ILG 1980 Dicionario Basico Da Lingua Galega

2.000 definicións ilustradas ó alcance dos nenos DICIONARIO BASICO DA LINGUA GALEGA instituto da lingua galega m ecfl

Views 204 Downloads 130 File size 6MB

Report DMCA / Copyright

DOWNLOAD FILE

Recommend stories

Citation preview

2.000 definicións ilustradas ó alcance dos nenos

DICIONARIO BASICO DA LINGUA GALEGA instituto da lingua galega

m

ecfldóns xerais de galcia. s.a.

Dicionario básico da Lingua Galega

'•

Instituto da Lingua Galega

Dicionario básico da Lingua Galega

edicións xerais de galicia.s.a.

llustracións· Fato Xoubas

© ©

Instituto da Lingua Galega

Edicións Xerais de Galicia, S. A. Avda. das Camelias, 64. Vigo ISBN: 84-7507-003-5 Depósito Legal: M. 14.694- 1980 Printed in Spain Fotocomposición e montaxe: 1N DUGRAF, Vigo Impreso en Artes Gráficas Benzal Virtudes, 7- Madrid-3.

Advertencia pra mestres e pais l. Este dicionario elemental (infantil) pretende conter cerca das 2.000 palabras mais frecuentes do galego. Decimos que o pretende porque non foi feíto con estadísticas que establezan de modo matemático o índice de frecuencia de cada palabra do noso idioma; isto, que sería o desexable, é irrealizable polo de agora. Pro tampouco se pode decir que as palabras que aquí se rexistran foran escolleitas ó azar. Entre escoller matemáticamente e escoller a bulto hai un terceiro camiño que é o da estimación, que permite facer unha colleita cun marxe de desviación bastante tolerable en traballos des te tipo. lsto foi o que se fixo na primeira fase de selección de palabras. Nunha segunda fase tratouse de correxir esta selección contrastando este vocabulario con outros vocabularios de pretensións similares escritos noutros idiomas (francés, inglés, castelán, catalán). A falta doutra guía mais precisa coidamos que esta é polo de agora suficiente dado que nos vocabularios básicos das outras linguas coas que contrastámo-lo noso, feítos con procedementos estadísticos, están no meados practicamente os mesmos conceptos nuns e noutros. lso permítenos supor que un vocabulario básico da nosa lingua ten que superpoñerse en case a súa totalidade sobre o das outras. E foi asumindo iso como decidimos eliminar palabras que xa tiñamos introducidas ou incluir outras que aínda non o estaban. 2. Os destinatarios deste dicionario son nenos de 7 a 10 anos; eventualmente, tamén adultos ( ou nenos de mais edade cá indicada) con escaso coñecemento do galego. En atención ós lectores do primeiro tipo as definicións son m oí sinxelas, ás veces imprecisas e, en moitas ocasións, inxenuas. Esta inxenuidade e falta de precisión procede tamén do feíto de ser un vocabulario zarrado. É decir: non se usan nas definicións palabras que non

7

teñan entrada no mesmo dicionario; e como as entradas son moi limitadas, as definicións teñen, á forza, que se resentir. 3. O dicionario está pensado tanto pra nenos que non coñecen o galego como pra aqueJes que xa o coñecen. lsto obriga a que o criterio de selección de entradas non sexa rixido. Noutras palabras: se fora pensado exclusivamente pra nenos non galegofalantes sería ahondo con seleccionar aqueJas palabras que se perfilan como as chamadas a seren as preferidas polo «galego común». Pro a un neno galego-falante, que o que virá comprobar a este dicionario é se o que el di está ben ou está mal, hai que darlle a palabra que lle é familiar. E como o que é familiar en Ribadeo, non o é ás veces en Tui, procurouse dar cabida ós sinónimos, tanto ós de uso xeral como a aqueles que viven en áreas xeográficas diferentes. Cf. brasa = machado, carabuña = gouña, esvarar = esborrexer = escorregar, etc. Desta maneira, cando o neno vexa rexistrada a palabra que a ellle é familiar e afectivamente mais próxima, gañará a confianza de que o seu galego tamén é bon galego. Debemos, con todo, decir que quizais fomos excesivamente cautos á hora de dar sinónimos locais; teñen que telo en contaos mestres e padres que fagan de tutores. Que non se rexistretaquí unha forma non quer decir que non exista nin sexa bon galego; non se puxo porque os autores a ignoraban ou porque non tiñan aínda claro se a sinonimia coa palabra dada era total. Quédalles a eles a libertarle de incluíla e, naturalmente, a de facérllelo saber ós editores pra que a inclúan en futuras edicións, se é que chega a habelas. 4. Algo mais arriba falabamos de que as palabras que realmente se din son as que teñen unha carga afectiva maior. Ora ben, hai algunhas palabras que aínda que son as que realmente se din, non son palabras galegas. Estas palabras, que na maioría dos casos son castelanismos, cando consideramos que é posible aínda sustituílas con éxito pola palabra galega, dámolas precedidas de asterisco, seguidas das voces que desprazaron. Hai que advertir que esta práctica é sistemática. Únicamente deixamos de rexistra-la palabra advenediza cando a súa colocación alfabética lle darla un posto na proximidade inmediata da palabra galega da que é equivalente. Por exemplo: non incluímos *bacalao porque quedaria inmediatamente antes de bacallau; nin damos entrada a *nombre porque quedaría xusto antes de nome.

8

Pro outra cousa son os castelanismos que xa teñen moitos séculos de vixencia no galego (como color, dolor, esca/eira ou malo que xa están no galego medieval) ou outros que, aínda que recentes, son préstamos de necesidade que se importaron ca,pdo se importou a cousa que nomeaban (como pila, ladrillo, bombilla, servilleta, carretilla, tortilla, bocadillo, acera); e mesmo outros que, aínda sendo préstamos de luxo, non moi antigos, teñen xa desprazada a forma patrimonial de maneira dubidosamente recuperable (re/ó, albañil, frente, aire, silla). En todos estes casos dámoslle entrada ó préstamo como palabra xa patrimonial. Tamén lle demos entrada a anque, que pode ser castelanismo. Todas elas son palabras de uso tan frecuente que nin se poden camuflar nin sustituír.

S. Así como no léxico se dan pra unha palabra as formas equivalentes das distintas áreas xeográficas, no tocante á fonética e á morfoloxía (dentro do pouco que destas materias se pode dar nun dicionario) non se propón mais que a solución sobre a que xa hai acordo. Noutras palabras: non se rexistran nin o seseo, nin a ((geada)), nin as terminacións -ao (irmao), -ás (animás), ós (pantalós);-chedes ou -stedes (cantáchedes ou cantástedes); i/, iste, ise, aquil; etc. Non figuraren estas variantes e algunhas outras non supón de ningunha maneira que os autores as rechacen nin que os que traballen como tutores de nenos galego-falantes con este dicionario non deban usalas nos primeiros anos de contacto co galego escrito.

9

ANTES DE USAR ESTE DICIONAR/0

10

APRENDE COMO FUNCIONA

-

Palabra de entrada. Está colocada dentro do dicionario seguindo o orde de ABC ... Que o teu mestre che ensine como buscala.

-

Estas abreviaturas din que clase de palabra é a da entrada. s,f. é o mesmo que decir sustantivo femenino. Non fa gas caso de las mentres sabes pouca gramática.

-

Esta frase dinos que significa a palabra da entrada.

_

Estes números úsanse cando a palabra da entrada tén mais de un significado.

-

Estas frases, en letra mais pequeniña, son exemplos nos que se usa a palabra da entrada pra que aprendas mellor como se usa.

-

Esta é unha palabra que significa o mesmo cá da entrada. Tamén ten entrada no seu sitio.

-

Esta é a palabra que significa o contrario da da entrada.

11

12

-

A palabra que leva diante unha estreliña non é galega. Aprende e usa a que che aconsellamos despois.

-

Estas son outras formas da palabra da entrada cando está en femenino ou en plural.

-

Estes números indican que hai dúas palabras que se pronuncian e escreJ:>en igual e que significan cousas distintas. E importante poñelos porque senón pode haber confusións. (Mira a palabra raposa).

-

Das palabras difíciles (verbos e pronomes) dámosche tódalas formas ou as que nos parece que non sabes pra que poidas comprobar se as dis ou escrebes ben.

-

Expresión especial.

13

A al. art. Ver o. a 2 • prep. Úsase moito en frases coma estas: 1.. Dálle isto a teu pai. 2. Van a Vigo mañá. 3. Está a tres pasos de aquí. 4. O tren chega ás (=a as) tres. 5. Fomos a cabalo.

á. s.f. (pl. ás) Parte dos paxaros, de bichos como abellas e moscas, e tamén dos avións, que lles serve pra voar. Tamén se di ala: Os pitos métense debaixo das ás da galiña.

abade. s.m. Persoa que di a misa da parroquia, batiza os nenos, etc. Tamén se di crego: O abade visitounos hai días.

abaixo. adv. Nun sitio mais baixo: María está xogando no piso de abaixo. [O contrario é arriba].

abalar. v. Mover unha cousa arrandeándoa: O vento abala as arbores.

abella. s.f. Bicho que fai o mel e vive en cobos: Perico chegouse moito a un cobo e picárono as abellas.

1 ~

~\

i

A

~~

15

abe

~ Jil

il

~.

abellón. s.m. (pl. abellóns). Bicho coma a abella, algo mais grande: O abellón chucha o mel.

aberto. part. Sin pechar [ver abrir]: Cando marches deixa a porta aberta.

abó. s.m. (fem. aboa). O pai (.ou nai) da nai ou do pai: O abó sabe moitos contos.

ahondar. v. Chegar, ser ahondo: Abóndame con dúas mazás.

é

ahondo. adx. e adv. En cantidade igual ou maior á que fai falta:

3;~

abotoar. v. Mete-lo botón no ollal do vestido:

S

abrandar. v. Poñer mol unha cousa. Tamén se di amolentar:

§'

abrazar. v. Dar abrazos:

Teño cartos abondos pra che merca-lo que queiras.

Vo u abotoa-lo traxe.

Abrandei o pan no caldo. Non· abraces tanto a te u irmán que o vas afogar.

abrazo. s.m. Aloumiño que se fai rodeando cos brazos a unha persoa. Tamén se di apreta: Cando chegou Pepiño deulle un abrazo á súa nai.

16

a ce abrigar. v. Dise que abriga o que nos defende da auga e do frío: A roupa de lá abriga moito.

abrigo. s.m. l. Lugar defendido do frío e do vento: Puxéronse ó abrigo da casa.

2. Vestido que se pon por riba dos outros pra non ter frío: N o inverno ándase de abrigo.

abril. s.m. Cuarto mes do ano: En abril, augas mil.

abrir. v. Aparta-la porta ou a tapa de algo: Esta porta é mala de abrir; O día da festa abrimos moitas botellas; Tamén abrimos un bote de pimentos. [O contrario é pechar o u zarrar] GRAM. Part.: aberto. *abuelo. s.m. En bo galego débese decir abó.

aburrirse. v. Pasarlle a un o tempo pouco a gusto: Abúrrome na casa. [O contrario é divertirse].

acabar. v. Poñerlle cabo a un traballo ou cousa: Acabou de escribí-lo canto.

acción. s.f. Todo aquilo que se fai é unha acción: baile é a acción de bailar; Mentir é unha mala acción.

f)

17

ace acedo. adx. Que ten un sabor parecido ó do vinagre: O caldo está acedo.

aceiro. s.m. Metal parecido ó ferro, pra facer ferramentas: Este machado ten bo aceiro.

aceite. s.m. Líquido que se usa pra fritir: O aceite quente queima moito.

acenar. v. Facer acenos: Acénalles ós nenos pra que te vexan.

acender. v. Prender lume ou luz: Ternos que acender un facho. [O contrario é matar].

aceno. s.m. Movemento dunha parte do corpo pra chama-la atención: Faille un aceno a Antón.

acera. s.f. Beira da rúa por onde pasa a xente: Ó saíren da escoJa, os nenos deben ir pola

acera.

acercar. v. Poñer unha cousa ó lado doutra. Tamén se di achegar: Acerca mais o misto á vela. [O contrario é apartar].

acertar. v. Dar co sitio ou coa resposta certa. Tamén se di atinar: Acerteille co tiro á primeira.

18

acu aceso. part. Que arde ou aluma: ¿Está a lámpada acesa?. *ácido. adx. En bo galego dise acedo.

acó. adv. A este lugar: Trae o pícaro acó.

acolá. adv. Alá lonxe: Teu pai está acolá.

aconsellar. v. Decirlle a alguén que faga as cousas dun xeito: Aconsélloche que non marches sin avisar.

acordar. v. Deixar de durmir: Hoxe acordei moi cedo.

acordarse. v. Traer á memoria. Tamén se di lembrarse: Acórdate de leva-la merenda á escoJa. [O contrario é esquencer].

acostumarse. v. Chegar a estar a gusto cunha cousa ou nun sitio. Dise tamén afacerse: O me u pai non se acostuma a levar corbata.

acougar. v. Poñerse quedo, parar de se mover: Este rapaz acouga en canto ten un conto nas mans.

acusar. v. Decir quen fixo algo malo: Vós acusastes a Pepiño de rompe-lo cristal.

19

aeh achegar. v. Poñer unha cousa ó lado doutra. Tamén se di acercar: Fai o favor, non te achegues tanto a min. [O contrario é apartar).

adega. s.f. Lugar onde se garda o viño. Tamén se di bodega: A nosa casa ten unha adega moi grande.

ademais. adv. Tamén: Ademais de caramelos, tamén me trouxeron un coche.

adiantar. v. Pasar diante; ir pra diante: O coche adiantou ó burro; Os nenos adiantan co mestre.

adiante. adv. De frente, un pouco mais alá: Ponte algo mais adiante. [O contrario é atrás o u detrás).

adibal. s.m. (pl. adibais). Corda pra ata-la carga do carro. Tamén se di rello ou trelo: Tira do adibal que non afrouxe.

adiviña. s.f. Frase que encerra algo que hai que acertar: ¡¡;.A LÍNGUA..

Adiviña adiviñanza: ¿que é unha cousa pra quen nunca chove e que sempre está mollada? (A lingua)

adiviñar. v. Descubrir, acertar: Adiviñei o que pensaba o Alfredo.

20

afo adoecer. v. l. Coller moito xenio. Tamén se di rabear: Está adoecido porque non lle deixan ir á festa.

2. Ter moita gana de algo: Adoece polas lambetadas.

adormecer. v. Darlle a un o sano: Adormeceu coa televisión.

adornar. v. Facer algo bonito poñéndolle causas, adornos: O cociñeiro adorna a tarta con nata.

afacerse. v. Chegar a estar a gusto cunha causa ou nun sitio. Tamén se di acostumarse: O ladrón non se afai ó cárcere.

afalar. v. Berrarlle ou pegarlle ó gando pra que ande: Ía afatar ás vacas.

afiar. v. Facerlle fío a unha ferramenta: Hai que afiar este coitelo pra que corte.

-; ~

afiliado. s.m. Cando un padriño leva un nena a batizar, faino afiliado: Vou comprar un xoguete prá miña afiliada.

ji) ' '

*afloxar. v. En galego dise afrouxar.

afogar. v. Morrer ou matar por falta ae alento: Afogaron dez mariñeiros.

21

afo afondar. v. Ir ó fondo: Non bóte-lo ferro na auga, que afonda; Hai que aprender a nadar pra non afondar.

aforrar. v. Gardar cartos: Teño que aforrar pra mercar unha chaqueta. [O contrario é gastar].

afrouxar. v. Soltar un pouco o que está apretado: Afrouxa o cinto do pantalón. [O contrario é apretar].

agardar. v. Quedarse nun sitio mirando cando virá alguén ou algo. Tamén se di esperar: Estou agardando polo autobús.

agarrar. v. Botarlle mana unha cousa: Agarra este pau. [O contrario é soltar].

agarrarse v. Darse de golpes, ter unha pelexa: Agarráronse dous galos.

agatuñar. v. Subir a unha árbore: Agatuña coma un esquíu.

agora. adv. Neste momento: Agora estou ledo.

agosto. s.m. Oitavo mes do ano: En agosto vai moita calor.

22

ahí agra. s.f. Conxunto de leiras que son de mais dun dono: - Na agra vella ternos dúas leiras.

agricultura. s.f. O arte de coidar ben a terra pra que dea froitos: Os que trabaBan no campo viven da agricultura.

águia. s.f. Paxaro grande que caza animais tan grandes coma años. Tamén se di aiga: A águia pillou unha lebre.

aguillada. s.f. Vara cun aguillón na punta: Coa aguillada chámanse as vacas.

aguillón. s.m. (pl. aguillóns). Punta de ferro pra pica-lo gando. Defensa en forma de punta dalgúns bichos coma a abella, o abellón e outros: As vésporas teñen un aguillón moi veleñoso.

agulla. s.f. Instrumento que serve pra coser. N o reló, as que marcan as horas e os minutos: As agullas do reló marcaban as tres e media.

ahí. adv. Nese sitio: Dáme a moneca que tes ahí. *ahora. adv. En galego dise agora.

23

ai ai. interxección. Berro que se dá cando nos doe algo: ¡Ai, miña nai!.

aiga. s.v. Paxaro grande que caza animais. Tamén se dí águia: As aigas aniñan nas penas.

aínda. l. adv. Antes si, e nese momento tamén. Tamén se di inda: Aínda dorme co chupete.

2. Ainda que, conx. Mais que, por moito que, anque: Hei de ir aínda que chova.

-~ aire. s.m. l. Gases que hai na atmósfera: Sin aire non se pode respirar.

2. Vento: O aire estragoulle o paraugas.

ala. s.f. Parte dos paxaros, dos bichos como a bellas e moscas, e tamén dos avións, que lles serve pra voar. Tamén se di á: Os pitos métense debaixo das alas da galiña.

alá. adv. Naquel sitio: Alá está a nosa casa. *alambre. s.m. En galego dise fío de ferro ou aramio.

24

ale albañil. S.m. (pl. albañís). Home que fai ou amaña casas:

a· ·;.

Os albañís fan paredes poñendo un ladrillo riba doutro.

álbum. s.m. (pl. álbumes). Libro en branco no que se poñen fotos, selos, etc.:

~~~ ••

1.

Fáltanme dous selos pra enche-lo álbum.

alcalde. s.m. A persoa que manda nunha vila: O novo alcalde faloulles ós veciños o día da festa.

aldea. s.f. Conxunto pequeno de casas: Na nosa aldea somos poucos veciños.

alegre. adx. Que sente ganas de rir e cantar; que non ten pena. Tamén se di ledo: A nena está alegre. [O contrario é triste].

alegría. s.f. Sentimento que se ten cando se está ledo. Tamén selle chama ledicia: Estamos cheos de alegría polos xoguetes que nos deixaron os Reis.

atento. s.m. Respiración: Non podo correr moito porque me falta o atento.

.. 25

alf alfinete. s.m. Craviño pequeno, parecido a unha agulla, con punta nun cabo e cabeza no outro: Picoume cun alfinete.

alfombra. s.f. Tecido que cobre o piso dos cuartos e das escaleiras: A alfombra do meu cuarto ten moitos adornos.

_j~

~

alforxa. s.f. Bolsas que colgan dos dous lados do aparello dos cabalos cando se vai de viaxe: Non metas tantas cousas no peto que vai parecer unha alforxa.

algo. pron. Pouca cantidade dunha cousa: Aínda falta algo pra chegar ó quilo. [O contrario é nada].

alguén. pron. Unha ou varias persoas que non coñecemos: AJí hai alguen que fuma. [O contrario é ninguén ].

algún. pron. (f. algunha: pl. algúns, algunhas). Un ou varios, sin sabermas ben cantos: Algúns libros están no chan. [O contrario é ningún].

alí. adv. Naquel lugar: Alí, naque! monte, hai neve.

alimentar. v. Dar de comer: A comida serve pra alimenta-la xente.

26

alá alimento. s.m. O que serve pra manter: O pan e as patacas son alimentos.

alma. s.f. A parte do home que non morre; é a que nos fai pensar, querer e sentir: O home ten corpo e alma; a alma é a que goberna.

almacén. s.m. (pi. almacéns). Lugar onde se gardan moitas cousas antes de vendelas:

~ ~ ._ ~

Meu pai ten un almacén ó lado da tenda.

almario. s.m. Moble pra garda-la roupa. Tamén se lle chama roupeiro: Na nosa casa hai tres almarios. *almohada. s.f. En galego dise cabezal.

almorzar. v. Toma-la comida de pola mañá. Tamén se di toma-la parva:

&· ,~_ga

Almorcei ás nove.

almorzo. s.m. A comida de pola mañá. Tamén se di parva: O chocolate é o mellor almorzo.

aló. adv. Naque! lugar: Aló hai un palleiro.

27

al o aloumiñar. v. Pasa-laman pola cara a unha persoa, ou polo pelo a un animal pra que vexa que selle quere ben: O neno aloumiña ó can.

aloumiño. s.m. Dise que alguén nos fai aloumiños cando nos pasa a man pola cara ou polo pelo pra que vexamos que nos quere ben: Miña nai faime aloumiños.

alto. adx. Que é grande cara arriba: Esta casa é alta. [O contrario é baixo].

aJumar. v. Botar luz sobre unha cousa pra ver: AJuma pra aquí, que parece que hai unha caixiña.

allo. s.m. Planta que dá un conxunto de ceboliñas de sabor forte que se usan pra guisar; tamén se Hes chama así a estas ceboliñas: Pélame dous dentes de allo.

amalló. s.m. (pl. amallós). Cordiña, fío pra amarra-los zapatos: Teño os amallós rotos.

amañar. v. Volver a poñer ben unha cousa. Tamén se di compoñer: O reloxeiro amañou o reló. [O contrario é estragar].

28

'f"'"''

ame amañecer. v. Nace-lo día. Tamén se di amencer: N o inverno amañece tarde.

amargo. adx. Do sabor do café sm azucre e das xestas: Non me sabe o café amargo. *amarillo. adx. En galego dise marelo.

amarrar. v. Atar algo ou a alguén pra que non se mova: Amarra ben o can.

amasar. v. Misturar con auga, fariña, cemento ou outras causas: Os panadeiros amasan o pan.

ambos. pron. Un e mailo outro; os dous: Viñeron ámba-las súas irmás.

ameixa 1 • s.f. Un marisco de cuncha: Na ría da Arousa hai boas ameixas.

ameixa 2 • s.f. Froita de carabuña: As ameixas gústanme mellor cás mazás.

ameixeira. s.f. Árbore que dá as ameixas: Abalámo-la ameixeira pra colle-las ameixas.

amencer. v. Nace-lo día. Tamén se di amañecer: Ó amencer cantan os galos.

(O}"JJ(ó)I!Jtl!lOOJ~

>\~1/i/~~.

-~

29

ame ameneiro. s.m. Árbore que se a topa na beira dos ríos e que dá boa madeira pra zocos. Tamén se di amieiro: Na nasa parroquia hai moitos ameneiros.

amigo. s.m. Persoa a quen se quere ben: Vou paseando co meu amigo. [O contrario é enemigo].

amolar. v. Facer rabear a alguén; facerlle o que non quere: Non me amoles, déixame durmir.

amolecer. v. Poñerse mol unha cousa: O pan amolece no leite.

amolentar. v. Poñer mol unha cousa. Tamén se pode decir abrandar: Amolentei o pan no leite.

amontoar. v. Poñer algo nunha morea: Te'n que amontoa-las caixas.

a'mora. s.f. Froito da silva: Estes rapaces andan ás amoras coma os melros.

amorodo. s.m. Froita coma unha cereixa que nace dunhas herbas que hai nos hortos e nalgúns campos: Antes os pastores xuntaban os amorodos enfiándoos na cana dunha herba.

amorriñarse. v. Poñerse triste: O inverno amorriña á xente.

30

iT"IT''''

ane amosar. v. Poñer algo á vista: Amósalle unha tea nova. [O contrario é esconder].

anaco ..s.m. Parte pequena de algo: Dáme un anaco de pan.

ancho. l. adx. Que mide moito de lado a lado: A cara do Tino é ancha. [O contrario é estreito].

2. s.m. Medida tomada de lado a lado: Este camiño ten tres metros de ancho.

andacio. s.m. Dise dunha enfermedade pouco grave cando dá a moita xente á vez: A gripe e os catarros son un andacio que vén tódolos anos.

andar. v. Moverse, ir; disecase sempre cando un vai apé: Non andes tan de presa.

anduriña. s.f. Paxaro pequeno, de color moura por riba e branca por baixo; cando acaba o vran vaise a outros países mais quentes: 1

As anduriñas veñen moitas Xuntas pola primavera.

anel. s.m. (pl. aneis). Aro de metal pra adorna-los dedos: María leva un anel de prata e outro de ouro.

o 31

ane anexo. l. adx. Falando de comida, vella, de mal sabor: O polo está anexo. [O contrario é fresco}:

2. s.m. Persoa moi pequena. Tamén se lle chama enano: Regaláronlle o conto de Brancaneves e os sete anexos. [O contrario é xigante].

angazo. s.m. Feramenta pra xuntar herba, folla, etc.: Préstame o angazo pra recolle-la palla.

anguía. s.f. Peixe de corpo parecido á cobra: As anguías van poñe-los ovos ó mar.

aniñar. v. Facer niños. Tamén se di aniar: Moitos paxaros aniñan nas árbores.

anicarse. v. Baixarse encollendo as ; pernas: As galiñas anícanse no poleiro. *anillo. s.m. En bo galego débese decir anel.

animal. s.m. (pl. animais). Ser vivo que sente e se move por si mesmo: O burro é un animal.

aniñar. v. Facer niños: Moitos paxaros aniñan nas árbores. Tamén se di aniar.

32

apa ano. s.m. Trescentos sesenta e cinco días fan un ano; empézase a contar desde o 1 de xaneiro:

¿](o)lj]@)

ZJ2JIJ¿J

.Levo oito anos na vila; ¿A que ano estamos?.

anoitecer. v. Facerse noite: De inverno anoitece cedo.

anoitecida. s.f. O anoitecer, cando anoitece: Á anoitecida hai que choe-lo gando.

anque. conx. Por mais que, aínda que: Non quere xogar anque lle dea a pelota.

antes. adv. Que cadra nun tempo xa pasado: Xa mo dixo antes Sabela. [O contrario é despois].

antigo. adx. Dise de algo que ten moitos anos: O reló da miña casa é moi antigo.

antonte. adv. Hai dous días: Antonte foi xoves, hoxe é sábado.

ftff¡

' w ~ li¡l)'