anos é algo menor ca a poboación feminina, talvez debido a unha maior taxa de mortalidade dos homes ou á emigración exterior. 4) É un país en desenvolvemento, cunha elevada poboación nova e moi poucos anciáns. O seu crecemento natural será forte nos próximos anos, aínda que o feito de que o grupo de idade de 0 a 4 anos sexa case similar ao grupo de 5 a 9 pode indicar unha posible desaceleración da natalidade.

3) Na pirámide de Austria podemos notar unha fenda no grupo de idade dos 75 anos, máis acusado nos homes, que responde á Primeira Guerra Mundial, unha contenda que implicou a diminución dos nacementos e o aumento do número de defuncións, o que provocou un descenso drástico da poboación. Polo contrario, os saíntes que forman os grupos de 40 a 49 anos coinciden co chamado baby boom dos anos sesenta e coa inmigración desde outros países. Nos anos oitenta a recesión económica traduciuse nunha menor natalidade e no freo da inmigración, o que se nota no grupo dos 30-34 anos. 4) Austria é un país moi desenvolvido. A súa poboación envellece e o número de mozos non é suficiente para que se poida dar o relevo xeracional. Parece un país cuxo crecemento demográfico depende da inmigración exterior. 26.  Taxa bruta de natalidade

Taxa bruta de mortalidade

Taxa de mortalidade infantil

Taxa de crecemento natural

China

12,17 ‰

  6,89 ‰

17 ‰

  0,53 %

Sudán

36,57 ‰

11,65 ‰

72 ‰

  2,49 %

Alemaña

  8,28 ‰

10,80 ‰

  4 ‰

–0,25 %

• Si. Alemaña. Ten unha taxa de mortalidade infantil moi baixa (4 ‰). A súa esperanza de vida é moi elevada (80 anos). • Sudán presenta unhas características demográficas opostas ás de Alemaña, cunha alta taxa de natalidade (36,57 ‰), unha esperanza de vida baixa (54 anos), unha mortalidade infantil moi elevada (72 ‰) e unha taxa de fecundidade que é tres veces e media a de Alemaña: 4,9 fillos por muller. A diferenza na taxa de fecundidade destes países débese a que o custo de mantemento dun fillo é alto en Alemaña e, polo xeral, este non se independiza antes de terminar os seus estudos (educación obrigatoria ata os 15-16 anos) e encontrar un emprego. En cambio, en Sudán, os fillos empezan a traballar a unha idade moi temperá para axudar ao sustento da familia e, por iso, teñen máis fillos. Ademais, neste país é moi raro que os nenos asistan moitos anos á escola.

1) É unha pirámide regresiva. O seu perfil ten forma de bulbo, cunha parte central moi ancha. Indica unha escasa natalidade, un crecemento natural débil e unha alta esperanza de vida. É un país envellecido, cunha baixa proporción de mozos en contraste coa poboación adulta e anciá.

• A taxa de natalidade na China é baixa. Responde a unha política de control do crecemento da poboación (antinatalista). China é o país máis poboado do mundo e un elevado crecemento demográfico supón unha maior presión sobre os recursos (alimentos, servizos sociais…) e pode xerar máis pobreza. O goberno chinés introduciu a política do fillo único a finais dos anos setenta do século XX para aliviar os problemas sociais e ambientais do país. Con ela reduciuse drasticamente a natalidade, pero tamén propiciou un aumento do número de homes (máis útiles para o traballo no campo) fronte ao de mulleres e, en consecuencia, un grave desequilibrio por sexos.

2) A partir dos 70 anos de idade, nótase a diferenza entre a esperanza de vida dos homes e das mulleres, xa que é maior a destas últimas.

• China é un país en desenvolvemento, cunha natalidade controlada e unha baixa mortalidade. Sudán é un país pobre, cunha taxa de natalidade moi alta aínda,

Pirámide de Austria:

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 71

71 21/09/12 9:23

Solucionario e unha mortalidade en descenso. Alemaña é un país moi desenvolvido, cunhas taxas de natalidade e mortalidade moi baixas, en particular a de natalidade, que se traducen nun crecemento natural negativo. 27. Actividade libre. 28. Actividade libre. 29. Actividade libre. 30. Actividade libre. 31. Actividade libre. 32.  • Actividade libre. (Ler a seguinte información.) – Por exemplo, en «Cifras de poboación e Censos demográficos», recóllense datos de estimacións da poboación actual e proxeccións a curto e longo prazo. – Movemento natural da poboación. – Migracións. – Indicadores demográficos básicos: taxas brutas e específicas (natalidade, mortalidade, nupcialidade…), índices de envellecemento, etc. – Enquisas de fecundidade. – Táboas de mortalidade (inclúen a esperanza de vida por idade).

72

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 72

21/09/12 9:23

TEMA 14 Unha poboación diversa   1. • Resposta libre. Pódense citar, por exemplo, o teletraballo, as compras e a comunicación entre as persoas a través de Internet, etc.   2. • (Documento 4) En Europa occidental predomina a sociedade postindustrial. En África, a sociedade rural. En Latinoamérica, a sociedade industrial. Nas sociedades rurais a maior parte da poboación vive no campo; a agricultura e a gandaría constitúen a base da súa economía; a industria é escasa e os servizos son tradicionais. Nas sociedades industriais a maioría da poboación vive en áreas urbanas; un terzo da riqueza procede da industria; o sector servizos é forte (sobre todo os transportes e o comercio), mentres que o sector primario ten menos peso. As sociedades postindustriais son plenamente urbanas, os servizos constitúen a actividade económica predominante e son moi variados e especializados, as actividades industriais tradicionais perden peso a favor das industrias avanzadas, e o sector primario ocupa moi pouca poboación, aínda que, grazas á mecanización dos labores e aos avances tecnolóxicos, a súa produción aumentou.   3. • O termo cultura define o conxunto de manifestacións dun pobo que se expresan a través dunha lingua, dunha relixión, duns costumes, dunha arte, dunha literatura… Os grandes conxuntos culturais constitúen as civilizacións, que presentan un pasado común e esténdense, en xeral, por un ámbito xeográfico próximo. • Por exemplo, as numerosas migracións e o proceso de globalización.   4. • (Documento 5) O chinés (uns 1.200 millóns de persoas), o inglés (uns 478 millóns) e o hindi (uns 437 millóns). Aínda que o chinés se fala en varios países (é lingua oficial non só na China, senón tamén en Taiwán e Singapura), sen dúbida, a lingua máis internacional é o inglés. En moitos países é a lingua oficial, e noutros moitos, unha das linguas cooficiais. Ademais, impúxose no ámbito dos negocios como a lingua por excelencia en todo o mundo. • (Documentos 6 e 7) O cristianismo (33,1 %), o islam (20,2 %) e o hinduísmo (13,5 %). A relixión cristiá predomina en Europa, América, Australia e Nova Zelandia, gran parte de Rusia e Kazakhstán. O islam esténdese, fundamentalmente, por África setentrional, Asia occidental (Oriente Próximo) e central, Bangladesh, Malaísia e Indonesia. O hinduísmo practícase na India e en varios países veciños: Nepal, Bután e norte de Myanmar.   5. • Actividade libre. (Ler a seguinte información.) Sunnita e xiíta son as dúas ramas principais do islam. Os sunnitas consideran sucesores de Mahoma aos catro primeiros califas, mentres que os xiítas só recoñecen a un deles, Alí, o curmán e xenro de Mahoma, como o sucesor lexítimo. As diferenzas entre estas dúas ramas radican tamén en aspectos doutrinais e políticos.

A rama sunnita é seguida por máis do 80 % dos musulmáns, e a rama xiíta, máis radical, polo 10 % dos fieis. Todos os cristiáns recoñecen a Xesucristo e seguen as súas ensinanzas. Con todo, existen importantes diferenzas doutrinais entre as confesións cristiás protestante, ortodoxa e católica; por exemplo, só os católicos recoñecen que a Virxe María concibira sen pecado orixinal e impoñen o celibato aos seus sacerdotes. Tamén discrepan sobre a primacía e infalibilidade do papa, unicamente recoñecida polos católicos, e nalgunhas prácticas. Por exemplo, no rito católico, durante o sacramento do Bautismo, o sacerdote derrama auga sobre a cabeza do neno, mentres que no rito ortodoxo mergullan o neno na auga; nas relixións ortodoxa e protestante non existe o sacramento da Primeira Comuñón; a celebración protestante céntrase no sermón do sacerdote e non rende culto á Virxe ou aos santos, etc.   6. • A sociedade occidental é unha sociedade postindustrial, urbana, de poboación maior e envellecida, multicultural, en que existe o chamado Estado de benestar, e é unha sociedade da información e do coñecemento. • O Estado de benestar significa que o Estado intervén na vida económica e social para garantirlles a todos os seus cidadáns un nivel de vida digno mediante unha redistribución máis equitativa da riqueza e a prestación de servizos sociais básicos.   7. • (Documentos 9 e 10) En España, a incorporación masiva da muller ao mundo laboral comezou máis tarde ca noutros países occidentais. Acelerouse a partir de 1985, cando menos do 30 % das mulleres traballaban fóra do fogar ou estaban dispostas a facelo. Actualmente, a porcentaxe de poboación activa feminina é similar á doutros países de Europa occidental, e incluso moi superior á de Italia, pero inferior á de Estados Unidos e Australia. A incorporación da muller ao mercado laboral implicou un atraso na idade á que se estrean como nais, un descenso no número de fillos e que os labores domésticos comecen a ser compartidos entre ambos os sexos. En España, os fogares con acceso a Internet non chegaban ao 20 % en 2002, unha porcentaxe moi inferior á media da UE, que superaba o 40 %. Pero a distancia foise acurtando e en 2010 case o 60 % dos fogares españois estaban conectados a Internet, fronte ao 70 % da media comunitaria. Internet supuxo unha revolución social: transformou a forma de traballar, de comprar, de relacionarnos cos demais…, aínda que nalgunhas persoas, en particular mozos, a «necesidade» de estar conectadas ao teléfono e ás redes sociais provócalles ansiedade e unha dependencia excesiva. • (Documento 11) A maioría dos enquisados alega unha destas dúas razóns: o excesivo paro (43 %) e os baixos salarios (23 %). Máis da metade cren que os desempregados son os que teñen maior risco de padecer a pobreza, e case catro de cada dez sinalan que é a xente maior. Resposta libre.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 73

73 21/09/12 9:23

Solucionario   8. • Actividade libre.

• Os que acoden ao colexio para formarse. • Resposta libre.

  9. Actividade libre. 10. (Ver táboa ao pé da páxina.) 11. De arriba abaixo: sociedade potsindustrial, rural, industrial. 12. Actividade libre. (Por exemplo, sociedade postindustrial: España; sociedade rural: Ruanda; sociedade industrial: Polonia.)

• Familias con menos fillos, o acceso da muller ao traballo fóra da casa e a axuda do home nas tarefas do fogar. • Resposta libre. • Respostas libres. • Resposta libre. 15. • Resposta libre. (Ler a seguinte información.) Débese recoñecer que a falta de estudos reduce as posibilidades de acceder a un posto de traballo ben remunerado e, por conseguinte, aumenta o risco de caer na pobreza. Pola súa parte, a adicción ás drogas tamén afecta negativamente ao desempeño satisfactorio dun traballo, ademais de prexudicar gravemente a saúde e causar outros importantes problemas sociais.

13. • Estado de benestar. É aquel en que o Estado intervén na vida económica e social para garantir a todos os seus cidadáns un nivel de vida digno mediante unha redistribución máis equitativa da riqueza e a prestación de servizos sociais básicos. • Sociedade da información. É aquela en que as novas tecnoloxías, e en particular Internet, permiten identificar, producir, tratar e difundir cuantiosa información de forma case inmediata. • Globalización. Desde unha perspectiva económica, proceso cara a unha maior interdependencia e integración das economías mundiais pola tendencia dos mercados e das empresas a actuar máis alá das fronteiras do seu país. Pódese aplicar a outros aspectos, como a ideoloxía e a cultura. • Sociedade multicultural. É aquela en que conviven varias culturas. Está integrada por persoas de distintas razas, relixións, ideoloxías..., o que favorece que as culturas evolucionen ao adoptar trazos doutras coas que entran en contacto. Respostas libres. 14. • Si. Si. Un país rico inviste máis en educación, sobre todo de maior calidade e especialización. A poboación ten fácil acceso a esta educación; por iso, nos países desenvolvidos o nivel de formación dos mozos é alto. Á súa vez, o nivel de formación da poboación traballadora determina o desenvolvemento económico do país e a súa maior ou menor competitividade.

• Respostas libres. • Resposta libre. 16. Actividade libre. 17. Actividade libre. 18.  • India (Punxab). Por motivos económicos. • A nai viste sari e leva adornos típicos da cultura hindú, como a tika ou bindi (pequeno punto vermello na fronte), e o pai, de confesión sikh, leva o característico turbante, pero os mozos visten de forma occidental. Na familia comen pratos indios, relaciónanse con amigos e familiares inmigrantes procedentes da súa rexión natal, a súa casa está decorada con moitos ornamentos indios… • Pinky representa a continuidade, a tradición, o que se espera dunha moza hindú: que saiba cociñar pratos típicos do seu país, que case cun home da súa cultura polo rito tradicional, que sexa unha boa muller e forme unha familia, etc. Jess ten outros intereses. • Encántalles xogar ao fútbol e o que máis desexan é ir a Estados Unidos cunha bolsa universitaria para xogar alí.

A sociedade occidental Ámbito xeográfico Europa, Estados Unidos, Canadá, Australia, Nova Zelandia…

74

Culturas que inclúe Anglosaxoa, escandinava, mediterránea…

Relixións que se practican Cristianismo, en todas as súas ramas.

Características económicas

Características demográficas e sociais

Sociedades postindustriais (predominio dos servizos, variados e especializados; industrias avanzadas; moi pouca poboación dedicada ao sector primario…). Alto desenvolvemento económico.

• Poboación envellecida. • Sociedade multicultural. • Estado de benestar. • Sociedade da información e do coñecemento. • Cambios na mentalidade e no comportamento (transformación do modelo de familia; consumismo; novas formas de relacionarse, de traballar, de gozar do ocio, de comprar, etc.; preocupación polo medio natural, pola xustiza social…).

Poboamento dominante Urbano: como media, o 75 % da poboación vive en cidades.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 74

21/09/12 9:23

19.  • Na súa familia, o seu pai apóiaa timidamente, pero a súa nai trata de reconducila cara ao mundo da feminidade e os valores tradicionais da súa cultura. Si. • Quere que vaia á universidade, estude Dereito e sexa avogada. Tamén desexa que aprenda a cociñar os típicos pratos indios, que case co home adecuado (é dicir, un hindú) e sexa unha boa muller india, fiel ás tradicións. • O día da voda da súa irmá, o equipo de Jess xoga a final. Ao vela xogar, descobre a súa grande habilidade e dáse de conta de que o fútbol a fai feliz. Ademais, ve que a súa filla está loitando por aquilo que el quixo facer cando era mozo (xogar ao críquet cos ingleses). 20. • Porque consideran que é un deporte de rapaces. • Resposta libre. • Resposta libre. 21. • Resposta libre.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 75

75 21/09/12 9:23

Solucionario TEMA 15 Poboación e sociedade na UE, España e Galicia   1. • (Documento 1) Mentres que a taxa de mortalidade se mantivo estable durante todo o período, arredor do 10 ‰, a taxa de natalidade caeu de forma acusada ata mediados da década de 1990, pasando de situarse por riba do 18 ‰ ata facelo por debaixo do 11 ‰. Desde entón mantívose bastante estable, aínda que rexistrando un lixeiro incremento nos últimos anos. Entre os factores que explican a caída da natalidade pódense citar a incorporación masiva da muller ao mundo laboral e o cambio de mentalidade, e o lixeiro incremento dos últimos anos responde, fundamentalmente, á maior taxa de fecundidade das mulleres estranxeiras inmigrantes. Por outro lado, a maior esperanza de vida explica a baixa taxa de mortalidade. Como consecuencia, o crecemento natural descendeu ao longo destas décadas, desde o 8 ao 0,1 % actual, polo que a substitución xeracional non está garantida e a poboación europea envellece. • (Documento 2) Os países con maiores densidades de poboación son: Malta, Países Baixos e Bélxica. Os países menos densamente poboados son: Finlandia, Suecia, Estonia e Letonia. Entre os factores que xustifican esta distribución encóntranse, por exemplo, o clima (moi rigoroso nos países nórdicos) ou o tamaño do territorio (moi pequeno nos países máis densamente poboados). • (Documento 3) Resposta libre. (Ler a seguinte información.) Luxemburgo acolle as sedes de numerosos organismos internacionais, en particular da Unión Europea, como a Secretaría Xeral do Parlamento Europeo, o Eurostat, o Tribunal de Contas e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Os seus traballadores proceden dos distintos países comunitarios.   2. • Actividade libre. Pódese destacar esta cifra: 1 de cada 5 nenos da UE vive en risco de pobreza. A campaña española contou cun orzamento de algo máis de 1.400.000 euros, destinados a actividades para acabar coa pobreza e coa exclusión social nas nosas rexións.   3. • (Documento 4) En 1900, a poboación española era de 18,6 millóns de habitantes. Esta poboación creceu continuamente ata superar os 47 millóns. Entre 2001 e 2011 produciuse o maior crecemento: uns 6 millóns de persoas en tan só unha década. Tanto a natalidade coma a mortalidade experimentaron un continuo descenso desde 1900, aínda que con algúns picos, e o seu comportamento responde aos mesmos factores aplicados á UE (ver actividade 1). A taxa de natalidade situábase a comezos do século XX arredor do 35 ‰, e en 2010, algo por riba do 10 ‰. O descenso máis brusco produciuse a finais da década de 1930, como resultado da Guerra Civil española. Con todo, desde 1996 a natalidade comeza a crecer debido á chegada de inmigrantes. Nos últimos anos, desde que se iniciou a crise económica

76

mundial, cara a 2008, experiméntase un certo retroceso da natalidade. A mortalidade pasou dun 30 ‰ en 1900 a un 8‰ en 2010. Contra 1918 obsérvase un incremento importante da mortalidade, debido á pandemia da gripe española, e outro coincidindo coa Guerra Civil e coa post-guerra. • (Documento 5) En 1900, un 5,2 % da poboación. En 2011, un 17,2 %. A poboación menor de 15 anos pasou de constituír o 33,5 % en 1900 a só o 15,7 % en 2011, o que mostra, xunto co aumento da porcentaxe de persoas maiores de 64 anos, o envellecemento da poboación española. • O mapa reflicte como a poboación española se reparte de modo desigual sobre o territorio. As zonas máis densamente poboadas son o litoral e Madrid, xunto con algúns outros municipios que salpican o interior e que coinciden coas capitais administrativas (Valladolid, Zaragoza, Vitoria-Gastéiz, Sevilla…). As áreas costeiras máis densamente poboadas son as de Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Illas Baleares e Canarias, aínda que tamén o están certas zonas de Galicia (desde Ferrol á Coruña e as Rías Baixas). O interior peninsular presenta grandes baleiros demográficos, con menos de 30 hab./km².   4. • Actividade libre. (Ler a seguinte información.) A «Gripe española» foi unha pandemia de gran virulencia que se estendeu entre 1918 e 1920. Este feito explica que na gráfica do Documento 5, durante eses anos, se rexistre un aumento considerable da taxa bruta de mortalidade.   5. • A poboación galega ten un crecemento lento debido á forte emigración. No século XXI dase un lixeiro aumento grazas á entrada de poboación de fóra. Mantense unha taxa de natalidade moi baixa. A poboación galega vive un proceso de avellentamento polo baixo número de nacementos e a elevada esperanza de vida.  distribución da poboación galega polo territorio é moi A desigual. Hai unha gran concentración de poboación nas comarcas litorais e nalgúns vales do interior mentres hai zonas de interior moi pouco poboadas.   6. •  (Documento 6) A Coruña e Pontevedra. / Lugo e Ourense. • (Gráfico de natalidade e mortalidade) As taxas de natalidade e mortalidade de Galicia son menores ás españolas aínda que ambas tiveron un comportamento similar, cunha curva de gran descenso na natalidade nos anos setenta e oitenta que se mantivo nas décadas posteriores con índices estabilizados á baixa. Na taxa de mortalidade, Galicia tamén mantivo un índice menor que se foi distanciando do índice español nos últimos anos. Esta taxa foi moito máis regular ca a taxa de natalidade. • (Pirámide de poboación) O grupo de xente nova ten pouca presenza, o que fai que a pirámide teña unha base fráxil. O grupo de xente adulta é o máis cum-

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 76

21/09/12 9:23

prido, sobre todo de 25 anos en diante, o que augura un avellentamento paulatino da poboación galega, que en cuestión dunhas décadas terá o groso da súa poboación en idades altas. O grupo de xente vella ten bastante presenza, sobre todo, o sector das mulleres. • (Gráfico de evolución da poboación.) O gráfico sinala unha evolución de crecemento lixeiro, con períodos de estancamento, sobre todo nas décadas dos anos 50, 60, 70 por unha banda e 80 e 90 e a década do 2000 por outra. As razóns principais do escaso crecemento da poboación galega hai que velas, sobre todo, na baixa taxa de nacemento e na emigración. • (Gráfico de poboación por lugar de nacemento) É un 7,7 %. En España en 2011 a poboación de orixe estranxeira era o 12%. Ou sexa, que Galicia ten unha taxa menor de poboación estranxeira ca o resto do Estado. • (Mapa de densidade de poboación) Arredor das cidades de Vigo e A Coruña e zonas cercanas, como as poboacións das rías e a súa contorna. Actividade libre.   7. •  Finalizada a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), os países europeos demandaban moitos traballadores para poder reconstruír as súas estragadas economías. Por iso, desde 1950 e ata mediados dos anos setenta, Europa, e en particular algúns dos países máis ricos do continente, como eran Alemaña, Suíza e Francia, convertéronse no destino preferente dos emigrantes españois. • Desde finais do século XX ata os nosos días a inmigración creceu extraordinariamente, atraída pola expansión da economía española a partir de 1996, que supuxo un aumento da oferta de traballo. Tamén se establecen en España moitos xubilados británicos, alemáns e doutros Estados comunitarios atraídos polas boas condicións climáticas e a calidade de vida do litoral mediterráneo e dos arquipélagos. • Consecuencias demográficas: a inmigración provocou un rexuvenecemento da poboación, pois os inmigrantes son, principalmente, adultos mozos en idade de procrear e teñen unha mentalidade pronatalista. Consecuencias económicas: a inmigración veu cubrir a necesidade de man de obra nuns anos de expansión económica. A maioría dos inmigrantes ocupáronse na agricultura, na construción e no servizo doméstico, contribuíndo ao crecemento económico do país. Consecuencias socioculturais: convertémonos nun país máis diverso e multicultural, aínda que a inmigración tamén xerou algúns problemas de convivencia.   8. • (Documento 7) España ten algo máis de 47 millóns de habitantes. Da poboación total que vive en España, case 6 millóns son estranxeiros. En 1996 vivían en España case 39 millóns de persoas, das cales menos de medio millón eran estranxeiros. • (Documento 8) Son varias as Comunidades con máis dun 15 % de poboación estranxeira: Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Rexión de Murcia e Cataluña.

• (Documento 9) Si. Na inmigración inflúe a proximidade xeográfica, como reflicte o caso de Marrocos, a segunda nacionalidade máis numerosa en España, e tamén a proximidade cultural, como é o caso dos numerosos inmigrantes procedentes de países suramericanos, como Ecuador, Colombia ou Bolivia, cos que compartimos unha mesma lingua, relixión e moitos costumes.   9. • Actividade libre. 10. Actividade libre. 11. (Ver a seguinte táboa.) Unión Europea

España

Taxa de natalidade

10,7 ‰

10,5 ‰

Taxa de mortalidade

9,7 ‰

8,2 ‰

Crecemento natural

Moi baixo (0,1 %).

Moi baixo (0,2 %).

76,4 anos para os homes e 82,4 anos para as mulleres.

81,6 anos.

Esperanza de vida

Estrutura por idade

Poboación envellecida. Persoas con 65 anos e máis: superior ao 17 %. A poboación menor de 15 anos diminúe.

Poboación envellecida. Persoas con 65 anos e máis: superior ao 17 %. A poboación menor de 15 anos diminúe.

6,5 %

Máis do 12 %.

Poboación estranxeira

A taxa de natalidade en España é moi semellante á media da Unión Europea. En canto á taxa de mortalidade, é algo máis baixa en España, polo que o crecemento natural é maior. A esperanza de vida media en España é lixeiramente superior á media comunitaria e unha das máis altas do mundo. Respecto á estrutura da poboación por idade, a española reflicte a mesma realidade ca a Unión Europea: poboación en proceso de envellecemento. Por último, a poboación estranxeira en España practicamente duplica a media dos vinte e sete, xa que, nos últimos anos, España converteuse nun dos principais destinos europeos da inmigración estranxeira. 12. • A natalidade experimentou un forte descenso; a mortalidade tamén diminuíu, aínda que de forma menos rechamante. • Porque había menos avances médicos, científicos e sanitarios, a alimentación era máis deficiente, as condicións de traballo eran peores, a poboación coidábase menos e tiña hábitos menos saudables (facíase pouco deporte, fumábase moito…), etc. • Ambos os indicadores son bos para medir o desenvolvemento dun país. Por un lado, a esperanza de vida reflicte a calidade de vida das persoas e o acceso aos servizos sociais básicos, como a sanidade. Por outro lado, a alfabetización da poboación e a súa formación demostran o nivel educativo do país e determinan o progreso económico e a competitividade laboral.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 77

77 21/09/12 9:23

Solucionario • Os datos de España en 1950 corresponden a un país en transición. Os datos de 2010 corresponden a un país desenvolvido. 13. • A noticia trata sobre o desemprego. • Non, o desemprego afecta moito máis aos inmigrantes. Porque a crise económica iniciada en 2007 prexudicou aos sectores económicos nos que se empregaban a maioría dos inmigrantes: a construción e os servizos que esixían pouca cualificación. • Economía mergullada é toda actividade económica que se desenvolve á marxe da legalidade, polo que escapa ao control estatístico e fiscal. Porque ao traballar sen contrato, moitos inmigrantes corren o risco de non poder renovar o seu permiso de residencia. • Non, porque o diñeiro que xera non queda contabilizado en ningunha parte e, polo tanto, non tributa. • Resposta libre. (Por exemplo, custa máis a reinserción no mercado laboral, aumenta o risco de pobreza, pode provocar unha falta de autoestima e levar a quen o sofre a estados depresivos, o que á súa vez pode repercutir na relación coa familia, etc.) 14. • A pirámide ten forma de bulbo: máis estreita na base e na cúspide. Corresponde a unha poboación regresiva. Indica que o crecemento natural é escaso, a taxa de natalidade baixa, e a esperanza de vida elevada. É propia dos países máis desenvolvidos, envellecidos, cunha baixa proporción de mozos en contraste coa poboación adulta e anciá. • Por exemplo, a redución da natalidade e da fecundidade son consecuencia, principalmente, da incorporación masiva da muller ao mercado laboral, a difusión dos métodos anticonceptivos, o atraso do matrimonio e da maternidade ata os 30 anos, e o cambio de mentalidade. Pola súa parte, a mellor alimentación e os avances no campo da medicina, aos que ten acceso toda a poboación, son factores fundamentais que explican o incremento da esperanza de vida. • A poboación estranxeira é moito máis nova: case duplica a española nos grupos de idade próximos aos 30 anos; é escasa nos grupos de maior idade, a partir dos 55 anos; e a proporción de mozos é similar á dos españois.

• Á provincia. • (Por exemplo, un cadro coma o seguinte.) Provincias con densidade baixa

Zamora, Palencia, Burgos, Soria, Guadalaxara, Cuenca, Albacete, Teruel, Huesca, Salamanca, Ávila, Segovia, Ciudad Real, Cáceres.

Provincias con densidade media

A Coruña, Cantabria, Asturias, Sevilla, Áraba, Cádiz, Murcia, Castelló, Tarragona, Xirona, Lugo, Ourense, León, Valladolid, Toledo, Badaxoz, Huelva, Córdoba, Xaén, Granada, Almería, Zaragoza, Lleida, Navarra, A Rioxa.

Provincias con densidade alta

Madrid, Barcelona, Pontevedra, Guipúscoa, Biscaia, Alacant, Valencia, Málaga, Illas Baleares, Santa Cruz de Tenerife, Las Palmas.

• A poboación española distribúese no territorio dunha forma moi desigual. Exceptuando Madrid, a poboación concéntrase na periferia costeira mentres que o interior mostra unha baixa densidade de poboación. Algunhas das razóns que explican esta distribución son: o maior desenvolvemento económico de certas rexións, o clima máis suave das zonas costeiras, o trazado da rede de transporte e comunicacións, etc. 17. Actividade libre. 18. Actividade libre. 19. • A información deste mapa dáse a escala provincial e a do mapa despregable da unidade a escala municipal. • O mapa de densidade de poboación por municipios. • Respostas libres. 20. A desigualdade da muller no mundo laboral e doméstico: maior dificultade para acceder a postos directivos e de responsabilidade, salario máis baixo ca o dun home por realizar o mesmo traballo e moita maior dedicación ás tarefas do fogar. 21. Actividade libre. 22. Actividade libre.

A inmigración estranxeira rexuveneceu a poboación española e explica o lixeiro aumento da natalidade nos últimos anos. • Por exemplo, deberá fomentar unha adecuada política de inmigración que permita inmigracións estranxeiras regulares; impulsar unha política pronatalista que favoreza o aumento do número de nacementos; potenciar un sistema de pensións que permita vivir con dignidade a toda a poboación dependente, procurar un sistema de seguridade social xusto e sustentable, etc. 15. Actividade libre. 16. • O mapa representa a densidade de poboación de España.

78

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 78

21/09/12 9:23

TEMA 16 Cara a un mundo de cidades   1. • a) A paisaxe rural é o aspecto visible do espazo rural, é dicir, o que fai referencia á vida do campo e ás súas actividades, mentres que a paisaxe agrícola é un tipo de paisaxe rural, o que corresponde exclusivamente á agricultura. b) O hábitat concentrado é un tipo de poboamento no que os edificios se agrupan formando unha aldea ou un lugar, e ao seu arredor esténdense as terras de cultivo e os pasteiros. Polo contrario, no hábitat disperso as vivendas están diseminadas polo campo, e xunto a cada vivenda esténdense as terras de cultivo e os pasteiros que pertencen á familia. • As actividades económicas propias do espazo rural eran a agricultura e a gandaría. Na actualidade, no espazo rural dos países desenvolvidos estanse incorporando actividades que antes eran propias do espazo urbano, como a industria (polígonos industriais) e certos servizos (centros comerciais e de ocio, parques empresariais), así como áreas residenciais para unha poboación que traballa na cidade.   2. • (Documentos 1 e 2) a) No Documento 1 as parcelas son grandes e de forma regular, mentres que no Documento 2 son de menor tamaño e de forma irregular. En ambos os casos parece que o aproveitamento principal é agrícola. b) No Documento 1 pódese apreciar un hábitat disperso, con vivendas diseminadas polo territorio e, xunto a estas, as terras de cultivo. No Documento 2 predomina un hábitat concentrado, no que os edificios se agrupan formando unha aldea ou lugar. • (Documentos 3 e 4) O municipio de Móstoles pasou de ser unha pequena localidade rural da área metropolitana de Madrid (dedicada principalmente á actividade agrícola e, en menor medida, gandeira, cuxos produtos abastecían á capital) a converterse nunha extensa cidade de elevados bloques de vivendas e funcións propiamente urbanas. Móstoles é hoxe unha cidade que ofrece unha ampla variedade de servizos: áreas comerciais e de ocio, polígonos industriais, hospitais, universidade…, e segue sendo unha cidade dormitorio para multitude de persoas que traballan na capital.   3. • O problema que existe é que en cada país varía o tamaño de poboación polo que se define unha cidade. • A densidade de poboación e de edificación, as actividades económicas predominantes, a paisaxe urbana, a influencia sobre o medio e as relacións sociais, principalmente. • Por exemplo, un núcleo urbano presenta unha densidade demográfica maior ca un rural porque nel viven máis persoas en menos espazo; nun núcleo urbano son moi poucos os habitantes que traballan no sector primario; e un núcleo urbano, como centro económico

e de servizos, exerce unha influencia sobre o espazo rural próximo e sobre outras cidades menores. • As funcións urbanas son as actividades socioeconómicas predominantes que se realizan nunha cidade e que serven para relacionala co territorio que a rodea. • É o lugar exacto no que se asenta unha cidade. Pódenos indicar cal foi a súa función principal cando naceu.   4. • (Documento 6) A súa localización, nun outeiro elevado sobre o río Texo, e o alcázar e as murallas que se levantaron máis tarde na cidade fálannos dunha función defensiva.   5. • O plano urbano permítenos coñecer como se dispoñen os espazos edificados e os espazos libres (rúas, prazas, parques…). Tamén, se comparamos dous planos dunha mesma cidade pero de épocas distintas, podemos saber como cambiou co paso dos anos. • Porque o crecemento da cidade, segundo as épocas, puido producirse de forma espontánea ou de forma planificada. Cando o crecemento sucedeu de forma espontánea, sen unha planificación, o plano é irregular, con rúas que non seguen unha orde nin manteñen a mesma anchura e edificios amoreados. Polo contrario, cando o crecemento foi planificado, a cidade mostra un plano regular, ordenado. • A distribución de cada función ou uso do solo predominante no espazo urbano. A grandes trazos pódense distinguir catro áreas: o centro urbano, as áreas residenciais, as áreas de servizos e as áreas industriais. • Porque co paso do tempo cambian os usos predominantes en cada área da cidade. Por exemplo, antigamente as industrias localizábanse dentro das cidades. Hoxe, a maioría destas, e en particular as que necesitan moito espazo ou as máis contaminantes, trasladáronse aos espazos rurais próximos e ben comunicados coa cidade, onde o prezo do solo é máis barato. Do mesmo modo, moitos grandes centros comerciais e de ocio, así como modernos parques empresariais, localízanse na periferia urbana, en espazos que antes acollían actividades propiamente rurais.   6. • (Documento 10) No plano de Pamplona destacáronse varias áreas: o centro urbano, de plano irregular; dúas áreas residenciais bordeando o centro (o Segundo Ensanche e o barrio de Iturrama); dúas áreas industriais ao norte, localizadas na periferia urbana e xunto ao ferrocarril; e dúas áreas de servizos ao sur, con funcións hospitalaria e universitaria.   7. • Actividade libre.   8. • Hoxe en día, máis da metade da poboación mundial vive en cidades. • Actividade libre. (Como exemplo de metrópole mundial pódese citar Nova York; de metrópole nacional, Oslo; e de metrópole rexional, Milán.)   9. • (Documento 11) a) Por exemplo, Estados Unidos, Canadá, México, Colombia, Venezuela, Uruguai, Brasil, Arxentina, Chile,

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 79

79 21/09/12 9:23

Solucionario Reino Unido, Francia, España, Suecia, Noruega, Países Baixos, Australia, Nova Zelandia, Gabón, Libia, Arabia Saudita e Emiratos Árabes Unidos. Nos países desenvolvidos non, pois aínda que son os máis urbanizados (de media, o 75 % dos seus habitantes reside en cidades, fronte ao 44 % dos países máis atrasados), é nos países en desenvolvemento onde as cidades crecen máis; de feito, calcúlase que en 2050 as súas cidades acollerán o 83 % da poboación urbana do mundo. Por exemplo, ao longo desta década estímase un crecemento do 34,4 % en África e Oriente Medio, dun 21,4 % no resto de Asia e Oceanía, e dun 14,9 % en Latinoamérica, mentres que nas rexións máis ricas o crecemento urbano será nulo ou negativo. b) Unha megacidade é unha aglomeración urbana que alberga unha poboación igual ou superior a 10 millóns de habitantes. Asia, con máis dunha decena de megacidades. 10. • Unha rede urbana xerarquizada é cando entre as cidades existe unha orde de importancia dependendo da influencia dunha delas sobre as demais. • Actividade libre. (Como exemplo de metrópole mundial París, de metrópole nacional Madrid ou Barcelona, e de metrópole rexional A Coruña ou Vigo.) 11. • (Documento 12) Cidade global é unha cidade cuxa influencia vai máis alá do seu propio país e destaca no ámbito mundial. Como se sinala no mapa, o ránking elabórase en función de 30 criterios relacionados coa súa actividade económica, capital humano, intercambio de información, experiencia cultural e implicación política. Si, hai dúas cidades españolas: Madrid e Barcelona. 12. • O CBD é o Distrito Central de Negocios (Central Business District en inglés, de aí as súas siglas). Concentra multitude de oficinas e comercios que realizan unha importante actividade económica. É característico dos países desenvolvidos anglosaxóns e tamén de moitas cidades europeas. • Nos países desenvolvidos as diferenzas entre as paisaxes urbanas obedece, sobre todo, á súa maior ou menor antigüidade. A maioría das cidades anglosaxoas foron creadas entre os séculos XIX e XX, seguindo un plan urbanístico, polo que presentan un trazado regular e edificios relativamente modernos. Polo contrario, a maioría das cidades europeas teñen unha longa historia, polo que a zona do centro, a máis antiga, mostra un plano irregular, debido a unha falta de planificación nas súas orixes afastadas, e alberga os principais edificios históricos, que a miúdo alternan con outros máis modernos ou rehabilitados. Nos países en desenvolvemento as grandes diferenzas son froito da súa diversidade cultural e historia. Por exemplo, nas cidades musulmás as mesquitas e os populosos bazares ou mercados son os elementos máis destacados, mentres que en moitas cidades latinoamericanas, que antigamente foron colonias europeas, o elemento urbano máis sobresaínte é unha

80

gran praza central, flanqueada por edificios históricos. Nestas cidades latinoamericanas conviven, así, os barrios típicos do país con edificios e rañaceos de estilo occidental, como resultado da achega de dúas culturas: a nativa e a estranxeira. • Un suburbio é un barrio situado na periferia ou nas aforas dunha cidade e non sempre é un barrio pobre. Nalgúns casos, como en Estados Unidos, trátase de barrios residenciais de vivendas unifamiliares ou de baixa densidade de edificación, con servizos e infraestruturas de calidade e habitados por grupos de clase media ou media-alta. Noutros casos designa a barrios moi degradados, moitos deles produto da autoconstrución. 13. • (Documentos 13 e 15) a) O CBD sitúase polo xeral no centro das cidades máis desenvolvidas. A súa paisaxe ten un aspecto característico dominado por modernos rañaceos, onde se localizan as sedes das grandes empresas multinacionais. b) Non. O gueto é un barrio no que viven persoas de escaso poder adquisitivo e marxinadas polo resto da sociedade. Adoitan ser barrios de conflitividade social. Nalgunhas cidades os guetos fórmanse por discriminación étnica, pero non sempre un barrio étnico é un gueto. • (Documento 14) No centro da cidade estadounidense encóntranse os grandes rañaceos do CBD. Ao seu arredor pódense encontrar barrios degradados que forman guetos ou están ocupados por industrias, mentres que a periferia urbana está dominada por áreas residenciais, nas que vive a maioría da poboación. Na cidade europea, no centro encóntrase a zona histórica. Ao seu arredor, a zona do ensanche, máis moderna e planificada, que cumpre sobre todo unha función residencial, e a área de negocios. Na periferia encóntranse as vivendas suburbanas e a área ou cinto industrial. Polo tanto, a estrutura interna das cidades estadounidenses e europeas é distinta, ademais da súa paisaxe urbana. • (Documento 16) No centro das cidades latinoamericanas encóntrase o barrio histórico, que normalmente está moi degradado; ao seu arredor levántase a área de negocios e a zona residencial máis luxosa; e na periferia aparecen a zona industrial e os suburbios de autoconstrución. A poboación con maiores recursos económicos ocupa as mellores áreas residenciais da cidade, mentres que a poboación pobre vive nos suburbios da periferia, normalmente elaborados por eles mesmos e deficientemente acondicionados. 14. • Os grandes problemas das cidades actuais son: a conxestión de tráfico; a contaminación ambiental; o elevado prezo do solo e da vivenda, a presenza de barriadas de chabolas, que constitúen bolsas de marxinalidade social; os problemas de abastecemento e de xestión dos residuos, que poden dar lugar á aparición de vertedoiros ilegais moi contaminantes, e as débedas elevadas dos concellos.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 80

21/09/12 9:23

A que lle chamamos cidade? Poboación (en España) 10.000 ou máis habitantes.

Densidade de poboación e de edificación Moi alta, e maior canto máis poboada é a cidade.

Actividades económicas

Paisaxe urbana

Influencia no medio

Relacións sociais

Industria, construción e, sobre todo, servizos (comercio, hostelaría, sanidade, banca, comunicacións…).

Edificios altos de vivendas plurifamiliares e de negocios, amplas avenidas, zonas comerciais e de ocio, xardíns artificiais…

Como centro económico e de servizos, exerce unha influencia sobre o medio rural próximo e outras cidades máis pequenas.

As relacións familiares e veciñais son máis distantes ca nas zonas rurais.

• Entre as vantaxes destacan: maiores oportunidades de emprego; maior cantidade e variedade de servizos; pluralidade étnica e cultural; maior liberdade individual e de respecto e integración sociocultural. 15. • Actividade libre.

• A súa localización resulta vantaxosa para o comercio marítimo, a pesca e o turismo de praia (clima das Rías Baixas). • Ao ser unha cidade costeira, o mar limita por ese lado o seu crecemento.

16. (Ver a táboa arriba.)

23. • Actividade libre.

17. Paisaxe agraria. Parcelas cercadas. Policultivo. Hábitat disperso.

• O centro urbano ou zona vella presenta un plano irregular; nel encóntranse algúns dos edificios históricos da cidade e non conta con ningún espazo verde. Polo contrario, o ensanche presenta un plano bastante regular, con amplas avenidas e rúas rectas que se cortan perpendicularmente. Nesta zona os edificios dispóñense en quinteiros. O ensanche ten unha gran zona verde, o parque do Castro. Ollando a fotografía pequena pódese observar a periferia, na que tamén hai espazos verdes, numerosas casas espalladas e algúns equipamentos (estadio de fútbol, polígono industrial, etc.).

18. • a) Paisaxe urbana cunha gran praza arrodeada por edificios históricos. Detrás desta vense rañaceos propios do CBD. b) Paisaxe industrial próxima á cidade. c) Paisaxe residencial de vivendas unifamiliares. • a) Centro urbano e histórico. b) Periferia. c) Periferia. • a) Turística e de servizos (comerciais, financeiros, administrativos…). b) Industrial. c) Residencial. • a) Nun país latinoamericano. b) Nun país europeo. c) Nun país anglosaxón, como Estados Unidos. 19. • A riqueza xerada por algunhas cidades en comparación coa riqueza xerada por certos países no seu conxunto. Reflicte que hai grandes cidades mundiais que crean case tanta riqueza coma algúns países cun desenvolvemento medio e incluso alto. • A maioría son cidades de países cun desenvolvemento moi alto (Toquio, Nova York, Los Ángeles, Chicago, Londres, París, a conurbación Osaka-Kobe e Filadelfia), e dúas, Cidade de México e São Paulo, pertencen a países cun desenvolvemento medio pero con forte crecemento económico. • A maior parte son metrópoles mundiais, xa que a súa área de influencia é global, non só nacional ou rexional. 20. Actividade libre. 21. Actividade libre. 22. Vigo é unha cidade costeira atlántica, localizada dentro da ría do mesmo nome, de relevo abrupto e con temperaturas suaves todo o ano.

• O plano irregular indica que o crecemento non foi planificado. O plano regular indica que se deseñou o espazo urbano (disposición dos edificios e das rúas, usos do solo, etc.) antes de ser construído. • No plano podemos ver que o ensanche mostra un plano regular: as rúas, rectas, córtanse perpendicularmente e os edificios agrúpanse en quinteiros pero non chega a ser ortogonal, seguramente por cuestión da orografía. 24. Por exemplo, a zona centro ou zona vella aínda conseva edificios que tiveron grande importancia na cidade como a concatedral; o ensanche acolle unha importante actividade de negocios, comercial, de comunicacións (autoestrada e tren) e cultural da cidade. O ensanche tamén cumpre unha función residencial, aínda que esa función levouse máis aos barrios periféricos. Na periferia localízanse ademais de barrios residenciais certas áreas de servizos: algúns son culturais, como os que ofrecen a universidade; outros son de ocio, como o campo de fútbol, e outros hospitalarios. Todas estas funcións son propias dunha cidade. 25. (Ver a táboa abaixo.)

Lugares

Personaxes

Edificios singulares

Feitos históricos

Outros

Avenida de Beiramar, Porto, Parque do Castro, Praza de Compostela, Rúa do Areal, Rúa de Venezuela, Rúa de Ecuador, Rúa de Brasil.

Rúa de Pi i Margall, Rúa de Santa Marta, Ronda de don Bosco, Paseo Afonso XII, Rúa do Príncipe, Rúa de Colón, Rúa Policarpo Sanz, Rúa de Urzáiz, Rúa de Hernán Cortés, Rúa de Montero Ríos, Rúa de Rosalía de Castro, Rúa de García Barbón.

Concello, Concatedral, Igrexa de San Francisco, Museo de Arte Contemporánea, Estación de Ferrocarril, Igrexa de Santiago o Maior.

Avenida da Hispanidade, Praza do Rei, Rúa Afonso XII, Praza da Constitución, Rúa da Reconquista, Rúa Irmandiños.

Avenida da Hispanidade, Rúa das Camelias, Porta do Sol, Avenida Gran Vía.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 81

81 21/09/12 9:23

Solucionario 26. • A través dos símbolos pódese coñecer cales eran as cidades con maior número de habitantes en España a finais do século XIX. • Ao agruparse os valores en intervalos, identifícanse rapidamente cales eran as cidades máis poboadas e redúcese moito o solapamento das figuras (círculos). O inconveniente é que non se pode coñecer con exactitude cal era a poboación de cada cidade, e cidades cun número de habitantes moi diferente (por exemplo, entre 75.000 e 500.000) aparecen nun mesmo intervalo. Ademais, o propio símbolo, polo seu tamaño, dificulta coñecer a súa localización exacta. • Observar o tamaño da esfera correspondente a cada cidade e comparalo co das esferas que aparecen na lenda do mapa. • Madrid, Barcelona, Sevilla, Zaragoza, Málaga, Valencia e Murcia. • Catro das cidades localízanse na costa e tres no interior (Zaragoza, Madrid e Sevilla). • Non. Poderíase precisar en que provincia se encontra, pero non de que cidade concreta se trata. 27. Actividade libre.

82

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 82

21/09/12 9:23

TEMA 17 As cidades en Europa, España e Galicia   1. • A ágora é a praza pública da cidade grega, onde se desenvolvía a vida comercial, cultural e política. A acrópole é a parte máis elevada e sagrada da cidade grega, onde estaban os principais templos. O cardo era a rúa principal, en dirección norte-sur, das cidades romanas. O decumano era a rúa principal, en dirección leste-oeste, das cidades romanas. O foro era unha praza da cidade romana na que se encontraban os edificios máis importantes e que se situaba no cruzamento do cardo co decumano. O ensanche é o barrio burgués da cidade industrial, caracterizado polo seu trazado en cuadrícula, amplas avenidas, bos servizos e edificios luxosos. • Por exemplo: a) Ágora e acrópole. b) Cardo, decumano e foro. c) Muralla e catedral. d) Grandes palacios reais e xardíns. e) Barrios obreiros e ensanches. • O plano característico da cidade romana é o ortogonal; o da cidade medieval é o plano irregular; e o dos ensanches do século XIX, o plano regular ortogonal ou en cuadrícula.   2. • (Documentos 1 a 5) Documento 1. A acrópole [era] a parte máis elevada e sagrada da cidade, onde estaban os principais templos. Documento 2. As cidades romanas tiñan un plano ortogonal. Documento 3. As cidades medievais estaban rodeadas por unha muralla e presentaban un plano irregular, con rúas estreitas e retortas. / No centro encontrábanse os edificios máis importantes, como o concello, a catedral e os palacios das familias máis poderosas.

b) A poboación urbana foi aumentando ininterrompidamente: ao comezar o século XX era o 30 %, mentres que hoxe supón o 75 %. c) Por exemplo, o maior desenvolvemento económico e social das zonas urbanas; a mecanización das tarefas agrarias, coa conseguinte redución de postos de traballo; a menor facilidade de acceso a servizos especializados no campo, etc. • (Documento 8) a) Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza, Málaga, Palma, Las Palmas de Gran Canaria e Bilbao son as cidades máis poboadas. b) Das dez cidades máis poboadas que figuran no gráfico, Madrid, Sevilla, Zaragoza e Murcia localízanse no interior; o resto, na costa.   5. • Actividade libre. (Ler a seguinte información.) a) Causas. O Plan de Estabilización (1959) acabou coa política autárquica. Permitiuse o investimento estranxeiro e favoreceuse o comercio exterior. A pesar disto, entre 1959 e 1973 uns dous millóns de españois emigraron en busca dun traballo a Francia, Alemaña, Suíza e Países Baixos. Con todo, as exportacións non lograron compensar as importacións e equilibrouse a economía grazas ao turismo, aos investimentos de empresas estranxeiras e ás remesas de divisas dos emigrantes. No aspecto político produciuse un certo aperturismo desde 1962. b) Consecuencias. O aperturismo levou a aprobar medidas sociais como a Lei de Seguridade Social e a Lei de Prensa (1966). A poboación española pasou de ser rural a urbana. A mecanización do campo supuxo que os campesiños emigraran e as cidades creceran con moita rapidez. Desenvolvéronse as clases medias e a sociedade de consumo: televisión, coches, electrodomésticos, etc. Mellorou a educación e aumentaron os estudantes de universidade.

Documento 4. Nos barrios obreiros a poboación vivía amoreada en vivendas pequenas e insalubres, sen servizos de sumidoiros, iluminación e transporte, e con moita contaminación, pois estes barrios situábanse xunto ás fábricas.

  6. • A xerarquía urbana establécese en función dos bens e servizos cos que contan as cidades e da súa área de influencia. As de maior tamaño ofrecen máis servizos e, normalmente, máis especializados. Por iso, estas cidades teñen unha maior influencia e vínculos con outras cidades de menor tamaño.

Documento 5. Os elegantes barrios burgueses, chamados ensanches, caracterizábanse polo seu trazado en cuadrícula, amplas avenidas, bos servizos e edificios luxosos.

• As cidades españolas están gobernadas por un concello, formado por un alcalde e un grupo de concelleiros especializados cada un nunha materia: urbanismo, deportes, medio ambiente, asuntos sociais…

  3. • Enténdese por éxodo rural a emigración masiva de poboación do campo á cidade.

As funcións do concello son, fundamentalmente, a distribución do presuposto segundo as necesidades da cidade (canalización de auga, iluminación, reciclaxe de lixos, provisión de gas e electricidade, transporte…), tomar medidas para reducir os problemas urbanos (construción de vivendas económicas, control do tráfico…) e elaborar o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU).

O concepto de «cidade difusa» fai referencia á dispersión do espazo urbano polo seu medio próximo, en contraposición coa urbanización concentrada das cidades tradicionais.   4. • (Documento 7) a) A poboación rural foi diminuíndo progresivamente, pasando de supoñer case un 70 % en 1900 a menos dun 25 % na actualidade.

• O PXOU (Plan Xeral de Ordenación Urbana) é o instrumento utilizado polos concellos españois para planificar o crecemento das cidades, clasificando o solo en

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 83

83 21/09/12 9:23

Solucionario urbano, urbanizable e non urbanizable. O PXOU tamén establece o uso que se lle vai dar ao solo: residencial, industrial, de servizos… A cualificación e uso que se establece para un solo nun momento dado non é permanente, pois o solo pode ser recualificado. • O terreo ou solo urbano é o que está edificado ou urbanizado; o urbanizable é aquel programado para urbanizar, o que esixe acondicionalo con infraestruturas básicas; e o non urbanizable é o que non se pode urbanizar, por estar protexido ou ter un uso agrario. • Son dúas grandes áreas de concentración urbana. Nestes eixes hai unha cidade grande (Vigo ou Coruña) que conta con algunha cidade pequena que está baixo a súa influencia (Pontevedra e Ferrol, respectivamente) e conta con numerosas poboacións arredor de tamaño medio (No caso de Vigo-Pontevedra: Cangas, Redondela, Nigrán, Porriño, Gondomar, Marín, etc. No caso de Coruña-Ferrol: Oleiros, Arteixo, Cambre, Carballo, Narón, Fene...).   7. a) (Mapa sobre a poboación urbana de España) A Comunidade de Madrid, Cataluña, a Comunidade Valenciana, a Rexión de Murcia, o Principado de Asturias, o País Vasco, Illas Baleares e Canarias son as Comunidades Autónomas que teñen maior porcentaxe de poboación urbana: máis do 80 %. Castela e León, Castela-A Mancha, Estremadura e a Comunidade Foral de Navarra son as que teñen menor porcentaxe de poboación urbana: menos do 60 %. Galicia, Cantabria, A Rioxa, Aragón e Andalucía teñen entre o 60 e o 80 % de poboación urbana. b) (Mapa sobre a rede urbana de Galicia) As dúas cidades grandes de Galicia atópanse na costa occidental. As cidades medianas xa están máis repartidas, e coinciden coa capitalidade autonómica ou provincial. c) (Mapa sobre a rede urbana de Galicia) A rede urbana galega configúrase en dúas áreas de concentración poboacional arredor dos eixes Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol. Estas dúas áreas costeiras están conectadas por unha área menor, Santiago, que actúa de bisagra. No interior de Galicia destaca a área urbana de Ourense. d) (Mapa sobre a poboación urbana de España) Segundo o mapa, España ten dúas metrópoles nacionais, Madrid e Barcelona; sete metrópoles rexionais, que son: A Coruña, Bilbao, Zaragoza, Valencia, Sevilla, Málaga e Vigo; e doce metrópoles subrexionais: Oviedo, San Sebastián, Pamplona, Valladolid, Alacant, Murcia, Palma, Córdoba, Granada, Cádiz, Santa Cruz de Tenerife e Las Palmas de Gran Canaria. No rango inmediatamente inferior encóntranse as cidades medianas e o resto das capitais provinciais. No último chanzo están as cidades pequenas e as cabeceiras comarcais. (Nota: Os autores Méndez e Molinero inclúen a Vigo como metrópole subrexional pero os autores deste libro de texto optaron por incluíla como metrópole rexional.)   8. • Actividade libre.

84

  9. Actividade libre. 10. 

AS CIDADES DE ESPAÑA •  Orixe das nosas cidades: remóntase ao século IX a.C. coa fundación de colonias comerciais fenicias (Cádiz, Málaga, Almuñécar) e, máis tarde, gregas (Ampurias) e cartaxinesas (Cartaxena). • O maior desenvolvemento urbano na Antigüidade dáse coa chegada dos romanos no século III a.C., que impulsaron o desenvolvemento das cidades existentes e fundaron outras novas, como Tarragona ou Mérida. • Na Idade Media distínguense dous tipos de cidades: cristiás e musulmás, debido a que no ano 711 os árabes invadiron a Península. • Na Idade Moderna hai unha preocupación por: embelecer e mellorar as cidades. Un elemento arquitectónico característico é a praza maior. • No século XIX as cidades crecen debido á industrialización. Elementos característicos deste período son: os barrios obreiros e os ensanches.

11. • A cidade de Palma está situada no fondo dunha baía. Entre as súas vantaxes pódense citar: o acceso por mar, que permite o transporte marítimo de mercadorías e pasaxeiros, e un clima benigno que favorece o desenvolvemento do turismo. • O centro histórico presenta un plano irregular, mentres que o ensanche e a periferia teñen un plano en cuadrícula. • Actividade libre. O centro histórico da cidade localízase próximo ao mar. Esta área urbana adoitaba estar rodeada por unha muralla e presenta un plano irregular, con rúas estreitas e retortas. No centro encóntranse os edificios máis importantes, como o concello e a catedral. Cumpre unha función principalmente administrativa, comercial e de ocio, aínda que tamén ten unha función residencial. • Actividade libre. O ensanche esténdese a partir do centro histórico. Caracterízase polo seu trazado en cuadrícula e amplas avenidas. A súa función principal é a residencial. • Actividade libre. Na periferia urbana destacan as actividades industrial, comercial e de servizos. • Actividade libre. • Actividade libre. Palma supera os 400.000 habitantes. É unha cidade grande. • Esta metrópole subrexional é a oitava cidade máis poboada de España. Isto implica que ofrece algúns servizos moi especializados que atraen a unha importante poboación, pero dun espazo máis reducido ca a Comunidade Autónoma. • Por exemplo, os baños árabes fálannos do pasado musulmán da cidade; a catedral, a lonxa e o Palacio Real de la Almudaina remítennos ao seu pasado histórico como cidade medieval; e a praza maior, á Idade Moderna. 12. • Actividade libre.

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 84

21/09/12 9:23

• Xetafe non, pois a súa poboación era inferior a 10.000 habitantes. Ávila, cuns 11.000 habitantes, si se podía considerar unha cidade. • Ávila experimentou un crecemento moi lento entre 1900 e 1970. A partir desta década, o crecemento é algo maior, aínda que só duplicou a súa poboación (hoxe ten uns 60.000 habitantes). En cambio, Xetafe tivo un gran crecemento. Ao igual que Ávila, creceu lentamente nas seis primeiras décadas do século XX, sen chegar a superar demograficamente a capital abulense. Pero entre 1960 e 1981 multiplicou por seis a súa poboación, pasando duns 21.000 habitantes a case 130.000. Desde 1981, a cidade seguiu medrand o, aínda que a un ritmo menor. Hoxe, a súa poboación é duns 170.000 habitantes. • No caso de Xetafe, o crecemento viuse favorecido pola proximidade a Madrid (forma parte da súa área metropolitana), as boas comunicacións con ela e o encarecemento do solo na capital española, que propiciou o traslado de moita poboación e industrias a esta localidade. No caso de Ávila, o seu crecemento está relacionado con ser a capital provincial, que absorviu gran parte do éxodo rural da provincia, e tamén se viu favorecida recentemente polas boas comunicacións con Madrid, a través da autoestrada que une ambas as cidades en 50 minutos e do ferrocarril. Con todo, a maior distancia coa capital de España, o menor dinamismo económico e o maior envellecemento demográfico de Ávila en comparación con Xetafe explican o seu menor crecemento.

13. (Ver a táboa nesta páxina.) 14. As cidades españolas están gobernadas por un concello, formado por un alcalde e varios concelleiros, que teñen estas funcións: distribución do orzamento, reducir os problemas urbanos e elaborar o PXOU, que cualifica o terreo en urbano, urbanizable e non urbanizable. 15. • Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona e Toledo. • No ano 1993 creouse o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, «coa finalidade de actuar de maneira conxunta na defensa do patrimonio histórico e cultural destas cidades e no mantemento e potenciación de determinadas formas de vida que estes núcleos históricos necesitan, realizando proxectos e propostas comúns, establecendo políticas de intercambios de experiencias, afrontando problemáticas comúns». 16. Actividade libre. 17. Actividade libre. 18. Actividade libre.

• Por exemplo, que o envellecemento demográfico se acentúe e os gastos sociais e sanitarios sexan elevados, que ao haber menos poboación activa non se reactive a economía, que se invista menos en infraestruturas e servizos…

Período

Importancia das cidades

Estrutura e plano

Elementos destacados

A antiga Grecia chegou a ter unha rede urbana formada por máis de 500 cidades-Estado (polis).

Plano irregular.

Ágora e acrópole.

Antiga Grecia

As cidades romanas formaron a maior rede urbana da Antigüidade.

Plano ortogonal.

Cardo, decumano e foro.

Imperio romano

As cidades entraron en declive. Ata o século XII as cidades non volveron rexurdir en Europa.

Plano irregular.

Murallas, que rodeaban a cidade; rúas estreitas e retortas; no centro encontrábanse os edificios máis importantes: concello, catedral, palacios…

Preocupación por embelecer e mellorar as cidades como unha forma de exaltar o poder dos reis e da Igrexa.

En xeral, plano irregular.

Grandes palacios, xardíns e prazas maiores.

Idade Moderna

Século XIX

A industrialización provocou un extraordinario crecemento das cidades, que acollían as fábricas.

Plano ortogonal ou en cuadrícula nos ensanches.

Barrios obreiros, ensanches, tranvías e primeiras liñas de metro, canalizacións de auga e tendidos eléctricos.

Gran crecemento da periferia das cidades.

Zonas recentes: planificadas, planos regulares, amplas avenidas, edificación en tramas abertas…

Na periferia, barrios residenciais, polígonos industriais, parques empresariais e tecnolóxicos, e grandes superficies comerciais e de ocio.

Idade Media

Século XX

◼ XEOGRAFÍA E HISTORIA 2.° ESO ◼ MATERIAL FOTOCOPIABLE © EDICIÓNS OBRADOIRO, S. L. / SANTILLANA EDUCACIÓN, S. L. ◼

385773 _ 0001-0088.indd 85

85 21/09/12 9:23

Dirección editorial: Antonio Brandi Solución de actividades: Xosé Antón Serén, Olga Espino, Gabriela Martín, Raquel Rubalcaba Edición: Xosé Antón Serén, Olga Espino, Gabriela Martín, Raquel Rubalcaba Editora executiva: Lourdes Etxebarria Dirección do proxecto: Teresa Grence Dirección de arte: Xosé Crespo Proxecto gráfico: Portada: Pep Carrió Interiores: Manuel García Imaxe de cuberta: Antonio Fernández Xefa de proxecto: Rosa Marín Xefe de desenvolvemento de proxecto: Javier Tejeda Desenvolvemento gráfico: Rosa María Barriga, Raúl de Andrés, Jorge Gómez Dirección técnica: Ángel García Encinar Coordinación técnica: Ester Marín, Manuel Baña Confección e montaxe: Adela Fuentes, Manuel Baña, Marisa Valbuena, Pedro Valencia Asesoramento lingüístico: Luz Cures, María Curros, Natalia Vázquez

© 2012 by Edicións Obradoiro, S. L./Santillana Educación, S. L. Entrecercas, 2 15705 Santiago de Compostela CP: 385773

385773 _ 0001-0088.indd 86

A presente obra está protexida polas leis de dereitos de autor e a súa propiedade intelectual correspóndelle a Obradoiro/Santillana. Aos lexítimos usuarios desta só lles está permitido realizar fotocopias para o seu uso como material de aula. Queda prohibida calquera utilización fóra dos usos permitidos, especialmente aquela que teña fins comerciais.

21/09/12 9:23

385773 _ 0001-0088.indd 87

26/09/12 10:56

385773 _ 0001-0088.indd 88

21/09/12 9:23